Castro de Rei: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Cambio o modelo: Referencias
→‎Demografía: táboa de poboación da wikipedia en ukraíno
Liña 70: Liña 70:
=== Demografía ===
=== Demografía ===
Dende o punto de vista demográfico, toda a comarca sufriu as consecuencias da [[emigración]] e do envellecemento demográfico, que tamén deixaron pegadas imborrables nas parroquias montañosas. Non obstante, Castro de Rei non experimentou as oscilacións doutros municipios lucenses no que se refire ás súas flutuacións demográficas. Ao longo de todo o século mantivo a súa poboación en torno aos seis ou sete millares, co cal a súa perda de poboación non foi tan alarmante como ocorreu nos municipios da montaña lucense.
Dende o punto de vista demográfico, toda a comarca sufriu as consecuencias da [[emigración]] e do envellecemento demográfico, que tamén deixaron pegadas imborrables nas parroquias montañosas. Non obstante, Castro de Rei non experimentou as oscilacións doutros municipios lucenses no que se refire ás súas flutuacións demográficas. Ao longo de todo o século mantivo a súa poboación en torno aos seis ou sete millares, co cal a súa perda de poboación non foi tan alarmante como ocorreu nos municipios da montaña lucense.

{{Hab info|7.211|7.123|7.513|6.290|5.856|5.685|5.474|5.422|5.267}}


{| {{Táboabonita}}
{| {{Táboabonita}}
Liña 87: Liña 85:
|align="center"| 1.654 (31.65 %)
|align="center"| 1.654 (31.65 %)
|}
|}
<timeline>
Colors=
id:lightgrey value:gray(0.8)
id:darkgrey value:gray(0.6)
id:bar value:rgb(1,0.75,0.4)

ImageSize = width:500 height:300
PlotArea = left:50 bottom:20 top:20 right:30
DateFormat = x.y
Period = from:0 till:8000
TimeAxis = orientation:vertical
AlignBars = justify
ScaleMajor = gridcolor:darkgrey increment:1000 start:0
ScaleMinor = gridcolor:lightgrey increment:200 start:0
BackgroundColors = canvas:white

PlotData=
color:bar width:20 align:left
bar:1900 from:0 till:7211
bar:1910 from:0 till:7359
bar:1920 from:0 till:6978
bar:1930 from:0 till:7123
bar:1940 from:0 till:7559
bar:1950 from:0 till:7513
bar:1960 from:0 till:7667
bar:1970 from:0 till:6920
bar:1981 from:0 till:6447
bar:1991 from:0 till:5748
bar:2001 from:0 till:5963
bar:2009 from:0 till:5685
bar:2014 from:0 till:5226

PlotData=
bar:1900 at: 7211 fontsize:S text:7.211 shift:(-10,5)
bar:1910 at: 7359 fontsize:S text:7.359 shift:(-10,5)
bar:1920 at: 6978 fontsize:S text:6.978 shift:(-10,5)
bar:1930 at: 7123 fontsize:S text:7.123 shift:(-10,5)
bar:1940 at: 7559 fontsize:S text:7.559 shift:(-10,5)
bar:1950 at: 7513 fontsize:S text:7.513 shift:(-10,5)
bar:1960 at: 7667 fontsize:S text:7.667 shift:(-10,5)
bar:1970 at: 6920 fontsize:S text:6.920 shift:(-10,5)
bar:1981 at: 6447 fontsize:S text:6.447 shift:(-10,5)
bar:1991 at: 5748 fontsize:S text:5.748 shift:(-10,5)
bar:2001 at: 5963 fontsize:S text:5.963 shift:(-10,5)
bar:2009 at: 5685 fontsize:S text:5.685 shift:(-10,5)
bar:2014 at: 5226 fontsize:S text:5.226 shift:(-10,5)
</timeline>
{{Hab info|7.211|7.123|7.513|6.290|5.856|5.685|5.474|5.422|5.267}}


=== Climatoloxía ===
=== Climatoloxía ===

Revisión como estaba o 20 de xullo de 2015 ás 17:59

Coordenadas: 43°12′26.79″N 7°23′55.78″O / 43.2074417, -7.3988278

Castro de Rei
Escudo de Castro de Rei
Casa do Concello e Río Azúmara
Situación
Xentilicio[1]castrexo
Xeografía
ProvinciaProvincia de Lugo
ComarcaComarca da Terra Chá
Poboación5.226 hab. (2014)[2][3]
Área177,0 km²[3]
Densidade29,53 hab./km²
Entidades de poboación25 parroquias[4]
Capital do concelloCastro de Rei
Política (2011)
AlcaldeFrancisco Balado Teijeiro (PPdeG)
ConcelleirosBNG: 1
PPdeG: 8
PSdeG-PSOE: 4
Eleccións municipais en Castro de Rei
Uso do galego[5] (2011)
Galegofalantes74,51%
Na rede
http://www.castroderei.com
editar datos en Wikidata ]

Castro de Rei é un concello da provincia de Lugo, pertence á comarca da Terra Chá. Segundo o IGE en 2014 tiña 5.226 habitantes (5.685 no 2009, 5.785 no 2006, 5.779 no 2005, 5.856 no 2004, 5.902 no 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «castrexo».

