Bakú: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 75: Liña 75:


== Notas ==
== Notas ==
{{Listaref}}
{{Listaref|2}}


[[Categoría:Cidades de Acerbaixán]]
[[Categoría:Cidades de Acerbaixán]]

Revisión como estaba o 11 de agosto de 2015 ás 15:15

Coordenadas: 40°23′43″N 49°52′56″L / 40.39528, -49.88222 Modelo:Cidade

Foto do Mar Caspio, tomada desde Bakú, Acerbaixán

Bakú[1] ou Bacú[2][3] (Bakı en azerí) é a capital e a maior cidade do Acerbaixán. Localizase nas marxes do mar Caspio. Ten preto de 2 045 815 habitantes (2011).

Coñeceu un gran desenvolvemento no treito final do século XIX grazas á industria petrolífera. A súa conquista foi o grande obxectivo da campaña alemá no Cáucaso durante a Segunda Guerra Mundial. Ata ao desenvolvemento da exploración de hidrocarburos na Siberia foi o principal centro petrolífero da URSS. Despois da independencia do Azerbaixán a cidade sofreu o impacto indirecto máis negativo da guerra do Alto Carabakh, voltando a se recuperar lentamente. A abertura próxima do oleoduto Bakú-Ceyhan ten criado moitas esperanzas dun renacemento quer de Bakú quer do Acerbaixán na súa totalidade.

Etimoloxía

Crese que o nome Bakú provén de verbas do antigo persa Bād-kube "باد کوبہ", que significa "Cidade golpeada polo vento ", onde "Bād" significa vento e "Kube" vén do verbo "Kubidan", golpear.

Tamén se cre que Bakú deriva da palabra Baghkuh, que significa Monte de deus. Baga (actualmente Bagh) e Kaufa (actualmente Kuh) son as dúas verbas do antigo persa para Deus e Montaña; ademais o nome Baghkuh pode ter algunha relación con Bagdad (Regalo de Deus) onde a partícula é a palabra do antigo persa para o verbo dar. En textos árabes a cidade tamén é denominada Baku, Bakukh, Bakuya, e Bakuye'.

Propuxéronse varias hipóteses para explicar a etimoloxía da palabra "Baku". Segundo L.G.Lopatinski e Ali Huseynzade,[4] Baku provén do turco para outeiro. O historiador especialista no Cáucaso K.P. Patkanov tamén sostén a mesma teoría, pero que Bakú se orixina na lingua lak.

A Enciclopedia Islámica turca considera que a palabra "Bakú" provén da expresión "Bey-Kyoy", que en turco significa "a cidade principal".

Outra proposta consiste en que o nome provén do persa medio Bāgh-dād, "O Xardín Doado". O nome é preislámico e as orixes non son claras, pero relaciónase con asentamentos anteriores sen importancia política nin comercial, polo que segundo esta teoría a cidade tería sido fundada en tempos do Califato Abasí.

Mansur chama a cidade "Madinah al-Salam", ou "Cidade da Paz", como unha referencia ao paraíso. Este foi o nome oficial en moedas, pesos e outras cousas.

Cidades irmás

Notas

  1. Ver entrada de «Sumqayit». Diciopedia do século 21 3. Isaac Díaz Pardo, Víctor F. Freixanes, Antón Mascato (edición). Editorial Galaxia. 2007. p. 1984. ISBN 9788482893600. 
  2. Goretti Sanmartín Rei et al. Servizo de Normalización Língüística, Universidade da Coruña, ed. Criterios para o uso da lingua (PDF). p. 119. ISBN 84-9749-199-8. 
  3. Benigno Fernández Salgado (edición) (2004). Editorial Galaxia, ed. Dicionario Galaxia de usos e dificultades da lingua galega. p. 1303. ISBN 9788482887524. 
  4. .The Name “Baku”