Fabiano Caruana: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 21 de xullo de 2015 ás 18:30

Fabiano Luigi Caruana (30 de xullo de 1992, Miami, Estados Unidos) é un xogador de xadrez italoamericano. Posee o título de Gran Mestre e compite por Italia. Actualmente ocupa o quinto pisto do ranking mundial, aínda que chegou a ocupar o segundo.[1][2][3]

Descrición

Fabiano Caruana naceu en Miami, Estados Unidos, o 30 de xullo de 1992. A súa nai, Santina Caruana, é italiana, polo que Fabiano posúe ámbalas dúas nacionalidades. Cando tiña só cinco anos, o seu talento para o xadrez xa foi visíbel para os organizadores dun torneo en Park Slope, Nova York.

Sendo aínda cativo disputou torneos por todo o mundo, consolidándose coma unha das promesas do xadrez mundial. Así mesmo, viviu en diversos sitios coma Madrid ou Lugano para continuar coa súa formación xadrecística.

Con tan só 14 anos, 11 meses e 20 días obtivo o título de Gran Mestre, convirtíndose no xogador máis novo en obter o título da historia do xadrez estadounidense e italiano.

É o terceiro xogador coa puntuación ELO máis alta da historia (2844), tan só por detrás do actual campión do mundo, Magnus Carlsen, e do excampión Gary Kasparov. [4][5][6]

Enfrentamentos contra algúns Grandes Mestres

Notas

Véxase tamén

Xadrez

Ligazóns externas