Mosteiro: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Liña 23: Liña 23:


{{Artigo principal|Mosteiros e conventos de Galicia}}
{{Artigo principal|Mosteiros e conventos de Galicia}}
A aparación en Galicia da primeira comunidade bieita documéntase en datas moi tardías. A incorporación á [[Orde de Cluny]] foi promovida durante o reinado de [[Afonso VI de León|Afonso VI]] (metade do [[século XII]]) e a finais deste século e principios do seguinte moitos dos mosteiros galeegos acolléronse a [[Orde do Císter|reforma do Císter]]. Durante toda a [[Idade Media]] os cenobios foron obxecto de interese da nobreza galega que vinculaba pola forza ao mosteiro coa súa linaxe e economía. En tempos dos [[Reis Católicos]] o Papa ordea a restruturación do entramado monacal de España. A partir de entón todos os mosteiros e conventos pasaron a depender dun mosteiro central pasando a formar parte da Congregación Cisterciense de Castela. No caso de Galicia os mosteiros masculinos pasaron a depender do [[Mosteiro de San Martiño Pinario]] e os de mulleres do [[Convento de San Paio de Antealtares]].
A aparación en Galicia da primeira comunidade bieita documéntase en datas moi tardías. A incorporación á [[Orde de Cluny]] foi promovida durante o reinado de [[Afonso VI de León|Afonso VI]] (metade do [[século XII]]) e a finais deste século e principios do seguinte moitos dos mosteiros galegos acolléronse a [[Orde do Císter|reforma do Císter]]. Durante toda a [[Idade Media]] os cenobios foron obxecto de interese da nobreza galega que vinculaba pola forza ao mosteiro coa súa liñaxe e economía. En tempos dos [[Reis Católicos]] o Papa ordena a restruturación do entramado monacal de España. A partir de entón todos os mosteiros e conventos pasaron a depender dun mosteiro central pasando a formar parte da Congregación Cisterciense de Castela. No caso de Galicia os mosteiros masculinos pasaron a depender do [[Mosteiro de San Martiño Pinario]] e os de mulleres do [[Convento de San Paio de Antealtares]].


== Notas ==
== Notas ==

Revisión como estaba o 28 de agosto de 2015 ás 15:47

Mosteiro de Santo Domingo de Silos, Burgos

Mosteiro, palabra que procede do grego monos (só), designa un grupo de construcións de residencia e práctica relixiosa de monxes ou monxas.

Definición

O termo convento, do latín conventus que significa "asemblea", procede orixinalmente da asemblea romana onde os cidadáns se reunian para fins administrativos ou de xustiza (conventum iuridicum). Posteriormente pasouse a utilizar con sentido relixioso, relativamente ao monasticismo cando, para mellor servir e amar a Deus, os homes se retiraban do mundo, primeiro soíños (como ermitáns), despois en grupos de monxes (comunidades relixiosas), para edificios concibidos para o efecto, os conventos. En termos xerais, aínda que convento sexa sinónimo de mosteiro (algunhas persoas pensan, erradamente, que os mosteiros se destinan a homes e os conventos, a mulleres), a palabra convento pode ser, especificamente utilizada para as ordes monásticas de vida activa, mentres que mosteiro se aplica, en xeral, a ordes contemplativas, vocacionadas para a clausura - mais tal diferenciación non presenta unanimidade existindo diversos posicionamentos doutrinais[1].

Os mosteiros de Occidente

Claustro do Mosteiro de San Xulián de Samos

San Bieito, no Occidente, foi o primeiro a crear a estrutura dun convento. Despois, ao traballo da Igrexa, xuntouse o das cruzadas desde o século XII nas Ordes militares, e o dos apostolados nas Ordes mendicantes. Os conventos, fose cal fose o estilo arquitectónico da súa construción, tiveron sempre unha traza fundamentalmente igual, debido ás exixencias da vida relixiosa en comunidade: a igrexa conventual co coro; o claustro onde abrian as salas en que se realizaban os outros actos de vida en comun; a sala do capítulo para as reunións solemnes de instrución e corrección onde normalmente tamén eran erguidos o refeitorio e a biblioteca; encima, a toda a volta, corrian os dormitorios, con celas individuais; ao redor do edificio, campo para recreo e cultivo.

A Igrexa, a través dos mosteiros, cumpriu un papel determinante na transición entre a antigüidade e o feudalismo, na consolidación do sistema feudal, cuxo control, seguindo a Le Golf: "pasa en todos os elementos esenciais pola igrexa, igrexa de celibatarios que dominan a produción económica, a medida do tempo, os lazos de parentesco, a ensinanza, a cultura, a arte, a asistencia e a caridade" [2]

O cristiano medieval fixo dos mosteiros uns dos centros mais beneficiados das súas actitudes piadosas co obxecto de procurar os seus servizos relixiosos para que actuaran como intermediarios entre Deus e os fieis. Reciben limosnas e doazóns a cambio de actuar como axentes redentores que interceden polos fieis na procura da salvación da súa alma.

Capela maior da Igrexa do Mosteiro de San Lourenzo de Carboeiro

Podemos falar logo de que o cristiano medieval buscou o mosteiro tanto na vida como na morte.

Os mosteiros en Galicia

A aparación en Galicia da primeira comunidade bieita documéntase en datas moi tardías. A incorporación á Orde de Cluny foi promovida durante o reinado de Afonso VI (metade do século XII) e a finais deste século e principios do seguinte moitos dos mosteiros galegos acolléronse a reforma do Císter. Durante toda a Idade Media os cenobios foron obxecto de interese da nobreza galega que vinculaba pola forza ao mosteiro coa súa liñaxe e economía. En tempos dos Reis Católicos o Papa ordena a restruturación do entramado monacal de España. A partir de entón todos os mosteiros e conventos pasaron a depender dun mosteiro central pasando a formar parte da Congregación Cisterciense de Castela. No caso de Galicia os mosteiros masculinos pasaron a depender do Mosteiro de San Martiño Pinario e os de mulleres do Convento de San Paio de Antealtares.

Notas

  1. Por exemplo, o DRAG especifica convento como "Edificio onde viven en comunidade frades ou monxas dunha orde relixiosa" e mosteiro como "Convento grande, xeralmente apartado das poboacións, onde viven os membros dunha orde relixiosa", polo que as diferenzas veñen dadas polo tamaño e pola situción. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para convento.; Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para mosteiro.
  2. Prefacio do libro de A.Guerreau "Le feudalisme. Un horizon theorique". París. Le Sycomore. (1980). Páx. 13.

Véxase tamén

Mosteiro de Poio

Outros artigos