Castro Caldelas: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m Eleccións municipais.
táboa de poboación da wikipedia en ukraíno
Liña 59: Liña 59:
Ten 16 parroquias e 86 entidades de poboación, e forma parte da [[Ribeira Sacra]]. Está situado no derrame setentrional do gran nó orográfico formado polas serras de [[Serra de San Mamede|San Mamede]] e [[Serra de Queixa|Queixa]] no [[Macizo ourensán|macizo Central Ourensán]].
Ten 16 parroquias e 86 entidades de poboación, e forma parte da [[Ribeira Sacra]]. Está situado no derrame setentrional do gran nó orográfico formado polas serras de [[Serra de San Mamede|San Mamede]] e [[Serra de Queixa|Queixa]] no [[Macizo ourensán|macizo Central Ourensán]].


==Demografía==
{| {{Táboabonita}}
{| {{Táboabonita}}
|-----
|-----
Liña 73: Liña 74:
| 537 (39,02 %)
| 537 (39,02 %)
|}
|}

<timeline>
Colors=
id:lightgrey value:gray(0.8)
id:darkgrey value:gray(0.6)
id:bar value:rgb(1,0.75,0.4)

ImageSize = width:500 height:300
PlotArea = left:50 bottom:20 top:20 right:30
DateFormat = x.y
Period = from:0 till:6000
TimeAxis = orientation:vertical
AlignBars = justify
ScaleMajor = gridcolor:darkgrey increment:1000 start:0
ScaleMinor = gridcolor:lightgrey increment:200 start:0
BackgroundColors = canvas:white

PlotData=
color:bar width:20 align:left
bar:1900 from:0 till:5441
bar:1910 from:0 till:5311
bar:1920 from:0 till:5670
bar:1930 from:0 till:4934
bar:1940 from:0 till:4784
bar:1950 from:0 till:4330
bar:1960 from:0 till:4248
bar:1970 from:0 till:4085
bar:1981 from:0 till:3316
bar:1991 from:0 till:1946
bar:2001 from:0 till:1909
bar:2009 from:0 till:1594
bar:2014 from:0 till:1376

PlotData=
bar:1900 at: 5441 fontsize:S text:5.441 shift:(-10,5)
bar:1910 at: 5311 fontsize:S text:5.311 shift:(-10,5)
bar:1920 at: 5670 fontsize:S text:5.670 shift:(-10,5)
bar:1930 at: 4934 fontsize:S text:4.934 shift:(-10,5)
bar:1940 at: 4784 fontsize:S text:4.784 shift:(-10,5)
bar:1950 at: 4330 fontsize:S text:4.330 shift:(-10,5)
bar:1960 at: 4248 fontsize:S text:4.248 shift:(-10,5)
bar:1970 at: 4085 fontsize:S text:4.085 shift:(-10,5)
bar:1981 at: 3316 fontsize:S text:3.316 shift:(-10,5)
bar:1991 at: 1946 fontsize:S text:1.946 shift:(-10,5)
bar:2001 at: 1909 fontsize:S text:1.909 shift:(-10,5)
bar:2009 at: 1594 fontsize:S text:1.594 shift:(-10,5)
bar:2014 at: 1376 fontsize:S text:1.376 shift:(-10,5)
</timeline>


{{Hab info|5.441|4.934|4.330|3.430|1.833|1.572|1533|1486|1412|1376}}
{{Hab info|5.441|4.934|4.330|3.430|1.833|1.572|1533|1486|1412|1376}}

