Conversa usuario:Elisardojm: Diferenzas entre revisións

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
Nova sección: →‎modelo concello
Liña 1.914: Liña 1.914:


Graciñas mil! --[[Usuario:Estevoaei|Estevo(aei)]]<sup>[[Conversa usuario:Estevoaei|pa o que queiras...]]</sup> 16 de xullo de 2015 ás 23:35 (UTC)
Graciñas mil! --[[Usuario:Estevoaei|Estevo(aei)]]<sup>[[Conversa usuario:Estevoaei|pa o que queiras...]]</sup> 16 de xullo de 2015 ás 23:35 (UTC)

== modelo concello ==

vexo que ves de semiprotexer o modelo concello. Na páxina de conversa do modelo con data '''maio de 2014''' (vai máis dun ano) advetiuse dun erro no código. O formato para o nome do concello en letra tamaño grande non ía. Ninguén o solucionou dende entón e por eso se fixo o troco agora. Pasou de tamaño estandar 125%, que non lucía o nome do concello a un tamaño 150%, son modificacións visuais e como tal cada quen ten a súa opinión. Pero penso que é importante que se vexa máis o nome do concello. https://gl.wikipedia.org/wiki/Conversa_modelo:Concello [[Especial:Contribucións/200.192.248.74|200.192.248.74]] 19 de xullo de 2015 ás 20:22 (UTC)

Revisión como estaba o 19 de xullo de 2015 ás 20:22

Benvido á Galipedia Elisardojm. Grazas por colaborar connosco. Non dubides en contactar comigo para calquera cousa que desexes: estou á túa disposición.

A continuación inclúo o texto que di como está organizado o proxecto Galipedia. Este proxecto ademais da Galipedia inclúe

  • Wikisource para textos orixinais,
  • o Galizionario para entradas de dicionario,
  • Galicitas para citas textuais e
  • Galilibros para a publicación de libros.
  • Tamén hai unha extensión da comunidade galega en Commons —un reservatario de imaxes común a todos wikis—.

Podes establecer contacto cos outros usuarios nas diversas seccións da Taberna ou nas súas páxinas de discusión. Tes información sobre o funcionamento da wikipedia en galego en Wikipedia:Axuda, Wikipedia:Política e normas e no Portal da comunidade. Para calquera cousa que nos necesites aí nós tes --Lmbuga Commons - Galipedia 16:14, 9 novembro 2006 (UTC)

250k

Pois xa me contarás en que consiste. Saúdos --Sobreira (parlez) 02:50, 10 novembro 2006 (UTC)

Outra benvida

Benvido á Galipedia Elisardojm. Grazas por unirte a este proxecto e por colaborar connosco na mellora do wiki. Se tes algunha suxerencia sobre o wiki, as páxinas de axuda ou todo aquilo que penses que pode mellorar a Galipedia para nós sería de moita axuda coñecela. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 11:33, 13 novembro 2006 (UTC)

Arquivo de conversas vellas:

Outra imaxe OTRS

Feliz ano! Quería pedirche que se tes un momento revisaras unha imaxe con licenza OTRS na páxina sangue, que estou a ampliar, chamada File:Blausen 0425 Formed Elements gl.png. A licenza OTRS xa lla puxen eu seguindo o mesmo que se fixera nalquela outra imaxe anterior das células musculares cardíacas. Creo que o fixen igual e está ben, pero volveu a saír a mensaxe de que a imaxe sería marcada para revisión se non se pedía a licencia OTRS dun modo especial, así que non sei se estará todo perfecto. Grazas.-Miguelferig (conversa) 2 de xaneiro de 2015 ás 13:07 (UTC)[responder]

Grazas. Xa lle quitei a licencia OTRS. Agora está sen nada; só ten o recoñecemento do autor e as licencias normais de Commons. A ver se así está ben.--Miguelferig (conversa) 2 de xaneiro de 2015 ás 17:52 (UTC)[responder]

The Signpost: 31 December 2014

News, reports and features from the English Wikipedia's weekly journal about Wikipedia and Wikimedia
Read this Signpost in full · Single-page · Unsubscribe · Global message delivery 2 de xaneiro de 2015 ás 22:10 (UTC)

Re:

Hi, it's just the appearance. It might be confusing to some because even screenshots in the guides will be different, and it might take a while for them to be updated. Personally, I don't think it's a huge deal, but a colleague of mine recommended that I stressed this, and so I did it :) Best, --Elitre (WMF) (conversa) 7 de xaneiro de 2015 ás 07:47 (UTC)[responder]

Avisos

Boas Elisardo!! Ata cando vai estar posto o aviso do editor visual? Estaba pensando en propoñer algún artigo para calidade e era para saber un pouco canto tempo vai estar posto, cando se vai poñer de novo... Moitas grazas por todo!! Piquito (conversa) 8 de xaneiro de 2015 ás 00:46 (UTC)[responder]

Vale, graciñas! Non creo que sexa necesario poñer un anuncio de artigo de calidade, ao final creo que o éxito das votacións depende máis de que o artigo interese que de que se poña o anuncio, esperarei a ver se podo rematar algún artigo que poda interesar á comunidade para propoñelo en lugar de propoñer algún que xa propuxera e que non chegara a 5 votos. Unha aperta!!! Piquito (conversa) 8 de xaneiro de 2015 ás 01:01 (UTC)[responder]

