David Rubín: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Castelao (conversa | contribucións)
m →‎Traxectoria: Arranxo ligazón
Banjo (conversa | contribucións)
Liña 4: Liña 4:


==Traxectoria==
==Traxectoria==
[[Ficheiro:Ficheiro:David Rubín.jpg|miniatura|dereita|David Rubín en 2009]]
Comezou na [[Ourense|ourensá]] [[Limaía Produccións]], para máis tarde traballar no ámbito dos [[Cine de animación|debuxos animados]] para a produtora coruñesa [[Dygra]]. Fixo [[curtametraxe]]s e ''cortinillas'' de animación. É principalmente coñecido como autor de banda deseñada, posto que é un dos máis prolíficos de Galicia.
Comezou na [[Ourense|ourensá]] [[Limaía Produccións]], para máis tarde traballar no ámbito dos [[Cine de animación|debuxos animados]] para a produtora coruñesa [[Dygra]]. Fixo [[curtametraxe]]s e ''cortinillas'' de animación. É principalmente coñecido como autor de banda deseñada, posto que é un dos máis prolíficos de Galicia.



Revisión como estaba o 13 de agosto de 2015 ás 07:48

David Rubín, nado en Ourense o 19 de outubro de 1977, é un dos principais debuxantes de banda deseñada galegos.

Traxectoria

Ficheiro:Ficheiro:David Rubín.jpg
David Rubín en 2009

Comezou na ourensá Limaía Produccións, para máis tarde traballar no ámbito dos debuxos animados para a produtora coruñesa Dygra. Fixo curtametraxes e cortinillas de animación. É principalmente coñecido como autor de banda deseñada, posto que é un dos máis prolíficos de Galicia.

Foi confundador do colectivo Polaqia en 2001. Conta con series propias nas revistas galegas BD Banda desde 2001 e Barsowia desde 2003. É o autor de Os Kinkilláns, unha popular serie da segunda etapa de Golfiño, publicación xuvenil ofrecida xunto a La Voz de Galicia. Cómics seus viron a luz en publicacións como Tos, Huevo ou El fanzine enfermo. Contribuíu de maneira notorio na última época da revista Dos veces breve.

Así mesmo, dedícase ao humor gráfico para El Periódico de Catalunya.

Premios

Gañou o primeiro premio das Xornadas de Banda Deseñada de Ourense, na categoría de 22 a 30 anos, nos anos 2000 (por A sombra xigante que me afoga) e 2002 (por Antón ardendo) e mais o cuarto premio en 2001. Premio Ourense ao mellor autor afeccionado (Casa da Xuventude de Ourense, 2000).

Foi gañador en xaneiro de 2003 do VIII Certame de Cómic de Arteixo, correspondente ao ano 2002. Gañador en marzo de 2004 do IX Certame de Cómic de Arteixo coa historia O segundo que ía dicirche.

En 2004 fíxose co segundo premio do certame "Na Vangarda" (Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade) polo relato breve Corredora feito en equipo con Emma Ríos. Gañou en 2005 coa historia curta Patacas. Foi gañador en 2005 do I Premio Castelao de BD (Deputación Provincial da Coruña) coa novela gráfica Onde ninguén pode chegar.

Ten tres Premios La Cárcel de Papel ao mellor autor revelación no 2006.

Álbums

Filmografía

Véxase tamén

Ligazóns externas