Revisión como estaba o 23 de xullo de 2015 ás 21:22


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

Coordenadas: 42°23′0″N 7°26′0″O / 42.38333, -7.43333

Castro Caldelas
Bandeira de Castro Caldelas
Escudo de Castro Caldelas
Casa do Concello
Situación
Xentilicio[1]caldelao
Xeografía
ProvinciaProvincia de Ourense
ComarcaComarca da Terra de Caldelas
Poboación1.376 hab. (2014)[2][3]
Área87,6 km²[3]
Densidade15,71 hab./km²
Entidades de poboación86[4]
Capital do concelloCastro Caldelas
Política (2011)
AlcaldeSara Inés Vega (PSdeG-PSOE)
ConcelleirosBNG: 2
PPdeG: 3
PSdeG-PSOE: 4
Outros: 0
Eleccións municipais en Castro Caldelas
Uso do galego[5] (2011)
Galegofalantes71,18%
Na rede
http://www.castrocaldelas.es
editar datos en Wikidata ]

Castro Caldelas (do latín aquas calidas, 'augas cálidas, termais') é un concello da provincia de Ourense, capital da comarca da Terra de Caldelas. Segundo o padrón municipal en 2014 tiña 1.376 habitantes. O seu xentilicio é «caldelao».

Ten 16 parroquias e 86 entidades de poboación, e forma parte da Ribeira Sacra. Está situado no derrame setentrional do gran nó orográfico formado polas serras de San Mamede e Queixa no macizo Central Ourensán.

Demografía

Censo Total 1.376 (2014)
Menores de 15 anos 80 (5,81 %)
Entre 15 e 64 anos 759 (55,16 %)
Maiores de 65 anos 537 (39,02 %)
Evolución da poboación de Castro Caldelas   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023
5.441 4.934 4.330 3.430 1.833 1.572 1533 1486 1412 1376
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Xeografía

Está situado no derrame setentrional do nó orográfico formado polas serras de San Mamede e Queixa, dentro da área denominada Ribeira Sacra. O río Sil constitúe a fronteira natural coa provincia de Lugo mentres o río Edo, afluente do Sil, baña a metade occidental do municipio. O punto mais elevado é o de Pena da Cruz (1.289 m).

O terreo caracterízase pola alternancia de bosques de carballos e castaños, sobre todo ó norte. As terras adicadas ó cultivo son escasas, abundando os prados. O chan produtivo representa só unha cuarta parte, gracias ó predominio de pendente e solo rochoso.

Historia

Tense constancia arqueolóxica de poboación humana desde a época do megalitismo, debido á existencia de varias mámoas no burgo e na Serra da Mazaira. Desde entón o territorio non deixou de estar ocupado; na idade do bronce unha comunidade gravou varios petróglifos en Veiga de Sas. Da idade do ferro a cultura castrexa deixou os restos da varios poboados: o castro de Paradela, o castriño da Cerca (Serra de Mazaira) e o Outeiro da Torre (San Martiño), todos eles pertencentes á tribo galaica dos tiburos.

A romanización de Galicia iniciouse entre os anos 137 e 19 a.n.e.. Pola zona pasaba a Vía Nova, calzada romana que unía Braga a Astorga, vía XVIII do itinerario de Antonino. Os romanos erixiron varias instalacións para a explotación do ouro. Na aldea de Burgo situaríase a Mansio Praesidium[6] ("Mansión da Fortaleza" en latín) en San Pedro do Burgo, que servía como parada e lugar de aprovisionamento para os viaxeiros. Existen varios restos romanos no arredores: unha placa honorífica ao emperador Nerva no lugar de San Xoán de Camba e outras dúas en honor de Hadriano e Antonio Pío na igrexa de San Pedro do Burgo.

Trala chegada dos suevos no século V (ano 409) e a formación do reino de Galicia, difundiuse o cristianismo por estas terras (a ribeira do Sil énchese de eremitas cristiáns que colonizan os escarpados canóns do Sil. No ano 573 créase o mosteiro de San Pedro de Rocas.