Dúbida lingüistica

Boas Elisardojm, teño unha dúbida sobre como se dí *medianoche en galego. É un pouco parva, pero se poño medianoite o corrector márcama como un erro. E no DRAG non ven. Un saúdo e perdoa que te moleste por isto. --AMPERIO (conversa) 8 de xaneiro de 2015 ás 10:45 (UTC)[responder]

Wikirreto

  Ola Elisardojm. Lánzoche un Wikirreto --~~~~

--AMPERIO (conversa) 9 de xaneiro de 2015 ás 11:04 (UTC)[responder]

Por certo, imos facer este ano tamén a malla? Estaría ben xa que o ano pasado fixemos un traballo bastante aceptable.--AMPERIO (conversa) 9 de xaneiro de 2015 ás 11:04 (UTC)[responder]

The Signpost: 07 January 2015

News, reports and features from the English Wikipedia's weekly journal about Wikipedia and Wikimedia
Read this Signpost in full · Single-page · Unsubscribe · Global message delivery 9 de xaneiro de 2015 ás 20:38 (UTC)

Gráficos

Para que un gráfico teña utilidade ten que ter información gráfica, e para iso ten que ter unhas proporcións, as barras teñen que ir de ano en ano, ou cada cinco anos, ou cada dez anos ou o que sexa, non pode ser que entre a primeira barra e a segunda vaian 30 anos, entre a segunda e a terceira 5, entre a terceira e a cuarta 1, despois 2... e tódalas barras estean separadas pola mesma distancia, ofrecendo unha información gráfica falsa. Senón, é mellor presentar os datos nunha táboa numérica simple, sen máis.

Xa se falou en: Wikipedia:A Taberna (propostas)/Arquivo 26#Gráficos de evolución da poboación.

Todos eses gráficos son obra dun só usuario (Nemigo), que edita dente unha dirección IP variable, e a quen xa lle tentei explicar o problema en varias ocasións Conversa usuario:213.181.73.145, Conversa usuario:213.0.89.55, ...

Algunhas veces, poucas, os intervalos faltantes son poucos e pódese amañar intercalando columnas en branco, sen datos, como aquí. Porén, mesmo neste caso, o usuario desfixo posteriormente a modificación, volvendo á súa versión.

Con todo, podes consultarlle deste tema a Usuario:Xosé Antonio, Licenciado en Ciencias Matemáticas, especialidade de Estatística e Investigación Operativa, pola Universidade de Santiago. --. HombreDHojalata.conversa 12 de xaneiro de 2015 ás 11:07 (UTC)[responder]

Aviso votación

Boas, non sei se o viste pero creei unha votación para elixir artigo de calidade Revolución de Outubro. Non sei se podería engadir un pequeno aviso no banner que creaches ou é moito lío. Se cadra, como o banner actual é so para este mes cando o retires poderías anunciar que está aberta a votación ate o 8 de febreiro. Saúdos! --AMPERIO (conversa) 12 de xaneiro de 2015 ás 14:35 (UTC)[responder]

crónicas

Ola, Elisardo!

Quería propoñerche que fixeses unhas crónicas desenfadadas dos últimos eventos relacionados coa Galipedia, para actualizar o Xornal da Galipedia. Que che parece? Máis que nada para saber ben como foron os encontros, pero sen caer en moitos tecnicismos.

Unha aperta! --Estevo(aei)pa o que queiras... 14 de xaneiro de 2015 ás 15:00 (UTC)[responder]

Ola, Elisardo! Si, referíame ao Editatlón, e en xeral aos eventos relacionados coa difusión da Galipedia entre xente non iniciada. Saúdos! --Estevo(aei)pa o que queiras... 16 de xaneiro de 2015 ás 04:08 (UTC)[responder]
Ola! Pois non che sei; mañá miro con calma e se atopo solución coméntoche, si?
Mil grazas!! --Estevo(aei)pa o que queiras... 19 de xaneiro de 2015 ás 00:34 (UTC)[responder]

Estatísticas

Boas Elisardojm, estiben falando con -jem- sobre a táboa Wikipedia:Estatísticas/Lista de usuarios por número de edicións que actualiza o seu bot a diario. O caso é que nesa táboa só deberían aparecer os usuarios non os bots, que xa teñen a súa propia versión da táboa na que aparecen eles mesturados cos usuarios. Díxome que o que podíamos facer é importar a súa es:Plantilla:Controlador e indicar nela os bots que temos para que así jembot sexa capaz de distinguilos. Non sei se te parece útil que a copie aquí na galipedia. Saúdos! --AMPERIO (conversa) 15 de xaneiro de 2015 ás 11:42 (UTC)[responder]

Non te preocupes, parece que funciona o modelo.--AMPERIO (conversa) 16 de xaneiro de 2015 ás 09:24 (UTC)[responder]
Por certo, respondín na conversa de Generalitat por se queres comentar algo.--AMPERIO (conversa) 16 de xaneiro de 2015 ás 09:26 (UTC)[responder]

