Macizo Galaico: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Victortpr (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Victortpr (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 6: Liña 6:
|Latitude=42º32'<nowiki>''</nowiki> N
|Latitude=42º32'<nowiki>''</nowiki> N
|Lonxitude=08º06'<nowiki>''</nowiki> W
|Lonxitude=08º06'<nowiki>''</nowiki> W
|Localización={{GAL}} e [[Castela e León]]
|Localización=[[Galiza]] e [[Castela e León]]
}}
}}
O '''Macizo Galaico''' é un sistema de serras e montañas de [[Galicia]] e da zona limítrofe coas provincias de [[provincia de Zamora|Zamora]] e [[provincia de León|León]]. O seu punto máis elevado é Pena Trevinca cuns 2 047 metros. Outro importante bico é a [[Cabeza de Manzaneda, Cova, A Pobra de Trives|Cabeza de Manzaneda]] cuns 1 781 metros.
O '''Macizo Galaico''' é un sistema de serras e montañas de [[Galicia]] e da zona limítrofe coas provincias de [[provincia de Zamora|Zamora]] e [[provincia de León|León]]. O seu punto máis elevado é Pena Trevinca cuns 2 047 metros. Outro importante bico é a [[Cabeza de Manzaneda, Cova, A Pobra de Trives|Cabeza de Manzaneda]] cuns 1 781 metros.

Revisión como estaba o 15 de agosto de 2015 ás 15:01

Modelo:Infobox Montaña O Macizo Galaico é un sistema de serras e montañas de Galicia e da zona limítrofe coas provincias de Zamora e León. O seu punto máis elevado é Pena Trevinca cuns 2 047 metros. Outro importante bico é a Cabeza de Manzaneda cuns 1 781 metros.

No folclore tradicional galego os bosques do Macizo Galaico están habitados por elfos, fadas, pantasmas, a Santa Compaña, o Nubeiro e meigas.

Xeografía

Está formado por rochas paleozoicas (granitos) moi metamorfizadas no centro e oeste (gneis, micacitas). Xeomorfoloxicamente constitúe unha prolongación da Meseta cara ao noroeste. O seu relevo, dunha altitude media de 500 m, é moi complexo pola falta de aliñacións montañosas definidas e causa da acción erosiva dos ríos, que ocasiona unha fragmentación das fragas.

Vexetación

O sistema en xeral preséntase alombado, con alternancia de horsts, cubetas e fallas de dirección N-S. As choivas son abundantes e regulares, orixinando un espeso manto vexetal: fragas caducifolias con sotobosque de landas e extensas áreas de prados naturais que favorecen a existencia dun chan mol.

A vexetación é bastante homoxénea sobre todo o macizo e hai unha excelente biodiversidade de plantas nas montañas galegas. Moitas das especies atopadas nas montañas empregáronse na medicina tradicional galega.

A Serra dos Ancares foi declarada unha Reserva da Biosfera pola UNESCO en 2006.

Conxuntos montañosos

Dende o sueste até o noroeste do Macizo Galaico poden distinguirse tres conxuntos:

  • As serras limítrofes coas provincias de León e Zamora, onde se acadan as maiores altitudes do sistema (Pena Trevinca, 2 047 m). Estas cadeas montañosas posúen cicatrices procedentes do período glacial, que son evidentes na Serra do Eixo. Os ríos Tera, Cabreira e Bibei discorren a través de vales glaciais.
  • A Cordilleira Dorsal Galega, que culmina no cumio de Cabeza de Manzaneda, de 1.778 metros, separada do conxunto anterior por unha fosa tectónica de dirección norte-sur. Inclúe o denominado Macizo Central ourensán.

Lista de serras

As montañas Paraño na provincia de Ourense vistas dende a N-541.

Principais serras e calidades

Vexa tamén