Bufo nival: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Victortpr (conversa | contribucións)
Tradución do artigo en castelán.
Sen resumo de edición
Liña 1: Liña 1:
{{Sen referencias|data=agosto de 2015}}
{{Taxobox
{{Taxobox
| name = Bufo nival
| name = Bufo nival
Liña 36: Liña 37:


== Cultura popular ==
== Cultura popular ==
Hedwig, a curuxa de Harry Potter é un bufo nival. Aínda que os libros a identifican coma femia, para gravar os filmes empregaron machos, por ser dunha cor branca máis brillante.[[Categoría:Estrixiformes]]
Hedwig, a curuxa de Harry Potter é un bufo nival. Aínda que os libros a identifican coma femia, para gravar os filmes empregaron machos, por ser dunha cor branca máis brillante.
{{Wikispecies|Bubo scandiacus}}
{{Commonscat}}

[[Categoría:Estrixiformes]]

Revisión como estaba o 1 de agosto de 2015 ás 14:29

Bufo nival
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Strigiformes
Familia: Strigidae
Xénero: 'Bubo'
Especie: ''B. scandiacus''
Nome binomial
'Bubo scandiacus'
(Linnaeus, 1758)

Sinonimia

Strix scandiaca Linnaeus, 1758
Nyctea scandiaca Stephens, 1826

O bufo nival (Bubo scandiacus) é unha especie da familia das Estríxidas. Nos Estados Unidos é tamén coñecida coma bufo do ártico ou gran bufo branco.

Morfoloxía

Bufo de gran tamaño, cabeza redonda e orellas case invisíbeis. A plumaxe é branca con pintas negras na cabeza, dorso e cola. En ocasións hai individuos totalmente brancos. O peteiro negro e o iris amarelo contrastan fortemente coa plumaxe. Actividade crepuscular e tamén diúrna. Adoita medir entre 53 a 65 cm de longura e uns 120 a 150 cm de envergadura. A femia posúe unhas raias de cor marrón

Reprodución

Pon entre 4 e 10 ovos en maio, nun niño colocado nalgún lugar seco e con boa visibilidade. É unha especie monógama. Os xuvenís son de cor acastañada e con bandas de cor branca.

Nutrición

A súa base alimentaria son os lemmings. Mais tamén captura lebres e aves. En épocas de escaseza, aliméntase das reservas que vai acumulando ó longo de todo o ano. Isto permítelle sobrevivir en ambientes moi inhóspitos.

Distribución

Presente no norte e interior de Escandinavia. Tamén en Islandia e as costas árticas de América e Siberia. Soen facer migración cara zonas máis meridionais coa chegada do outono. Excepcionalmente poden chegar ata Holanda ou Alemaña Central.

Cultura popular

Hedwig, a curuxa de Harry Potter é un bufo nival. Aínda que os libros a identifican coma femia, para gravar os filmes empregaron machos, por ser dunha cor branca máis brillante.

  1. BirdLife International (2012). "Bubo scandiaca". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2013.2 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. Consultado o 26 November 2013.