Vigo: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
Liña 132: Liña 132:
|}
|}


* Alcalde electo: [[Abel Caballero]] ([[PSOE]]).
* Alcalde electo: [[Abel Caballero]] ([[PSOE]]). {| {{Táboabonita}} border="1" |- | colspan="6" bgcolor="#C0C0C0" |Eleccións municipais, 24 de maio de 2015 |- bgcolor="#D8D8D8" | '''Partido''' | align="right" | '''Votos''' | align="right" | '''%''' | align="right" | '''Concelleiros''' |- | bgcolor="#1E90FF" | PSOE | align="right" bgcolor="#87CEFA" | 73074 | align="right" bgcolor="#87CEFA" | 51,8% | align="right" bgcolor="#87CEFA" | 17 |- | bgcolor="#FF4500" |'''PP''' | align="right" bgcolor="#FF6347" | 28874 | align="right" bgcolor="#FF6347" |20,47% | align="right" bgcolor="#FF6347" | 7 |- | bgcolor="#00CED1" | MAREA DE VIGO | align="right" bgcolor="#00FFFF" | 16.227 | align="right" bgcolor="#00FFFF" | 11,5% | align="right" bgcolor="#00FFFF" | 3 |}
<td>
{| {{Táboabonita}}
|-
| colspan="6" bgcolor="#C0C0C0" |Eleccións municipais, 24 de maio de 2015
|- bgcolor="#D8D8D8"
| '''Partido'''
| align="right" | '''Votos'''
| align="right" | '''%'''
| align="right" | '''Concelleiros'''
|-
| bgcolor="#1E90FF" | PSOE
| align="right" bgcolor="#87CEFA" | 73074
| align="right" bgcolor="#87CEFA" | 51,8%
| align="right" bgcolor="#87CEFA" | 17
|-
| bgcolor="#FF4500" |'''PP'''
| align="right" bgcolor="#FF6347" | 28874
| align="right" bgcolor="#FF6347" |20,47%
| align="right" bgcolor="#FF6347" | 7
|-
| bgcolor="#00CED1" | MAREA DE VIGO
| align="right" bgcolor="#00FFFF" | 16.227
| align="right" bgcolor="#00FFFF" | 11,5%
| align="right" bgcolor="#00FFFF" | 3
|}


** Alcalde electo: [[Abel Caballero]] ([[PSOE]]).
* Alcalde electo: [[Abel Caballero]] ([[PSOE]]).


</table>
</table>

Revisión como estaba o 25 de xullo de 2015 ás 07:39

Coordenadas: 42°13′23.08″N 08°43′52.60″O / 42.2230778, -8.7312778

Vigo
Vista xeral da cidade.
Fachada marítima de Vigo.
Centro da cidade de Vigo.
Situación
Xentilicio[1]vigués/esa ou olívico/a
Xeografía
ProvinciaProvincia de Pontevedra
ComarcaComarca de Vigo
Poboación294.997 hab. (2014)[2][3]
Área109,06 km²[3]
Densidade2.704,91 hab./km²
Entidades de poboación22 parroquias[4]
Capital do concelloVigo
Política (2015)
AlcaldeAbel Caballero (PSdeG-PSOE)
ConcelleirosBNG: 0
PPdeG: 7
PSdeG-PSOE: 17
Outros: Marea de Vigo: 3
Eleccións municipais en Vigo
Uso do galego[5] (2015)
Galegofalantes15,42%
Na rede
vigo.org
Facebook: 168168246554044 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Vigo (Gl-Vigo.ogg pronunciación ) (tamén coñecida como a Cidade olívica[6]) é a cidade máis poboada de Galicia, e a cidade sen rango de capital con máis poboación de España. A cidade atópase na beira sur da ría de Vigo na provincia de Pontevedra. Historicamente, pertenceu á comarca de Val do Fragoso, aínda que actualmente constitúe o núcleo da comarca de Vigo.

É un municipio costeiro das Rías Baixas que limita ao norte coa ría á que dá nome (Ría de Vigo), ao nordeste co concello de Redondela, ao leste co de Mos, ao sur cos do Porriño e Gondomar e ao suroeste co concello de Nigrán. Alén da ría e xusto fronte á cidade atópanse as vilas de Cangas e Moaña, a 5 e 3,6 km de distancia, respectivamente.

A cidade constitúe un dos motores económicos de Galicia. Vigo é o décimo cuarto concello de España cunha poboación de 294.997 habitantes, segundo o Padrón municipal do 2014[7]. A súa extensión é de 109,1 km². A densidade de poboación da área sitúase en 2.718 hab/km² aínda que no casco urbano esta se incrementa notablemente.

Etimoloxía

O topónimo Vigo críase derivaba dun nome que lle deran os romanos: Vicus Spacorum ou "Vicus Pacorum", mais esta é unha teoría xa rexeitada pola moderna historiografía e nunca se atoparon documentos ou proba algunha que confirmase a realidade destes nomes ou calquera outro, salvo o de Vicus[Cómpre referencia]. Vicus, en latín era un nome común para dicir "aldea", "barrio" ou "vila sen murallas", por iso existen tamén outros 37 lugares e parroquias chamados Vigo (ou derivados de vicus) en Galicia, ademais doutros lugares do mundo latinizado (principalmente Asturias, Italia e Francia). Spacorum (xenitivo plural de Spacori) era o nome da tribo que supoñían se asentaba nas terras próximas.

Historia

Artigo principal: Historia de Vigo.
Reprodución de vivendas castrexas no Museo do Castro.

Vigo e a súa comarca estiveron poboados desde tempos antigos, a pesar de que os restos atopados non abranguen épocas anteriores á Idade de Pedra. A cultura castrexa desenvolta en Galicia deixou na cidade olívica importantes pegadas, que levan a pensar que a cidade tivo unha das maiores densidades de poboación de toda Galicia.

En Vigo o proceso de romanización foi moi temperán e intenso, aínda que durou preto de seiscentos anos. Recentes intervencións arqueolóxicas falan dun importante asentamento, o Vicus romano.

A información de cidade con respecto á Idade Media é moi escasa. Os ataques xermanos e piratas provocaron unha emigración de gran parte da poboación cara a zonas máis seguras no interior. Coa dominación da sociedade galega por parte da xerarquía eclesiástica nesta época, Vigo dependeu durante moito tempo do Mosteiro de Melón. Foi xa avanzada a Idade Media que Martín Codax compuxo as súas cantigas de amigo.

Do século XV ao XVIII Vigo foi medrando paseniño, a pesar dos constantes ataques piratas. Acadou durante a Idade Moderna importancia na actividade artesanal e mailo comercio pesqueiro. Os armadores vigueses, encargados da defensa da ría, rexeitaron en 1589 o ataque dunha armada inglesa ao mando de Francis Drake. Tamén foi histórica a batalla de Rande.

Vigo en 1877. A finais do s. XIX a vila tiña uns 15.000 habitantes.

