2001: Unha odisea do espazo: Diferenzas entre revisións
Sen resumo de edición |
Sen resumo de edición |
||
Liña 23: | Liña 23: | ||
{{spoiler}} |
{{spoiler}} |
||
O filme comeza coa [[Terra]] ascendendo sobre a [[Lúa]], e co [[Sol]] á súa vez ascendendo sobre a Terra, todos aliñados. A imaxe está acompañada da peza ''[[Also sprach Zarathustra (Strauss)|Also sprach Zarathustra]]'' de [[Richard Strauss]]. |
O filme está dividido en catro capítulos, ou apartados, que representan tres épocas diferentes no tempo. Os capítulos aparecen de xeito cronolóxico comezando no pasado e finalizando no futuro sen pasar polo presente (tendo en conta que o filme estreouse no ano 1968). Cada capítulo, bardante o segundo, vén precedido por un título. O filme comeza coa [[Terra]] ascendendo sobre a [[Lúa]], e co [[Sol]] á súa vez ascendendo sobre a Terra, todos aliñados. A imaxe está acompañada da peza ''[[Also sprach Zarathustra (Strauss)|Also sprach Zarathustra]]'' de [[Richard Strauss]]. |
||
=== O amencer do home === |
=== O amencer do home === |
||
Liña 60: | Liña 60: | ||
A escena cambia repentinamente e Bowman aparece dentro da pequena nave pero, á vez, no interior dunha estraña habitación decorada ao estilo Luís XVI. Bowman sae da nave, intentando entender que é aquilo. Finalmente, nunha rápida sucesión, vese a si mesmo cada vez máis vello até acabar moribundo na cama fronte ao monólito. Repentinamente, Bowman toma forma de [[feto]] dentro dunha esfera transparente na cama da habitación, pasando despois a flotar no espazo sobre a Terra na escena final, de novo coa música de ''Also sprach Zarathustra''. |
A escena cambia repentinamente e Bowman aparece dentro da pequena nave pero, á vez, no interior dunha estraña habitación decorada ao estilo Luís XVI. Bowman sae da nave, intentando entender que é aquilo. Finalmente, nunha rápida sucesión, vese a si mesmo cada vez máis vello até acabar moribundo na cama fronte ao monólito. Repentinamente, Bowman toma forma de [[feto]] dentro dunha esfera transparente na cama da habitación, pasando despois a flotar no espazo sobre a Terra na escena final, de novo coa música de ''Also sprach Zarathustra''. |
||
== Música == |
|||
O filme conta con música de [[Richard Strauss]] (a introdución de [[Así falou Zaratustra]]), [[Johann Strauss (fillo)|Johann Strauss fillo]] e [[György Ligeti]] que acompañan as imaxes do [[espazo]]. [[Alex North]] compuxo unha obra musical para o filme, mais Stanley Kubrick non a incluíu, aínda que saíu á luz da man de Jerry Goldsmith 25 anos despois. A dirección e deseño dos efectos visuais foron obra de Kubrick, sendo supervisados por Wally Veevers. |
|||
Stanley Kubrick empregou a música de Ligeti sen solicitar permiso nin aboar dereitos de autor, polo que o compositor debeu presentar unha denuncia a pesar da admiración que mostrou pola película. Kubrick incluíu na banda sonora até catro obras de Ligeti: ''Réquiem'', ''Lux Aeterna'', ''Atmosphères'' e ''Aventures''. É o ''Réquiem'' o que acompaña as aparicións do monolito e tamén é a micropolifonía de Ligeti a que soa durante a abstracta viaxe final de David Bowman: con iso Kubrick fai realmente un percorrido pola música do século XX que comeza con Zaratustra e culmina con Ligeti, para volver iniciar o ciclo cos acordes finais da obra de Strauss. |
|||
== Herdanza == |
|||
''2001: Unha odisea do espazo'' inspirou no seu momento a miles de persoas a seguir carreiras científicas afíns coa [[astronáutica]], a [[astronomía]] e a tecnoloxía da informática ([[Intelixencia artificial]]). Os seus efectos especiais e os seus [[Vangardas|vangardistas]] elementos tecnolóxicos foron un modelo a seguir para os seguintes filmes e novelas do xénero da [[ciencia ficción]]. Dende a súa estrea, inspirou a varias producións posteriores do xénero de ciencia ficción, entre elas [[A guerra das galaxias|Star Wars]], [[Blade Runner]], [[Alien (filme)]], etc. Varios directores recoñecidos coma [[George Lucas]] ou [[Ridley Scott]] declararon ao filme coma o que cambiou e definiu o xénero anteriormente citado. |
