Volume (libro): Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
actualizo e engado foto
m arranxiño
Liña 5: Liña 5:
Se a escritura é vertical, o lector sostén a parte do rolo que corresponde ao inicio do texto na man esquerda, o final na man dereita.
Se a escritura é vertical, o lector sostén a parte do rolo que corresponde ao inicio do texto na man esquerda, o final na man dereita.
Se a escritura é horizontal, o principio está no rolo superior, o final no rolo inferior.
Se a escritura é horizontal, o principio está no rolo superior, o final no rolo inferior.
Como o Val do [[Nilo]] era a fonte case única da cana que produce o papiro, esta fonte secouse para [[Europa]] coa invasión dos [[Arabe]]s no século VIII, despois de trinta séculos de uso do volume.
Como o Val do [[Nilo]] era a fonte case única da cana que produce o papiro, esta fonte secouse para [[Europa]] coa invasión dos [[árabes]] no século VIII, despois de trinta séculos de uso do volume.


En paralelo existían, desde a invención da [[escritura]], as taboíñas de arxila ou de madeira encerada sobre as que se escribía coa axuda dun [[cálamo]] ou dun [[Estilo (escritura)|estilo]].
En paralelo existían, desde a invención da [[escritura]], as taboíñas de arxila ou de madeira encerada sobre as que se escribía coa axuda dun [[cálamo]] ou dun [[Estilo (escritura)|estilo]].

Revisión como estaba o 3 de agosto de 2015 ás 01:15

Varios volumes da Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada.

O volume é unha banda -normalmente de papiro- que se enrola naturalmente.

A lonxitude dun rolo pode ser de varios metros mentres que a anchura ou altura é de 30 a 40 centímetros. Se a escritura é vertical, o lector sostén a parte do rolo que corresponde ao inicio do texto na man esquerda, o final na man dereita. Se a escritura é horizontal, o principio está no rolo superior, o final no rolo inferior. Como o Val do Nilo era a fonte case única da cana que produce o papiro, esta fonte secouse para Europa coa invasión dos árabes no século VIII, despois de trinta séculos de uso do volume.

En paralelo existían, desde a invención da escritura, as taboíñas de arxila ou de madeira encerada sobre as que se escribía coa axuda dun cálamo ou dun estilo.

Sobre o século III, o códice de pergameo comeza a substituír o volume que tiña como inconveniente que obrigaba a unha lectura secuencial dos distintos textos situados uns despois dos outros. O códice tiña a vantaxe de permitir o acceso doado ás páxinas do medio. Cando se fixo facilmente reproducible grazas á impresión do papel sobre madeira e sobre metal, converteuse no libro impreso que, no final do século XV, dá volta á economía do saber e da súa transmisión.

O modo de lectura do volume coñece unha reinterpretación inopinada no modo de 'páxina continua' propia para a lectura nas pantallas asociadas aos ordenadores a partir de 1960.

Actualmente enténdese o termo volume como un libro que pode incluír varias obras ou só unha, ou pode ser unha parte dunha obra que estea constituída por varios volumes. [1]

Notas

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para volume.