A comezos do século XIX Vigo foi, como moitos outros lugares de España, ocupado polo exército de Napoleón. Un levantamento popular encabezado polos militares Pablo Morillo e Bernardo González “Cachamuíña” expulsou ao exército francés. A segunda metade do século foi un período de continuo crecemento da cidade, e un considerable aumento da súa industria. A finais do século, a cidade contaba con 15.000 habitantes.

O século XX caracterizouse polo despegue económico. Instaláronse novas industrias, melloraron as comunicacións, creáronse plans de ancheamento da cidade etc. No primeiro terzo de século o seu porto encheuse de milleiros de galegos que embarcaban cara as Américas. Tamén foi salientable a actividade social e cultural: xornais, asociacións políticas, sindicatos... Toda unha actividade neutralizada polo comezo da Guerra Civil Española (19361939). Entre as vítimas pódese citar o alcalde Emilio Martínez Garrido, fusilado o 26 de agosto de 1936.

Nas décadas de 1960 e 1970, Vigo sufriu un crecemento urbano acelerado e ás veces desordenado, motivado polo desenvolvemento industrial. A oferta laboral atraeu numerosa inmigración das zonas rurais de Galicia. A pesar da crise do petróleo, que azoutou a cidade entre 1975 e 1985, desde finais da década de 1980 obsérvase certa recuperación económica, que afianzou a comarca como unha moderna e importante zona industrializada e de servizos, tendencia que se prolonga, aínda que con certo ritmo decrecente, ata a actualidade.

Goberno e política

Santiago Domínguez.

A alcaldesa de Vigo dende decembro de 2003 até xuño de 2007 foi Corina Porro, do Partido Popular (10 edís), que gobernou en minoría pola falta de acordo da oposición. Outros partidos con representación municipal nesa lexislatura foron o Partido dos Socialistas de Galicia, PSdG-PSOE (8 edís), Bloque Nacionalista Galego (7 edís) e Partido Galeguista (2 edís).

Tralos comicios de maio de 2007, a lista de Corina Porro foi a máis votada na cidade pero sen acadar a maioría absoluta, de xeito que o pacto entre o BNG, con Santiago Domínguez Olveira á cabeza, e o PSOE permitiu ao socialista Abel Caballero pasar a ocupar a alcaldía, cargo que segue a ostentar tralas eleccións de maio de 2011, nos que de novo foi alcalde grazas ao apoio do BNG se ben nesta ocasión sen formar parte do goberno.

Conforme á división comarcal prevista pola Xunta de Galicia, a Comarca de Vigo estará integrada polos seguintes concellos: Vigo, Redondela, O Porriño, Nigrán, Baiona, Gondomar, Mos, Fornelos de Montes, Pazos de Borbén, Salceda de Caselas e Soutomaior.

As competencias, órganos de goberno e financiamento da Comarca de Vigo están pendentes de desenvolvemento lexislativo por parte da Xunta de Galicia.

A cidade é sede da Axencia Europea de Pesca da Unión Europea, da única oficina da deputación de Pontevedra fóra da capital, dunha sede da Xunta de Galicia, así como do Parque nacional das Illas Atlánticas.

Eleccións municipais, 27 de maio de 2007[8]
Partido Votos % Concelleiros
PP 66.574 44,04% 13
PSOE 44.563 29,48% 9
BNG 28.116 18,60% 5
Eleccións municipais, 22 de maio de 2011[9]
Partido Votos % Concelleiros
PP 61.616 42,39% 13
PSOE 50.045 34,43% 11
BNG 16.374 11,26% 3
Eleccións municipais, 24 de maio de 2015
Partido Votos % Concelleiros
PSOE 73074 51,8% 17
PP 28874 20,47% 7
MAREA DE VIGO 16.227 11,5% 3

O Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM)

Seguindo o programa electoral de Abel Caballero, aprobouse a finais do ano 2007 cos votos de PSOE e BNG o Plan Xeral Urbanístico de Vigo de forma provisional, incluíndo as correccións do mesmo solicitadas pola Xunta de Galicia (ese mesmo ano) e o cambio que consistía en planificar máis dun 40% de vivenda con algún tipo de protección no conxunto das ordenacións urbanísticas.

Demografía

Evolución demográfica de Vigo dende 1900.
Datos demográficos de Vigo
(1842-2010)
Ano Poboación Fogares
1842 6.742 1.770
1897 11.412 3.528
1910 17.222 8.659
1930 65.012 12.910
1940 85.272 14.376
1950 137.873 34.164
1970 197.144 49.122
1981 258.724 69.474
1991 278.050 80.099
2001 287.282* 93.425
2011 297.241* -
Fonte: INE (*=IGE).[10]
Censo total 2014 294.997 habitantes
Menores de 15 anos 41.311 (14 %)
Entre 15 e 64 anos 194.691 (66 %)
Maiores de 65 anos 58.995 (20 %)

Segundo os datos do censo, no ano 1910 había ao redor de 17.300 habitantes, fronte aos 296.479 do ano 2013, dos cales 16.735, no ano 2010, eran estranxeiros.[11]

A cidade de Vigo foi durante as últimas décadas unha das cidades europeas con maior crecemento poboacional. Con respecto a principios do século XX a súa poboación multiplicouse por 13, e con respecto a mediados dese século, duplicouse.

A maior parte da poboación concéntrase na cidade, aínda que as parroquias periféricas que salferen o municipio posúen tamén un importante continxente poboacional e unha elevadísima densidade de poboación (a máis alta de España se se exclúen as zonas urbanas). De feito no 2008, segundo o Instituto Nacional de Estatística, á parte da cidade de Vigo, existen no municipio 15 núcleos de poboación que superan os 1.000 habitantes: Babío (1.275), Saa (1.223), A Penís (1.149), A Fonte Escura (1.238), Pereiró (4.150), A Ponte (2.267), Freixeiro (2.573), Mantelas (1.563), Salgueira (1.248), A Bagunda (2.686), A Bouciña (1.657), Barreiro (1.686), A Ceboleira (2.868), Pardavila (4.388) e A Garrida (1.242).

Xeografía

Artigo principal: Xeografía de Vigo.
Mapa parroquial de Vigo.

Limita ao norte co Océano Atlántico, ao nordés co concello de Redondela, ao leste co de Mos, ao sur cos concellos do Porriño e Gondomar, e ao suroeste co concello de Nigrán.

A cidade presenta unha topografía variada na que se suceden áreas deprimidas e sectores elevados, zonas case chás e outras en pendente, estando o seu centro nun monte, o Castro, con 149 metros de altura e unha superficie de 21 ha.[12] Isto fai que moitas das rúas dos barrios centrais sexan pendentes moi pronunciadas. Salienta como punto máis alto o Monte Galiñeiro, seguido do Monte Alba, ambos os dous pertencentes á Serra do Galiñeiro.

O concello de Vigo ten un gran núcleo urbano, no que prima a división administrativa baseada nos barrios. Pero tamén posúe unha importante zona rural, onde a división tradicional en parroquias, formada por aldeas e lugares, segue estando moi viva.

