As Pontes de García Rodríguez: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
m Bot: Replacements: fix URL prefix
Liña 229: Liña 229:
*'''Ponte do Chamoselo''': Situada sobre o río [[río Chamoselo|Chamoselo]], afluente do [[río Eume|Eume]]. A súa orixe data dos séculos [[século XIV|XIV]]-[[século XV|XV]], sendo o único monumento de [[arte romana]] que se conserva no concello.<ref name="pontesdaspontes">{{cita web|url=http://www.turismoaspontes.com/as-pontes-de-as-pontes-2/|título=AS PONTES DE AS PONTES|institución=Concello de As pontes|páxina-web=Turismo As Pontes|data-acceso=17 de xuño de 2015|lingua=es}}</ref><ref name="Rivera52"/> A ponte pertencía á vía romana que unía [[Lugo]] coa [[ría de Ferrol]], cuns 2,10 metros de anchura de calzada, empregada polos [[Roma Antiga|romanos]] para o transporte de [[mineral]] de [[estaño]] dende as minas de [[Santa Comba de Orizón, Castro de Rei|Orizón]] ata a ría.<ref name="Rivera52">{{cita Harvard|Rivera Rouco|1976|p=52|sp=sí}}</ref> A ponte ten un só arco, duns tres metros de [[Raio (xeometría)|raio]], e está feita na súa maioría de [[lousa]].<ref name="Rivera52"/>
*'''Ponte do Chamoselo''': Situada sobre o río [[río Chamoselo|Chamoselo]], afluente do [[río Eume|Eume]]. A súa orixe data dos séculos [[século XIV|XIV]]-[[século XV|XV]], sendo o único monumento de [[arte romana]] que se conserva no concello.<ref name="pontesdaspontes">{{cita web|url=http://www.turismoaspontes.com/as-pontes-de-as-pontes-2/|título=AS PONTES DE AS PONTES|institución=Concello de As pontes|páxina-web=Turismo As Pontes|data-acceso=17 de xuño de 2015|lingua=es}}</ref><ref name="Rivera52"/> A ponte pertencía á vía romana que unía [[Lugo]] coa [[ría de Ferrol]], cuns 2,10 metros de anchura de calzada, empregada polos [[Roma Antiga|romanos]] para o transporte de [[mineral]] de [[estaño]] dende as minas de [[Santa Comba de Orizón, Castro de Rei|Orizón]] ata a ría.<ref name="Rivera52">{{cita Harvard|Rivera Rouco|1976|p=52|sp=sí}}</ref> A ponte ten un só arco, duns tres metros de [[Raio (xeometría)|raio]], e está feita na súa maioría de [[lousa]].<ref name="Rivera52"/>
*'''Ponte dos Chaos'''<ref name="pontesdaspontes"/>
*'''Ponte dos Chaos'''<ref name="pontesdaspontes"/>
*'''Ponte da Fraga'''<ref>{{Cita web|url=http://http://aspontes.org/patrimonio/|título=Patrimonio - Pontes|institución=Concello de As Pontes|data-acceso=17 de xuño de 2015|lingua=es}}</ref>
*'''Ponte da Fraga'''<ref>{{Cita web|url=http://aspontes.org/patrimonio/|título=Patrimonio - Pontes|institución=Concello de As Pontes|data-acceso=17 de xuño de 2015|lingua=es}}</ref>
*'''Ponte de Isabel II''': Construída no [[1860]], de estilo [[neorrománico]], con [[arco (arquitectura)|arco de medio punto]] rebaixado.<ref name="pontesdaspontes"/>
*'''Ponte de Isabel II''': Construída no [[1860]], de estilo [[neorrománico]], con [[arco (arquitectura)|arco de medio punto]] rebaixado.<ref name="pontesdaspontes"/>
*'''Ponte da Pedra''': Situada orixinalmente ao noroeste do lugar [[A Casilla do Bañal, As Pontes de García Rodríguez, As Pontes de García Rodríguez|da Casilla]], foi trasladada ao Parque de Lesneven para a súa conservación.<ref name="pontesdaspontes"/>
*'''Ponte da Pedra''': Situada orixinalmente ao noroeste do lugar [[A Casilla do Bañal, As Pontes de García Rodríguez, As Pontes de García Rodríguez|da Casilla]], foi trasladada ao Parque de Lesneven para a súa conservación.<ref name="pontesdaspontes"/>

