Racing Club de Ferrol: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
racing de Ferrol
Liña 1: Liña 1:
{{Club de fútbol
{{Club de fútbol
| nome = Racing de Ferrol
| nome = Racing de Ferrol
| escudo =
| escudo = [[File:Escudo Racing de Ferrol deseño.svg|200px]]
| nomecompleto = Racing Club de Ferrol, S.A.D.
| nomecompleto = Racing Club de Ferrol, S.A.D.
| alcume = ''Diaños verdes''
| alcume = ''Diaños verdes''

Revisión como estaba o 24 de agosto de 2015 ás 14:25

Racing de Ferrol
Ficheiro:Escudo Racing de Ferrol deseño.svg
NomeRacing Club de Ferrol, S.A.D.
Alcume(s)Diaños verdes
Fundación1919
EstadioA Malata,
Ferrol, Galicia
Inauguración1993
Capacidade12.042
PresidenteGalicia Isidro Silveira Cameselle
AdestradorGalicia Manolo García
Liga2ªB – Grupo 1
2013–14
VestimentaNike
PatrocinadorReganosa[1]
Na rede
http://www.racingclubferrol.net/
Titular
Alternativo

O Racing Club de Ferrol, S.A.D. é un club de fútbol da cidade de Ferrol (A Coruña), fundado no 1919 pola unión de varios clubs da cidade. Xoga na Segunda División B.

Entre os seus maiores logros conta con varios campionatos galegos, un subcampionato da Copa do Rei en 1939, e un segundo posto na Segunda División en 1940, categoría na que xogou 34 tempadas.

Nome do club

  • Racing Ferrol Foot-ball Club (1919–1941)
  • Club Ferrol (1941–1972)
  • Racing Club de Ferrol (1972–2001)
  • Racing Club de Ferrol, S.A.D. (2001– )

Historia

Inicios do equipo

Racing de Ferrol 1919-1920.

O equipo xurdiu coa chegada do fútbol a Galicia a comezos do século XX. O Racing de Ferrol naceu a iniciativa de Manuel Cancela, un futbolista que quixo unir aos mellores xogadores dos distintos equipos da comarca para formar un equipo competitivo.[2] Oficialmente, o club ten como data de nacemento o 20 de outubro de 1919, data na que formalizou a súa inscrición na Federación Galega de Fútbol, aínda que o seu primeiro partido disputouno o 17 de abril dese mesmo ano, con vitoria fronte a un equipo chamado "Ucraína".[3]

Ferrol comezou xogando nas categorías inferiores galegas, e o 29 de maio de 1921 trasládase ás instalacións da Malata, que se converte no seu campo habitual. Durante varios anos o equipo progresa e ascende posicións ata proclamarse campión de Galicia en 1928, logo de vencer ao Deportivo da Coruña no último partido do torneo rexional.[4] Con esa vitoria o equipo puido xogar por primeira vez na súa historia a Copa do Rei, sendo eliminado na segunda rolda fronte ao Athletic Club. Nese equipo xogou Guillermo Gorostiza, quen despois ficharía polo equipo bilbaíno.

En 1928 créase a Liga española de fútbol, e o Racing Club comezou a súa andaina no campionato nacional dentro do grupo galego de Terceira División (por entón, terceira categoría). Nas súas dúas primeiras tempadas, os ferroláns terminan en primeira posición do seu grupo, pero non conseguirían o ascenso ata 1934, cando a Real Federación Española de Fútbol amplía a Segunda División a máis formacións. O Racing só puido permanecer un ano, xa que terminou a tempada 1934/35 na última posición do seu grupo. A pesar diso, en 1936 gañou a "Copa Aranda", un torneo de fútbol rexional, tras vencer ao Deportivo da Coruña.

Finalista na Copa de España

Despois do parón que supuxo a Guerra Civil española para o fútbol, o Racing de Ferrol volveu disputar unha competición oficial en febreiro de 1939, cos campionatos rexionais para a clasificación da Copa do Generalísimo, no seu primeiro ano baixo esa denominación. Os estragos da guerra afectaron a moitos clubs, que renunciaron a participar polos custos ou se atopaban sen xogadores, e en 1939 bateu á Real Sociedad en cuartos, e ao Barakaldo Oriamendi en semifinais.[5]

O equipo conseguiu así chegar ata a súa primeira final do torneo copeiro. O partido disputouse o 25 de xullo de 1939 no Estadio de Montjuïc (Barcelona), e o Racing de Ferrol caeu derrotado fronte ao Sevilla FC, que partía como claro favorito, por 2-6. Silvosa marcou os dous goles dos ferroláns.[6]

Paso pola Segunda División

Logo da final de Copa, o Racing de Ferrol permaneceu catro tempadas en Segunda División desde o ano 1939 ata 1943, e de forma ininterrompida desde 1945 ata 1960, cando volveu descender ás divisións rexionais. En 1952 o equipo galego disputou por primeira vez na súa historia a liguiña de ascenso a Primeira División, aínda que non puido conseguir o seu obxectivo ao terminar en última posición de oito equipos.