As parroquias do concello de Vigo son: Alcabre, Beade, Bembrive, Cabral, Candeán, Castrelos, Comesaña, Coruxo, Lavadores, Matamá, Navia, Oia, Saiáns, Sárdoma, Teis, Valadares, Zamáns.

Bouzas, Coia, Freixeiro, San Paio e San Xoán do Monte non son parroquias administrativas do municipio pero pola súa tradición histórica son nomeadas nesta sección. Á dereita pode verse o mapa das parroquias do concello.

Clima

O clima da cidade de Vigo é oceánico con influencias mediterráneas. Caracterízase por uns invernos suaves e chuviosos e uns veráns cálidos pero non extremos, xa que as temperaturas non adoitan superar os 35 °C.

A cidade caracterízase por un clima suave, con escasas xeadas, variacións térmicas moderadas e con precipitacións elevadas e certa seca estival. Pódese dicir que é un clima oceánico de transición ao mediterráneo, un clima privilexiado característico das Rías Baixas.

O mar exerce unha acción suavizadora do clima, reducindo a diferenza de temperaturas estivais e invernais. Os ventos do nordés arrastran en verán as augas superficiais quentes permitindo así o afloramento das frías. Debido á súa baixa temperatura, esas augas non forman nubes, o que provoca a falta de chuvias durante o verán.[Cómpre referencia]

Aeroporto de Vigo (1972-2000)
Mes Xan Feb Mar Abr Mai Xuñ Xul Ago Set Out Nov Dec Ano
Temperatura máxima absoluta (°C) 21,0 27,6 28,0 29,6 33,6 38,6 36,6 37,5 36,0 30,0 24,6 23,2
38,6
Temperatura máxima media (°C) 11,6 12,9 15,1 16,1 18,2 22,0 24,3 24,2 22,4 18,5 14,7 12,3
17,7
Temperatura media (°C) 8,3 9,3 10,9 11,9 14,0 17,3 19,4 19,4 18,0 14,6 11,3 9,2
13,6
Temperatura mínima media (°C) 5,0 5,8 6,6 7,7 9,9 12,6 14,6 14,6 13,6 10,8 7,9 6,2
9,6
Temperatura mínima absoluta (°C) -4,0 -5,0 -3,0 -0,2 2,0 4,6 7,6 7,2 5,0 2,0 -0,8 -3,4
-5,0
Precipitacións (mm) 255 219 145 148 141 73 43 40 113 215 228 298
1909
Horas de sol 113 116 176 184 217 269 296 281 205 154 109 90
2212
Humidade relativa media (%) 85 81 76 75 77 74 74 74 78 82 86 86
79
Fonte: AEMET

Economía

Artigo principal: Economía de Vigo.
Terminal de Bouzas, no Porto de Vigo.

A comarca viguesa caracterízase pola preponderancia dunha economía diversificada vencellada ao sector pesqueiro, á industria e aos servizos. Entre os motores da economía de Vigo está a industria automobilística, liderada por PSA Peugeot Citroën, que ten no concello a súa primeira factoría en importancia de Europa, ao producir en 2007 un total de 547 mil vehículos, dos cales máis do 88% foron exportados fóra de España.[13]

Asemade, son moi importantes a construción naval e o sector pesqueiro en todas as súas vertentes, dende a industria extractiva, armadores, ata a comercial, coas súas lonxas de altura e de baixura, así como a industria conserveira, conxeladora e transformadora. Vigo é o primeiro porto comercializador de peixe para consumo humano do mundo (650.000 toneladas no ano 2004), e os asteleiros da Ría son líderes da construción naval privada española, por facturación e tonelaxe. Tamén destaca a extracción, transformación e comercialización de granito e outras pedras ornamentais no Porriño.

Zona Franca

Automóbiles na Zona Franca do porto de Vigo.

A Zona Franca de Vigo é unha das tres que existen en España, xunta as de Barcelona e Cádiz, e ten como obxectivo principal incentivar o estabelecemento de empresas con vocación exportadora, mediante a aplicación de exencións tributarias e alfandegueiras.

Creouse mediante Decreto-Lei do 20 de xuño de 1947, coa intención de aproveitar as favorábeis condicións estratéxicas da localización do porto vigués respecto do comercio marítimo internacional para impulsar o desenvolvemento industrial na rexión.

O seu órgano reitor é o Consorcio da Zona Franca, presidido nominalmente polo Alcalde do Concello de Vigo e integrado polo Delegado do Estado, que ostenta a vicepresidencia, catro vogais en representación do Estado, cinco en representación da corporación municipal, o Director de Obras do Porto, o Administrador de Aduanas, e dous vogais representantes da Deputación Provincial, Autoridade Portuaria de Vigo e Cámara Oficial de Comercio, Industria e Navegación de Vigo, ademais do seu Secretario Xeral, nomeado polo Estado, e un avogado do Estado.

Porto

Artigo principal: Porto de Vigo.
Ficheiro:Queen Mary 2 no peirao de Vigo.jpg
Queen Mary 2 no peirao deportivo da cidade.

O porto de Vigo é o porto pesqueiro máis importante de España.[14] Os peiraos de Vigo reciben cada ano a chegada de 2.000 buques. Grazas ás súas excelentes condicións naturais trátase dun lugar axeitado para as rutas procedentes de América con destino a Europa. É o primeiro porto europeo en volume de descarga de peixe, proba diso é a celebración en varias ocasións da World Fishing Exhibition (Feira Mundial da Pesca).[15][16]

Os grandes cruceiros como o Queen Mary 2 ou o Independence of the Seas fan escala habitualmente no peirao de transatlánticos de Vigo. En total, o porto recibiu no 2009 220.000 turistas,[17] alcanzando o quinto posto peninsular en número de cruceiros, con 101 buques, e o 4º ro relativo a pasaxeiros.

No ano 2004 a cidade de Vigo foi elixida como sede da Axencia Europea de Pesca, despois de desbloquearse os acordos sobre as axencias europeas, os cales levaban dous anos bloqueados.

Aeroporto

Artigo principal: Aeroporto de Vigo.
Aeroporto de Peinador.

O aeroporto de Peinador está situado na periferia da cidade, en terreos pertencentes aos concellos de Vigo, Redondela e Mos, estes dous últimos integrantes da actual área metropolitana de Vigo.

No ano 2006, o aeroporto de Peinador acadou a cifra de 1.500,000 pasaxeiros,[18] o que constitúe un crecemento do 7,1% fronte aos datos do 2005. Nos últimos 10 anos o aeroporto de Peinador experimentou un gran crecemento, posibilitando que neste período de tempo triplicase o seu número de pasaxeiros. No ano 2007 o seu crecemento foi do 18,3%. No ano 2007 os seus destinos máis solicitados foron Madrid (892.775), Barcelona (283.335) e París (96.214).

Na actualidade son varias as aeroliñas que operan dende o aeroporto de Vigo: Air France, Iberia, Air Europa, Spanair e Clickair, que se converte na primeira compañía de baixo custo que realiza os seus voos dende este aeroporto.