Revisión como estaba o 30 de agosto de 2015 ás 18:25

Coordenadas: 43°26′N 7°50′O / 43.433, -7.833

As Pontes de García Rodríguez
Bandeira das Pontes de García Rodríguez
Escudo das Pontes de García Rodríguez
Casa do concello
Río Eume Praza da igrexa de Santa María
Central térmica e lago
Casa do Concello, río Eume, praza da igrexa de Santa María e vista da Central Térmica e o Lago das Pontes
Situación
Xentilicio[1]pontés
Xeografía
ProvinciaProvincia da Coruña
ComarcaComarca do Eume
Poboación10.634 hab. (2014)[2][3]
Área249,4 km²[3]
Densidade42,64 hab./km²
Entidades de poboación13 parroquias[4]
Capital do concelloAs Pontes de García Rodríguez
Política (2015)
AlcaldeValentín González Formoso (PSdeG-PSOE)
ConcelleirosBNG: 3
PPdeG: 1
PSdeG-PSOE: 11
Outros: Xunt@s por As Pontes 2
Eleccións municipais nas Pontes de García Rodríguez
Uso do galego[5] (2011)
Galegofalantes50,12%
Na rede
www.aspontes.org
editar datos en Wikidata ]

As Pontes de García Rodríguez,[6] tamén coñecido sinxelamente como As Pontes, é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca do Eume. Segundo o IGE en 2014 tiña 10.634 habitantes. O seu xentilicio é «pontés».[1] Atópase entre as comarcas da Terra Chá ó leste e Ferrol ó oeste.

Xeografía

Abrangue unha superficie de 249,4 km²[7] e limita ao norte con Mañón e Ortigueira, ao leste e sueste con Muras e Xermade, ao suroeste con Monfero, e ao oeste coa Capela, San Sadurniño e As Somozas.

Debido a que o concello das Pontes é o de maior tamaño da provincia da Coruña, pódese atopar nel unha gran variedade de paisaxes distintas. O Monte Caxado, ao norte, constitúe cos seus 756 metros de altura[8] o punto máis elevado do concello e un dos máis elevados da provincia. Ó seu redor hai outros montes como A Pena da Loba (658 m), O Macizo Sucadio (667 m), os Macizos de Penas de Noite (626 m) ou o de Deveso (558 m).

Os ríos que discorren polo concello son en xeral caudalosos, cun réxime bastante regular. Destaca entre eles o Eume, que percorre o concello ao longo de 9 quilómetros, e dá nome á comarca. Tralo peche da mina de lignito a ceo aberto que subministraba á central térmica das Pontes en 2007,[9] comezouse un proceso de recheo do oco deixado, de máis de 5 km de lonxitude, 2,5 km de ancho e unha profundidade máxima de 206 m, con 547 millóns de m³ de agua procedentes do río Eume, dalgúns regatos da zona e de augas pluviais. En 2012 rematou o proceso converténdose o coñecido coma Lago das Pontes nun dos maiores de Europa destas características.[10]

No concello aséntase gran parte do parque natural das Fragas do Eume que bordea o Encoro do Eume.

Clima

O clima das Pontes foi tradicionalmente definido coma un clima oceánico húmido,[11] con certas características de clima continental nos vales e de clima de montaña nas alturas da serra.[12] Dentro da Clasificación climática de Köppen está considerado coma csb[13] A temperatura media anual da vila é de 12,7 °C, cunha variación interanual de 10,7 °C. O promedio de temperatura media para xaneiro é de 7,8 °C, con medias máximas de 11,3 °C e mínimas de 4,4 °C, mentres que o promedio de agosto acada os 18,5 °C, con medias máximas de 22,9 °C e mínimas de 18,5 °C.[13]

O concello das Pontes rexistra unhas precipitacións anuais de 1.800 l/m². O mes de decembro adoita ser o máis chuvioso,[13] podendo producirse en xaneiro e febreiro xeadas e precipitacións en forma de neve.[12]

Demografía

Da observación dos datos dedúcese que durante a primeira metade do século XX houbo poucas variacións na poboación con subidas e baixadas pouco representativas, o balanzo final deste medio século é lixeiramente positivo, de 1900 a 1950 a poboación aumentou en 325 habitantes. A pesar de que na década dos sesenta hai un descenso de 401 habitantes, a evolución é completamente distinta na segunda metade do século; a poboación segue aumentando, mais a un ritmo moitísimo maior, chegando a duplicarse en 40 anos ata acadar máis de 13.000 habitantes en 1990. Esta data marca o máximo histórico da poboación do concello, xa que na última década do século XX e na primeira do XXI prodúcense apreciables descensos. O aumento de poboación na segunda metade do século XX está estreitamente ligado á explotación da mina de lignito e á instalación da central térmica.

