Paseo marítimo da Coruña: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 29: Liña 29:
| remate = Avenida da Marina
| remate = Avenida da Marina
| parroquia =
| parroquia =
| concello = [[A Coruña]]
| concello = A Coruña
| códigopostal =
| códigopostal =
| enderezos =
| enderezos =

Revisión como estaba o 3 de agosto de 2015 ás 14:50

Paseo marítimo da Coruña
Av. de Fernando Suárez García
Av. de Gerardo Porto
Av. de San Roque de Fóra
Paseo de Ronda
Av. de Bos Aires
Av. de Pedro Barrié de la Maza
Rúa do Matadoiro
Pso. Alcalde Francisco Vázquez
Paseo do Parrote
Paseo pola zona do Parrote
Tipoloxíapaseo marítimo
Titular da víaConcello da Coruña
Dimensións
Lonxitudemáis de 13 km
Localización
InicioBens, Visma, A Coruña
FinAvenida da Marina
LocalidadeA Coruña

O Paseo marítimo da Coruña é o paseo marítimo urbano máis longo de Europa[1], cos seus máis de 13 quilómetros continuos á beira do mar.

A apertura do último tramo do Paseo Marítimo revelou unha cara descoñecida da cidade, que permite admirar camiñando a forza e inmensidade do Océano Atlántico.

Puntos de interese

Comezando dende a zona occidental, pódense destacar os seguintes elementos:

Características

O Paseo pode dividirse pola súa estética en cinco tramos:

  • Do Portiño ao Ascensor panorámico do Monte de San Pedro, a calzada para os vehículos, que está lastrada, segrégase da beirarrúa. Trátase do tramo máis novo, que percorre as zonas menos urbanizadas da costa coruñesa.
  • Do Ascensor ao Pazo dos Deportes de Riazor a calzada ten xeralmente dous carrís por sentido e dispón de carril bici.
  • Do Pavillón ao Aquarium Finisterrae a calzada mantén os catro carrís, pero só ten carril bici na zona reformada. Aquí comeza o tranvía, que nun primeiro momento está separado do tráfico regular, pero que despois se une a el. Neste tramo fíxose a primeira substitución da coñecida e polémica balaustrada, que foi trocada por escaleiras e unha cerca metálica. Ten unhas características luminarias brancas, con lámpada esférica.
  • Do Acuario ao Castelo é quizais, o tramo máis coñecido, pois é o que dá acceso á Torre de Hércules. A calzada é de catro carrís en total. Recupera o carril bici e continúa o tranvía. Son salientables as súas luminarias vermellas, de estilo decimonónico con obras pictóricas debuxadas a media altura.
  • Do Castelo ao Parrote a calzada pasa a ter un carril por sentido, e continúa o tranvía e o carril bici. Está cortado á espera de que se constrúa o túnel e o aparcamento subterráneo do Parrote, que suprimirá o tráfico rodado en superficie.

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas