Revolución Industrial: Diferenzas entre revisións
Sen resumo de edición |
Sen resumo de edición |
||
Liña 6: | Liña 6: | ||
A primeira Revolución Industrial, tamén coñecida como Revolución Científico Tecnolóxica (RCT), xestouse durante cerca de 300 anos, pero a súa expresión tecnolóxica deuse na revolución industrial e os seus efectos prolonganse ata [[1780]]. |
A primeira Revolución Industrial, tamén coñecida como Revolución Científico Tecnolóxica (RCT), xestouse durante cerca de 300 anos, pero a súa expresión tecnolóxica deuse na revolución industrial e os seus efectos prolonganse ata [[1780]]. |
||
Varias foron as circunstancias económico-sociais asociadas a esta primeira RCT: A descomposición da sociedade feudal, o desenvolvemento do capital comercial, o desenvolvemento das relacións comerciais marítimas, o impulso da industria pesada (mineira e metalúrxica), revolución agrícola (grazas á industria química:fertilizantes...) e desenvolvemento da industria química. O cambio iniciouse en Inglaterra por dúas razóns fundamentais, primeiro polo amoreamento de capital como consecuencia do gran desenvolvemento do comercio favorecido polo seu imperio colonial e segundo por ser en Inglaterra onde se inventaron unha serie de máquinas capaces de producir máis rapidamente cós artesáns, o cal permitía a redución de custes e fornecer a demanda máis rapidamente. Ademais existía unha man de obra barata e abundante xa que as terras comunais, fundamentais para a supervivencia dos campesiños pobres, estaban pasando a mans privadas. A industrialización supuxo o nacemento dunha nova clase social, o [[proletariado]] que xorde en condicións de pobreza e explotación absoluta. |
Varias foron as circunstancias económico-sociais asociadas a esta primeira RCT: A descomposición da sociedade feudal, o desenvolvemento do capital comercial, o desenvolvemento das relacións comerciais marítimas, o impulso da industria pesada (mineira e metalúrxica), revolución agrícola (grazas á industria química: fertilizantes...) e desenvolvemento da industria química. O cambio iniciouse en Inglaterra por dúas razóns fundamentais, primeiro polo amoreamento de capital como consecuencia do gran desenvolvemento do comercio favorecido polo seu imperio colonial e segundo por ser en Inglaterra onde se inventaron unha serie de máquinas capaces de producir máis rapidamente cós artesáns, o cal permitía a redución de custes e fornecer a demanda máis rapidamente. Ademais existía unha man de obra barata e abundante xa que as terras comunais, fundamentais para a supervivencia dos campesiños pobres, estaban pasando a mans privadas. A industrialización supuxo o nacemento dunha nova clase social, o [[proletariado]] que xorde en condicións de pobreza e explotación absoluta. |
||
Esta primeira RCT caracterizouse por un cambio nos instrumentos de traballo de tipo artesanal pola [[máquina de vapor]], movida pola enerxía do carbón. A máquina esixe individuos máis cualificados, produce unha redución no número de persoas empregadas, guindando de maneira incesante masas de obreiros dun ramo da produción a outra, especialmente do campo á cidade. |
Esta primeira RCT caracterizouse por un cambio nos instrumentos de traballo de tipo artesanal pola [[máquina de vapor]], movida pola enerxía do carbón. A máquina esixe individuos máis cualificados, produce unha redución no número de persoas empregadas, guindando de maneira incesante masas de obreiros dun ramo da produción a outra, especialmente do campo á cidade. |
||
Liña 15: | Liña 15: | ||
== O proceso de industralización británica == |
== O proceso de industralización británica == |
||
A Revolución Industrial en [[Gran Bretaña]] iniciouse na segunda metade do [[século XVIII]] e constituiu na mecanización da produción dalgúns sectores pioneiros grazas a importantes innovacións tecnolóxicas asociadas á invención da máquina de vapor. |
|||
Estas novidades supuxeron un profundo cambio nos sistemas de produción asociados á división do traballo en tarefas concretas e á aparición dunha nova unidade produtiva, a fábrica. |
|||
=== As innovacións tecnolóxicas === |
|||
O invento de maior transcendencia para a industralización foi a [[máquina de vapor]], patentada por [[James Watt]] en [[1769]], que empregaba o [[carbón]] coma combustíbel. A enerxía do vapor foi aplicándose a diversos campos, coma a industria téxtil, a siderurxia, e o ferrocaril, e converteuse no símbolo da Revolución Industrial. |