A primeira referencia escrita co nome actual da poboación data da idade media (século IX). Tense constancia da construción de dous mosteiros, o mosteiro de San Xoán de Camba (fundado no 963 por un bispo ourensán, aínda que nas ruínas hai sarcófagos datados no século VII) e o mosteiro de San Paio de Abeleda (1127). A Terra de Caldelas estivo sempre moi vinculada ás veciñas terras de Trives, sendo as dúas pertencentes ó señorío da Casa de Lemos.

Durante o século X a familia Gutier Menéndez dominou as terras de Caldelas grazas ás doazóns dos reis Sancho Ordóñez, Ramiro II e Ossino. No século XII converteuse en vila de reguengo por mor dos foros concedidos en 1172 por Fernando II e en 1228 Alfonso IX, grazas ós cales a vila comeza a vivir un gran esplendor económico e aséntase na zona unha pequena comunidade de xudeus, dos cales ficaron as súas lápidas funerarias.

En 1326 o rei Afonso XI regalouna a Pedro Fernández de Castro, pasando o territorio a pertencer á casa de Lemos. No século XVIII pasaría á casa de Alba. Desta época data o castelo de Castro Caldelas, derrubado durante a gran guerra irmandiña en agosto de 1467, por mor dos grandes abusos ós que eran sometidos os labregos, baixo o mando de Diego de Lemos, logo derrotados pola coalición señorial (a tradición oral di que o mariscal Pero Pardo de Cela estivo atacando na zona ós irmandiños resistentes), polo que os Lemos volveron ao poder, e o señor Rodrigo Enríquez Osorio fixo reconstruír o castelo, mediante a serventía (pola cal os vasalos estaban obrigados a traballar de balde para o señor feudal) e a suba de impostos (pero a veciñanza a través do concello presentou preito contra o conde na Audiencia de Valladolid, resolvéndose o caso en 1534 a favor do pobo).

O dominio da terra de Caldelas pasa no século XVIII da Casa de Lemos á casa de Alba. Moita información histórica perdeuse na guerra da independencia en 1809 o xeneral Marchand incendiou a vila e o seu castelo en represalia dun ataque das guerrillas do lugar.

A situación mudou coa desaparición do antigo réxime e a desamortización eclesiástica, as desvinculacións dos morgados, a desaparición da Monarquía Absolutista e a implantación do Liberalismo.

Festas

Heráldica

Castro Caldelas ten escudo e bandeira de seu. A nova versión, e oficial, do escudo e da bandeira foron aprobados en 2011 no pleno do concello e referendados pola súa publicación pola Xunta de Galicia en xaneiro de 2012.

A bandeira ten tres franxas verticais; "a do batente e hasta de azul, perfiladas de branco ao centro; e a terceira, do dobre de largo, de vermello cun castelo de amarelo, aberto, coa porta superada por un escudo de branco cargado de seis roeis de azul, sobre chamas de vermello perfiladas de amarelo". O castelo representa o castelo de Castro Caldelas e o señorío que sobre ela exerceron os señores de Lemos. As labaradas lembran que en 1810 o xeneral francés Loison lle prendeu lume á vila. A bordura de azul alude á tradicional devoción mariana de Nosa Señora dos Remedios[7].

Deporte

Ten un equipo de fútbol no Grupo 3 da Terceira Autonómica de Galicia, o CD Caldelao.

Galería de imaxes

Parroquias

Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Castro Caldelas

Alais (San Pedro) | O Burgo (San Pedro) | Camba (San Xoán) | Castro Caldelas (San Sebastián) | Folgoso (Santiago) | Mazaira (Santa María) | Paradela (San Vicenzo) | Pedrouzos (San Mamede) | Poboeiros (San Xoán) | San Paio de Abeleda (San Paio) | Santa Tegra de Abeleda (Santa Tegra) | Sas de Penelas (San Fiz) | Trabazos (Santa Olaia) | Tronceda (Santiago) | Vilamaior de Caldelas (Santa María) | Vimieiro (San Xoán)

Lugares de Castro Caldelas

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Castro Caldelas vexa: Lugares de Castro Caldelas.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas