Xil Ríos: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Krisko (conversa | contribucións)
Krisko (conversa | contribucións)
Liña 70: Liña 70:
*''15 cancións de ouro de Xil Ríos'' (2008)
*''15 cancións de ouro de Xil Ríos'' (2008)
*''[[Son da alma]]'' (2010)
*''[[Son da alma]]'' (2010)
*''[[Xil Ríos. Pack 2x1]]'' (2013)


===Selección das publicacións colectivas===
===Selección das publicacións colectivas===

Revisión como estaba o 19 de agosto de 2015 ás 17:06

Xil Ríos
Nome completoXosé Antón Xil Ríos
Data nacemento1948
Nado enMoaña, Galicia Galicia
OcupaciónCantante e compositor
XéneroMúsica popular, pop, folk, latino, pop rock
Instrumento(s)Voz e guitarra
Selo(s) discográfico(s)Philips (Fonogram), PAI Música (actualidade)
Relacionado conJuan Pardo, Andrés do Barro, Xosé Manuel Budiño, Susana Seivane, Xoán Rubia
Tempo en activo1971 – presente
Na rede
Musicbrainz: b72f590e-0938-47b9-b88e-40e7dd554f84 Discogs: 4157719 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Xosé Antón Xil Ríos, coñecido artísticamente como Xil Ríos, nado en Moaña é un cantante, compositor e cantautor galego.

Traxectoria

Provén dunha familia mariñeira. Comezou a súa traxectoria en 1971 no Festival "Dorna" de Vigo onde quedou segundo, tras Joan Baptista Humet co tema "Un anaco de pan". O seu primeiro sinxelo estreouse no Festival do Viño do Condado de 1972. Nel destaca o tema "Nosa Galicia", no que trata o problema da emigración. Tralo éxito deste tema, a primeira canción que el compuxo, foi bautizado polo escritor galego Xosé María Castroviejo como rapsoda de Moaña.

Outro tema salientábel é "Aos meus amigos", que foi vetado na televisión española durante o franquismo debido á súa temática reivindicativa dos dereitos mariñeiros.

No ano 1973 gañou o Primeiro Premio e o Premio da Crítica no Festival do Miño. Cómpre destacar o contido social e crítico das letras de Xil Ríos, que é contemporáneo doutros autores como Voces Ceibes.

Outros datos

  • Ademais da vertente musical, Xil Ríos traballou como hostaleiro na súa localidade natal, Moaña.
  • Foi futbolista moitos anos e chegou a adestrador do Moaña F.C.
  • No ano 2008 "2001 Producciones Artísticas SL" elabora o recompilatorio 15 cancións de ouro de Xil Ríos, onde se pode atopar unha escolma simbólica da súa traxectoria.
  • O seu disco orixinal Vai e vén (2004), constitúe o seu maior achegamento ao folk e nel colaboran artistas como Xosé Manuel Budiño, Susana Seivane ou Uxía Senlle.
  • Son da Alma (2010), nel explora a fusión entre os ritmos latinos e a música tradicional galega. Nel colaboran músicos da talla de Willy Mondeja.

Publicacións musicais de Xil Ríos

Individuais ou con colaboracións puntuais

  • Un anaco de pan (1972)
  • Nosa Galicia (1972)
  • Miña Maruxiña (1973)
  • Vamos a beillar (1974)
  • Os mariñeiroso (1974)
  • Xil Ríos (1974)
  • Miña rapaciña (1975)
  • Nunca cambiarás' (1976)
  • Trouleada (1979)
  • Xirarei (1980)
  • A rapaciña galega (1980)
  • Giraré (1980)
  • Xirarei (1980)
  • Tan ta ran tan (1981)
  • Tan ta ran tan; Cantiga dos cegos (1981)
  • Rapaciña Bonita(1985)
  • Rapaciña Bonita; Miña compañeira (1985)
  • De Carallada (1987)
  • De carrallada; Morena (1987)
  • Ledicia (1988)
  • Nosa Galicia (1991)
  • Romería galega (1992)
  • Que non decaia (1992)
  • Ai María, María (1992)
  • Baila (1995)
  • Xil Ríos (1996)
  • O mellor de Xil Ríos (1999)
  • Meu País (1999)
  • Quen non decaia (2002)
  • Vai e vén (2004)
  • O mellor de Xil Ríos. Vol.II (2005)
  • 15 cancións de ouro de Xil Ríos (2008)
  • Son da alma (2010)
  • Xil Ríos. Pack 2x1 (2013)

Selección das publicacións colectivas

  • Los mejores cantantes gallegos (1974)
  • Recordo de Galicia (1975)
  • Cancionero popular gallego (1989)
  • Galicia Nai (con Xoán Rubia, 1992)
  • A gran escolma da música galega. Solistas (1993)
  • Así é a miña terra (1999)

Véxase tamén

Ligazóns externas