A evolución da poboación apréciase claramente no gráfico seguinte tirado dos datos dos censos oficiais:

Na seguinte táboa reflíctense os datos de poboación aparecidos nos censos feitos ao inicio de cada década desde o ano 1900[14][15]:

Evolución da poboación desde

1900 ata 2011

1900

1910 1920 1930 1940 1950 1960 1970 1981 1991 2001 2011

4.626

4.962 4.777 5.026 5.200 5.951 8.317 7.916 11.027 13.214 12.440 11.139

Na táboa seguinte aparece a poboación distribuída por tramos de idade. É salientable que a poboación maior de 64 anos, que representa a quinta parte do total, duplica á menor de 16 anos, o cal indica que non se está a producir o relevo xeracional necesario para evitar o envellecemento da poboación:[16]

Censo total (2014) 10.634 habitantes
Menores de 16 anos 1.052 (9,89%)
Entre 16 e 64 anos 7.343 (69,05%)
Maiores de 64 anos 2.239 (21,05%)

Historia

No concello atopáronse varios obxectos prehistóricos, máis de 125 mámoas,[17] anacos de cerámica e inclusive vasos correspondentes á Cultura Campaniforme. Entre os anos 6000 e 2800 a. C. crese que un importante asentamento humano poboaba a zona, aínda que a maioría dos restos atopados son sobre enterramentos e non sobre a vida. Mesmo hai teorías que din que o val era una inmensa tumba para os pobos nómades da zona.

Hai numerosas probas da romanización da zona como poden ser varios sarcófagos paleocristiáns atopados na vila e restos de vivendas romanizadas. É de grande importancia a ponte romana que aínda se conserva sobre o río Chamoselo.

No ano 1267 atópase o primeiro texto que constata a existencia do "Concejo das Pontes". En 1376, Henrique II de Castela concedeulle o señorío da Vila das Pontes ao cabaleiro García Rodríguez de Valcárcel[12] por rescatalo da prisión na que se atopaba trala batalla de Nájera.[18]

Por quantas lealtanzas de fianza fallamos en vos... e por quanto afán y trabajo y pérdidas oviste tomado por nós... facemos vos donación pura y perpetua... del lugar de las Puentes de Hume

A súa liñaxe extinguiuse nuns 100 anos, pasando a pertencer o señorío á casa de Lemos. Porén, deixou pegada nas numerosas pontes que mandou construír no río Eume, destacando entre elas a ponte dos Ferros tamén coñecida como ponte vella.[19]

Segundo o Catastro de Ensenada de 1752, residían por aquel entón, no casco urbano pontés, pouco máis de douscentos habitantes e cerca de mil no resto do concello. A vila dispuña dun Hospital para recoller, dar pousada e asistir a pobres, peregrinos e viandantes.[20] O edificio, cuxo recordo dá nome á praza principal das Pontes, seguiu sendo hospital ata mediados do século XIX e escola ata a segunda década do século XX, no que foi derruído por orde municipal. A finais do século XVIII José Cornide Saavedra comunica á Real Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago a existencia en As Pontes de García Rodríguez de xacementos de lignito.[20] En 1862 levantaríase unha nova ponte construída na época de Isabel II de España e de quen recibe o nome.

Cultura

Toponimia

As orixes do nome do concello remóntanse ao ano 1376, cando o conde García Rodríguez de Valcarce tomou posesión das terras do val no que se asenta o concello tralo decreto do rei Henrique II de Castela. Este comezou entón a construción dun castelo e unha ponte seguindo o camiño real Lugo-Ferrol (a actual Ponte da Perfolla), dando lugar ao nome da vila de "Puente de García Rodríguez", que posteriormente derívaría no actual nome do concello.[21]

Topónimos de orixe celta

Varios dos nomes de lugares do concello teñen a súa orixe en termos célticos:[22]

Topónimo Significado Lugares
Cuíña Costa empinada A Cuíña
Catarou Mirador O Catarou
Reboredo Carballeira O Reboredo, Os Reboredos
Bouza Terreo de árbores ou maleza A Bouza, A Casa da Bouza - A Igrexa, A Casa da Bouza - Tras do Camiño
Busto, Bustelo Terra adicada ao pasto O Busto
Pena Purreira Rocha de polvo Pena Purreira

Topónimos de orixe latina

Tamén se atopan no concello topónimos de orixe latina:[23]

Topónimo Orixe Significado Lugares
Caneiro canna conducto O Caneiro
Pedrón / Pedreira / Pedregás petra pedra O Pedrón, A Pedreira, Pedregás
Ermida eremita capela A Ermida, Suaermida
Cervicol cervus cervo Cervicol
Valiña vallis val A Valiña
Fraga frangere romper A Fraga, A Fragachá, Fraga Redonda, Fragachá (San Pedro de Eume), A Fragachá (Somede)
Chao planus chan O Chao (O Deveso), O Chao (O Freixo), O Chao (Somede), Os Chaos
Espiñaredo epina púa Espiñaredo
Castro castrum fortificación O Castro (Bermui), O Castro (Espiñaredo), O Castro, Os Castros

Patrimonio

Patrimonio arquitectónico

Pontes
Ponte Vella ou Ponte dos Ferros
Ponte de Isabel II
  • Ponte do Chamoselo: Situada sobre o río Chamoselo, afluente do Eume. A súa orixe data dos séculos XIV-XV, sendo o único monumento de arte romana que se conserva no concello.[24][25] A ponte pertencía á vía romana que unía Lugo coa ría de Ferrol, cuns 2,10 metros de anchura de calzada, empregada polos romanos para o transporte de mineral de estaño dende as minas de Orizón ata a ría.[25] A ponte ten un só arco, duns tres metros de raio, e está feita na súa maioría de lousa.[25]
  • Ponte dos Chaos[24]
  • Ponte da Fraga[26]
  • Ponte de Isabel II: Construída no 1860, de estilo neorrománico, con arco de medio punto rebaixado.[24]
  • Ponte da Pedra: Situada orixinalmente ao noroeste do lugar da Casilla, foi trasladada ao Parque de Lesneven para a súa conservación.[24]
  • Ponte da Perfolla[24]
  • Ponte da Presa de Alende: Construída no 1992 sobre o Eume, feita en formigón e estructuras metálicas de cor vermella que forman dous pináculos rectangulares.[24]
  • Ponte Romana de Illade: Trasladada á area recreativa do Caneiro para a súa conservación.[24]
  • Ponte Vella: Situada sobre o río Eume. Data do século XV, é coñecida tamén có sobrenome de Ponte dos Ferros.[24]

Etnografía

Festas e celebracións

Festas da Virxe do Carme
Procesión diurna da Virxe do Carme 2015

As Festas da Virxe do Carme celébranse tódolos 16 de xullo dende 1741, trala fundación da Confraría do Carmelo no ano 1736 por Blas Santomé Aguiar, irmán do entón párroco de As Pontes, e a aprobación dos seus estatutos en 1741. A festividade do Carme comezou a tomar notoriedade e no ano 1860 a Virxe do Carme pasou a ser patroa do concello.[27]

Da festa profana do Carme, a popular, tense constancia de que se celebran dende o ano 1800 ó consignar nos libros da confraría a retribución dos músicos que actuaban en cada ano. A partir do ano 1880 a festividade do Carme pasou a ser organizada polos veciños do pobo, con actos relixiosos e lúdicos.[27] Especial relevancia na festa ten a procesión nocturna que o sábado de festa parte da capela do Carme coa imaxe da Virxe ata a Igrexa, capela á que regresa o domingo camiñando sobre unha extensa alfombra floral.[28]

Romaría da Fraga

A Romaría da Fraga ten lugar o 25 de xullo, e comezou a celebrarse no ano 1904 por iniciativa do entón xuíz de Paz, Manuel Fernández Vidal. O lugar elixido ese ano foi unha finca dunhas oitenta áreas de superficie, situada nunha volta do río Eume poboada de carballos e outras árbores pequenas. A finca, coñecida como a Illa da Ramalleira, era propiedade de Sergio Rivera Chao e estaba totalmente rodeada polo río Eume, polo que os romeiros tiñan que achegarse a ela a través dunha pequena ponte.[29]

A partir desa data e ata 1948 os ponteses e visitantes ían de romaría a esta paraxe na que sería popularmente chamada Festa da Isla. Debido á construción da presa hidroeléctrica da central de ENCASO en 1948, que anegou a pequena illa, os veciños tiveron que cambiar de lugar, elixindo unha finca no barrio do Barreiro, propiedade de Rita Cabarcos Durán, que fora mestra na escola de As Pontes. Esta fraga foi o lugar escollido para celebrar o día de Santiago para que os veciños seguisen gozando desta xira campestre. Dende 1950 vense celebrando nesta paraxe natural á beira do río Eume, entre os poboados da Fraga e do Barreiro e o barrio da Cuíña.[29]

Ata 1966 o baile remataba ó solpor e a verbena celebrábase na praza do Hospital. Había concursos de cabanas, empanadas, tortillas e traxes típicos acompañados de música popular e tradicional. Ao falecer o propietario da parcela sen escriturar a doazón, o concello veuse na obriga de mercala ós seus propietarios por 725 000 pesetas a principios dos anos 1970.[29] Na actualidade acótase a fraga en parcelas para a construción das diversas cabanas e merendeiros, e a celebración comeza a noite do 24 de xullo con varios concertos de música folk, seguido da chamada sesión vermú a cargo dunha orquestra o día 25. Ten a consideración oficial de festa de interese turístico nacional.[30]

Outras celebracións

A Feira do Grelo é unha festa gastronómica que ten lugar o domingo de entroido. Naceu en 1981 para potenciar a agricultura local.[31]

A Feira de Fungos e Cogomelos ten lugar o 1 de novembro e recolle diversos actos como a degustación de pratos, concursos micolóxicos e o Mercado de Oportunidades Vila de As Pontes (MOVA), con participación de gran número de comercios locais.