|||
== Intérpretes == |
== Intérpretes == |
Revisión como estaba o 29 de xullo de 2015 ás 15:18
2001: A Space Odyssey | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | 2001: A Space Odyssey |
Director | Stanley Kubrick |
Produtor | Stanley Kubrick |
Guión | Stanley Kubrick Arthur C. Clarke |
Intérpretes | Keir Dullea Gary Lockwood William Sylvester Daniel Richter |
Distribuidora | MGM |
Estrea | 1968 |
Duración | 141 min |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | ficción científica |
Na rede | |
2001: Unha odisea do espazo (2001: A Space Odyssey en inglés) é un filme estadounidense de ciencia ficción dirixido por Stanley Kubrick en 1968, baseado en varios relatos de Arthur C. Clarke, en especial A sentinela (The Sentinel, 1951). Kubrick e Clarke colaboraron no guión, a partir do que Kubrick realizou o filme e Clarke escribiu unha novela.
Características
É característico do filme a combinación de episodios onde se contrasta altos niveis de realismo técnico e científico co misticismo transcendental. A película gañou un Óscar polos efectos especiais de 1968. Contou cun orzamento de 10 500 000 de dólares.
Sinopse
O filme está dividido en catro capítulos, ou apartados, que representan tres épocas diferentes no tempo. Os capítulos aparecen de xeito cronolóxico comezando no pasado e finalizando no futuro sen pasar polo presente (tendo en conta que o filme estreouse no ano 1968). Cada capítulo, bardante o segundo, vén precedido por un título. O filme comeza coa Terra ascendendo sobre a Lúa, e co Sol á súa vez ascendendo sobre a Terra, todos aliñados. A imaxe está acompañada da peza Also sprach Zarathustra de Richard Strauss.
O amencer do home
Hai uns catro millóns de anos, un grupo de primates fan vida cotiá nunha árida sabana: vagan na procura de alimento e conviven de forma pacífica. Despois un dos membros da manda é atacado por un leopardo.
A anda comeza a desputar con outro grupo de primates pola auga dunha charca e polo espazo vital, pero sen chegaren ao contacto físico. Despois, os primates temen a escuridade nocturna e os seus depredadores, descansando con sono nervioso no fondo dun pequeno covo.
Nun amencer, un dos primates esperta e encontra fronte ao refuxio un monólito negro, un bloque ortoédrico perfecto de varios metros de altura que provoca a alarma no grupo e un primeiro momento de confusión e medo. Aos poucos, vanse achegando ao obxecto, e rematan acariciándoo.
No seguinte plano un dos simios decátase de que pode usar un óso como ferramenta e arma, incluíndose flashbacks do monólito, dando a entender que este motivou certos cambios na conduta dos primates e que lles deu certo grao de conciencia sobre os recursos dispoñibles para sobrevivir, sendo capaces de matar animais e comer carne. Outra mañá, arrebatan o control da charca á outra manda, matando no proceso ao líder rival. Exultante coa vitoria, o primate vencedor lanza o óso ao aire.
Ten lugar entón unha enorme elipse temporal na narración: o óso que ascende no aire convértese nunha nave espacial que vai da Terra á Lúa no ano 1999.
TMA-1 (Anomalía Magnética de Tycho no. 1)
En 1999 o doutor Heywood Floyd viaxa da Terra á Lúa. Primeiro vai nun avión-foguete que o leva até unha estación espacial en órbita. A manobra de aproximación é unha coreografía espacial coa música de Danubio Azul de Johann Strauss (fillo). Na estación espacial as actividades desenvólvense nos aneis exteriores circulares, que posúen gravidade debido á forza centrífuga da rotación do conxunto, mentres que na parte central, onde está o hangar para as naves, esta rotación non provoca gravidade. Durante a estancia, o doutor Floyd realiza unha videoconferencia coa súa filla na Terra e ten un encontro con científicos doutros países (algúns da URSS), que lle preguntan sobre a estraña incomunicación coa base estadounidense de Clavius, e se son certos os rumores que apuntan a unha epidemia nela. Despois o doutor Floyd continúa a viaxe á Lúa, facéndose a aterraxe de novo co Danubio Azul soando.
O doutor Floyd viaxou para facerse cargo da investigación do descubrimento dun monólito negro de perfecta forma ortoédrica (a mesma clase de monólito que apareceu na escena inicial) e superficie lisa, enterrado no cráter Tycho e descuberto durante unha análise magnética da superficie lunar, polo que foi bautizado TMA-1 (Tycho Magnetic Anomaly #1 ou Anomalía magnética de Tycho número 1).
O monólito resístese a calquera tipo de análise da súa estrutura ou das súas características, e tampouco demostra ningún tipo de actividade. Porén, considérase obvio que foi fabricado por unha civilización extraterrestre avanzada, que fora enterrado intencionadamente e que era a primeira proba real da existencia de vida extraterrestre, polo que de momento se debía manter en segredo. Trala chegada do grupo do doutor Floyd até a escavación, marabillándose ao ver e tocar algo tan perfecto, plano e insondable, comeza a amencer nesa parte da Lúa, e o monólito, ao recibir o primeiro raio de Sol des que fora enterrado, emite unha potente sinal acústica que deixa atordados os presentes.
Misión a Xúpiter
No ano 2001 a nave espacial Discovery 1 viaxa cara a Xúpiter con cinco tripulantes (tres en hibernación e dous despertos, David Bowman e Frank Poole) xunto cun supercomputador de última xeración chamado HAL 9000 que goberna a nave utilizando intelixencia artificial, o que lle permite comunicarse cos humanos mediante a fala. A vida a bordo é monótona: os tripulantes comen, dormen, fan exercicio, xogan ao xadrez coa computadora, comunican regularmente á Terra o desenvolvemento da misión e manteñen triviais conversas persoais cos coñecidos da Terra (cun retardo de 7 minutos debido á distancia). Nada se di sobre a misión, máis alá dunha exploración do entorno de Xúpiter, e non hai ningunha conversa que mencione TMA-1 ou algo relacionado.
Pouco antes de chegar ao punto de destino HAL 9000 pregunta a David Bowman se non ten dúbidas sobre a misión e o secreto da mesma, mais ao responder este de forma negativa, o computador autointerrómpese para anunciar un fallo nunha unidade de comunicacións que podería dar lugar á perda da conexión coa Terra. David Bowman sae da Discovery nunha das pequenas naves esféricas con brazos de manipulación nun paseo espacial para substituír a unidade teoricamente avariada. Cando regresa ao interior as análises da unidade son correctas, e desde o control da misión en Terra, cun computador similar ao da nave, tampouco encontran fallo ningún, o que pon en dúbida a fiabilidade de HAL 9000.
Bowman e Poole toman precaucións para que HAL non os escoite falar sobre a posibilidade de desconectar as súas funcións superiores, pero o computador logra ler os labios dos astronautas. HAL volve diagnosticar o fallo futuro da unidade substituída, tomándose a decisión de volver deixar a orixinal para comprobar se acaba fallando ou non, pero á vez confirmando os problemas de fiabilidade de HAL. Neste caso é Poole quen sae a realizar a substitución, pero cando sae da pequena nave esférica, HAL toma o control da mesma e a lanza sobre o astronauta, provocando a despresurización do seu traxe espacial e enviándoo lonxe da Discovery.
Bowman non ten claro o que sucedeu, HAL parece non sabelo tampouco e Frank non responde, polo que monta noutra das pequenas naves e sae a rescatar o seu compañeiro. Con Bowman fóra, HAL provoca a morte dos tripulantes hibernados. Bowman logra chegar até Poole, pero xa está morto, así que o recolle e regresa á Discovery, pero HAL non lle abre o hangar. Decide intentar unha manobra arriscada que HAL non cre que poida conseguir: abandona a Frank Poole no espazo, abre a porta exterior de emerxencia da Discovery cos brazos articulados da pequena nave (pois a apertura manual escapa ao control de HAL) e coloca o zapón da nave orientada cara a ela. Despois, activa a saída de emerxencia do zapón, sendo lanzado cara ao interior da Discovery, onde consigue presurizar a cámara de acceso.