|||
O invento de Watt empregouse en novos enxeños que, pouco a pouco, mecanizaron os diferentes sectores produtivos. |
|||
Arredor da máquina de vapor desenvolveuse unha intensa actividade relacionada co carbón mineral, o que provocou unha expansión sen precedentes da [[minaría]]. |
|||
=== Revolución agrícola === |
=== Revolución agrícola === |
||
A mediados do século XVIII, en Gran Bretaña comezouse a producir unha grande expansión da agricultura que provocou que a produtividade experimentase un importante crecemento. Este aumento do rendemento agrario foi |
A mediados do século XVIII, en Gran Bretaña comezouse a producir unha grande expansión da agricultura que provocou que a produtividade experimentase un importante crecemento. Este aumento do rendemento agrario foi posíbel grazas á aparición de novas técnicas de cultivo, á mellora do emprego dos fertilizantes e ao proceso de privatización das terras (denominado ''enclosure''), que trouxo unha maior rendibilidade. |
||
Este incremento da produción agraria repercutiu moi positivamente nos sectores industriais vinculados á agricultura. |
Este incremento da produción agraria repercutiu moi positivamente nos sectores industriais vinculados á [[agricultura]]. Amais, produciuse un forte incremento dos beneficios agrícolas, o que máis tarde permitirá o investimento deste capital no sector industrial. |
||
Os diversos avances no terreo agrícola permiten falar dunha verdadeira revolución: |
|||
* Privatización dos terreros comunais. Dende [[1760]], promulgáronse en Gran Bretaña numerosas leis de cerramento (en inglés: ''enclosures''), o que impulsou a modernización das explotacións agrarias. Amais, a poboación rural tivo que emigrar á [[cidade]], e proporcionou a man de obra necesaria no proceso de industrialización. |
|||
* Introdución de novos cultivos. Especies coma o [[millo]] e maila [[pataca]] facilitaron a diversificación da produción, o que reduciu o impacto das malas [[colleita|colleitas]] sobre a poboación. |
|||
* Aplicación de novas técnicas agrícolas. O uso de [[fertilizante|fertilizantes]] e das primeiras trilladoras e sementadoras mecánicas foi clave para o aumento da produción. Especial importancia tiveron as melloras na rotación de cultivos, grazas ao sistema Norfolk ou sistema de rotación cuadrienal. |
|||
Estas medidas provocaron un aumento de produción que permitiu o crecemento sostido da poboación e a obtención de importantes beneficios, utilizados despois para financiar a mecanización da produción. |
|||
=== Revolución demográfica === |
=== Revolución demográfica === |
||
Os avances na agricultura, co conseguinte aumento da produción provocou un progresivo crecemento da poboación. Este aumento demográfico foi impresionante, xa que Gran Bretaña doblou o seu número de habitantes durante todo o século XVIII. Neste incremento tamén influiu o descenso da mortalidade, como consecuencia dos novos avances na medicina e das melloras hixiénicas. |
Os avances na agricultura, co conseguinte aumento da produción provocou un progresivo crecemento da [[poboación]]. Este aumento demográfico foi impresionante, xa que Gran Bretaña doblou o seu número de habitantes durante todo o século XVIII. Neste incremento tamén influiu o descenso da mortalidade, como consecuencia dos novos avances na [[medicina]] e das melloras [[hixiene|hixiénicas]], o que unido ás altas taxas de natalidade produciu un aumento considerábel da poboación. Amais, este crecemento foi clave para a expansión industrial, pois o aumento [[Demografía|demográfico]] supuxo un incremento da [[demanda]]. |
||
=== O sector téxtil algodoeiro === |
|||
A [[industria téxtil]] foi a pioneira en incorporar novos sistemas de produción favorecida por unha serie de factores: |
|||
* Unha ampla demanda xerada polo aumento da poboación. |
|||
* As vantaxes proporcionadas polo [[algodón]] barato, resistente, fácil de tinxir, e do que se dispoñían abondosas reservas asociadas ao comercio colonial con [[América]], a [[India]] e o [[Exipto]]. |
|||
* A ausencia de competidores exteriores, o que permitiu ao sector algodoeiro británico converterse no primeiro fabricante mundial e no principal fornecedor dos mercados europeo e americano. |
|||