Uso do Editor visual

Filed a request here. Good luck, --Elitre (WMF) (conversa) 15 de xaneiro de 2015 ás 18:30 (UTC)[responder]

Conta Global

Grazas. Xa contestei a DerHexer co texto que mandaches. A ver que pasa agora. Grazas, Pedro --Lameiro (conversa) 16 de xaneiro de 2015 ás 00:29 (UTC)[responder]

  • Non me parece que isto avance. Fun a esa Special:MergeAccount que me dis, insiro o meu contrasinal e dime que todo correcto para gl, es, ca e fr, pero non para Commons, en e pt. Que o máis probable é que alí teña outro contrasinal e que o insira en cada caso, pero non podo porque o que cambia nestes 3 casos é o nome de usuario (P.Lameiro nas tres), e o contrasinal é sempre o mesmo. Total, que di que "Non se puido confirmar que estas contas de Lameiro lle pertenzan" (estas tres) e de aí non sae. ¿Cales son os pasos a seguir agora? Pedro --Lameiro (conversa) 16 de xaneiro de 2015 ás 17:07 (UTC)[responder]
    • ben, ben. Entón esperaremos a ver que pasa. Entendo, xa que logo, que se me adxudicarán as contas Lameiro en Commons, en e pt (se o brasileiro non protesta, claro), pero que sospeitas que logo o meu P.Lameiro neses proxectos desaparecerá. O que puidera ter feito en pt e en.wiki é irrelevante, pero daríame pena que desapareza o meu historial en Commons, despois de milleiros de fotos subidas (bueno, quizais milleiros non pero máis de mil seguro) e agora que son "autopatrolled". Xa veremos. Mantereite informado se me din algo. Saúdos e grazas. Pedro --Lameiro (conversa) 17 de xaneiro de 2015 ás 12:08 (UTC)[responder]

The Signpost: 14 January 2015

News, reports and features from the English Wikipedia's weekly journal about Wikipedia and Wikimedia
Read this Signpost in full · Single-page · Unsubscribe · Global message delivery 16 de xaneiro de 2015 ás 19:26 (UTC)

Código sobrante

Ola Eli.

Olla abaixo, en calquera artigo, onde pon: A última modificación desta páxina foi o XX de xxxxxxx de 2015 ás XX:XX.<br />

Aí hai un <br /> que sobra.

Con quen se pode falar para que amañe iso? --. HombreDHojalata.conversa 17 de xaneiro de 2015 ás 17:28 (UTC)[responder]

Re:movementos

Xa fixen o movemento de Junta a Xunta de Andalucía.--AMPERIO (conversa) 19 de xaneiro de 2015 ás 16:11 (UTC)[responder]

Mira o artigo Xunta de Goberno a ver se lle podes meter man ti, que eu non sei como facer, xa que ten moitos nomes sen traducir. --AMPERIO (conversa) 19 de xaneiro de 2015 ás 16:29 (UTC)[responder]

Cursivas nos títulos

Boas Elisardojm! Mudei o título do artigo da cantata Wachet auf, ruft uns die Stimme de Bach para Wachet auf, ruft uns die Stimme, BWV 140, mais ao poñer o {{título en cursiva}} pon todo en cursiva. Explícome: o que quero que apareza é Wachet auf, ruft uns die Stimme, BWV 140, mais o que aparece é Wachet auf, ruft uns die Stimme, BWV 140. Como fago para que o número do catálogo non apareza en cursiva? Piquito (conversa) 20 de xaneiro de 2015 ás 23:02 (UTC)[responder]

Grazas! Pregunteille a HombreDHojalata a ver se el sabe. Unha aperta! Piquito (conversa) 21 de xaneiro de 2015 ás 09:48 (UTC)[responder]

The Signpost: 21 January 2015

News, reports and features from the English Wikipedia's weekly journal about Wikipedia and Wikimedia
Read this Signpost in full · Single-page · Unsubscribe · Global message delivery 22 de xaneiro de 2015 ás 10:13 (UTC)

Wikipedia:Imaxe da semana/Propostas/Ficheiro:Elliðaey (Breiðafjörður) Iceland M74A1908.jpg

Deixei un comentario en Wikipedia:Imaxe da semana/Propostas/Ficheiro:Elliðaey (Breiðafjörður) Iceland M74A1908.jpg a ver que te parece. --AMPERIO (conversa) 22 de xaneiro de 2015 ás 16:14 (UTC)[responder]

Hi Elisardojm, can you add please a "galego" translation to the image please. It will be very friendly. --Alchemist-hp (conversa) 25 de xaneiro de 2015 ás 21:49 (UTC)[responder]

Edicións

Ola Elisardojm, o usuario:Alchemist-hp‎ xa chegou as 150 edicións, non sei se poderíanse restaurar os seus votos ou tería que votar de novo ao non seren válidos os votos cando os emitiu?--AMPERIO (conversa) 24 de xaneiro de 2015 ás 19:38 (UTC)[responder]

26 de xaneiro de 2015 ás 16:08 (UTC)

Yacht Zapata

If you are going to use my photos the rules of use regarding providing the photographer credit apply regardless of what project you use it on. You want to be a jerk and keep me from voting that is fine. Do not use my work unless you provide the credit for the license that is attached to each file I contribute. Ciao. --WPPilot (conversa) 27 de xaneiro de 2015 ás 02:49 (UTC)[responder]

Consulta sobre un procedemento

Boas Elisardojm! En varios artigos que creei puxen na sección de notas dous apartados: un para notas aclaratorias, e outro para referencias (podes ver un exemplo en Boston Bruins, por exemplo) O caso é que en varios casos se eliminou o grupo de notas para que todo quedara como referencias (que eu lembre agora foi nos artigos Claudio Abbado, hai uns días en Le Sacre du printemps), algo co cal eu non concordo, xa que creo que hai que diferenciar unha nota aclaratorioa dunha referencia bibliográfica, na rede... Dado que a unificación de todas as notas en referencias está marcada polo libro de estilo, quería propoñer que este contemplara a posibilidade de separar entre notas e referencias como no exemplo que te puxen arriba, a pregunta é: que procedemento teño que seguir? Propoñelo ta taberna? Abrir unha votación? Se os cauces son abrir unha votación: como e onde teño que abrila? Co que quero propoñer non pretendo cambiar todo e que agora haxa que revisar os case 120.000 artigos, simplemente que se atenda nese caso tamén ao criterio do primeiro editor, xa que se eu (ou calquera outro editor) considero que é unha nota que poda interesar ao lector paréceme normal que apareza dun xeito distinto os das citas bibliográficas. Moitas grazas!! Piquito (conversa) 27 de xaneiro de 2015 ás 18:03 (UTC)[responder]

Amparo Baró

Ola, Elisardo! Como vai?

A nota de prensa de EFE que puxeches como referencia para a orte de Amparo Baró é incompleta. Di que morreu no madrileño hospital de Puerta de Hierro, pero este centro de saúde está en Majadahonda. Por poñer un exemplo: é como se alguén morre no aeroporto de Alvedro e poñen que morre na Coruña; morrer, morre en Culleredo.

Un saúdo!! --Estevo(aei)pa o que queiras... 29 de xaneiro de 2015 ás 14:34 (UTC)[responder]

De nada

Hacemos lo que podemos, dentro de las limitaciones idiomáticas :-)

A tu disposición. Un abrazo --Discasto (conversa) 29 de xaneiro de 2015 ás 21:59 (UTC)[responder]

The Signpost: 28 January 2015

2 de febreiro de 2015 ás 16:31 (UTC)

Editaton «aberto» en Vigo

Como norma xeral, todas as actividades de GALPon son «abertas e de balde», polo que poderá asistir quen queira, sen restricións de ningún tipo. Agás os casos en que teñamos un espazo limitado (normalmente dispoñemos de 24 prazas) nos que seguimos unha rigorosa orde de inscrición para a asignación de prazas. --Mbouzada (conversa) 22 de decembro de 2014 ás 10:10 (UTC)[responder]

Sobre o sitio onde imos facela... en principio contamos coa Residencia Altamar, que aínda que ten biblioteca, apenas son 4 libros mal escollidos. :-) Estou vendo a posibilidade de facelo todo na Biblioteca da Universidade no «Campus Histórico, (tamén chamado de «Peritos»), xa vos teño ao tanto.
En calquera dos dous casos, os usuarios deberán levar o seu computador. Se é na Residencia xa temos instalados nos uns AP para iso. Se o facemos en Peritos... teño que ver/preguntar como vai o acceso á Internet. --Mbouzada (conversa) 22 de decembro de 2014 ás 10:10 (UTC)[responder]
Si, cadaquén terá que levar o seu computador.
Un AP non é máis que un punto de acceso WiFi (Access Point - artigo que se podería traducir neste editatón :-)).
En calquera dos dous casos teremos acceso á Internet, no caso da residencia xa o temos baixo control. O que comentaba da Biblioteca da Universidade é que non sei (aínda) como funciona, se só baixo acceso «Radius» (con usuarios que crean os admin da Universidade), se hai algunha canle de acceso libre ou se teremos que instalar os nosos AP Mbouzada (conversa) 29 de decembro de 2014 ás 09:55 (UTC)[responder]
Xa estamos en marcha :-)
Web de GALPon
Wiki de GALPon
«evento» no G+
Xa nos indicaredes calquera cousa que precisedes. (envieille un correo a agremon)
--Mbouzada (conversa) 2 de febreiro de 2015 ás 14:17 (UTC)[responder]
Sobre o de apuntarse, teño para min que vai seren máis efectivo que o fagan na folla de inscrición que temos preparada, xa que, tras dous anos, a xente que asiste aos nosos obradoiros xa lle teñen pillado o punto. Asemade, eu xa vou inserindo nesa folla a quen indica na Galipedia que vai participar en «presencial» (polo de agora só estamos ti, Vivaelcelta e máis eu). Salientar que, neste momento xa temos 5 inscritos que non o fixeron na Galipedia, co que, agora mesmo, estamos 8 nesa folla de inscrición.
Respecto á difusión. Xa lle enviei un Correo a Marcos de Praza Pública, aínda que non estaría de máis que tamén vós lle derades un toque, mancomun.org vai publicar algo (sempre o fan coas nosas actividades), así mesmo tamén está circulando a petición de publicación entre blogs de docentes (especialmente de tecnoloxía) e á páxina da APETEGA. Obviamente todos os toques que poidas dar serán de interese.
--Mbouzada (conversa) 2 de febreiro de 2015 ás 20:07 (UTC)[responder]

RE:

Apunteime onte na páxina dos tradutores. Pensaba que se podía facer iso desde a propia páxina da MediaWiki onde xa traducín algunhas cousas. Grazas polo aviso! --AMPERIO (conversa) 3 de febreiro de 2015 ás 09:02 (UTC)[responder]

Revolución de Outubro

Boas Elisardojm! Estou pensando en propoñer o artigo Revolución de Outubro para destacado na portada. Cres que se podería facer a proposta para que saíra en Outubro, e se sae xa ten ese mes reservado? --AMPERIO (conversa) 4 de febreiro de 2015 ás 12:18 (UTC)[responder]

O que digo é de ocupar o espazo de outubro xa co artigo, de xeito que xa non se poda poñer outro aí. --AMPERIO (conversa) 4 de febreiro de 2015 ás 12:48 (UTC)[responder]
Acabo de preguntarlle a Estevoaei a ver que lle parece. --AMPERIO (conversa) 4 de febreiro de 2015 ás 12:50 (UTC)[responder]

Taberna

Ola Elisardojm, podes botarlle unha ollada a isto Wikipedia:A Taberna (técnica)#Modelo:Ficha de documento. Non sei se controlas moito de modelos, pero ao mellor podes facer algo. Grazas. --AMPERIO (conversa) 4 de febreiro de 2015 ás 17:09 (UTC)[responder]

Moitas grazas por amañalo! --AMPERIO (conversa) 4 de febreiro de 2015 ás 18:17 (UTC)[responder]

RE: Parroquias

Boas Elisardojm! Xa coñecía o proxecto, a ver se cando vaia por Carballo podo tirar algunha foto. Unha aperta!!! Piquito (conversa) 4 de febreiro de 2015 ás 17:46 (UTC)[responder]

Imaxe da semana

Boas Elisardojm, pechei a votación da imaxe da catedral de Canterbury que propuxeras e creei

Nave da catedral de Canterbury en Canterbury, Reino Unido.
Vexa o artigo Comuñón Anglicana
Wikipedia:Imaxe da semana/11 2015. Fixen unha pequena modificación que creo que está ben como ligazón. En lugar de poñer Vexa o artigo Patrimonio da Humanidade puxen Vexa o artigo Comuñón Anglicana. Espero que non te importe, se non o deixo como ti propuxeras. --AMPERIO (conversa) 5 de febreiro de 2015 ás 10:49 (UTC)[responder]

The Signpost: 04 February 2015

News, reports and features from the English Wikipedia's weekly journal about Wikipedia and Wikimedia
Read this Signpost in full · Single-page · Unsubscribe · Global message delivery 6 de febreiro de 2015 ás 00:41 (UTC)

Aviso na taberna

Síntoo pero creo que non vou ter moito tempo para colaborar nese proxecto. Gracias polo aviso.--Gobraves (conversa) 6 de febreiro de 2015 ás 14:57 (UTC)[responder]

Re:Bloqueos

Perdoa, estiven todo o fin de semana fora. Se queres podo poñelos agora, pero non sei se merece a pena. Para a próxima tereino en conta. --AMPERIO (conversa) 9 de febreiro de 2015 ás 09:26 (UTC)[responder]

Boa idea. Avisa cando o teñas para que poda dar a miña opinión. --AMPERIO (conversa) 9 de febreiro de 2015 ás 14:31 (UTC)[responder]
Está en Wikipedia:Taboleiro dos administradores/Problemas varios. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 9 de febreiro de 2015 ás 16:41 (UTC)[responder]
9 de febreiro de 2015 ás 16:26 (UTC)

New parameter on Commons for gl:FP images

Hi Elisardojm,

a new parameter for gl:FP images is now on Commons available.

== {{Assessment}} ==

{{Assessments|glwiki=1}}

Saúdos, --Alchemist-hp (conversa) 11 de febreiro de 2015 ás 18:27 (UTC)[responder]

And a categorie is now also available: Galician FP-images. Saúdos, --Alchemist-hp (conversa) 12 de febreiro de 2015 ás 07:45 (UTC)[responder]

Póutiga

Revisado!! Faltaba máis que nada a caixa. O nome vulgar da especie está moi pouco documentado.Nachonion (conversa) 11 de febreiro de 2015 ás 21:25 (UTC)[responder]

Moitas grazas por correxir e mellorar "apoutega". Estou impresionado coa velocidade, dous dias e listo. O meu primeiro artigo en castelán quedou tal como o deixei, un boceto simplón. Duas cuestions: 1. comprobei que algunhas linguas empregan o nome vulgar para o nome do artigo (frances, alemán) mentres outros empregan o nome científico (inglés, español, italiano), vexo que apoias o eixo franco-aleman. 2. Vou engadir os nomes a wikispecies, o nome póutiga emprégase na zona de Chantada, Carballedo, no sur de Lugo. Tentarei engadir algo más ou facer outro artigo, relacionado coa bioloxía ou didáctica das ciencias. Grazas de novo por axudarme a arrancar, aprendín moito.--Viascos (conversa) 25 de febreiro de 2015 ás 22:29 (UTC)[responder]