Cultura

Universidade

Artigo principal: Universidade de Vigo.

Vigo conta cun renovado, moderno e extenso Campus Universitario (CUVI) na periferia da cidade, que aglutina as escolas de Enxeñaría Superior de Telecomunicacións e Industriais, de gran tradición na cidade, e a escola de Económicas e Empresariais. Así mesmo é unha das poucas universidades que ofrece a titulación de Ciencias do Mar.[19] No Campus tamén existen centros de investigación á disposición da universidade e empresas tecnolóxicas do sector.

As Escolas de Enxeñaría Técnica Industrial e de Administración de Empresas están situadas no centro da cidade.

Actividade editorial

Artigo principal: Actividade editorial en Vigo.
Imprenta de Compañel na rúa Real.

Desde o século XIX a cidade olívica foise conformando como o maior centro editorial de Galicia. As orixes da imprenta en Vigo están ligadas co crecemento da cidade, a defensa dos intereses locais e o espallamento de ideas progresistas. O 3 de novembro de 1853 o impresor Ángel de Lema y Marina publica o primeiro número de Faro de Vigo, co apoio de dous persoeiros combativos, José Carvajal e o poeta José María Posada, que afrontaron os conflitos daquel momento (o problema do lazareto da Illa de San Simón, que causou disputas coa Coruña, a emigración, a loita polo ferrocarril e a miseria do mundo agrario). En 1856 créase a Imprenta Compañel na rúa Real, rexida polo impresor Juan Compañel co apoio de Alexandre Chao e o erudito Manuel Murguía. Tratábase dunha editorial rexionalista na liña do espírito do Bienio Progresista. A editorial publicou diversos libros de ciencia, literatura, educación, pensamento e folletíns como suplemento do xornal, pero o seu título máis salientable é Cantares Gallegos de Rosalía de Castro, con pé de imprenta do 17 de maio de 1863.

Pouco e pouco vai medrando a actividade editorial na cidade, pero o pulo definitivo chega logo da guerra civil, sobre todo no ámbito das editoriais galeguistas, aínda que aparecen algunhas iniciativas de edición en español que teñen interese.

En 1948 Xosé María Álvarez Blázquez e Luís Viñas Cortegoso crean o anticuario Monterrey, na rúa Pi i Margall e dous anos máis tarde fundan Edicións Monterrey. Empezaron publicando libros de bibliofilia, entre eles o polémico Cancioneiro de Monfero, que non era a edición dun códice medieval senón poemas de estilo medieval escritos por X.M. Álvarez Blázquez. En 1951 fúndase Editorial Galaxia. O seu obxectivo era crear un espazo para a potenciación e modernización do galeguismo. Aínda que se trata dunha editorial xeralista de carácter nacionalista, desde os seus comezos fixou a súa liña editorial, que se centraba na publicación de literatura galega, ensaio e a revista Grial.

En 1964 os irmáns Álvarez Blazquez abren un novo proxecto editorial, Edicións Castrelos, con dúas liñas editoriais fundamentais: clásicos galegos, na colección Follas Novas, e a primeira colección de cultura popular galega, Os Libros do Moucho, que publicaba libros escritos polos propios editores, especialmente Xosé María, de etnografía, obras literarias clásicas breves, curiosidades lingüísticas…

En 1960 fúndase SEPT, vinculada á fundación do mesmo nome, unha editorial especializada no libro cristián en galego. Hai que salientar a publicación da primeira edición da Biblia en galego.

En 1977 recupérase en Vigo A Nosa Terra, que nos seus comezos publica só o semanario do mesmo nome, pero logo se converte en editorial xeneralista de marcada liña nacionalista e independentista.

A chegada das autonomías contribúe a potenciar a edición en lingua galega, e con ela, a aparición de novas editoriais, que elixen Vigo como sede. En 1979 Xulián Maure Rivas e Germán Sánchez Ruipérez, responsable de Editorial Anaya, crean Edicións Xerais de Galicia, especializada nos seus comezos en literatura galega e libro de texto.

Asociacións culturais

Lugares de interese

Vigo é unha cidade interesante para o turismo, cun fermoso porto e casco vello, museos variados (de arqueoloxía, arte antiga e contemporánea etc), zonas comerciais, unha gran dotación de hoteis e rodeada de localidades e paraxes de grande atractivo turístico e paisaxístico.

Celebración da Reconquista, Praza da Constitución.
Porta do Sol co Sereo en primeiro plano.
Praza de Compostela, A Alameda.

O centro urbano

  • O Casco Vello. É a zona antiga de Vigo. Nel, entre outros edificios emblemáticos, atópanse o Castelo de San Sebastián (século XVII), dende o cal apréciase unha boa panorámica da Ría, as prazas da Constitución, Princesa, A Pedra e a rúa Real. Atópase tamén neoclásica Concatedral de Santa María de Vigo, a Casa de Ceta e Pazos de Figueroa (coñecida tamén como Arines) un dos edificios conservados na actualidade máis antigos desta zona, datado do século XVI e sede da Fundación portuguesa Camões e os soportais do barrio de pescadores por antonomasia, O Berbés. Recentemente foi declarado Ben de Interese Cultural como Conxunto histórico pola Xunta de Galicia. Malia o seu valor cultural, o Casco Vello de Vigo atópase parcialmente deteriorado na maior parte da súa extensión. Na actualidade está sendo obxecto dunha recuperación integral a través do programa Urban, cofinanciado pola Unión Europea.
  • A Concatedral de Santa María de Vigo, antiga Colexiata. Iniciada en 1816 e rematada de construír en 1836, en substitución do templo gótico anterior. Un tímpano daquela igrexa medieval consérvase nas ruínas do convento de San Domingos de Pontevedra, dependentes do Museo Provincial. De estilo neoclásico, construída conforme ao proxecto do arquitecto Melchor de Prado Mariño, datado en 1811. Alberga no seu interior o soado Cristo da Vitoria que, segundo a tradición, favoreceu aos vigueses nas Guerras Napoleónicas. Cada primeiro domingo de agosto sae en procesión dentro da maior manifestación relixiosa da cidade.
  • A Praza da Constitución. Praza porticada á entrada do casco antigo, considerada como a Praza Maior de Vigo. Moi familiar, con moitas terrazas e cafés. Nela atópase o antigo concello de Vigo, construído en 1859 por José María Ortiz y Sánchez.
  • A Porta do Sol, lugar onde se atopa o monumento coñecido popularmente como "o Sereo", do que é autor o escultor Francisco Leiro. É o centro neurálxico da cidade.
  • Rúas Príncipe, Urzáiz e Gran Vía. Son as rúas comerciais e de lecer por excelencia. Son rúas axardinadas e con amplas beirarrúas, onde se poden atopar bos establecementos de moda e lecer.
  • A Alameda. Atópase na praza de Compostela, anexa ao Casco Vello da cidade e ao porto. Creada a finais do século XIX nunha zona gañada ao mar, constitúe o primeiro parque urbano creado en Vigo.[20] A maioría das súas árbores son centenarias, destacando as magnolias e as camelias, xunta outras especies exóticas. O parque, de forma rectangular, caracterízase pola súa gran fonte no seu centro, conta tamén con diversas esculturas de motivos animais (José Luís Medina) e antropomórficas (Camilo Nogueira Martínez). Destaca a escultura de bronce de Méndez Núñez, obra de Agustín Querol.
  • Montero Ríos-Areal. Zona de paseo próxima ao porto deportivo. Na súa fronte marítima está o peirao de atracada de cruceiros, e dos transportes en barco ás Illas Cíes (declaradas parque natural en 1980, e incluídas no Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia creado no ano 2002[21]) e aos concellos de Cangas e Moaña, ademais das instalacións do Real Club Náutico de Vigo e un centro comercial de lecer, construído en 2007.
Edificio Simeón.