Todo isto animou os empresarios a aplicar máquinas de tecer e fiar cada vez máis eficaces, coma a lanzadeira voante de [[Jonh Kay]], a Water Frame de [[Arkwright]], a Spinning Jenny, a Mule Jenny, e, finalmente, o tear mecánico de [[Cartwright]] ([[1785]]), que posibilitaba traballar simultaneamente con mil [[Fuso (ferramenta)|fusos]]. |
|||
=== A industria siderúrxica === |
|||
A [[industria siderúrxica]] experimentou un gran crecemento polas necesidades de fabricar ferro para a industria téxtil e par os útiles agrícolas. |
|||
Os avances técnicos no sector siderúrxico contribuíron á expansión dos altos [[forno|fornos]]. O descubrimento da pudelación coma método para eliminar as impurezas do ferro e facilitar a súa manipulación converteu este mineral dos piares da expansión industrial. |
|||
Máis tarde, o invento do [[convertedor Bessemer]] ([[1856]]) achegou un paso decisivo no sector ao permitir obter un aceiro máis flexíbel e de maior calidade. |
|||
=== Mellora dos transportes === |
=== Mellora dos transportes === |
||
A mellora das vías de comunicacións foi fundamental para crear as condicións axeitadas que permitisen unha fácil circulación dos produtos agrícolas e industriais. |
A mellora das vías de comunicacións foi fundamental para crear as condicións axeitadas que permitisen unha fácil circulación dos produtos agrícolas e industriais. |
||
Gran Bretaña exercía unha ampla hexemonía naval, coa cal controlaba o comercio ultramarino e ademais foi pioneira na construción do [[ferrocarril]], o cal supuxo un grande avance. |
Gran Bretaña exercía unha ampla hexemonía naval, coa cal controlaba o comercio ultramarino e ademais foi pioneira na construción do [[ferrocarril]], o cal supuxo un grande avance. |
||
* O ferrocarril. Empregouse inicialmente para o transporte nas minas. O chimpo definitivo veu cando Stephenson inventou a locomotora de vapor. En 1829 inaugurouse a primeira liña férrea entre |
* O [[ferrocarril]]. Empregouse inicialmente para o transporte nas minas. O chimpo definitivo veu cando Stephenson inventou a locomotora de vapor. En [[1829]] inaugurouse a primeira liña férrea entre [[Manchester]] e [[Liverpool]], e dende entón o ferrocarril experimentou unha imparábel expansión. O ferrocarril foi clave no desenvolvemento da industria, pois acurtou a duración dos traxectos, permitiu distribuír grandes cantidades de produtos a gran distancia e a escaso custo, e impulsou a industria siderúrxica pola súa demanda de ferro e aceiro. |
||
* A navegación a vapor. A enerxía do vapor aplicouse tamén ao transporte marítimo. Os seus primeiros pasos tiveron lugar na navegación fluvial estadounidense. A introdución do invento da hélice facilitou a navegación marítima. Paralelamente, fóronse realizando obras de adaptación nos portos e construíronse grandes infraestruturas que melloraron a navegación e acurtaron distancias. Entre elas destacou o canal de |
* A [[navegación]] a vapor. A enerxía do [[vapor]] aplicouse tamén ao transporte marítimo. Os seus primeiros pasos tiveron lugar na navegación fluvial estadounidense. A introdución do invento da [[hélice]] facilitou a navegación marítima. Paralelamente, fóronse realizando obras de adaptación nos portos e construíronse grandes infraestruturas que melloraron a navegación e acurtaron distancias. Entre elas destacou o [[canal de Suez]] ([[1869]]), que reduciu as distancias entre [[Europa]] e a [[India]]. |
||
== Efectos máis relevantes da primeira revolución industrial e papel da ciencia e a técnica == |
== Efectos máis relevantes da primeira revolución industrial e papel da ciencia e a técnica == |
||
Liña 43: | Liña 72: | ||
** A burguesía toma o control do parlamento. |
** A burguesía toma o control do parlamento. |
||
== A expansión da industrialización == |
|||
== A revolución industrial na Europa continental == |
|||
* En [[1850]] apenas existe a fábrica moderna en Europa. |
|||
** Só en [[Bélxica]] hai un proceso de revolución seguido ó de Inglaterra. |
|||
* Na segunda metade do [[século XIX]] fortalécese en [[Turinxia]] e [[Saxonia]] a industrialización de [[Alemaña]]. |
|||
* [[Bélxica]]. Tras Gran Bretaña, foi o primeiro país que se incorporou á Revolución Industrial, favorecido pola súa minaría de carbón, a independencia política lograda en [[1830]] e a dispoñibilidade dun potente sistema bancario. |
|||
A Revolución industrial foi o principio dos avances na ciencia e o primeiro paso cara á modernidade. |
