Provincia de Buxoro: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m Usbequistán -> Uzbequistán; cambios estética
m Usbequistán -> Uzbequistán
Liña 41: Liña 41:
|}
|}


A '''provincia de Bukhara''', '''provincia de Buxara''' ou '''provincia de Buxoro''' (en [[lingua usbeca|usbeco]] Бухоро вилояти, ''Buxoro viloyati'') é unha división administrativa (''[[viloyati]]'') de [[Uzbequistán]], que se atopa no suroeste do territorio usbeko, con capital na cidade de [[Bukhara]].
A '''provincia de Bukhara''', '''provincia de Buxara''' ou '''provincia de Buxoro''' (en [[lingua usbeca|uzbeco]] Бухоро вилояти, ''Buxoro viloyati'') é unha división administrativa (''[[viloyati]]'') de [[Uzbequistán]], que se atopa no suroeste do territorio usbeko, con capital na cidade de [[Bukhara]].


== Xeografía ==
== Xeografía ==
Liña 49: Liña 49:


== Demografía ==
== Demografía ==
A poboación da provincia de Bukhara é de 1.534.900 habitantes, dos cales o 68% vive en áreas rurais, e o 32% en áreas urbanas. Na provincia conviven usbecos e [[Taxiquistán|taxicos]], sendo estes últimos maioría na poboación. A convivencia de ambos grupos étnicos na provincia foi pacífica, en contraste co [[Val de Fergana]], onde se rexistraron conflitos étnicos e sociais. As comunidades, que adoitan ser na súa maioría mixtas, saben ser bilingües, fálase tanto o [[lingua persa|persa]] como o [[lingua usbeca|usbeco]], e incluso é fenómeno común a [[mestizaxe]]. Ambos grupos exhiben unha cultura en común e unha organización económica similar. É común a expresión na provincia de "un pobo con dous idiomas".
A poboación da provincia de Bukhara é de 1.534.900 habitantes, dos cales o 68% vive en áreas rurais, e o 32% en áreas urbanas. Na provincia conviven uzbecos e [[Taxiquistán|taxicos]], sendo estes últimos maioría na poboación. A convivencia de ambos grupos étnicos na provincia foi pacífica, en contraste co [[Val de Fergana]], onde se rexistraron conflitos étnicos e sociais. As comunidades, que adoitan ser na súa maioría mixtas, saben ser bilingües, fálase tanto o [[lingua persa|persa]] como o [[lingua usbeca|uzbeco]], e incluso é fenómeno común a [[mestizaxe]]. Ambos grupos exhiben unha cultura en común e unha organización económica similar. É común a expresión na provincia de "un pobo con dous idiomas".


== Economía ==
== Economía ==

Revisión como estaba o 20 de xullo de 2015 ás 17:30

Coordenadas: 40°10′N 63°40′L / 40.167, -63.667

Provincia de Bukhara
Buxoro viloyati
Бухоро вилояти
Capital: Bukhara
Superficie: 39.400 km²
Poboación:  
 - Total 1.384.700 (2005)
 - Densidade: 35,14 hab./km²;
Gobernador: Samoydin Husenov
Fuso horario: GMT+5
Xentilicio:
ISO 3166-2: UZ-BU
Sitio Web: www.bukhara.gov.uz
Mapa
Provincia de Buxara no Uzbequistán
Provincia de Buxara no Uzbequistán

A provincia de Bukhara, provincia de Buxara ou provincia de Buxoro (en uzbeco Бухоро вилояти, Buxoro viloyati) é unha división administrativa (viloyati) de Uzbequistán, que se atopa no suroeste do territorio usbeko, con capital na cidade de Bukhara.

Xeografía

A provincia de Bukhara cobre unha superficie de 39.400 km², e atópase no suroeste de Uzbequistán. Fai fronteira con Turkmenistán polo suroeste, así como coa provincia de Navoi polo leste, Jizzakh polo sueste, Corasmia polo noroeste e a República de Karakalpakia polo noroeste. O deserto de Kyzyl Kum ocupa gran parte do seu territorio.

O territorio da provincia é rico en depósitos de gas natural e petróleo. Do seu solo extráese ademais grafito, mármore, granito, xeso, xofre, cal, así como outros materiais usados para a manufactura de materiais de construción.

Demografía

A poboación da provincia de Bukhara é de 1.534.900 habitantes, dos cales o 68% vive en áreas rurais, e o 32% en áreas urbanas. Na provincia conviven uzbecos e taxicos, sendo estes últimos maioría na poboación. A convivencia de ambos grupos étnicos na provincia foi pacífica, en contraste co Val de Fergana, onde se rexistraron conflitos étnicos e sociais. As comunidades, que adoitan ser na súa maioría mixtas, saben ser bilingües, fálase tanto o persa como o uzbeco, e incluso é fenómeno común a mestizaxe. Ambos grupos exhiben unha cultura en común e unha organización económica similar. É común a expresión na provincia de "un pobo con dous idiomas".

Economía

A industria enerxética é de fundamental importancia na economía da provincia. Existen importantes depósitos petrolíferos como os de Kandim, Okkum e Parsonkul, dos cales se calculan 10 millóns de toneladas de reservas de petróleo e 220 mil millóns de metros cúbicos de gas natural.

Outra industria importante é a do téxtil, a cal xira arredor do algodón e a seda. Tamén a provincia se caracteriza pola produción de artesanías tradicionais usbecas, das cales destacan os cerámicos e o bordados con ouro.

A produción agrícola baséase no algodón e o trigo, mentres que a gandaría se centra no gando ovino de Astrakhán e na crianza do verme da seda. Modelo:Provincias de Uzbequistán