Paseo marítimo da Coruña: Diferenzas entre revisións
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición |
Sen resumo de edición |
||
Liña 1: | Liña 1: | ||
{{En uso}} |
|||
{{Vía |
{{Vía |
||
| nome = Paseo marítimo da Coruña |
| nome = Paseo marítimo da Coruña |
Revisión como estaba o 3 de agosto de 2015 ás 14:59
Paseo marítimo da Coruña | |
---|---|
Paseo pola zona do Parrote | |
Tipoloxía | paseo marítimo |
Titular da vía | Concello da Coruña |
Dimensións | |
Lonxitude | máis de 13 km |
Localización | |
Inicio | Bens, Visma, A Coruña |
Fin | Avenida da Marina |
Localidade | A Coruña |
Cómo chegar | |
Bus | |
Taxi | Avenida de Navarra, Porta Real |
Bici | Bicicoruña |
Outros datos | |
Nomes alternativos | O Portiño Rúa Vítimas do Terrorismo Av. de Fernando Suárez García Av. de Gerardo Porto Av. de San Roque de Fóra Paseo de Ronda Av. de Bos Aires Av. de Pedro Barrié de la Maza Rúa do Matadoiro Pso. Alcalde Francisco Vázquez Paseo do Parrote |
O Paseo marítimo da Coruña é o paseo marítimo urbano máis longo de Europa[1], cos seus máis de 13 quilómetros continuos á beira do mar.
A apertura do último tramo do Paseo Marítimo revelou unha cara descoñecida da cidade, que permite admirar camiñando a forza e inmensidade do Océano Atlántico.
Puntos de interese
Comezando dende a zona occidental, pódense destacar os seguintes elementos:
- A EDAR de Bens, onde se depuran as augas residuais da comarca da Coruña.
- O Monte de San Pedro, que dispón dunha importante batería de artillaría desactivada, construída na década de 1920 pola casa Vickers, e que tivo un papel disuasorio durante a II Guerra Mundial. Cabe destacar o ascensor panorámico do parque e o miradoiro da parte alta.
- O obelisco Millenium, instalado para darlle a benvida ao século XXI.
- O Pazo dos Deportes de Riazor e o estadio, obras orixinais do arquitecto Rey Pedreira
- O Hotel Riazor, destacado pola súa torre, visible dende moitos puntos da cidade.
- A Coraza, último vestixio da muralla da Coruña, onde está instalada unha escultura aos Heroes do Orzán. Ademais, ondean permanentemente as bandeiras de Galicia e de España.
- O IES Eusebio da Guarda, cuxa edificación data do século XIX. A súa fachada principal dá a Praza de Pontevedra, onde hai unha importante parada de autobuses urbanos.
- A "Domus" ou Casa do Home. Trátase do primeiro museo interactivo do mundo adicado exclusivamente ao ser humano, situado nun recoñecido edificio asinado polo arquitecto Arata Isozaki.
- O Aquarium Finisterrae, que forma parte dos Museos Científicos Coruñeses, coma a Domus.
- A Torre de Hércules, o principal símbolo da cidade, Patrimonio da Humanidade e tamén é o faro en funcionamento máis antigo do mundo, cuxa fachada actual data dos últimos anos do século XVIII.
- O Cemiterio de San Amaro, principal cemiterio galego, onde están enterrados destacados galegos ilustres, coma Eduardo Pondal ou Manuel Murguía.
- A Maestranza, parque no que se atopa, nun edificio adicado antigamente a parque de artillaría, o reitorado da Universidade da Coruña.
- O Hospital Abente y Lago, antigo Hospital Militar, e o edificio da Fundación Luis Seoane, situados sobre unha muralla que servía de defensa costeira.
- O Castelo de San Antón, que forma parte da antiga defensa marítima da cidade.
- O Hotel Finisterre e o centro deportivo "La Solana".
Características
O Paseo pode dividirse pola súa estética en cinco tramos:
- Do Portiño ao Ascensor panorámico do Monte de San Pedro, a calzada para os vehículos, que está lastrada, segrégase da beirarrúa. Trátase do tramo máis novo, que percorre as zonas menos urbanizadas da costa coruñesa.
- Do Ascensor ao Pazo dos Deportes de Riazor a calzada ten xeralmente dous carrís por sentido e dispón de carril bici.
- Do Pavillón ao Aquarium Finisterrae a calzada mantén os catro carrís, pero só ten carril bici na zona reformada. Aquí comeza o tranvía, que nun primeiro momento está separado do tráfico regular, pero que despois se une a el. Neste tramo fíxose a primeira substitución da coñecida e polémica balaustrada, que foi trocada por escaleiras e unha cerca metálica. Ten unhas características luminarias brancas, con lámpada esférica.
- Do Acuario ao Castelo é quizais, o tramo máis coñecido, pois é o que dá acceso á Torre de Hércules. A calzada é de catro carrís en total. Recupera o carril bici e continúa o tranvía. Son salientables as súas luminarias vermellas, de estilo decimonónico con obras pictóricas debuxadas a media altura.
- Do Castelo ao Parrote a calzada pasa a ter un carril por sentido, e continúa o tranvía e o carril bici. Está cortado á espera de que se constrúa o túnel e o aparcamento subterráneo do Parrote, que suprimirá o tráfico rodado en superficie.
Galería de imaxes
-
O Castelo de San Antón desde o paseo.
-
Farois do paseo.
-
Paseo marítimo.