Solaris (sistema operativo): Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
desenrolar ==> desenvolver
Banjo (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 10: Liña 10:
| interface_de_usuario =
| interface_de_usuario =
| modelo_desenvolvemento =
| modelo_desenvolvemento =
| licenza =
| última_versión = 11.2
| última_versión = 11.2
| estado_actual =
| estado_actual =
| última_versión =
| data_última_versión =
| data_última_versión =
| kernel =
| kernel =

Revisión como estaba o 24 de agosto de 2015 ás 10:09

Solaris
DesenvolvedorOracle Corporation
Familia de S.O.Unix
LanzamentoXuño de 1992
Última versión estable11.2
Sitio webOracle Solaris

Solaris é un sistema operativo da empresa Sun Microsystems baseado inicialmente no sistema UNIX BSD da Universidade de Berkeley, da cal un dos fundadores da compañía foi programador nos seus tempos universitarios. Máis adiante incorporou funcionalidades do System V, convirtíndose practicamente nun sistema operativo basado totalmente en System V. Quizais sexa un dos UNIX comerciais máis usados, principalmente no contorno Internet.

Historia

Realmente Solaris é unha evolución do anterior sistema da compañía SunOS, aínda que a transición non foi dunha versión para outra. No 1992 saiu a segunda versión de Solaris, que incorporou as funcionalidades do System V, polo que SunOS só tería sentido a partir dese momento como núcleo deste novo contorno operativo Solaris. Desta forma Solaris 2 contiña SunOS 5.0. Desde ese momento distínguese entre o núcleo do sistema operativo (SunOS), e o contorno operativo en xeral (Solaris), engadindolle outros paquetes como Apache ou DTrace. Como exemplo desta función, Solaris 8 contén SunOS 5.8.

Solaris funciona principalmente sobre a arquitectura SPARC en 32 e 64 bits (esta última coñecida como UltraSparc) da mesma compañía e sobre a arquitectura Intel, aínda que nesta última adoita usarse con fins didácticos, e escasamente en contornos de produción.

Proporcionou desde os primeiros momentos un excelente soporte para aplicacións de rede en protocolos IP, e foi o primeiro contorno onde se desenvolveu o sistema Java, onde segue tendo un excelente rendemento.

Funcionalidades

Proporciona practicamente todas as funcionalidades típicas dos sistemas UNIX en contorno servidor, como Sockets, Multitarefa, Threads, contorno de escritorio basado en X-Window no que se inclúe diferentes escritorios como Open Look CDE ou máis recentemente Sun Java Desktop System, basado en GNOME.

Nos últimos tempos a compañía puxo en marcha unha clara estratexia de achegamento entre Solaris e Linux desenvolvendo incluso produtos que permiten executar programas de Linux en Solaris.

Desde a versión 10 de Solaris, este distribúese de balde, baixo licenza CDDL aprobada pola OSI. E Sun fundou a comunidade OpenSolaris.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas