Anís: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
→‎Principios activos: *sustituto>substituto
Etiquetas: edición desde un dispositivo móbil Edición feita a través do sitio móbil
Liña 20: Liña 20:


== Emprego ==
== Emprego ==
A súas sementes empréganse como condimento nas [[panadería]]s e [[repostería]]s, na elaboración de [[licor]]es (anís, anisette) xunto con algúns [[curry|curries]] e pratos de [[marisco]]. Tódalas partes vexetais da planta nova son comestibéis. Os talos teñen unha textura semellante á do [[apio]] e posúen un sabor máis suave cás súas sementes.
A súas sementes empréganse como condimento nas [[panadería]]s e [[repostería]]s, na elaboración de [[licor]]es (anís, anisette) xunto con algúns [[curry|curries]] e pratos de [[marisco]]. Todas as partes vexetais da planta nova son comestibles. Os talos teñen unha textura semellante á do [[apio]] e posúen un sabor máis suave cás súas sementes.


== Principios activos ==
== Principios activos ==

Revisión como estaba o 21 de xullo de 2015 ás 14:59

O anís (Pimpinella anisum), é unha planta da familia das apiáceas orixinaria de Asia e naturalizada en numerosas rexións.

Descrición

Forma matogueiras de máis de 50 cm de altura, con follas pinnadas na base e máis profundamente divididas na parte superior do talo. As pequenas flores brancas son pentapétalas. Os froitos-sementes consisten en dous carpelos unidos, chamados cremocarpos, os cales teñen un forte sabor e arrecendo.

Emprego

A súas sementes empréganse como condimento nas panaderías e reposterías, na elaboración de licores (anís, anisette) xunto con algúns curries e pratos de marisco. Todas as partes vexetais da planta nova son comestibles. Os talos teñen unha textura semellante á do apio e posúen un sabor máis suave cás súas sementes.

Principios activos

A destilación das sementes libera un aceite volátil que se emprega no tratamento de cólicos flatulentos. Como infusión serve para trastornos dixestivos.

O elemento principal do aceite (máis do 90%) é o anetol (C10H12O or C6H4[1.4](OCH3)(CH:CH.CH3.) Tamén contén chavicol metileno, aldehido anísico, ácido anísico e un terpeno.

O anís estrelado obtido do pericarpo en forma de estrela da planta Illicium verum, nativa da China, tamén contén anetol, mais non está emparentado botanicamente co anís, aínda que debido ao seu sabor e aroma semellante, adoita empregarse como un substituto máis barato en panadería e na elaboración de licores.

Ligazóns externas