En 1960 o club regresou ao grupo galego de Terceira División. A pesar de ser o seu máximo dominador, o Racing caía nas fases de ascenso e non conseguiu o seu obxectivo ata o ano 1966. O seu paso por Segunda durou nesta ocasión seis tempadas e o seu posto máis destacado foi unha cuarta posición na tempada 1968/69, a un só posto do ascenso cun refacho de 17 partidos consecutivos sen coñecer a derrota. Por outra banda, en 1967 o equipo fíxose co Trofeo Teresa Herrera logo de vencer ao Celta de Vigo na final.

O Racing de Ferrol descendeu a Terceira en 1972, e os galegos non conseguiron o ascenso. En 1978 a Federación Española reestrutura todo o campionato profesional e crea unha nova terceira categoría, coñecida como Segunda División B, que entón constaba de dous grupos. Os ferroláns quedarían encadrados no primeiro deles, con rivais do norte do país, e o club conseguiu o seu ascenso como campión da súa división. Con todo, só permaneceron unha tempada en Segunda ao terminar en última posición de 20 equipos.

Crise de resultados

Tras o seu descenso, o Racing de Ferrol atravesou unha grave crise deportiva e económica. O equipo chegou ata a descender a Terceira División en 1984, chegando a obter a súa posición máis baixa en 1987 rozando os postos de descenso á división rexional. A estas crises sumouse unha mala xestión da directiva, que terminou coa inhabilitación do presidente da entidade, Vicente Bastida, en 1983. Anos despois o club conseguiu regresar a Segunda B, e en 1992 asentouse por completo nesa categoría, coincidindo coa inauguración do Estadio Municipal da Malata.

En 1995 os ferroláns volven loitar por subir logo de quedar primeiros no seu grupo de Segunda B, aínda que na liguiña de ascenso empataron na última xornada fronte ao Beasain e quedaron por detrás do CD Almería. Durante seis anos o conxunto galego termina nas posicións altas da táboa, ata que na tempada 1999/2000, ao cuarto intento, o Racing de Ferrol logra subir a Segunda logo de vencer na fase final ao Barakaldo CF, AD Ceuta e CF Gandia.

Século XXI

Encontro do Racing de Ferrol no Estadio Municipal da Malata en Terceira División.

Para poder xogar na Segunda División, o Racing de Ferrol tivo que converterse en sociedade anónima deportiva no ano 2000. O equipo permaneceu tres tempadas na segunda categoría, cun noveno lugar como posto máis destacado na tempada 2001/02, pero descendeu en 2003 ao finalizar en antepenúltima posición.

Cunha tempada en Segunda B, o club regresou a Segunda División en 2004 con Luis Cesar como adestrador para loitar durante dous anos por eludir o descenso. Os galegos volven ascender en 2007 e na tempada 2007/08 terminan en decimonovena posición, o que supón de novo perder a categoría.

Na tempada 2008/09 o equipo acaba sétimo en Segunda B. A crise económica obrigou ao club a desprenderse dalgúns dos seus mellores xogadores, o que provocou, na tempada 2009/10, o descenso a Terceira logo de 18 tempadas.

Na tempada 2010/11 o Racing acadou a segunda posición na táboa. Os ferroláns xogaron a promoción de ascenso, superando na primeira rolda ao Binéfar, pero caendo eliminados na segunda polo Izarra. A tempada seguinte foi moito máis irregular para o Racing, que quedou en novena posición, a 15 puntos da promoción. Na tempada 2012/13, o equipo proclámase campión do grupo I de Terceira, sumando 97 puntos, novo récord histórico no grupo galego ademais de ser o campión con máis puntos dos 18 grupos nesa tempada. Na promoción de campións, o Racing empatou 1-1 contra o Laudio en terras vascas, sentenciando a eliminatoria por 1-0 na Malata e voltando a Segunda B tres anos despois.

Estadio

Artigo principal: Estadio Municipal da Malata.

