PFC CSKA Moscova: Diferenzas entre revisións
agora faise con d:Wikidata |
mSen resumo de edición |
||
Liña 69: | Liña 69: | ||
{{Fs player|no=24|nat=RUS|name=[[Vasili Berezutski]]|pos=DEF}} |
{{Fs player|no=24|nat=RUS|name=[[Vasili Berezutski]]|pos=DEF}} |
||
{{Fs player|no=25|nat=BHC|name=[[Elvir Rahimić]]|pos=MED}} |
{{Fs player|no=25|nat=BHC|name=[[Elvir Rahimić]]|pos=MED}} |
||
{{Fs player|no=26|nat= |
{{Fs player|no=26|nat=LBR|name=[[Sekou Oliseh]]|pos=MED}} |
||
{{Fs player|no=35|nat=RUS|name=[[Igor Akinfeev]]|pos=POR}} [[Ficheiro:captain sports.svg|16px]] |
{{Fs player|no=35|nat=RUS|name=[[Igor Akinfeev]]|pos=POR}} [[Ficheiro:captain sports.svg|16px]] |
||
{{Fs player|no=42|nat=RUS|name=[[Georgi Schennikov]]|pos=DEF}} |
{{Fs player|no=42|nat=RUS|name=[[Georgi Schennikov]]|pos=DEF}} |
Revisión como estaba o 3 de agosto de 2015 ás 06:47
CSKA Moscova | |||
---|---|---|---|
Nome | Профессиональный футбольный клуб ЦСКА Москва | ||
Alcume(s) | Koni (Cabalos) | ||
Fundación | 1911 | ||
Estadio | Arena Khimki, Khimki, Rusia | ||
Inauguración | 2008 | ||
Capacidade | 36.000 | ||
Presidente | Evgeny Giner | ||
Adestrador | Leonid Slutsky | ||
Liga | Liga Premier de Rusia | ||
2010 | 2º | ||
Na rede | |||
http://www.pfc-cska.com/?lg=en | |||
| |||
O Club Profesional de Fútbol CSKA de Moscova (en ruso: Профессиональный футбольный клуб - ЦСКА) é un club de fútbol de Rusia, con sede en Moscova. Fundado en 1911, forma parte da entidade polideportiva rusa CSKA Moscova. É un dos clubs máis laureados do fútbol ruso, xa que conta con dez títulos de liga -nas súas edicións soviética e rusa- e unha Copa da UEFA. Actualmente xoga na Liga Premier de Rusia.
Esta entidade estivo historicamente ligada ao Exército Vermello, xa que era o club deportivo do exército soviético.
Historia
O CSKA foi fundado en 1911 por un grupo de esquiadores e é o club que, historicamente, estivo adxunto ao exército. As siglas CSKA —Tsentral’nuy Sportivnuy Klub Armiiy— significan en galego Club Deportivo Central do Exército.[1] O CSKA gañou o campionato soviético en 7 ocasións (1946, 1947, 1948, 1950, 1951, 1970, 1991) e a Copa da Unión Soviética en 5 ocasións (1945, 1948, 1951, 1955, 1991).
Desde a disolución da URSS estivo baixo a sombra do Spartak de Moscova gañando só a Liga Rusa en tres ocasións (2003, 2005 e 2006), así como a Copa en 3 2002, 2005, e 2006.
Historia recente
Recentemente, o club recibiu unha axuda económica de parte de Sibneft, unha compañía petroleira cuxa propiedade é de parte do millonario ruso Román Abramóvich, no entanto, el non ten gran interferencia nos asuntos do equipo xa que el é o dono do Chelsea de Inglaterra e de acordo ás regras da UEFA, só permítese a unha persoa ou corporación controlar só un club en caso de participar en competencias europeas.
O CSKA Moscova gañou a Copa da UEFA no ano 2005, derrotando ao Sporting de Lisboa 3-1, converténdose no primeiro club ruso en obter un título europeo.
Estadio
O PFC CSKA Moscova xoga actualmente no Arena Khimki xa que o club está construíndo un novo estadio en propiedade con capacidade para 30.000 espectadores sentados.
Uniforme
- Uniforme titular: Camiseta vermella, pantalón e medias azuis.
- Uniforme alternativo: Camiseta, pantalón e medias grises.
Xogadores
Cadro 2011-12
- Actualizado a 13 de abril de 2011 [2]
|
|
Palmarés
Torneos nacionais
Rusia
- Liga Premier de Rusia (3): 2003, 2005 y 2006.
- Copa de Rusia (6): 2002, 2005, 2006, 2008, 2009, 2011.
- Supercopa de Rusia (4): 2004; 2006; 2007; 2009.
Unión Soviética
- Liga da URSS (7): 1946, 1947, 1948, 1950, 1951, 1970, 1991.
- Copa da URSS (5): 1945, 1948, 1951, 1955, 1991.
Torneos internacionais
- Copa da UEFA (1): 2004-05
Trofeos amigables
Notas
- ↑ FIA.com (ed.). "CSKA Moskva - Club clásico". Consultado o 6 de novembro de 2010.
- ↑ Russian Premier League official site
Véxase tamén
Ligazóns externas
- Sitio web oficial (en inglés)