The Signpost: 11 February 2015

News, reports and features from the English Wikipedia's weekly journal about Wikipedia and Wikimedia
Read this Signpost in full · Single-page · Unsubscribe · Global message delivery 12 de febreiro de 2015 ás 10:44 (UTC)

Borrar en Commons

Boas noites. ¿Como se indica en Commons que unha imaxe debe ser borrada? Subín dúas fotografías e por algunha extraña razón, subiu a mesma fotografía pero cos nomes das dúas. Total, que file: Museo Pontevedra, 6 Edificio, 04-03 Retablo de Santo Estevo.JPG debe ser borrada. Con ese nome teño outra fotografía que non podo subir agora. Xa me contarás, Pedro --Lameiro (conversa) 12 de febreiro de 2015 ás 23:19 (UTC)[responder]

Márcase como duplicada da outra con {{Duplicate|File:Museo Pontevedra, 6 Edificio, 04-01bb Retablo de Santo Estevo.JPG}} así e un administrador xa a borrará. --. HombreDHojalata.conversa 13 de febreiro de 2015 ás 07:15 (UTC)[responder]
16 de febreiro de 2015 ás 17:57 (UTC)

The Signpost: 18 February 2015

News, reports and features from the English Wikipedia's weekly journal about Wikipedia and Wikimedia
Read this Signpost in full · Single-page · Unsubscribe · Global message delivery 20 de febreiro de 2015 ás 03:23 (UTC)

RE: Modelo:Ficha de documento

Sinto moito a tardanza na resposta. En efecto, tratábase por ter os parámetros en inglés. A vantaxa disto é que fai máis doado o proceso de importar un modelo que teña o estilo {{Infobox}} de moitas wikipedias (pois tamén teñen os parámetros en inglés). Unha solución intermedia sería modificar o modelo {{Infobox}} convenientemente para que poida aceptar os parámetros tanto en inglés como en galego. Non é difícil facelo, mais é laborioso. Un saúdo! --Toliño Fala aquí comigo 22 de febreiro de 2015 ás 15:16 (UTC)[responder]

O tema do rendemento sería boa cosa miralo, de facerse como dis. Por desgraza, non teño nin idea de se é algo a ter en conta ou insignificante. De todas formas, non sei se é boa cousa andar coas duplicidades que traería consigo o método que comentas. Como ando algo apartado destes lares, descoñezo se tedes entre mans algo máis ambicioso por detrás. --Toliño Fala aquí comigo 23 de febreiro de 2015 ás 10:43 (UTC)[responder]

RE: Taberna wikimaratón

Boas Elisardojm! Xa expuxen a miña opinión na taberna. Puxen unha idea que se me ocorreu, se cadra ti ou os da asociación que promoven o wikimaratón podedes mover algo o tema publicitario. Tamén deixei a miña opinión sobre os anuncios para artigo de calidade, creo que nos deberiamos plantexar se mantelos. Unha aperta e sorte co wikimaratón!!! Piquito (conversa) 23 de febreiro de 2015 ás 11:13 (UTC)[responder]

Ola Elisardojm! Creo que habería que poñer xa o aviso do wikimaratón, xa nos imos meter no martes e se esperamos moito máis ao final non vai funcionar para nada. Se o problema é o anuncio que hai posto non te preocupes, o podes quitar sen problema, non creo que ninguén se vaia opoñer, a xente tivo todo o día para opinar. Unha aperta!! Piquito (conversa) 23 de febreiro de 2015 ás 22:21 (UTC)[responder]

Vigo

Ola, Elisardo! Esta fin de semana estarei fóra, así que non poderei ir ao encontro. Agardo que vaia todo ben. Nestes dás dareille difusión nas redes. Saúdos! --Estevo(aei)pa o que queiras... 23 de febreiro de 2015 ás 11:16 (UTC)[responder]

Lamentablemente non poderei ir. Teño aunha actividade cos alumnos na Coruña toda a fin de semana. Saúdos e te todo saia ben!. --Xas (conversa) 23 de febreiro de 2015 ás 13:09 (UTC)[responder]
O sábado non vou poder ir, pero grazas polo aviso. Saúdos, --Furado (conversa) 23 de febreiro de 2015 ás 13:37 (UTC)[responder]
23 de febreiro de 2015 ás 16:28 (UTC)

Charla

Ola! Por min encantado, non tería problema, febreiro e marzo ando ocupado polas tardes con temas familiares, pero abril xa debería estar libre, o único que me cambien horario no chollo ou algo así e teña que traballar ata tarde, pero non creo que teña problema. Sabendo data e hora con suficiente antelación podo resevar o día e preparar algo sen problemas, aínda que seguro que ahi na facultade haberá xente que controle máis ca mín :D. Cando teñas máis info envíame un correo e xa o confirmamos ahi logo :) BaNjOtell me 24 de febreiro de 2015 ás 08:04 (UTC) [responder]

