Illa de Alborán: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Imxavitooh (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m Bot: Cambio o modelo: ANDb; cambios estética
Liña 8: Liña 8:
| país = {{ESPb}} [[España]]
| país = {{ESPb}} [[España]]
| entidade_territorial = [[Comunidade autónoma]]
| entidade_territorial = [[Comunidade autónoma]]
| opc_entidade = {{ANDb}} [[Andalucía]]
| opc_entidade = {{ANCb}} [[Andalucía]]
| provincia = [[Provincia de Almería|Almería]]
| provincia = [[Provincia de Almería|Almería]]
| arquipélago =
| arquipélago =
Liña 36: Liña 36:
A illa e o seu entorno foi declarada Reserva Mariña e Reserva de Pesca en [[1997]] e no [[2003]], o [[Parlamento de Andalucía|Parlamento andaluz]] aprobou por unanimidad a Lei de Declaración do Paraxe natural de Alborán, o illote da Nube e as augas e fondos mariños que a rodean.
A illa e o seu entorno foi declarada Reserva Mariña e Reserva de Pesca en [[1997]] e no [[2003]], o [[Parlamento de Andalucía|Parlamento andaluz]] aprobou por unanimidad a Lei de Declaración do Paraxe natural de Alborán, o illote da Nube e as augas e fondos mariños que a rodean.


==Ver==
== Ver ==
*[[Praza de soberanía]]
* [[Praza de soberanía]]


[[Categoría:Provincia de Almería|Alborán]]
[[Categoría:Provincia de Almería|Alborán]]

Revisión como estaba o 20 de agosto de 2015 ás 21:55

Coordenadas: 35°54′00″N 3°2′00″O / 35.90000, -3.03333

Alborán
Mapa da illa
Mapa da illa
Situación
PaísEspaña España
Comunidade autónomaAndalucía Andalucía
ProvinciaAlmería
MarMediterráneo
Coordenadas35°34′N 3°01′O / 35.57, -03.02
Xeografía
Superficie0,0712 km²
Punto máis alto15 m
Distancia a terra92,6 km (da costa de Almería)
Demografía
Poboación21 hab. (destacamento militar)

A Illa de Alborán é un illote español, do mar de Alborán de orixe volcánica, situada entre o litoral andaluz e o norte de África, a uns 92,6 quilómetros do litoral de Almería, provincia á que pertence. A 100 metros dirección nor-leste sitúase o Illote da Nube e outro pequeno roquedal. No centro da illa hai unha canle subterránea que a traspasa dun lado a outro e é navegable con bo tempo denominado Cova das Morenas.

O nome de Alborán procede do corsario tunesino Al-Borany, quen utilizou este illote como lugar de refuxio e fondeadeiro para o asalto de navíos mercantes en augas do Estreito de Xibraltar, e como plataforma de lanzamento de ataques contra as costas almerienses. Nas súas proximidades, o 1 de outubro de 1540 produciuse a Batalla da Illa de Alborán, unha das primeiras accións da Armada Española. Administrativamente, na actualidade a Illa de Alborán pertence ao concello de Almería e concretamente ao distrito almeriense do barrio de Pescadería.

Debido ao seu gran valor estratéxico, a mediados dos anos 1960 producíronse varios intentos de supostos barcos de pesca soviéticos de establecer un asentamento estable en Alborán, o que motivou ao exército español a establecer na illa un destacamento permanente de Infantería de Mariña para o control e protección da mesma. Entre as escasas construcións existentes, hai que sinalar o faro (actualmente automatizado). Aínda que resulte sorprendente a illa conta tamén cun campo de fútbol e un cemiterio. Situada nunha importante zona sísmica na que choca a placa africana coa europea, en Alborán sitúanse os epicentros dun bo número de sismos de baixa intensidade. En 1899 descubriuse nela un novo mineral que recibe o nome de Alboranita.

A illa e o seu entorno foi declarada Reserva Mariña e Reserva de Pesca en 1997 e no 2003, o Parlamento andaluz aprobou por unanimidad a Lei de Declaración do Paraxe natural de Alborán, o illote da Nube e as augas e fondos mariños que a rodean.

Ver