A Feira do Queixo e o Mel ten lugar no mes de outubro na parroquia de Goente.

O Mercado do Medievo ten lugar na zona antiga, coñecida como A Vila, a segunda fin de semana de setembro e a Festa do Lago que ten lugar en agosto,[32] conmemorando a inauguración do lago e a súa praia que tivo lugar o 20 de agosto de 2012.

Gastronomía

Un dos produtos característicos do concello son as denominadas mantecadas de As Pontes, de elaboración artesanal, feitas con manteiga de vaca cocida, ovos, fariña e azucre.[33] Segundo o historiador Rivera Rouco, foron introducidas no concello nos principios do século XX por Pilar Prieto Penabad, que deprendera a elaboración e receita das mesmas a unha veciña de Muras que fora instruída nun convento de monxas.[34]

Tradición oral

Existen diversas lendas relativas a varios dos lugares do concello:

  • O Rey Bermudo
O gran Rey de Galicia, Bermudo, elegido pol'os Nobles Galegos, fai unh'os dez siglos, veuse acurrado cas embestidas dos moros. Tiña por sede Compostela. Ante a proximidá do enemigo escapou pra Betanzos. Os moros, capitaneados pol'o xeneral Almanzor, viñan coma un huracán, destruindo canto atopaban. Desfixeron por completo a ciudá de Compostela e seguidamente atacaron A Cruña; entonces o noso Bermudo saleu de Betanzos hacia o Norte e refugióuse nos Castros de montaña do poniente das Pontes [...] Aquela terra dos Castros recibeu, hasta nos, o nome de Bermuy, nome do ilustre fuxitivo.[35]
  • Os Encantos d'as Medoñas
Houbo n'esta Comarca moitos "encantados" n'as foyas do Río Eume, n'as penas e n'as medoñas. Eran personas que alí xacían en consecuencia d'algún maleficio; [...] Falaban desd'a súa prisión e podían ser "desencantadas" cumpríndolles algún requisito que pedían. Cóntase d'un que moraba n'as medoñas de Marraxón, que lle encomendóu a un paisano d'alí o xeito de desencantalo. Asomouñe, por un burato da medoña, doce volos de pan, que lle debía de devolver intactos ao outro día; [...] Cando llos devolveu, foinos votando pol'o burato deixando pra último o encetado; cando iste rodou ao cubil retembloa a medoña i o encanto mandou unhos alaridos de desesperación pol'a desventura que lle viñera encima.[35]
  • O Cocho Bravo da Toca
No monte da Casilla d'a Toca poden ver cantos pasen pol'a carretera, pra Ferrol, un cocho bravo de pedra, subido encima d'outra pedra mais grande e mirando hacia ó rayante. Fixérono os nosos antepasados, de tempo inmemorial, e dotárono d'un poder divino que supera ao poder das meigas e dos espíritus malos. Ista figura protexía ós moradores da Veiga de Narahío i demáis alrededorses, pois, ca sua presencia poderosa, detiña a cantos poderes enemigos viñeran pol'o seu frente, quedando así a salvo os que residían pol'a sua espalda.[36]
  • A Ciudá de Villaverde
Contaban os antepasados dás nosas aldeas e tamén o falaban n'outros pueblos de Galicia que, en tempos moy antiguos houbo no val d'as Pontes unha ciudá que lle chamaban "Ciudá de Villaverde"; [...] Parece ser que aqueles "Vilegos" se tiraron ó vicio e á perversión, e Dios castigóunos hundindo de golpe tod'a a Ciudá, que se esfondóu no limo do lago; e alí se afogaron todol'os habitantes, menos unha rapaza, que saléu a nado berrando por Santa Eulalia [...] i efectivamente a Santa oéu os seus clamores e salvóuna. Aquela doncela, santa i agradexida, levantou unha ermita donde as xeneracións adoraron á Milagrosa Santa.[37]
  • A historia do Río Eume
Contaron, desde sempre, os vellos que cando o Dios Grande fixo os ríos, mandou nacer tres xuntos, na serra d'o Xistral. Anque naceron no mesmo sitio avocounos pra distintas ladeiras e prometeulles regalaría cada ano un home ao primeiro que chegara ó mar. Deulles categorías divinas e chamoulles: "Eume" ó da ladeira do poniente [...] "Landro", ó da ladeira do norte [...] e "Masma" ó da ladeira do rayante. [...] Recién nacidos acordaron descansar un pouco no camiño; condición que somentes cumpleu o Eume. O enterarse da traición dos compañeiros, envalou furioso a sua marcha pol'a Capela e Caaveiro e logrou chegar de primeiro. Por eso todos os anos se afoga unha persoa n'el.[37]

Vilas irmandadas

Economía

Central Térmica Endesa As Pontes.
Excavadoras da antiga mina de lignito

A economía do concello ten unha gran dependencia da industria,[Cómpre referencia] aínda que tamén dispón de núcleos de poboación dedicados á agricultura e á gandería. A renda dispoñible bruta por habitante no 2009 era de 16 930,27 , mentres que o Produto Interior Bruto por habitante no 2012 acadaba os 85 804 €.[16]

Sector primario

Nas Pontes de García Rodríguez ten importancia a explotación gandeira sendo o seu leite empregado, entre outros destinos, na empresa Queserías del Eume situada na parroquia da Faeira[41] Segundo datos do IGE, no 2012 existían 264 explotacións de gando bovino, sumando un total de 3 294 cabezas entre elas.[16]

Son tamén importantes os seus recursos forestais para a industria madeireira e papeleira. Estase a estudar a posibilidade de usar os residuos forestais como biomasa, o que contribuiría a aumentar a xa de por si alta produción enerxética local.[Cómpre referencia]

Sector secundario

A principal industria do concello é a Central térmica das Pontes e a mina de carbón que a fornece. A central térmica é a mais grande de España, e a súa cheminea, con 356 metros de altura, é a construción mais alta de España, e figura no Libro Guinness dos Récords como a cheminea máis voluminosa do mundo.[42] Ten unha potencia de 1400 megavatios xunto con outra central eléctrica nova que usa o gas para producir electricidade (ciclo combinado de 800 megavatios). Ademais o concello conta con numerosos parques eólicos, contribuíndo definitivamente ao liderado que ten Galiza no Estado nesta tecnoloxía,[Cómpre referencia] e dous encoros. É un dos lugares con maior produción de enerxía a nivel mundial.[Cómpre referencia]

A segunda industria máis importante é a de transformados metálicos, iniciada nos anos 60 por Hermanos Formoso. Actualmente dedícanse a esta actividade máis de dez empresas locais.[Cómpre referencia]

O concello conta con tres parques industriais onde se asentan outras moitas empresas:

Sector terciario

En 2012 rematou o proceso de enchido de auga da antiga mina de carbón esgotada, converténdoa nun lago de enormes dimensións con unha extensa praia artificial.[44]

Infraestruturas

Mapa coas principais vías de comunicación

As principais vías de comunicación terrestres do concello son:

Distancias kilométricas con respecto ás principais cidades galegas[12]
Cidade Distancia
Ferrol 42 km
A Coruña 67,1 km
Lugo 68,4 km
Santiago de Compostela 110,1 km
Ourense 159,6 km
Pontevedra 167,5 km
Vigo 193,5 km

Medios de comunicación

RTV Eume é a emisora de radio e televisión local do concello, fundada o 11 de novembro de 1989,[46] cunha programación que inclúe emisións musicais, reportaxes sobre eventos ocorridos no concello, entrevistas e novas locais. Na celebración do seu 24º aniversario, a radio acadou un récord Guinness tras realizar entrevistas sen pausa durante 24 horas e 6 minutos.[47]

A asociación local de informática Amigus comezou o 24 de Xullo de 2003 un portal web no que se recollen novas locais e novas relacionadas co mundo da tecnoloxía.[48]

O xornal local A Nova Unión tivo unha primeira edición independente quincenal de marzo a agosto do 1995,[49] e unha segunda edición mensual que comezou en xaneiro de 1997, editada por Amigos de As Pontes.[50][51] O xornal tomou o nome adaptandoo do desaparecido xornal local de comezos do século XX La Unión.

