Comités Abertos de Estudantes: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m CAE movida a Comités Abertos de Estudantes: por coherencia con Comités Abertos de Faculdade
Sen resumo de edición
Liña 1: Liña 1:
Os '''Comités Abertos de Estudantes''' son unha organización estudantil [[nacionalismo galego|nacionalista]] de esquerdas, formada por estudantes de ensino medio, [[bacharelato]] e [[formación profesional]].

[[Image:http://tbn0.google.com/images?q=tbn:VUA-tixMq-nvUM:http://www.geocities.com/caecorunha/log.gif]]

[[Category:Asociacións de estudantes]]
[[Category:Asociacións de estudantes]]

Ademais de cuestións relacionadas co ensino, os CAE centran a súa actividade en cuestións moi diversas. Como nacionalistas, defendemos unha Galiza libre, á que se lle recoñezan os seus direitos como nación e que poda gobernarse a si mesma, falar a súa lingua, promover a súa cultura e decidir sobre a súa economía. Defendemos un mundo máis xusto e solidario, no que os pobos se relacionen entre si en pé de igualdade, no que se conte coas nacións e as persoas e non cos intereses dos grandes estados e das multinacionais. Opoñémonos á globalización que ignora os pobos, acentúa as desigualdades sociais e impón o pensamento único. Solidarizámonos cos pobos do mundo que loitan pola súa liberdade e pola xustiza, desde Palestina até Cuba e desde Venezuela até o Irak.
Defendemos unhas condicións de vida dignas para a xente nova, onde se garanta o dereito a un emprego estábel e ben pagado ao rematar os estudos, o acceso á vivenda, alternativas para o tempo de lecer...

En definitiva, somos parte dunha sociedade que compre cambiar, e dunha nación negada, Galiza, que queremos axudar a transformar desde as aulas.

'''As demandas cos '''CAE ''' para o ensino galego'''

- Pola catalogación do ensino non universitario como ciclo único educativo público, gratuito e obrigatorio ate 18 anos, cuxos obxectivos básicos sexan:

a) Dotar ao estudantado duns coñecementos e capacidades básicas que o formen a partir do contexto e contorno máis próximo até, gradualmente, outro máis universal.

b) Permitir, a partir dun determinado momento, unha especialización relativa en áreas de coñecemento teórico/prácticas que posibiliten a entrada do estudantado na universidade ou no mundo laboral.

- Pola integración dos centros privados e de carácter especial na rede única de ensino público.

- Pola galeguización do ensino, en canto ao idioma e aos contidos.

- Pola supresión da selectividade.

- Pola gratuidade dos libros de texto.

- Pola renovación dos actuais sistemas de avaliación e verificación do desenvolvemento formativo do estudante, que suprima os actuais exames.

- Por un ensino laico, sen adoutrinamento relixioso.

- Pola reciclaxe do profesorado e o control da docencia.

- Por unha especialización profesional que posibilite a entrada dos estudantes no mundo laboral ou a súa libre incorporación á educación universitaria.

- Por unha ampla oferta educativa (secundaria, bacharelatos e ciclos formativos) en base á realidade das comarcas galegas, e que dea cobertura á demanda social.

- Polo estabelecemento de axudas aos estudantes de servizos complementarios que posibiliten o acceso maioritario ao ensino.

- Pola democratización dos órganos de goberno e xestión escolar, asegurando a representación estudantil paritária cos demais sectores en todos os niveis.

- Polo recoñecemento dos direitos democráticos dos estudantes, en concreto a realización de asambleas e folgas.

----

Os '''Comités Abertos de Estudantes''' móvense en Ensino Medio, bacharelato e F.P. En ensino universitario está a rama dos Comités Abertos, os CAF-CAEF

Revisión como estaba o 9 de maio de 2007 ás 15:07

Os Comités Abertos de Estudantes son unha organización estudantil nacionalista de esquerdas, formada por estudantes de ensino medio, bacharelato e formación profesional. Ficheiro:Http://tbn0.google.com/images?q=tbn:VUA-tixMq-nvUM:http://www.geocities.com/caecorunha/log.gif

Ademais de cuestións relacionadas co ensino, os CAE centran a súa actividade en cuestións moi diversas. Como nacionalistas, defendemos unha Galiza libre, á que se lle recoñezan os seus direitos como nación e que poda gobernarse a si mesma, falar a súa lingua, promover a súa cultura e decidir sobre a súa economía. Defendemos un mundo máis xusto e solidario, no que os pobos se relacionen entre si en pé de igualdade, no que se conte coas nacións e as persoas e non cos intereses dos grandes estados e das multinacionais. Opoñémonos á globalización que ignora os pobos, acentúa as desigualdades sociais e impón o pensamento único. Solidarizámonos cos pobos do mundo que loitan pola súa liberdade e pola xustiza, desde Palestina até Cuba e desde Venezuela até o Irak. Defendemos unhas condicións de vida dignas para a xente nova, onde se garanta o dereito a un emprego estábel e ben pagado ao rematar os estudos, o acceso á vivenda, alternativas para o tempo de lecer...

En definitiva, somos parte dunha sociedade que compre cambiar, e dunha nación negada, Galiza, que queremos axudar a transformar desde as aulas.

As demandas cos CAE para o ensino galego

- Pola catalogación do ensino non universitario como ciclo único educativo público, gratuito e obrigatorio ate 18 anos, cuxos obxectivos básicos sexan:

a) Dotar ao estudantado duns coñecementos e capacidades básicas que o formen a partir do contexto e contorno máis próximo até, gradualmente, outro máis universal.

b) Permitir, a partir dun determinado momento, unha especialización relativa en áreas de coñecemento teórico/prácticas que posibiliten a entrada do estudantado na universidade ou no mundo laboral.

- Pola integración dos centros privados e de carácter especial na rede única de ensino público.

- Pola galeguización do ensino, en canto ao idioma e aos contidos.

- Pola supresión da selectividade.

- Pola gratuidade dos libros de texto.

- Pola renovación dos actuais sistemas de avaliación e verificación do desenvolvemento formativo do estudante, que suprima os actuais exames.

- Por un ensino laico, sen adoutrinamento relixioso.

- Pola reciclaxe do profesorado e o control da docencia.

- Por unha especialización profesional que posibilite a entrada dos estudantes no mundo laboral ou a súa libre incorporación á educación universitaria.

- Por unha ampla oferta educativa (secundaria, bacharelatos e ciclos formativos) en base á realidade das comarcas galegas, e que dea cobertura á demanda social.

- Polo estabelecemento de axudas aos estudantes de servizos complementarios que posibiliten o acceso maioritario ao ensino.

- Pola democratización dos órganos de goberno e xestión escolar, asegurando a representación estudantil paritária cos demais sectores en todos os niveis.

- Polo recoñecemento dos direitos democráticos dos estudantes, en concreto a realización de asambleas e folgas.

Os Comités Abertos de Estudantes móvense en Ensino Medio, bacharelato e F.P. En ensino universitario está a rama dos Comités Abertos, os CAF-CAEF