Andrés Torres Queiruga: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Liña 106: Liña 106:
[[Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes]]
[[Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes]]
[[Categoría:Enciclopedistas de Galicia]]
[[Categoría:Enciclopedistas de Galicia]]
[[Categoría:Teólogos cristiáns]]

Revisión como estaba o 21 de xullo de 2015 ás 17:45

Andrés Torres Queiruga, nado en Aguiño o 28 de maio de 1940, é un teólogo e escritor galego.

Traxectoria

Realizou estudos de teoloxía no seminario de Santiago de Compostela e na Universidade de Comillas. Licenciado en Filosofía (1962) e Teoloxía (1966). Posteriormente, tras dous anos en Roma, realizou a súa tese sobre Ángel Amor Ruibal, en 1973. É tamén doutor en Filosofía pola Universidade de Santiago de Compostela no 1988, coa tese Noción, religación, trascendencia. O coñecemento de Deus en Amor Ruibal e Xavier Zubiri.

A súa actividade como docente levouno á Universidade de Santiago, onde é profesor de Filosofía da Relixión, Clásicos da Metafísica e Filosofía Alemá na Época da Ilustración na Facultade de Filosofía. Ao mesmo tempo, é profesor de Teoloxía no Instituto Teolóxico Compostelán.

Membro da Real Academia Galega (1980) e do Consello da Cultura Galega, foi ademais un dos fundadores e director da revista de pensamento cristián Encrucillada.

A súa obra divulgou a miúdo posturas discordantes co que postulaba a Igrexa Católica, en particular sobre os conceptos do Espírito Santo e a interacción de Deus sobre a creación. Esta visión discrepante levou a diversas tensións co goberno da Igrexa, e a que en 2012 a Comisión da Doutrina da Fe da Conferencia Episcopal Española o apercibise publicamente por "distorsionar elementos da fe da Igrexa" como "a clara distinción entre o mundo e o creador e a posibilidade de que Deus interveña na historia e no mundo alén das leis que el mesmo estableceu" ou a distinción entre "creación e salvación", así como "a necesidade da graza sobre natural para alcanzar o fin último do home"[1]

Ante esta nota, a Real Academia Galega fixo público un comunicado expresando a súa protesta contra o que cualificaba de "conculcación da liberdade de pensamento" do intelectual galego [2].


Predecesor:
Francisco Fernández Rei
 Vicesecretario da RAG 
2013-
Sucesor:
No cargo

Obra en galego

Ensaio

Estas son as súas principais obras[3]:

  • Teoloxía e sociedade, 1974, SEPT.
  • Recupera-la salvación, 1977, SEPT.
  • Nova aproximación a unha filosofía da saudade, 1981, Real Academia Galega.
  • A revelación como maieútica histórica, 1984.
  • Rolda de ideas, 1984, SEPT.
  • A revelación de Deus na realización do home, 1985, Galaxia. Traducida ao español (1987) e ao italiano (1991[4]).
  • Creo en Deus Pai. O Deus de Xesús e a autonomía humana, 1986, SEPT.
  • Noción, religación, trascendencia. O coñecemento de Deus en Amor Ruibal e Xavier Zubiri, 1990, Fundación Barrié.
  • O inferno a revisión, 1995, Irimia.
  • Recupera-la creación. Por unha relixión humanizadora, 1996, SEPT.
  • Do Terror de Isaac ó Abbá de Xesús, 1999, SEPT.
  • Repensar a resurrección. A diferencia cristiá na continuidade das relixións e da cultura, 2002, SEPT. Traducido ao castelán como Repensar la resurrección, publicado en Trotta, no 2003.
  • Para unha filosofía da saudade, 2003, Fundación Otero Pedrayo.
  • Diálogo das relixións e autocomprensión cristiá, 2005, SEPT.
  • Repensar o mal. Da poneroloxía a teodicea, 2010, Galaxia.
  • Alguén así é o Deus en quen eu creo, 2012, Galaxia.

Obras colectivas

Premios

Obra en castelán

Ensaio

  • Constitución y evolución del dogma: la teoría de Amor Ruibal y su aportación, 1977, Marova, Madrid.
  • Opción por los pobres: La justicia del Dios cristiano, 1988, Editorial S. M.
  • El Dios de Jesús. Aproximación en cuatro metáforas, 1991, Sal Terrae, Santander.
  • La constitución moderna de la razón religiosa. Prolegómenos a una Filosofía de la Religión, 1992, Verbo Divino, Lizarra.
  • El cristianismo en el mundo de hoy, 1992, Sal Terrae.
  • El diálogo de las religiones, 1992, Cuadernos Fe y Secularidad, Madrid.
  • Confesar hoy a Jesús como el Cristo, 1995, Cuadernos Fe y Secularidad, Santander/Madrid.
  • La democracia en la Iglesia, 1995, S. M.
  • Repensar la Cristología. Ensayos hacia un nuevo paradigma, 1996, Verbo Divino.
  • Un Dios para hoy, 1997, Cuadernos Aquí y Ahora, Sal Terrae.
  • El problema de Dios en la Modernidad, 1998, Verbo Divino.
  • Creer de otra manera, 1999, Cuadernos Aquí y Ahora, Sal Terrae.
  • Fin del cristianismo premoderno. Retos hacia un nuevo horizonte, 2000, Sal Terrae.
  • Por el Dios del mundo en el mundo de Dios. Sobre la esencia de la vida religiosa, 2000, Sal Terrae.
  • Esperanza a pesar del mal. La resurrección como horizonte, 2005, Sal Terrae.
  • Filosofía de la religión en Xavier Zubiri, 2005, Tirant lo Blanch, Valencia.
  • Repensar la revelación. La revelación divina en la realización humana, 2008.

Obras colectivas

  • Los gallegos, 1976, Istmo, Madrid.
  • Galicia. Realidade económica e conflicto social, 1978, Banco de Bilbao.
  • 10 Palabras clave en Religión, 1992, Verbo Divino, Estella.

Notas

  1. A Inquisición condena a Torres Queiruga por "distorsionar a fe da Igrexa", artigo de David Lombao para Praza Pública, 31/3/2012.
  2. Comunicado da Academia en apoio de Torres Queiruga (3.04.2012).
  3. As datas de publicación das obras están recollidas de Dolores Vilavedra (coord.), Diccionario da Literatura Galega, Vol I, Vigo, 1995, páx. 579 e da biografía que aparece en Vieiros
  4. Andrés Torres Queiruga: “A gran tarefa é unha Galicia soberana na nova configuración mundial”, El Correo Gallego, 27/9/2010

Véxase tamén

Ligazóns externas