Re:Idea

Ola! Creo que estás buscando xusto esto: Especial:Mensaxe en masa. Está restrinxido para Administradores e usuarios có permiso "massmesage", a mín non me deixa entrar ahí. Polo que vín nas paxinas de documentación (m:MassMessage, mw:Help:Extension:MassMessage) hai que crear unha páxina coa lista de subscripción, similar ao do Tech News en meta, e cada vez que se queira enviar un mensaxe xeral a xente que está ahi apuntada pode facerse dende ahi, indicando esa páxina de subscripción coma os receptores da mesma. Bótalle un vistazo, se serve para o propósito perfecto, se non reviso o do bot, que xa estivera mirando estes días o tema do toolserver da fundación e demáis :) BaNjOtell me 25 de febreiro de 2015 ás 07:54 (UTC) [responder]

Editatlon

Gracias polo aviso. Non creo que me acerque. Unha por cuestións persoais e familiares, a outra é que deste tema seiche ben pouco (porque supoño que piratear os programas de Microsoft non conta como software libre).

Que o psades ben! --Angeldomcer (conversa) 25 de febreiro de 2015 ás 10:44 (UTC)[responder]

Proba 2 de lista de mensaxes

Probando de novo a enviar mensaxes masivas. Saúdos, MediaWiki message delivery (conversa) 25 de febreiro de 2015 ás 12:23 (UTC)[responder]

Funciona o envío masivo de mensaxes!

Grazas Banjo, xa atopei como usar o envío de mensaxes! ;) Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 25 de febreiro de 2015 ás 12:27 (UTC)[responder]

Editatlón en Vigo

Ola, Elisardo, xa vin a túa mensaxe. Non vou ir, de feito, vou estar sen colaborar na Galipedia durante un tempo, quizais só algunha que outra edición esporádica. Ando a demasiadas cousas e teño que ir descartando algunha porque o tempo non dá para todo. Graciñas polo aviso e unha aperta. --Paradanta (Cóntame) 26 de febreiro de 2015 ás 07:25 (UTC)[responder]

Taboleiro dos administradores

Boas Elisardojm! Deixei un comentario en Wikipedia:Taboleiro dos administradores/Problemas varios sobre o tema de West Side Story. Discordo co movemento e creo que non é moi positivo o que fixeches: solucionar o problema en lugar de darlle ferramentas ao usuario para ser autosuficiente, espero que non te moleste o comentario. Unha aperta e disculpas por se te senta mal algo do que diga. Piquito (conversa) 26 de febreiro de 2015 ás 14:42 (UTC)[responder]

Espazo de nomes "Wikiproxecto"* --->>> Espazo de nomes "Wikipedia"

Ola Eli.

En Wikipedia en galego (igual que na maioría das outras linguas) non hai espazo de nomes "Wikiproxecto".

Por iso, haberá que mover Wikiproxecto:Check Wikipedia/Translation ao formato Wikipedia:Wikiproxecto Check Wikipedia/Translation ou similar (como no caso dos outros wikiproxectos), sen deixar redirección. Do contrario, tal como está agora, a páxina está dentro do espazo principal (igual que os artigos enciclopédicos). --. HombreDHojalata.conversa 26 de febreiro de 2015 ás 22:17 (UTC)[responder]

The Signpost: 25 February 2015

News, reports and features from the English Wikipedia's weekly journal about Wikipedia and Wikimedia
Read this Signpost in full · Single-page · Unsubscribe · Global message delivery 27 de febreiro de 2015 ás 04:37 (UTC)

The Signpost: 25 February 2015

News, reports and features from the English Wikipedia's weekly journal about Wikipedia and Wikimedia
Read this Signpost in full · Single-page · Unsubscribe · Global message delivery 27 de febreiro de 2015 ás 09:59 (UTC)

Idioma interface da Galipedia

Boas. Sobre o idioma interface da Galipedia, de que estaba en galego e portugués. Agora xa non funciona o de redixir ó buscar, por exemplo, Predefinição:Enuso cara Modelo:Enuso. Como si fai Template:Enuso. Xa o deberon de arranxar. Saúdos. --Vivaelcelta {conversa  · contribucións} 28 de febreiro de 2015 ás 22:20 (UTC)[responder]

Desprotexer páxina

Creo que poderías rebaixar a protección de protexido a semiprotexido desta páxina para poder engadir ligazóns e mellorar a páxina. --Vivaelcelta {conversa  · contribucións} 1 de marzo de 2015 ás 01:12 (UTC)[responder]

Feito! Feito! --. HombreDHojalata.conversa 1 de marzo de 2015 ás 18:33 (UTC)[responder]
2 de marzo de 2015 ás 16:41 (UTC)

Páxina de usuario

Gracias, isto faime lembrar que teño que editar a miña páxina de usuaria e quitarlle todas as probas que fixen na Editatón, (incluída o da categoría de cociña).--Peregrina.pintos (conversa) 2 de marzo de 2015 ás 18:16 (UTC)[responder]

Wikipedia nas aulas

Boas Elisardojm. Teño intención de seguir editando na wikipedia na medida das miñas posibilidades, que non son moitas. Levo mais dun ano colaborando nun proxecto colaborativo chamado Apuntes Marea Verde, que consiste en facer libros de texto baixo licencia Creative Commons, de distribución libre, enfocado a todo o ensino público (ESO e Bacharelato, en Ciencias, no meu caso). Imos lentísimos, no caso do grupo de ciencias polo menos, en parte porque somos moi poucos, pero en parte porque traballamos usando emails para enviar e reenviar arquivos, correxilos, reenvialos... en fin. É un método troglodita comparado cunha wiki, o que se me fixo evidente a conta do artigo da apóutega.