Edificios modernistas

Vigo ten un elevado número de edificios modernistas, sendo importante tamén o número de edificacións doutros estilos como o eclecticismo (Casa de Fernando Carreras) e o racionalismo, que lle dan a singular aparencia a varias zonas do centro urbano. Así, salferindo o trazado urbanístico de Vigo atópanse edificios monumentais, pequenas alfaias de autores como Antonio Palacios Ramilo (Teatro García Barbón, Jenaro de la Fuente Domínguez (arquitecto do Hotel Universal e a Casa Bonín), Manuel Gómez Román (antigo Edificio Simeón na Porta do Sol, Edificio Müld[22]), Michel Pacewicz (os números 13,15,17 da rúa Urzaiz e os nº 15,17,19 da avenida García Barbón) e José Franco Montes (autor da casa de Joaquín Perez Boullosa na praza de Compostela número 24 e a casa dos irmáns Suárez en Montero Ríos número 2).

Edificios románicos

Igrexa de Santa María de Castrelos.
Centro Social Afundación Vigo.
Ficheiro:Museo do Mar Vigo.jpg
Museo do mar de Galicia.
Museo MARCO.
Casa das Artes.
Museo Municipal Quiñones de León.
Centro Cultural Afundación Vigo no Teatro García Barbón de Vigo.

É tal a importancia do románico que se conserva no municipio de Vigo que moitos autores españois chegaron a acuñar o termo de románico vigués.[Cómpre referencia] Consérvanse tres importantes exemplos de igrexas románicas do sur de Galicia:

  • Igrexa de Santa María de Castrelos, a tan só 100 metros do núcleo urbano; do século XII, está formada por unha única nave de ábsida semicircular e unha planta de 20 por 7 metros. No seu muro interior norte poden verse unhas interesantes pinturas murais, restauradas a metade dos anos 90 do século pasado, datables nos séculos XV-XVI, posiblemente. Representan un Cristo en Maxestade, unha misa de san Gregorio e unha epifanía.
  • Igrexa de San Salvador de Coruxo, tamén do XII. Destaca a súa monumental ábsida e os motivos dos seus canzorros. Trátase da igrexa monasterial do antigo priorado que existiu alí ata ben entrada a idade moderna.
  • Igrexa de Santiago de Bembrive, do século XII e tamén cunha ábsida de importancia.

Museos e Centros culturais

O Centro Social Afundación Vigo é un edificio multiusos adicado a diferentes tipos de exposicións. Entre as súas exposicións destaca a antiga Colección Caixanova. A Colección Caixanova está formada por máis de 4.000 obras, das cales se expoñen 120 que van dende o século XIX até os nosos días. Xunto coa Colección Caixanova destaca a Exposición Naturnova, centro interactivo de educación medioambiental formado por 37 módulos organizados en tres áreas temáticas: O Universo, A Biosfera, O Home e O Medio. Ademais, o centro conta cun auditorio, salón de recepcións, instituto de desenvolvemento, centro de iniciativas sociais, área de novas tecnoloxías e tres zonas de exposicións temporais procedentes de diferentes museos ou coleccións privadas. O Centro ocupa a Casa Bárcena, edificio de estilo ecléctico deseñado polo arquitecto vigués Jenaro de la Fuente Domínguez a finais do século XIX. O inmoble constitúe unha das súas mellores obras na cidade.

O Museo do Mar de Galicia está emprazado na beira da ría, en Punta de Muíño (parroquia de Alcabre). O seu contido museístico versa sobre o mar e a súa relación con Galicia e as xentes que dependen del. O edificio en que está aloxado foi deseñado polos arquitectos Aldo Rossi e César Portela, se ben o primeiro faleceu antes de comezar as obras.

O Verbum - Casa das palabras é un museo interactivo sobre todos os ámbitos relacionados coa comunicación humana, deseñado como un espazo cultural, lúdico e divulgativo no que se pode participar dun modo activo nos elementos expositivos. Escolleuse o nome de Verbum, vocábulo latino que significa "palabra", porque a palabra é a orixe do proxecto e o latín é a orixe das linguas faladas en Galicia. A construción atópase situada en primeira liña fronte ao mar, no contorno da praia de Samil; zona de ocio cun longo paseo marítimo que bordea a praia, ademais de zonas verdes, dotacións deportivas, parques infantís, establecementos de hostalería e aparcadoiros.

O Museo de Arte Contemporánea de Vigo está situado nun edificio que constituíu na súa orixe un cárcere. Anos máis tarde sería rehabilitado de forma que o 13 de novembro de 2002 volvería abrir as súas portas como museo. Consta de dúas plantas e un espazo anexo. Acolle exposicións artísticas en diversos soportes tales como fotografía, escultura ou pintura. Ademais destas mostras tamén presenta diversas actividades didácticas.

A Casa das Artes, situada na rúa Policarpo Sanz, é o centro principal de exposicións temporais programadas pola unidade de cultura do concello de Vigo. Tamén constitúe a sede da Fundación Laxeiro e da colección Luis Torras.

A Casa Galega da Cultura é un centro multidisciplinar, no que se concilia a programación de actividades artísticas e literarias coa existencia dun fondo bibliográfico e museográfico altamente cualificado no que se refire ó estudo da realidade histórica e actual de Galicia. O centro dispón de sala de exposicións temporais, salón de actos, sala de exposición permanente, sala de lectura e sala de lectura para investigadores, amais de dependencias de uso interno. Entre os elementos máis salientables da Casa Galega da Cultura cómpre referirse á Biblioteca Penzol, a Biblioteca Fernández del Riego e o Museo Francisco Fernández del Riego.

Centro Arqueolóxico de Salinae, son unhas salinas romanas, achadas, a principios do século XXI, con motivo da construción dun centro de saúde na rúa Rosalía de Castro. Resalta deste sitio arqueolóxico o seu tamaño e a súa vinculación con outros achados da zona contemporáneos no tempo. A Consellería de Cultura desenvolveu un plan de musealización do asentamento que, dependente do Museo do Mar, foi aberto ao público no ano 2009.[23]

O Museo Municipal Quiñones de León está situado no antigo Pazo de Lavandeira, que fora doado polo Marqués de Alcedo en 1925, está dividido en tres áreas; na planta baixa está decorada simulando o aspecto do pazo cando estaba habitado, outra área está dedicada a arte galega contemporánea e, finalmente, está a área de prehistoria e arqueoloxía de Vigo e a súa bisbarra.