Deporte

Fútbol

O Club Deportivo As Pontes fundouse no 1933 e federouse oficialmente co nome de Calvo Sotelo o 28 de setembro de 1960. O equipo mudou de nome varias veces, pasando a chamarse Endesa en 1973 e en 1982 Endesa As Pontes, para recuperar o seu nome inicial de As Pontes en 2002. Ten no seu haber dous títulos de liga da Terceira División Española, dous de Rexional Preferente, a Copa de Galicia de 1968, o Trofeo Concepción Arenal de 1992, a Copa Deputación da Coruña de 1996 e varios trofeos menores.[52]

Política e goberno

Aquilino Meizoso foi alcalde entre 1987 e 1995, en representación da agrupación independente Amigos de As Pontes.[53] Nas eleccións de 1995 resultou elixido alcalde Víctor Guerreiro do BNG, que sería destituído dous anos máis tarde nunha moción de censura que levou á alcaldía ao socialista Vicente López Pena. Victor Guerreiro obtivo a maioría de 9 concelleiros para o BNG nas eleccións de 1999[54] e 2003.[55]

O PSdeG-PSOE converteuse na forza máis votada nas eleccións de 2007 con 8 concelleiros, os mesmos que o BNG, que perdeu a súa maioría no Concello. Valentín González Formoso converteuse en alcalde á fronte dun goberno municipal socialista en minoría, perante os 8 edís do BNG e o único concelleiro do PPdeG.[56] González Formoso foi elixido de novo alcalde nas eleccións de 2011, ao acadar 12 concelleiros a lista por el encabezada, fronte aos 4 do BNG e 1 do PPdG.[57] Catro anos despois, no 2015, volveu a sair elixido Valentín Gónzalez Formoso, acadando o PSdeG 11 concelleiros, o BNG 3,Xuntos por As Pontes 2 e PPdeG 1.[58]