Xeografía

Castro de Rei está situado na comarca da Terra Chá. A organización funcional do territorio obedece a unha estrutura monocéntrica, con tres focos comarcais: Vilalba, Guitiriz e Castro de Rei. Este factor condiciona a maior parte dos seus trazos socioeconómicos.

A súa altitude media sitúase entre os 400 e os 500 metros, aínda que na zona oriental o relevo volvese máis accidentado debido á súa proximidade ás serras do leste, con elevacións coma os Montes dos Millares (con 620 metros) e Pedras Albas (con 619 metros). Os montes da zona son Os Arroxos (493 m), O Condado (457 m), Aguceira (449 m), Abroiti (478 m) e Pedras Albas (616 m).

Regan as súas terras o Miño e varios dos seus afluentes. O Miño atravesa o concello e ata el derivan o resto dos colectores secundarios como son o Azúmara, o Lea e o Anllo.

Demografía

Dende o punto de vista demográfico, toda a comarca sufriu as consecuencias da emigración e do envellecemento demográfico, que tamén deixaron pegadas imborrables nas parroquias montañosas. Non obstante, Castro de Rei non experimentou as oscilacións doutros municipios lucenses no que se refire ás súas flutuacións demográficas. Ao longo de todo o século mantivo a súa poboación en torno aos seis ou sete millares, co cal a súa perda de poboación non foi tan alarmante como ocorreu nos municipios da montaña lucense.

Censo total 2014 5.226 habitantes
Menores de 15 anos 444 (8.5 %)
Entre 15 e 64 anos 3.128 (59.85 %)
Maiores de 65 anos 1.654 (31.65 %)
Evolución da poboación de Castro de Rei   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023
7.211 7.123 7.513 6.290 5.856 5.685 5.474 5.422 5.267
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Climatoloxía

Castro de Rei presenta un clima temperado, con abundantes precipitacións nos meses do inverno. Dende o punto de vista paisaxístico, se algo caracteriza a toda a comarca son as súas planicies e os seus extensos humedais, morada de aves acuáticas e de grandes comunidades de anfibios. Asociada a estes humedais aparece unha paisaxe en mosaico, de gran riqueza ecolóxica, con amplitude de cores e variedade de hábitats: pradeiras, cultivos, bosques, uceiras e xunqueiras.

Patrimonio histórico e artístico

Na parroquia de Ansemar hai megálitos e unha posible villa de época romana coñecida como Vila de Arcas.

Na parroquia da Azúmara está o Castro da Azúmara.

Na parroquia de Castro de Rei están o castro de Castro de Rei, no lugar que hoxe ocupa a a capital do concello, e máis o castelo de Castro de Rei, se ben do antigo castelo só se conserva a torre da homenaxe, obra da segunda metade do século XIV.

Na parroquia de Duancos hai conxuntos de túmulos megalíticos.

Na parroquia de Duarría está o castro de Duarría.

Na parroquia de Loentia hai conxuntos de túmulos megalíticos e o castro de Loentia.

Na parroquia de Ribeiras de Lea hai varios megálitos.

Na parroquia de Santa Locaia hai unha necrópole megalítica e o castro da Escrita de Santa Locaia.

Na parroquia de Viladonga están o Castrelo de Viladonga e mais o castro de Viladonga, exemplo de castro de ocupación tardía, e que conta cun Museo monográfico no que se expoñen pezas da cultura castrexa atopadas no sitio arqueolóxico.

Galería de imaxes

Lugares de Castro de Rei

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Castro de Rei vexa: Lugares de Castro de Rei.

Parroquias

Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Instituto Nacional de Estadística, ed. (27 de decembro de 2019). "Cifras oficiales de población resultantes de la revisión del Padrón municipal a 1 de enero". Consultado o 2 de xuño de 2020. (en castelán).
  3. 3,0 3,1 Instituto Galego de Estatística. (2023) "Castro de Rei".Información municipal. Sociedade e poboación. Xunta de Galicia.
  4. Nomenclátor de Galicia. Busca directa. Xunta de Galicia
  5. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Arquivado dende o orixinal o 5 de decembro de 2019. Consultado o 14 de outubro de 2014. Fonte: IGE. Datos dispoñibles nas Táboas Dinámicas de Google 

Véxase tamén


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.