O Teatro García Barbón está en pleno corazón de Vigo. Foi proxectado polo arquitecto porriñés Antonio Palacios a comezos do século XX, e restaurado pola Caixa de Vigo en 1984. Con preto de 30 anos de experiencia na organización de actividades culturais (música, teatro, danza, cine, conferencias, exposicións etc.) e todo tipo de iniciativas relacionadas con convencións, congresos ou reunións de traballo, polo Teatro pasan anualmente unha media de 300.000 persoas.

O Museo Etnográfico Liste naceu a partir da Fundación Liste, a seu principal obxectivo é dar a coñecer e difundir o patrimonio etnográfico galego. O museo conta con nove salas de exposicións con máis de 2.000 pezas á disposición do público. A sede do museo atópase na rúa Pastora 22, nun edificio civil propiedade do Concello de Vigo e cedido á Fundación Liste por un prazo de 50 anos.

A Villa Galaico-Romana de Toralla é unha escavación arqueolóxica a ceo aberto dunha villa (vivenda galaico-romana) convertida en exposición-museo visitábel. Na praia do Vao.

No Castro de Vigo hai un poboado castrexo museizado coa réplica de tres vivendas da época. No Monte do Castro.

O Centro de Arte Fotográfica (CAFVI), na rúa Eduardo Chao, abriu as portas en maio de 2015, expoñendo unha selección do Arquivo Pacheco.[24]

Entorno natural

Ademais dos atractivos propios dunha cidade, Vigo tamén é un concello cunha ampla oferta de praia e natureza, destacando ante todo as Illas Cíes, pero tamén as praias de Samil, Canido e do Vao, os seus parques urbanos e tamén os parques forestais situados nos outeiros que circundan a cidade. Ademais conta con varias importantes rutas de sendeirismo homologadas que percorren os montes e outras paraxes do municipio vigués. Na cidade atopamos varias árbores senlleiras, como a oliveira do Paseo de Afonso XII, símbolo da cidade, así como varios exemplares de camelias, faias, tulipeiros etc, no Parque de Castrelos.

Praia de Samil coa Illa de Toralla ao fondo.
  • A praia de Samil é unha das maiores praias de Vigo e a máis frecuentada por turistas e visitantes. Dispón de amplas zonas de paseo, zonas axardinadas e deportivas, piscinas e outros servizos. Ao final da avenida de Europa atópase a escultura O rapto de Europa de Oliveira.
  • A praia de Canido, situada entre a praia do Vao e Cabo Estai, dispón de zonas de paseo e zonas axardinadas, así como un porto marítimo. A pesca é unha das actividades máis desenvolvidas na zona. Posúe tamén restaurantes para a degustación de mariscos e peixe.
  • A praia do Vao, de grande calidade ambiental. No seu extremo occidental atópase a Villa Galaico-Romana de Toralla, unha escavación arqueolóxica a ceo aberto dunha villa (vivenda galaico-romana) convertida en exposición-museo visitábel. A o outro lado da ponte de Toralla está a polémica Illa de Toralla.

Estas dúas últimas praias, xunto coas da Punta, O Tombo do Gato, Argazada e Fontaíña foron as praias viguesas distinguidas co galardón da bandeira azul no ano 2007.

Illas Cíes dende a Costa da Vela, Cangas.
Entrada ao Monte do Castro.
  • As Illas Cíes, arquipélago que forma parte do Parque nacional das Illas Atlánticas. Dispón de praias e cámping, e é visitable en tempada estival con barcos que parten a diario desde Vigo e Baiona. No ano 2007 o xornal británico The Guardian elixiu a praia da illa de Monteagudo como "praia máis fermosa do mundo".[25]
  • O Parque de Castrelos. Sito no barrio do mesmo nome, é o maior parque urbano de Vigo. Está dotado dun grande auditorio ao aire libre e zonas de paseo con estanques e variedade de especies forestais. Nel atópase o Pazo de Castrelos, propiedade do pobo de Vigo e transformado en Museo dende que en 1925 fose doado polo último descendente da familia Quiñones de León, antiga propietaria.
  • O Monte do Castro (149 m.) era antigamente o Monte Feroso.[26][27] É un parque situado no centro da cidade. Ocupa o espazo dun antigo poboado fortificado (castro) do que se pode apreciar unha parte escavada en distintas intervencións arqueolóxicas, con varias construcións circulares (prerromanas) e cuadrangulares (forma proveniente da romanización). O Castro de Vigo está datado entre os séculos VI antes de Cristo ao II despois de Cristo. O mundo castrexo coincide coa chamada Idade de Ferro en Galicia e a romanización nos seus albores. No parque tamén se poden contemplar os restos dunha das fortificacións do século XVII que formaban parte -xunto co próximo castelo de San Sebastián e as murallas que rodeaban a cidade antiga- da estrutura defensiva de Vigo.
  • O Monte da Guía atópase no barrio de Teis. Miradoiro privilexiado sobre a Ría de Vigo. Este monte foi tamén un castro, un dos 27 poboados fortificados da idade do ferro que están catalogados no concello. O seu nome débese con toda probabilidade a unha paronimia do orixinal "Monte da Aguia" pola forma castelá "Monte de la Guía" (Monte da Guía).
  • Parque Natural das Ciencias - Vigozoo. O único zoo de Galicia non é un mero recinto de exhibición, senón que constitúe un parque de ciencias naturais especializado na fauna autóctona europea e na conservación das súas especies. Así, o Parque Natural das Ciencias - Vigozoo ten como un dos seus obxectivos o traballo xenético para a recuperación de especies en vías de extinción. Ademais, o parque desenvolve traballos sobre a valoración da tensión de animais engaiolados, de anatomía comparada de grandes mamíferos, dos anfibios e réptiles, de parasitoloxía, do desenvolvemento de larvas da adaptación reprodutiva dos animais etc., adaptando a contorna ás necesidades de cada exemplar.
  • Os amplos parques forestais situados nos arredores de Vigo: O Monte Alba (trátase do punto de maior altitude), o próximo Monte Cepudo, o Monte dous Pozos, o Monte de Beade, Vixiador, Madroa, Saiáns e Zamáns.

Deporte

Sede Social do Real Club Celta de Vigo, na rúa Conde de Gondomar.

As actividades deportivas comezaron a practicarse no seo dos centros de ensino e sociedades recreativas a finais do século XIX. Entre as entidades deportivas máis antigas destacan o Real Club Náutico de Vigo, fundado en 1906, e o Liceo Marítimo de Bouzas, fundado en 1907. Nadadores, remeiros e regatistas do Náutico representaron á cidade nas máis importantes competicións internacionais, integrando as distintas seleccións españolas, coas que participaron en Xogos Olímpicos e mesmo acadaron títulos continentais e mundiais. En 1915 fúndase o Comesaña Sporting Club na parroquia do mesmo nome, a agrupación decana do atletismo galego, que deu atletas destacados nas décadas de 1920 e 1940.

