Oza-Cesuras: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Caronium (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
→‎Poboación: edición táboa
Liña 117: Liña 117:
! colspan=3|Evolución da poboación
! colspan=3|Evolución da poboación
|-
|-
|colspan=1 rowspan=5|<timeline>
|colspan=1 rowspan=6|<timeline>
Colors=
Colors=
id:AA value:green
id:AA value:green
Liña 165: Liña 165:


</timeline>
</timeline>
|- align=center
| colspan=2 | [[File:Bandeira de Oza-Cesuras A Coruña.svg|120px]]
|-----
|-----
| '''Censo Total'''
| '''Censo Total'''

Revisión como estaba o 17 de agosto de 2015 ás 14:34

Coordenadas: 43°13′00″N 8°10′59″O / 43.21667, -8.18306

Véxase tamén: Oza dos Ríos e Cesuras.
Oza-Cesuras
Bandeira de Oza-Cesuras
Casa do Concello (sede de Oza).
Situación
Xentilicio[1]-
Xeografía
ProvinciaProvincia da Coruña
ComarcaComarca de Betanzos
Poboación5.275 hab. (2014)[2][3]
Área151,8 km²[3]
Densidade34,75 hab./km²
Entidades de poboación25 parroquias[4]
Capital do concelloOza
Política (2015)
AlcaldeJosé Pablo González Cacheiro (Presidente[5])
ConcelleirosBNG: 1
PPdeG: 9
PSdeG-PSOE: 3
Eleccións municipais en Oza-Cesuras
Uso do galego[6] (2001)
Galegofalantes97,5%
Na rede
http://www.concellodeozacesuras.es
editar datos en Wikidata ]

Oza-Cesuras é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Betanzos creado o 6 de xuño de 2013 a partir da fusión dos concellos de Oza dos Ríos e Cesuras.[7] Segundo o IGE contaba o 1 de xaneiro de 2014 con 5.275 habitantes.

Xeografía

O Concello de Oza-Cesuras ten unha superficie de 151,8 km² e abrangue 25 parroquias. Limita ó norte con Betanzos e Coirós, ó sur con Curtis e Mesía, ó leste con Aranga e ó oeste con Abegondo.

Oza dos Ríos

No termo do Concello de Oza dos Ríos distínguense claramente dúas zonas. A máis setentrional pode encadrarse dentro da comarca das Mariñas. Esta é surada polos ríos Mero e Mandeo nos seus cursos altos, son terras de ribeira e bocarribeira. Cara ó sur, a paisaxe cambia e diminúe a poboación, con terras de montaña que superan os 500 metros de altitude en varios puntos (Pena Moura 554 metros, Brueiro 527 metros).

O relevo é moi accidentado, pois os dous ríos citados sucan profundos vales. O do Mendo é despoboado e de frondosa vexetación, mentres que o do Mero é mais acolledor.

A altura media é de 200 metros, oscilando dende os 40 metros de Roibeira ata os 554 metros de Pena Moura.

Dende o punto de vista morfolóxico pódense recoñecer tres áreas distintas:

  • Zona alta Chá: relacionada coa comarca da Terra Chá, ó sur e sueste de Rodeiro, dende A Ventosa cara á Queimada- O Brueiro e A Corte do Mato.
  • Zonas altas con vales profundos e encaixados: principalmente coas abas oeste do monte do Gato, por onde se encaixa o río Miñatos e o río Mendo.
  • Zonas onduladas e pendentes suaves: a meirande parte do centro e leste do Concello. As dúas zonas están separadas por unha discreta elevación que forma o pequeno Porto de Patarelo.

Cesuras

Está formado fundamentalmente por terras de montaña, aínda que conta tamén con outeiros e chans fértiles cun clima tibio e de boa ventilación. Os cumios máis importantes son os montes de Seixas, San Gregorio, Alto da Espenuca, Montouro, Montevello e o Pico de Medela. Entre os seus vales, destaca o de Filgueira de Barranca.

Fervenza do Mendo.

O Mero, que nace na Tieira (Borrifáns) e vai cara ao sur, servindo de límite natural polo oeste con Abegondo.

O río Mendo nace nas proximidades da Illana (Curtis), percorrendo o concello polas parroquias de Filgueira de Barranca, Bragade e Trasanquelos, indo cara a Oza dos Ríos. Ao seu paso por Bragade recibe o nome de río da Forcada. En Soxal está situado o muíño de Forcada, restaurado. Máis abaixo está o encoro de Buxía (antigo salto de corrente eléctrica), o muíño de Delgado (abandonado), e en Trasanquelos, no cruzamento da estrada a Curtis, o muíño de Buxía.

O río Corbeiro, afluente do Mero, nace en Dordaño (Os Leiros e O Castelo). O río de Fornelos, afluente do Mendo, nace nos altos de Trasanquelos.

Clima

O clima é de tipo atlántico húmido, sendo a temperatura media anual de 12 °C e as precipitacións de 850 a 1.750 mm./ano.

Historia

Consérvanse restos de asentamentos da cultura castrexa e da romanización de Galicia.

Estes enclaves foron retomados no período romano, complementando as actividades de tipo agrícola e gandeira coa explotación mineira, que neste término non pasa dunha pequena canteira de arxilas, para a produción de tellas e produtos de barro.

Durante a Idade Media os asentamentos fanse máis numerosos e alóxanse un pouco dos puntos máis altos e fortificados, para poder atender mellor as actividades agrícolas. Este período está dirixido por ordes relixiosas coma a de San Martiño de Santiago e a de San Bieito.

O sistema feudal foi controlado polos mosteiros, como o de San Salvador de Cis. No Antigo Réxime tiña as súas parroquias distribuídas nas xurisdicións de Betanzos, Parada, Oza e Fervenzas, todas elas na provincia de Betanzos.

Idade Contemporánea

Cando aparecen os novos concellos constitucionais no que hoxe é concello de Oza dos Ríos, figura o concello de Enxertados, parroquia de Parada, onde ten lugar unha grande romaría, que figura no partido de Betanzos, e aparece nos documentos que fai a entón Deputación única de Galicia. O concello de Enxertados aparece no repartimento de quintas que fai a Deputación de Galicia o 7 de xullo de 1821. No repartimento da contribución territorial do 13 de setembro de 1821, figura coa cota 43244 rs. 16 ms.

Cando no ano 1822 se fai a división de Galicia en catro provincias, Enxertados, que segue no mesmo partido xudicial de Betanzos, pasa a depender da provincia da Coruña.

Cando se fan os proxectos para levar á practica o R.D. de 23 de xullo de 1835 e se publica pola Deputación Provincial o proxecto do partido xudicial de Betanzos co obxecto de que se poidan facer as observacións, que lles suxira o seu interese polo ben público; na mesma figura o concello de Oza con dez parroquias.

O proxecto foi levado para a aprobación definitiva á sesión da Deputación Provincial do 6 de xuño de 1836, onde o proxecto do partido xudicial de Betanzos, sufriu modificacións; en relación co concello de Oza acadouse que lle fose incorporada unha nova parroquia, a de San Nicolás de Cines, que estaba no proxecto do concello de Abegondo.

O 18 de xuño de 1836 aparece publicada a instalación definitiva do partido xudicial de Betanzos, na que o concello de Oza consta das seguintes parroquias: San Pedro de Oza, Santo Estevo de Parada, San Martiño de Bandoxa, Santiago de Reboredo, Santa María da Regueira, San Pedro de Porzomillos, Santa Cruz de Mondoi, San Tomé de Salto, Santa María de Cuíña, Santo Estevo de Vivente e San Nicolás de Cines.

O 27 de xuño de 1836 Santa María de Rodeiro foi segregada de Aranga e incorporada a Oza. Até 1916 o nome recibía simplemente o nome de Oza, pero nese ano pasou a ser chamado Oza dos Ríos para distinguilo do antigo concello de Oza, anexionado en 1912 ao da Coruña. Na pequena etapa dos xulgados comarcais creados pola orde do 24 de marzo de 1945 Oza dos Ríos, dispón dun xulgado comarcal do que depende o xulgado de paz de Cesuras.

Fusión Oza-Cesuras

En marzo de 2012 iniciou un proceso de fusión xunto ao veciño concello de Cesuras[8]. O 11 de xaneiro de 2013 os dous concellos aprobaron a fusión nos respectivos plenos da corporación municipal[9]. O 22 de febreiro a Deputación da Coruña e o 6 de xuño de 2013 a Xunta de Galicia aprobaron o decreto da fusión dos concellos Oza dos Ríos e Cesuras polo que se crea o concello de Oza-Cesuras[10].

O deseñador betanceiro Luis Galán creou a nova bandeira do concello. Representa a fusión en cor vermella de dúas cruces, as das igrexas de San Xiao de Mandaio (Cesuras) e San Pedro de Porzomillos (Oza dos Ríos)[11].