|||
* [[Francia]]. A [[Revolución Francesa|Revolución]] de [[1789]] e as [[Guerras Napoleónicas|guerras napoleónicas]] atrasaron a súa industrialización, que só acadou certa relevancia a partir de [[1830]]. O sector que máis se desenvolveu foi o téxtil, apoiado nun amplo mercado nacional e en políticas proteccionistas. Despois seguiron o ferroviario e a industria metalúrxica, que experimentaron unha grande expansión a partir de [[1850]]. |
|||
* Estados alemáns. Até [[1870]] [[Alemaña]] estivo constituída por numerosos estados independientes, pero a dispoñibilidade de recursos mineiros e a creación no ano [[1834]] do ''zollverein'' ou [[unión aduaneira]], posibilitaron a aparición dalgunhas industrias e a expansión ferroviaria. A industrialización, non obstante, acelerouse decididamente a partir da unificación nacional. |
|||
* Outros estados europeos. No resto de Europa, a economía continuou sendo agraria agás nalgúns focos industriais coma o [[norte de Italia]], [[Cataluña]] e o [[País Vasco (rexión histórica)|País Vasco]] ou [[Moravio]] no [[Imperio Austrohúngaro|Imperio austrohúngaro]]. |
|||
* [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]]. Durante a primeira metade do [[século XIX]], os Estados Unidos atopábanse en plena expansión cara ao oeste. A industria limitouse inicialmente á costa atlántica, xa que nas rexións do oestee do sur estaban orientadas cara á explotación agropecuaria e [[Algodón|algodoeira]]. Só despois da [[Guerra Civil Estadounidense|Guerra de Secesión]] se foi configurando unha potente industria impulsada pola crecente inmigración, a existencia de recursos mineiros e o desenvolvemento ferroviario; por isto, os Estados Unidos convertéronse nunha gran potencia a finais do século. |
|||
== Véxase tamén == |
== Véxase tamén == |
Revisión como estaba o 30 de xullo de 2015 ás 14:04
Este artigo sobre historia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |
Revolución Industrial é o proceso de evolución que conduce a unha sociedade dende unha economía agrícola tradicional ata outra caracterizada por procesos de produción mecanizados para fabricar bens a grande escala.
A primeira Revolución Industrial, tamén coñecida como Revolución Científico Tecnolóxica (RCT), xestouse durante cerca de 300 anos, pero a súa expresión tecnolóxica deuse na revolución industrial e os seus efectos prolonganse ata 1780.
Varias foron as circunstancias económico-sociais asociadas a esta primeira RCT: A descomposición da sociedade feudal, o desenvolvemento do capital comercial, o desenvolvemento das relacións comerciais marítimas, o impulso da industria pesada (mineira e metalúrxica), revolución agrícola (grazas á industria química: fertilizantes...) e desenvolvemento da industria química. O cambio iniciouse en Inglaterra por dúas razóns fundamentais, primeiro polo amoreamento de capital como consecuencia do gran desenvolvemento do comercio favorecido polo seu imperio colonial e segundo por ser en Inglaterra onde se inventaron unha serie de máquinas capaces de producir máis rapidamente cós artesáns, o cal permitía a redución de custes e fornecer a demanda máis rapidamente. Ademais existía unha man de obra barata e abundante xa que as terras comunais, fundamentais para a supervivencia dos campesiños pobres, estaban pasando a mans privadas. A industrialización supuxo o nacemento dunha nova clase social, o proletariado que xorde en condicións de pobreza e explotación absoluta.
Esta primeira RCT caracterizouse por un cambio nos instrumentos de traballo de tipo artesanal pola máquina de vapor, movida pola enerxía do carbón. A máquina esixe individuos máis cualificados, produce unha redución no número de persoas empregadas, guindando de maneira incesante masas de obreiros dun ramo da produción a outra, especialmente do campo á cidade.
A Revolución Industrial xerou tamén un alargamento dos mercados estranxeiros e unha nova división internacional do traballo (DIT). Os novos mercados conquistáronse mediante o abaratamento dos produtos feitos coa máquina, polos novos sistemas de transporte e a apertura de vías de comunicación, así como tamén, mediante unha política expansionista. Entre 1830 e 1880, as principais guerras foron de tipo colonialista, na India, China, Turquía, Sudán, Persia, Afganistán, Rusia Oriental e México.