A puxanza do mundo da vela local non pasou desapercibido á organización da regata Volta ao Mundo de Veleiros Volvo Ocean Race, que nunha aposta novidosa partiu dende Vigo o 12 de novembro de 2005. Por primeira vez unha cidade non británica era a encargada de dar saída a este evento deportivo de gran relevancia na vela mundial.

Estadio de Balaídos.

O club máis representativo da cidade é o Real Club Celta de Vigo, creado en 1923 da fusión do Real Vigo Sporting e o Real Fortuna, equipos que até daquela rivalizaban na hexemonía do fútbol galego, alternándose na conquista dos títulos rexionais (o Vigo chegara a proclamarse subcampión de España en 1908). A actividade do Celta céntrase no fútbol, malia que mantén unha sección de atletismo que compite na máxima categoría española e que proporcionou tamén atletas olímpicos, como Carlos Pérez e Álvarez Salgado, ou máis recentemente os tamén fondistas Alexandre Gómez e Carlos Adán ou o decatleta David Gómez. Os principais éxitos futbolísticos célticos foron os tres subcampionatos da Copa de España (1948, 1994 e 2001) e a disputa de competicións continentais, nas que tivo a honra de ser o primeiro club galego en participar (ao debutar na primeira edición da Copa da UEFA) e en conquistar un torneo oficial (a Copa Intertoto de 2000). Actualmente compite na primeira división do fútbol español.

O Celta mantivo ata finais dos anos 80 unha sección de baloncesto feminino que conquistara a supremacía na canastra española ao comezo daquela década, na que coleccionou títulos de liga e copa da Raíña. Trala desvinculación do Celta, o baloncesto feminino vigués mantívose na elite nacional (aínda que relegado da loita polos trofeos), ata que a principios do novo século, recuperada a denominación céltica, volveu a conquistar os campionatos de liga e copa.

Outro deporte moi arraigado na cidade é o balonmán. Ao histórico Vulcano sucedeulle no liderado do balonmán vigués o Academia Octavio, de dilatada traxectoria na máxima categoría nacional. A mediados da década de 1990, o Octavio acadou os seus maiores logros, cun subcampionato de Copa do Rei en 1995 que lle abriu as portas das competicións europeas, nas que se converteu en protagonista nas tres tempadas seguintes, quedándose por dúas veces ás portas da gran final.

O Club Vigo é o decano dos participantes na División de Honra española de voleibol, outro deporte de gran tradición na cidade, mentres Halcones de Vigo representa á cidade na Primeira División A, a segunda categoría do béisbol español.

A vocación deportiva da cidade exprésase coa proliferación de talentos nas máis variadas disciplinas e coa organización de torneos e probas de rango internacional. Alpinistas como Chus Lago, primeira muller española en acadar o cumio do Everest sen axuda de osíxeno suplementario, ou patinadoras como Tamara Valderrama acreditan esta afirmación. Entre os acontecementos deportivos máis importantes que acolleu a cidade destacan a Fase final da Copa do Mundo da FIFA en 1982 (fútbol), os Torneos Preolímpicos de balonmán masculino (1972) e baloncesto feminino (1992), probas da Copa do Mundo de Saltos hípicos, da Copa do Mundo de Bicicleta de Montaña, a saída da regata volta ao mundo-Volvo Ocean Race en 2005 ou as escalas da espectacular Cutty Sark Tall Ship Race de grandes veleiros de época.

Gastronomía

A rúa das Ostras é un típico para a degustación das ostras.

A gastronomía viguesa, ao igual cá galega, caracterízase pola calidade dos seus produtos e a elaboración dos seus pratos. En Vigo pódese atopar o mellor da gastronomía do país: mariscos, peixes, carnes, vexetais, empanadas, queixos e viños.

Na cidade de Vigo pódese atopar todo tipo de establecementos. No Berbés -barrio mariñeiro da cidade- existen multitude de restaurantes típicos mariñeiros; preto do Berbés, e tamén no Casco Vello da cidade, atópanse a famosa "rúa das ostras" (R/Pescadería) e a "rúa do polbo" (R/Laxe), nas que se poden apreciar produtos típicos da gastronomía viguesa tales como as ostras e o polbo. Ademais dos restaurantes tradicionais, na cidade olívica existen restaurantes para tódolos gustos e petos, existindo diversos tipos de restaurantes de comida rápida e internacional.

O auxe da inmigración da última década, contribuíu á introdución das gastronomías representativas dos distintos grupos culturais que foron asentando na cidade. Así existen diversos establecementos de comida chinesa, italiana, paquistaní, arxentina, xaponesa, entre outros.

Mariscos

O mar é o gran provedor da gastronomía viguesa. Algúns destes son cultivados, como os berberechos, as ameixas ou os mexillóns (estes últimos cultivados en grandes plataformas chamadas “bateas”; vexa miticultura); e outros apáñanse directamente do mar, como é o caso das nécoras, centolas, bois ou vieiras.

A abundancia de mariscos na ría viguesa cómpre contextualizala dentro das características que comparte coas demais Rías Baixas galegas. A situación xeográfica destas xera, en presenza de ventos do nordés, un fenómeno coñecido co nome de afloramento ("upwelling" en inglés), que posibilita unha extraordinaria abundancia de fitoplancto e, por conseguinte, crea unhas condicións idóneas para o desenvolvemento dos mariscos.[28]

Servizos

Zonas comerciais

El Corte Inglés, Vigo.

Vigo conta con cinco centros comerciais e cun centro El Corte Inglés (inaugurado en 1975 sendo o primeiro construído en Galicia e o primeiro que a empresa construía nunha cidade non capital de provincia), dous centros Alcampo, dous de Carrefour, un Decatlhon e un Media Markt, así como múltiples comercios de roupa (moitas delas concentradas na rúa do Príncipe).

Medios de comunicación

  • Televigo, a primeira televisión local puramente viguesa.
  • Localia Vigo, cadea de televisión do grupo Radio Vigo.
  • Radio Vigo, emisora local pertencente á Cadena SER.
  • Faro de Vigo, xornal decano da prensa española. Fundado en 1853.
  • Atlántico Diario, segundo diario da cidade e alternativa informativa para o sur de Galicia, editado dende 1987.
  • De luns a venres, o primeiro xornal de distribución gratuíta redactado integramente en lingua galega.
  • El foro metropolitano, xornal mensual, gratuíto e bilingüe (castelán–galego). Fundado en 1990 co nome El Foro de la Portela, tomou o nome El foro metropolitano no 2004.
  • Revista Gran Vigo, revista especializada en temas da Área Metropolitana de Vigo.
  • Correo do cidadán, correo electrónico para os residentes baixo o dominio vigo.es administrado polo provedor de internet R.