Galería de Imaxes

Notas

  1. 1,0 1,1 Véxase no Galizionario.
  2. Instituto Nacional de Estadística, ed. (27 de decembro de 2019). "Cifras oficiales de población resultantes de la revisión del Padrón municipal a 1 de enero". Consultado o 2 de xuño de 2020. (en castelán).
  3. 3,0 3,1 Instituto Galego de Estatística. (2023) "As Pontes de García Rodríguez".Información municipal. Sociedade e poboación. Xunta de Galicia.
  4. Nomenclátor de Galicia. Busca directa. Xunta de Galicia
  5. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Arquivado dende o orixinal o 5 de decembro de 2019. Consultado o 14 de outubro de 2014. Fonte: IGE. Datos dispoñibles nas Táboas Dinámicas de Google 
  6. Xunta de Galicia (5 de xuño de 2000). "ORDEN de 31 de mayo de 2000". Diario Oficial de Galicia (en castelán) (108): 8 594. 
  7. "Superficie - Pontes de García Rodríguez, As". IGE. 
  8. A medida exacta difire segundo a fonte consultada:
  9. "Información general de la Central Térmica de As Pontes". Endesa educa (en castelán). Consultado o 27 de marzo de 2015. 
  10. Prieto, Rosa (17 de maio de 2012). "La mina de As Pontes, el mayor lago de España". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 27 de marzo de 2015. 
  11. (Rivera Rouco 1976, p. 16)
  12. 12,0 12,1 12,2 12,3 Concello de As Pontes (2013). Regeneración de espacios físicos: solución ambiental sostenible a la mina de As Pontes (Informe) (en castelán). pp. 2–15. Consultado o 18 de xuño de 2015. 
  13. 13,0 13,1 13,2 "Clima:As Pontes de García Rodríguez" (en castelán). Consultado o 24 de agosto de 2015. 
  14. "Series históricas de poboación de España". INE. Consultado o 15 de abril de 2013. (en castelán)
  15. "Series históricas de poboación de Galicia". IGE. Consultado o 15 de abril de 2013. 
  16. 16,0 16,1 16,2 "Ficha municipal das Pontes". IGE. 2012. Consultado o 29 de xullo de 2015. 
  17. "As Pontes". Eumeturismo. Consultado o 29 de marzo de 2015. 
  18. "Época medieval". Concello de As Pontes de García Rodríguez. Consultado o 27 de marzo de 2015. 
  19. Ficha da ponte en Turgalicia.
  20. 20,0 20,1 "Época moderna". Concello de As Pontes de García Rodríguez. Consultado o 27 de marzo de 2015. 
  21. (Rivera Rouco 1976, pp. 73-75)
  22. (Rivera Rouco 1976, p. 47)
  23. (Rivera Rouco 1976, pp. 67-68)
  24. 24,0 24,1 24,2 24,3 24,4 24,5 24,6 24,7 "AS PONTES DE AS PONTES". Turismo As Pontes (en castelán). Concello de As pontes. Consultado o 17 de xuño de 2015. 
  25. 25,0 25,1 25,2 (Rivera Rouco 1976, p. 52)
  26. "Patrimonio - Pontes" (en castelán). Concello de As Pontes. Consultado o 17 de xuño de 2015. 
  27. 27,0 27,1 "Varios miles de ponteses e forasteiros asistiron ás celebracións na honra da Virxe Do Carme". Amigus.org. 25 de xullo de 2012. Consultado o 29 de xullo de 2015. 
  28. "Festas da Virxe do Carme". Turgalicia (en castelán). Consultado o 27 de marzo de 2015. 
  29. 29,0 29,1 29,2 "Coa Romaría da Fraga remataron as festas de As Pontes". Amigus.org. 27 de xullo de 2012. Consultado o 29 de xullo de 2015. 
  30. "Romaría da Fraga". Turgalicia (en castelán). Consultado o 27 de marzo de 2015. 
  31. "“Feira do Grelo” de As Pontes elabora un nuevo menú de Entroido". Berenguela (en castelán). 30 de xaneiro de 2013. Consultado o 27 de marzo de 2015. 
  32. "Festa no Lago". Turismo As Pontes. Consultado o 29 de marzo de 2015. 
  33. "MANTECADAS DE AS PONTES". Turismo As Pontes (en castelán). Concello de As pontes. Consultado o 17 de xuño de 2015. 
  34. "Escolma de datos contados na radio local por Don Enrique Rivera Rouco". Amigus.org. 19 de febreiro de 2007. Consultado o 29 de xullo de 2015. 
  35. 35,0 35,1 (Rivera Rouco 1976, p. 33)
  36. (Rivera Rouco 1976, p. 34)
  37. 37,0 37,1 (Rivera Rouco 1976, p. 35)
  38. "As Pontes y Lesneven reafirman su hermanamiento". El progreso (en castelán). 26 de xullo de 2011. Consultado o 27 de marzo de 2015. 
  39. "Key facts about Carmarthenshire’s Town Twinning Associations" (PDF). West Wales European Centre (en inglés). Consultado o 29 de marzo de 2015. 
  40. "As Pontes se hermana con la ciudad cubana de Arroyo Naranjo". La Voz de Galicia (en castelán). 15 de novembro de 2002. Consultado o 29 de marzo de 2015. 
  41. "Sobre Nosotros". Queserías del Eume (en castelán). Consultado o 27 de marzo de 2015. 
  42. "Actividad de generación en As Pontes" (PDF). Endesa (en castelán). Consultado o 27 de marzo de 2015. 
  43. "Parque empresarial Os Airíos, As Pontes de García Rodríguez". Galicianaves (en castelán). 21 de xullo de 2009. Consultado o 27 de marzo de 2015. 
  44. "As Pontes completa su lago". La Voz de Galicia (en castelán). 20 de abril de 2012. Consultado o 24 de agosto de 2015. 
  45. 45,0 45,1 45,2 45,3 45,4 Colaboradores de OpenStreetMap. As Pontes de García Rodríguez (Mapa). 1:50000. OpenStreetMap. Consultado o 17 de xuño de 2015. 
  46. "Radio Eume celebrou hoxe o seu primeiro cuarto de século de vida". educAspontes.com. 12 de novembro de 2014. Consultado o 25 de xuño de 2015. 
  47. Bustabad, Lorena (12 de novembro de 2013). "1.446 minutos de récord". El Pais (en castelán). Consultado o 25 de xuño de 2015. 
  48. "Presentación Amigus". Amigus.org. Consultado o 25 de xuño de 2015. 
  49. (López Ferro 2014, p. 89)
  50. (López Ferro 2014, p. 103)
  51. "A NOVA UNIÓN". Amigos de As Pontes. Consultado o 25 de xuño de 2015. 
  52. "50º aniversario do Club Deportivo As Pontes". Amigus.org. 28 de abril de 2010. Consultado o 29 de xullo de 2015. 
  53. "O adeus definitivo de Aquilino Meizoso e Amigos de As Pontes". X CHOIVA ÁZEDA. 21 de abril de 2007. Consultado o 27 de marzo de 2015. 
  54. "Resultados Elecciones Municipales 1999". lainformación.com (en castelán). Consultado o 24 de agosto de 2015. 
  55. "Resultados Elecciones Municipales 2003". lainformación.com (en castelán). Consultado o 24 de agosto de 2015. 
  56. "Resultados Elecciones Municipales 2007". lainformación.com (en castelán). Consultado o 24 de agosto de 2015. 
  57. "Resultados Elecciones Locales 2011". Ministerio del Interior (en castelán). Consultado o 24 de agosto de 2015. 
  58. "Elecciones Municipales 2015 - As Pontes de García Rodríguez". El País (en castelán). Consultado o 26 de xuño de 2015. 

Véxase tamén

Bibliografía

  • López Ferro, Jose María (2014). Don Enrique Rivera Rouco, a súa vida e a súa obra. Concello de As Pontes. 
  • Rivera Rouco, Enrique (1976). Estudio sobre la historia de Puentes de García Rodríguez y su comarca (en castelán). ISBN 978-8440016478. 

Outros artigos

Ligazóns externas