Un dos principios fundamentais da industria moderna é que nunca considera os procesos de produción como definitivos ou acabados. A súa base técnico-científica é revolucionaria, xerando así, o problema da obsolescencia tecnolóxica en períodos cada vez máis breves. Dende esta perspectiva pode afirmarse que tódalas formas de produción anteriores á industria moderna (artesanía e manufactura) foron esencialmente conservadoras. Así a todo, esta característica de obsolescencia e innovación non se circunscribe á ciencia e a tecnoloxía, senón que debe ampliarse a toda a estrutura económica das sociedades modernas. Neste contexto a innovación é, por definición, negación, destrución, cambio, a transformación é a esencia permanente da modernidade.
O proceso de industralización británica
A Revolución Industrial en Gran Bretaña iniciouse na segunda metade do século XVIII e constituiu na mecanización da produción dalgúns sectores pioneiros grazas a importantes innovacións tecnolóxicas asociadas á invención da máquina de vapor.
Estas novidades supuxeron un profundo cambio nos sistemas de produción asociados á división do traballo en tarefas concretas e á aparición dunha nova unidade produtiva, a fábrica.
As innovacións tecnolóxicas
O invento de maior transcendencia para a industralización foi a máquina de vapor, patentada por James Watt en 1769, que empregaba o carbón coma combustíbel. A enerxía do vapor foi aplicándose a diversos campos, coma a industria téxtil, a siderurxia, e o ferrocaril, e converteuse no símbolo da Revolución Industrial.
O invento de Watt empregouse en novos enxeños que, pouco a pouco, mecanizaron os diferentes sectores produtivos.
Arredor da máquina de vapor desenvolveuse unha intensa actividade relacionada co carbón mineral, o que provocou unha expansión sen precedentes da minaría.
Revolución agrícola
A mediados do século XVIII, en Gran Bretaña comezouse a producir unha grande expansión da agricultura que provocou que a produtividade experimentase un importante crecemento. Este aumento do rendemento agrario foi posíbel grazas á aparición de novas técnicas de cultivo, á mellora do emprego dos fertilizantes e ao proceso de privatización das terras (denominado enclosure), que trouxo unha maior rendibilidade.
Este incremento da produción agraria repercutiu moi positivamente nos sectores industriais vinculados á agricultura. Amais, produciuse un forte incremento dos beneficios agrícolas, o que máis tarde permitirá o investimento deste capital no sector industrial.
Os diversos avances no terreo agrícola permiten falar dunha verdadeira revolución:
- Privatización dos terreros comunais. Dende 1760, promulgáronse en Gran Bretaña numerosas leis de cerramento (en inglés: enclosures), o que impulsou a modernización das explotacións agrarias. Amais, a poboación rural tivo que emigrar á cidade, e proporcionou a man de obra necesaria no proceso de industrialización.
- Introdución de novos cultivos. Especies coma o millo e maila pataca facilitaron a diversificación da produción, o que reduciu o impacto das malas colleitas sobre a poboación.
- Aplicación de novas técnicas agrícolas. O uso de fertilizantes e das primeiras trilladoras e sementadoras mecánicas foi clave para o aumento da produción. Especial importancia tiveron as melloras na rotación de cultivos, grazas ao sistema Norfolk ou sistema de rotación cuadrienal.
Estas medidas provocaron un aumento de produción que permitiu o crecemento sostido da poboación e a obtención de importantes beneficios, utilizados despois para financiar a mecanización da produción.
Revolución demográfica
Os avances na agricultura, co conseguinte aumento da produción provocou un progresivo crecemento da poboación. Este aumento demográfico foi impresionante, xa que Gran Bretaña doblou o seu número de habitantes durante todo o século XVIII. Neste incremento tamén influiu o descenso da mortalidade, como consecuencia dos novos avances na medicina e das melloras hixiénicas, o que unido ás altas taxas de natalidade produciu un aumento considerábel da poboación. Amais, este crecemento foi clave para a expansión industrial, pois o aumento demográfico supuxo un incremento da demanda.
O sector téxtil algodoeiro
A industria téxtil foi a pioneira en incorporar novos sistemas de produción favorecida por unha serie de factores:
- Unha ampla demanda xerada polo aumento da poboación.
- As vantaxes proporcionadas polo algodón barato, resistente, fácil de tinxir, e do que se dispoñían abondosas reservas asociadas ao comercio colonial con América, a India e o Exipto.
- A ausencia de competidores exteriores, o que permitiu ao sector algodoeiro británico converterse no primeiro fabricante mundial e no principal fornecedor dos mercados europeo e americano.