Administración

Até as eleccións municipais de 2015, o concello está rexido por unha comisión xestora de 13 membros designada pola Xunta de Galicia[12]. A ela pertencen os anteriores alcaldes de Oza dos Ríos, José Pablo González Cacheiro, e máis o de Cesuras, Julián Lucas Ramírez.

O concello ten dúas sedes que veñen sendo as antigas casas dos concellos fusionados[13].

Poboación

Para os históricos de poboación anteriores a 2012 véxase as páxinas Oza dos Ríos e Cesuras.


Evolución da poboación
Censo Total 5.275 (2014)
Menores de 15 anos 438 (8.30 %)
Entre 15 e 64 anos 3.058 (57.97 %)
Maiores de 65 anos 1.779 (33,72 %)

Economía

O concello ten a súa base económica no sector gandeiro, agrícola e forestal. A boa situación xeográfica e de acesos, está preto da A-6 fai de Oza-Cesuras un nó de comunicacións entre a costa e os concellos do interior, existe un importante sector de servizos.

Festas locais

  • Nosa Señora do Carme, en Oza, do 7 ao 9 de xullo.
  • Santísimo Sacramento, en Cines, o 19 e 20 de agosto.
  • Nosa Señora de Belén, en Rodeiro, o 21 e 22 de setembro.
  • Nosa Señora dos Miragres, en Bandoxa, o último fin de semana de setembro.
  • Santa Lucía, o 13 de decembro.

Galería de imaxes

Parroquias

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Oza-Cesuras

Bandoxa (San Martiño) | Borrifáns (San Pedro) | Bragade (San Mamede) | Carres (San Vicenzo) | Cis (San Nicolao) | Cuíña (Santa María) | Cutián (Santa María) | Dordaño (Santa María) | Figueredo (Santa María) | Filgueira de Barranca (San Pedro) | Filgueira de Traba (San Miguel) | Loureda (Santo Estevo) | Mandaio (San Xiao) | Mondoi (Santa Cruz) | Oza (San Pedro) | Paderne (Santiago) | Parada (Santo Estevo) | Porzomillos (San Pedro) | Probaos (Santaia) | Reboredo (Santiago) | A Regueira (Santa María) | Rodeiro (Santa María) | Salto (San Tomé) | Trasanquelos (San Salvador) | Vivente (Santo Estevo)

Lugares de Oza-Cesuras

Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Instituto Nacional de Estadística, ed. (27 de decembro de 2019). "Cifras oficiales de población resultantes de la revisión del Padrón municipal a 1 de enero". Consultado o 2 de xuño de 2020. (en castelán).
  3. 3,0 3,1 Instituto Galego de Estatística. (2023) "Oza-Cesuras".Información municipal. Sociedade e poboación. Xunta de Galicia.
  4. Nomenclátor de Galicia. Busca directa. Xunta de Galicia
  5. TENREIRO, L. El Ideal Gallego, ed. "Oza-Cesuras elige a Cacheiro para liderar su futuro en una bronca sesión". Consultado o 15 de xuño de 2013. 
  6. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Arquivado dende o orixinal o 5 de decembro de 2019. Consultado o 14 de outubro de 2014. Fonte: IGE. Datos dispoñibles nas Táboas Dinámicas de Google 
  7. DECRETO 83/2013, do 6 de xuño, polo que se aproba a fusión voluntaria dos municipios de Oza dos Ríos e Cesuras e se constitúe o municipio de Oza-Cesuras., DOG, 7 de xuño de 2013.
  8. "Oza y Cesuras abren la espita de las fusiones entre ayuntamientos", artigo en La Voz de Galicia, 14 de marzo de 2012 (en castelán)
  9. "El PP aprueba en solitario la fusión definitiva de los concellos de Oza y Cesuras", artigo en La Voz de Galicia, 11 de xaneiro de 2013 (en castelán).
  10. "Nace el concello de Oza-Cesuras", artigo en La Voz de Galicia, 6 de xuño de 2013 (en castelán).
  11. "Oza-Cesuras ya tiene logotipo. El nuevo municipio presentó su imagen corporativa basada en la fusión de iconos románicos de los dos viejos concellos", artigo en La Voz de Galicia, 14 de decembro de 2013.
  12. "A Xunta designa a comisión xestora que rexerá e administrará o novo municipio de Oza-Cesuras ata as vindeiras eleccións", Xunta de Galicia, 10 de xuño de 2013.
  13. Concello de Oza-Cesuras (ed.). "Contacto". Consultado o 25 de agosto de 2014. 

Véxase tamén