Xa con casco, para evitar a despresurización provocada por HAL 9000, Bowman vai á sala onde está o hardware do computador para desconectalo. Durante o percorrido, HAL parece querer explicar o sucedido, desculpándose por todo e pedindo que non o desconecte. David vai extraendo unha a unha as tarxetas de memoria; pouco a pouco vanse desconectando as funcións de HAL, que suplica compaixón a David, pero cada vez con máis problemas de comunicación até que parece retomar as súas funcións primordiais e primeiras aprendizaxes, como unha canción ("Daisy", de Harry Dacre, 1892) e, por fin, desactívase. Ao quedar HAL desconectado, ponse en marcha unha gravación que informa a David Bowman da verdadeira misión: a investigación da orixe da sinal emitida por TMA-1 en 1999, nun punto próximo a unha das lúas de Xúpiter.
Xúpiter e máis alá do infinito
Tempo despois, David Bowman chega ás proximidades de Xúpiter na Discovery e sae nunha das naves esféricas a investigar un enorme monólito negro que orbita a lúa Ío e que foi a orixe da sinal similar á do TMA-1 en 1999. Non parece haber interacción algunha, pero de socato, ao achegarse cara a el considerablemente e situarse fronte a unha conxunción astral lineal que forma unha cruz co monólito situado perpendicularmente, David comeza unha viaxe estraña por unhas paisaxes psicodélicas de luz e cor a grande velocidade.
A escena cambia repentinamente e Bowman aparece dentro da pequena nave pero, á vez, no interior dunha estraña habitación decorada ao estilo Luís XVI. Bowman sae da nave, intentando entender que é aquilo. Finalmente, nunha rápida sucesión, vese a si mesmo cada vez máis vello até acabar moribundo na cama fronte ao monólito. Repentinamente, Bowman toma forma de feto dentro dunha esfera transparente na cama da habitación, pasando despois a flotar no espazo sobre a Terra na escena final, de novo coa música de Also sprach Zarathustra.
Música
O filme conta con música de Richard Strauss (a introdución de Así falou Zaratustra), Johann Strauss fillo e György Ligeti que acompañan as imaxes do espazo. Alex North compuxo unha obra musical para o filme, mais Stanley Kubrick non a incluíu, aínda que saíu á luz da man de Jerry Goldsmith 25 anos despois. A dirección e deseño dos efectos visuais foron obra de Kubrick, sendo supervisados por Wally Veevers.
Stanley Kubrick empregou a música de Ligeti sen solicitar permiso nin aboar dereitos de autor, polo que o compositor debeu presentar unha denuncia a pesar da admiración que mostrou pola película. Kubrick incluíu na banda sonora até catro obras de Ligeti: Réquiem, Lux Aeterna, Atmosphères e Aventures. É o Réquiem o que acompaña as aparicións do monolito e tamén é a micropolifonía de Ligeti a que soa durante a abstracta viaxe final de David Bowman: con iso Kubrick fai realmente un percorrido pola música do século XX que comeza con Zaratustra e culmina con Ligeti, para volver iniciar o ciclo cos acordes finais da obra de Strauss.
Herdanza
2001: Unha odisea do espazo inspirou no seu momento a miles de persoas a seguir carreiras científicas afíns coa astronáutica, a astronomía e a tecnoloxía da informática (Intelixencia artificial). Os seus efectos especiais e os seus vangardistas elementos tecnolóxicos foron un modelo a seguir para os seguintes filmes e novelas do xénero da ciencia ficción. Dende a súa estrea, inspirou a varias producións posteriores do xénero de ciencia ficción, entre elas Star Wars, Blade Runner, Alien (filme), etc. Varios directores recoñecidos coma George Lucas ou Ridley Scott declararon ao filme coma o que cambiou e definiu o xénero anteriormente citado.
Intérpretes
- Keir Dullea (Dave Bowman)
- Gary Lockwood (Frank Poole)
- William Sylvester (Heywood Floyd)
- Daniel Richter
- Leonard Rossiter
Véxase tamén
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: 2001: Unha odisea do espazo |
Ligazóns externas
- 2001: A Space Odyssey na IMDb (en inglés).