Medios de transporte

  • Servizo de transporte público de autobuses urbanos a cargo da empresa Vitrasa (Viguesa de Transportes, S.A.) dende o ano 1968. Conta cun total de 35 liñas en funcionamento.
  • Servizo de transporte público de autobuses interurbanos con todos os concellos da bisbarra, ben dende a Estación de Autobuses, ben dende distintos puntos da cidade, prestados por distintas compañías: ATSA: (Nigrán, Baiona, A Guarda; Autobuses González: Redondela, Soutomaior, Fornelos, Pazos de Borbén; Melytour: Gondomar, Tomiño; Monbús: Moaña, Cangas, Vilaboa, e outras que manteñen liñas regulares con Mos, O Porriño, Ponteareas, Mondariz etcétera.
  • Transporte marítimo. A Compañía Navieira Mar de Ons ofrece servizos regulares de transporte marítimo entre Vigo e a localidade de Cangas. A Navieira Nabia ofrece servizos regulares á localidade de Moaña. En temporada de verán, as empresas amplían o servizo ás Illas Cíes.
  • Servizo de taxis
  • Transporte aéreo: Aeroporto de Vigo
  • Estación de Vigo-Urzáiz
  • Estación de Vigo-Guixar
  • Estación de autobuses, dende a que saen regularmente liñas con toda Galicia, España, Portugal e numerosos países europeos.

Cidades irmandadas

Vigo na cultura popular galega

  • Vexo Vigo, vexo Cangas,/ tamén vexo Redondela;/ vexo a ponte de Sampaio,/ camiño da miña terra.
  • Para peixe fresco Vigo,/ para chocos, Redondela/para camaróns Moaña/para marisco Cedeira.
  • Ondas do mar de Vigo/ se vistes meu amigo?/ E ai Deus!, se verra cedo?

Curiosidades

  • En 1997 Vigo foi considerada a segunda cidade máis ruidosa de Europa despois de Moscova.[30]
  • No centro de Londres existe unha rúa dedicada á cidade (Vigo Street) e que conmemora a Batalla de Rande.
  • O Faro de Vigo, xornal publicado na cidade e na súa área metropolitana, foi publicado por vez primeira o 3 de novembro de 1853, sendo o diario decano (máis antigo) da prensa galega e española.
  • Vigo é a cidade non capital de provincia máis grande de España.
  • A praia de Rodas nas Illas Cíes, foi elixida polo xornal británico The Guardian como "a praia máis fermosa do mundo"[31].
  • As Illas Cíes, na división eclesiástica de Galicia, pertencen á Arquidiocese de Santiago de Compostela, concretamente á parroquia de Cangas, que ten como nome completo Parroquia de Santiago de Cangas e das Illas Cíes.
  • Vigo é a cidade europea que máis medrou en poboación no século XX. Pasou de 30.000 habitantes a 300.000 en cen anos[32]

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Vigo.

Parroquias

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Vigo

Alcabre (Santa Baia) | Beade (Santo Estevo) | Bembrive (Santiago) | Bouzas (San Miguel) | Cabral (Santa Mariña) | Candeán (San Cristovo) | Castrelos (Santa María) | Cíes | Coia (San Martiño) | Santo André de Comesaña (Santo André) | Coruxo (San Salvador) | A Florida (Santo Antonio) | Freixeiro (San Tomé) | Lavadores (Santa Cristina) | Matamá (San Pedro) | Navia (San Paio) | Oia (San Miguel) | Saiáns (San Xurxo) | San Paio (San Paio de Fóra) | Sárdoma (San Pedro) | Teis (San Salvador) | Valadares (Santo André) | Vigo | Zamáns (San Mamede)

Lugares de Vigo

Artigo principal: Lugares de Vigo.

Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Instituto Nacional de Estadística, ed. (27 de decembro de 2019). "Cifras oficiales de población resultantes de la revisión del Padrón municipal a 1 de enero". Consultado o 2 de xuño de 2020. (en castelán).
  3. 3,0 3,1 Instituto Galego de Estatística. (2023) "Vigo".Información municipal. Sociedade e poboación. Xunta de Galicia.
  4. Nomenclátor de Galicia. Busca directa. Xunta de Galicia
  5. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Arquivado dende o orixinal o 5 de decembro de 2019. Consultado o 14 de outubro de 2014. Fonte: IGE. Datos dispoñibles nas Táboas Dinámicas de Google 
  6. Vigo, cidade olívica.
  7. http://www.ige.eu
  8. Eleccións municipais de 2007
  9. Eleccións municipais de 2011
  10. "Alteraciones de los municipios en los Censos de Población desde 1842". Instituto Nacional de Estadística (INE) España. Consultado o 5 de xaneiro de 2012. 
  11. Poboación segundo nacionalidade e sexo
  12. Datos sacados de [1]; pola contra, [2] dálle unha altura de 80 metros.
  13. Factoría viguesa
  14. No primeiro trimestre de 2008, entraron 15.296 toneladas de peixe fresco, mentres que no seguinte en importancia, o da Coruña, foron 6.987 toneladas, e o terceiro, Cádiz, 4.071 toneladas (La Voz de Galicia, 28.05.2008).
  15. http://asuservicio.galeon.com/empresas.htm
  16. http://www.xornalgalicia.es/index.php?name=News&file=article&sid=7363 Vigo primeiro porto do mundo en recursos pesqueiros.
  17. Páxina web do Porto de Vigo
  18. http://estadisticas.aena.es/csee/ccurl/Anyo%202006.pdf
  19. Universidade de Alacant, ed. (27-12-1993). "Listaxe de universidades españolas que ofrecen a licenciatura de "Ciencias do mar"". Consultado o 08-08-2009. 
  20. Montes, parques e xardíns: A Alameda
  21. Lei 15/2002, de 1 de xullo, pola que se declara o Parque Nacional marítimo-terrestre das Illas Atlánticas de Galicia (BOE nº 157, de 2.07.2002).
  22. Edificio Mülder, Patrimonio.org.
  23. "Las salinas de Rosalía, un nuevo museo", en Atlántico Diario, xoves 29 de novembro de 2007
  24. Exposición “Vigo, a cidade retratada” - Centro de Arte Fotográfica (CAFVI)
  25. The Guardian, ed. (16-02-2007). "Top 10 beaches of the world". Consultado o 03-09-2007. 
  26. Parque do Castro en Turgalicia
  27. El Feroso da su adiós a las armas artigo no xornal La Voz de Galicia (en castelán)
  28. Figueiras, F.G., Labarta, U. e Fernández, M.J. (2002); Coastal upwelling, primary production and mussel growth in the Rías Baixas of Galicia Hydrobiologia, 484, páxs. 121-131
  29. 29,0 29,1 Os irmanamentos dos concellos en Galicia (IGADI).
  30. Vigo pasou a ser unha das cidades con máis conciencia sobre a contaminación acústica
  31. The Guardian, ed. (16-02-2007). "Top 10 beaches of the world". Consultado o 03-09-2007. 
  32. La ciudad europea que más creció en el siglo XX (en castelán)

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas