Imre Lakatos: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Anton45 (conversa | contribucións)
m engado a Categoría:Nados en 1922 mediante HotCat
Anton45 (conversa | contribucións)
Liña 44: Liña 44:
[[Categoría:Nados en Debrecen]]
[[Categoría:Nados en Debrecen]]
[[Categoría:Nados en 1922]]
[[Categoría:Nados en 1922]]
[[Categoría:Finados en 1974]]

Revisión como estaba o 7 de agosto de 2015 ás 17:57

Infotaula de personaImre Lakatos

Imre Lakatos nos anos 1960.
Nome orixinal(hu) Lakatos Imre Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(hu) Imre Lipschitz Editar o valor em Wikidata
9 de novembro de 1922
Debrecen (Reino de Hungría) Editar o valor em Wikidata
Morte2 de febreiro de 1974
Londres, Reino Unido
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Infarto agudo de miocardio Editar o valor em Wikidata)
Datos persoais
Outros nomesImre Molnár Editar o valor em Wikidata
ResidenciaInglaterra Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeHungría
Reino Unido Editar o valor em Wikidata
Grupo étnicoPobo xudeu Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Cambridge - Doutor en filosofía (–1961)
Universidade Estatal de Moscova (–1949)
University of Debrecen (en) Traducir (–1944) Editar o valor em Wikidata
Tese académicaEssays in the logic of mathematical discovery (en) Traducir Editar o valor em Wikidata (1961 Editar o valor em Wikidata)
Director de teseGeorge Pólya e R. B. Braithwaite (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballo
  • Filosofía
  • Matemáticas
  • Ocupaciónmatemático , profesor universitario , filósofo , físico Editar o valor em Wikidata
    EmpregadorLondon School of Economics (1960–1974)
    Ministry of Education and Religious Affairs (en) Traducir (1947–1950) Editar o valor em Wikidata
    Partido políticoPartido Comunista Húngaro (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
    Membro de
    Influencias
    Influencias en
    LinguaLingua húngara e lingua inglesa Editar o valor em Wikidata
    Obra
    Obras destacables
    DoutorandoDonald A. Gillies (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

    WikiTree: Lipschitz-23

    Imre Lakatos, nado en Debrecen, Hungría, o 9 de novembro de 1922 e finado en Londres o 2 de febreiro de 1974, foi un filósofo da ciencia que desenvolveu o falsacionismo de Karl Popper.

    Traxectoria

    Formado na Universidade de Debrecen, a súa nai e a súa aboa foron asasinadas en Auschwitz entrementres el conseguiu fuxir dos nazis cambiando de nome. Convertido nun convencido comunista, traballou no ministerio de Educación da república soviética do seu país e asistiu tamén aos seminarios de Gyorgy Lukács. Aínda que estudou tamén na Universidade estatal de Moscova, foi acusado de revisionismo polo comunismo oficial e metido na cadea.

    Implicouse na revolución húngara de 1956 que foi esmagada pola Unión Soviética, o que provocou a súa fuxida a Viena, e máis tarde ao Reino Unido onde se doutorou na Universidade de Cambridge. Posteriormente, traballou na Escola de Economía de Londres e foi o editor do British Journal for the Philosophy of Science ata a súa súpeta morte dunha hemorraxia cerebral.

    Pensamento

    Introduciu a dimensión histórica no coñecemento científico. A filosofía da ciencia sen historia fica baleira e a a historia da ciencia sen filosofía é cega. Introduce a posibilidade de corrección das reconstrucións racionais por medio de estudos históricos independentes. Para el historia significa, por unha banda, conxunto de feitos históricos e, por outra, un conxunto de proposicións históricas. Calquera historia é unha reconstrución cargada de teoría e de valor. Existe pois, tamén no eido científico, unha profunda conexión entre ámbolos dous planos.

    Como Popper, entende que só é científico o refutable, o falsable. Considera inxel o positivismo científico que cre que se poden verificar sobre a experiencia as construcións científicas co fin de outorgarlles a categoría de verdade. Pero non comparte a crítica radical de Paul Feyerabend para quen non existen ciencias no sentido dos racionalistas senón humanidades.

    Para Lakatos só se poden refutar sistemas teóricos completos e non hipóteses illadas. Aumenta, xa que logo, a escala da unidade de avaliación que non é o enunciado illado a confirmar no experimento senón o programa de investigación.

    Este é un conxunto de teorías sucesivas a contrastar con teorías rivais. O programa de investigación ten un núcleo duro e un cinto protector formado por hipóteses auxiliares. O núcleo duro vese afectado se non poden predicir fenómenos por conter anomalías empíricas, momento no que pode ser substituído por un programa rival que é quen de explicar máis ca o anterior e predicir feitos novos.

    Obras

    • Proofs and refutations
    • The logic of mathematical discovery
    1. András Máté (2006). "Árpád Szabó and Imre Lakatos, Or the relation between history and philosophy of mathematics". Perspectives on Science 14 (3): 282–301. doi:10.1162/posc.2006.14.3.282.