Todo isto animou os empresarios a aplicar máquinas de tecer e fiar cada vez máis eficaces, coma a lanzadeira voante de Jonh Kay, a Water Frame de Arkwright, a Spinning Jenny, a Mule Jenny, e, finalmente, o tear mecánico de Cartwright (1785), que posibilitaba traballar simultaneamente con mil fusos.
A industria siderúrxica
A industria siderúrxica experimentou un gran crecemento polas necesidades de fabricar ferro para a industria téxtil e par os útiles agrícolas.
Os avances técnicos no sector siderúrxico contribuíron á expansión dos altos fornos. O descubrimento da pudelación coma método para eliminar as impurezas do ferro e facilitar a súa manipulación converteu este mineral dos piares da expansión industrial.
Máis tarde, o invento do convertedor Bessemer (1856) achegou un paso decisivo no sector ao permitir obter un aceiro máis flexíbel e de maior calidade.
Mellora dos transportes
A mellora das vías de comunicacións foi fundamental para crear as condicións axeitadas que permitisen unha fácil circulación dos produtos agrícolas e industriais. Gran Bretaña exercía unha ampla hexemonía naval, coa cal controlaba o comercio ultramarino e ademais foi pioneira na construción do ferrocarril, o cal supuxo un grande avance.
- O ferrocarril. Empregouse inicialmente para o transporte nas minas. O chimpo definitivo veu cando Stephenson inventou a locomotora de vapor. En 1829 inaugurouse a primeira liña férrea entre Manchester e Liverpool, e dende entón o ferrocarril experimentou unha imparábel expansión. O ferrocarril foi clave no desenvolvemento da industria, pois acurtou a duración dos traxectos, permitiu distribuír grandes cantidades de produtos a gran distancia e a escaso custo, e impulsou a industria siderúrxica pola súa demanda de ferro e aceiro.
- A navegación a vapor. A enerxía do vapor aplicouse tamén ao transporte marítimo. Os seus primeiros pasos tiveron lugar na navegación fluvial estadounidense. A introdución do invento da hélice facilitou a navegación marítima. Paralelamente, fóronse realizando obras de adaptación nos portos e construíronse grandes infraestruturas que melloraron a navegación e acurtaron distancias. Entre elas destacou o canal de Suez (1869), que reduciu as distancias entre Europa e a India.
Efectos máis relevantes da primeira revolución industrial e papel da ciencia e a técnica
- Substitúese a artesanía polas máquinas.
- Avanza a tecnoloxía máis cá ciencia.
- Cara ó 1770 xa hai máquinas producindo.
- Se non ocorrese a revolución agrícola, non se daría a Revolución industrial pola industrialización.
Consecuencias sociais da primeira revolución industrial
- Cambia a orde social estamental por unha sociedade de clases.
- Nova división do traballo.
- A burguesía toma o control do parlamento.
A expansión da industrialización
- Bélxica. Tras Gran Bretaña, foi o primeiro país que se incorporou á Revolución Industrial, favorecido pola súa minaría de carbón, a independencia política lograda en 1830 e a dispoñibilidade dun potente sistema bancario.
- Francia. A Revolución de 1789 e as guerras napoleónicas atrasaron a súa industrialización, que só acadou certa relevancia a partir de 1830. O sector que máis se desenvolveu foi o téxtil, apoiado nun amplo mercado nacional e en políticas proteccionistas. Despois seguiron o ferroviario e a industria metalúrxica, que experimentaron unha grande expansión a partir de 1850.
- Estados alemáns. Até 1870 Alemaña estivo constituída por numerosos estados independientes, pero a dispoñibilidade de recursos mineiros e a creación no ano 1834 do zollverein ou unión aduaneira, posibilitaron a aparición dalgunhas industrias e a expansión ferroviaria. A industrialización, non obstante, acelerouse decididamente a partir da unificación nacional.
- Outros estados europeos. No resto de Europa, a economía continuou sendo agraria agás nalgúns focos industriais coma o norte de Italia, Cataluña e o País Vasco ou Moravio no Imperio austrohúngaro.
- Estados Unidos. Durante a primeira metade do século XIX, os Estados Unidos atopábanse en plena expansión cara ao oeste. A industria limitouse inicialmente á costa atlántica, xa que nas rexións do oestee do sur estaban orientadas cara á explotación agropecuaria e algodoeira. Só despois da Guerra de Secesión se foi configurando unha potente industria impulsada pola crecente inmigración, a existencia de recursos mineiros e o desenvolvemento ferroviario; por isto, os Estados Unidos convertéronse nunha gran potencia a finais do século.