O campo onde xoga como local é o estadio Municipal da Malata. Sitúase nunha superficie municipal de 144.806 metros cadrados na zona de A Malata, xunto ao Recinto ferial de Punta Arnela. O campo ten unhas dimensións de 105 x 68 metros e unha capacidade para uns 12.000 espectadores.

Uniforme

  • Uniforme titular: Camiseta verde, pantalón branco, medias verdes.
  • Uniforme alternativo: Camiseta negra, pantalón negro, medias negras.

Datos do club

  • Tempadas en : 0
  • Tempadas en : 34
  • Tempadas en 2ª B: 22 (Incluída a 2014/15)
  • Tempadas en : 26
  • Mellor clasificación na liga: 2º (Segunda División, tempada 39-40)

Historial na liga

Tempada Categoría Posto
1929
1930/31
1931/32
1932/33
1933/34
1934/35
1939/40
1940/41
1941/42
1942/43
1943/44
1944/45 10º
1945/46
1946/47 10º
1947/48
1948/49 14º
1949/50 12º
1950/51
1951/52
1952/53
1953/54
Tempada Categoría Posto
1954/55 12º
1955/56
1956/57 16º
1957/58 12º
1958/59 10º
1959/60 16º
1960/61
1961/62
1962/63
1963/64
1964/65
1965/66
1966/67
1967/68
1968/69
1969/70 10º
1970/71
1971/72 18º
1972/73
1973/74
1974/75
Tempada Categoría Posto
1975/76
1976/77
1977/78 2ªB
1978/79 20º
1979/80 2ªB 16º
1980/81 2ªB 11º
1981/82 2ªB 17º
1982/83 2ªB
1983/84 2ªB 20º
1984/85
1985/86
1986/87 17º
1987/88
1988/89 2ªB 13º
1989/90 2ªB 17º
1990/91
1991/92
1992/93 2ªB 12º
1993/94 2ªB 13º
1994/95 2ªB
1995/96 2ªB
Tempada Categoría Posto
1996/97 2ªB
1997/98 2ªB
1998/99 2ªB
1999/00 2ªB
2000/01 16º
2001/02
2002/03 20º
2003/04 2ªB
2004/05 16º
2005/06 20º
2006/07 2ªB
2007/08 19º
2008/09 2ªB
2009/10 2ªB 19º
2010/11
2011/12
2012/13
2013/14 2ªB
2014/15 2ªB


Xogadores

Cadro actual

Datos do 1 de setembro de 2014.
Posto País Xogador
POR Galicia Ian Mackay
POR España Ángel Galván
DEF España Tena
DEF Galicia Diego Maceira
DEF Galicia Víctor Vázquez
DEF España Álvaro Cuello
DEF Galicia Antonio
MED Galicia Jonathan Aspas
MED España Iván Forte
Posto País Xogador
MED Galicia Marcos Álvarez
MED Galicia Adrián Cruz
MED Galicia Dani Rodríguez
MED Galicia Nano
DIA Galicia Joselu
DIA Galicia Pablo Rey
DIA España Adrián Dalmau
DIA Galicia Diego Vela

Goleadores por tempada


Adestradores

Categoría principal: Adestradores do Racing de Ferrol.

Actualmente o adestrador do Racing de Ferrol é José Manuel Aira Lindoso.

Adestradores famosos

Palmarés

Torneos nacionais

Torneos estatais

Torneos amigables

Premios

Notas

  1. El Racing aprovecha su solidez, Diario de Ferrol, 17/8/2010
  2. Caixa Galicia (ed.). "Racing de Ferrol". Consultado o 8 de marzo de 2010. 
  3. Fundación Racing de Ferrol (ed.). "Efemérides". Consultado o 8 de marzo de 2010. 
  4. Mundo Deportivo, ed. (5 de decembro de 1928). "O Racing de Ferrol venceu onte 1 a 0 ao Deportivo da Coruña". Consultado o 8 de marzo de 2010. 
  5. ABC, ed. (20 de xuño de 1939). "O Racing de Ferrol del Caudillo, 2; Oriamendi, 1". Consultado o 8 de marzo de 2010. 
  6. La Vanguardia, ed. (27 de xuño de 1939). "El domingo se clausuró brillantemente la "Copa del Generalísimo", en el Estadio". Consultado o 8 de marzo de 2010. 
  7. "El Ferrol, campeón de la Copa Federación Gallega, al empatar con el Deportivo (2-2)" (TIFF). Ciudad: Semanario de Pontevedra nº76. 7 de xullo de 1947. p. 3. 
  8. Juego Limpio en España - Real Federación Española de Fútbol (en castelán)

Véxase tamén

Ligazóns externas

Modelo:Segunda División B1