Estiven botando unha ollada a outros proxectos, como a wikiversidad ou wikibooks. Non teño claro si estes proxectos poderían empregarse-complementarse de algún xeito. Gustaríam coñecer a túa opinión.

Tamén teño a intención de empregar algunhas horas do último ano da asignatura de CCMC de 1º de Bacharelato para facer probas de edición na wikipedia. Lin un enlace que tes sobre cómo integrar wikipedia nas aulas e terminoume de animar. Calquera recomendación sobre calquera das duas propostas será benvida. Saúde --Viascos (conversa) 4 de marzo de 2015 ás 00:22 (UTC)[responder]

Opinión

Boas! Deixei un comentario na conversa do libro de estilo que fai referencia ás notas nos artigos, se podes e queres podes deixar a túa opinión. Un saúdo! Piquito (conversa) 4 de marzo de 2015 ás 10:10 (UTC)[responder]

Doce aniversario da Galipedia

Na taberna hai unha nova proposta que pode ser do teu interese.

Esta mensaxe foi enviada coa ferramenta de Mensaxes masivas da Galipedia, se non queres recibir máis mensaxes deste xeito podes borrarte da lista de subscritores aquí. Saúdos. A ver pois se para a noite... --Agremon(contacto) 4 de marzo de 2015 ás 15:38 (UTC)[responder]

Re: Fotos de parroquias

Boas Elisardo, sito terche quitado as fotos de Tordoia :) As que comentas de Arcos e Ponteceso píllanme bastante mal pois as que vou facendo son aproveitando frecuentes viaxes que fago a Bertamiráns. Miro o mapa e fago unha ruta que non se desvíe moito do itinerario habitual. Está ben que comentes en Ponteceso o das fotos, pois de Bergantiños quedan unha morea delas. Saúdos, --Xosé Antonio (fálame sempre) 4 de marzo de 2015 ás 15:42 (UTC)[responder]

¿San/Santo? Amaro

Pois non che sei, porque no Nomenclátor atoparás 13 lugares co nome de "San Amaro" fronte a ningún de "Santo Amaro". Pode ser unha pregunta curiosa á RAG. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 5 de marzo de 2015 ás 19:51 (UTC)[responder]

The Signpost: 04 March 2015

News, reports and features from the English Wikipedia's weekly journal about Wikipedia and Wikimedia
Read this Signpost in full · Single-page · Unsubscribe · Global message delivery 5 de marzo de 2015 ás 20:43 (UTC)
9 de marzo de 2015 ás 15:18 (UTC)

Ola! Sendo o caso de que a nova web á que redirixe non é da mesma temática, habería que borrar as dúas ligazóns no artigo, non ten moito sentido deixalas ahí cando xa non se usan realmente --BaNjOtell me 11 de marzo de 2015 ás 09:24 (UTC) [responder]

Boa idea. Queda coa última versión que atopei no internet archive. A ligazón do formulario quiteina, entendo que con esa debería chegar. -BaNjOtell me 11 de marzo de 2015 ás 09:46 (UTC)[responder]

The Signpost: 11 March 2015

Separadoes de grupos de tres díxitos

Ola, Elisardo. Podes botarlle unha ollada á parte final de Conversa_Wikipedia:Libro_de_estilo#Formato_dos_n.C3.BAmeros.2C_sen_separador_entre_grupos_de_tres_d.C3.ADxitos a ver se podes interceder? --Agremon(contacto) 13 de marzo de 2015 ás 22:43 (UTC)[responder]

Nova proposta

Boas! Fixen unha nova proposta na taberna, podes vela aquí e opinar. Un saúdo!! Piquito (conversa) 14 de marzo de 2015 ás 22:23 (UTC)[responder]

Media

Fixeches unha pregunta sobre a palabra media, comentando que non existía en galego. A palabra si vén do dicionario da RAG, pero se buscas medio[66]. Matematicamente a media e a mediana son conceptos diferentes.--Jglamela (conversa) 15 de marzo de 2015 ás 11:24 (UTC)[responder]

Media

Non entendo moi ben a que te refires. *Promedio [ES] sería media ou termo medio. Pódelo sacar pola información oculta do DRAG, pero tamén figura tal cal no Superdicionario Castelán-Galego de Morgante. Non sei se con iso contesto a túa pregunta. Xa me contas. Saúde! --Atobar (conversa comigo) 15 de marzo de 2015 ás 11:27 (UTC)[responder]

O que buscas entón é medianeira. Apertas. --Atobar (conversa comigo) 15 de marzo de 2015 ás 22:03 (UTC)[responder]
Pois is, cómpre retirala de aí. --Atobar (conversa comigo) 16 de marzo de 2015 ás 10:52 (UTC)[responder]

Adaptación do formato dos números no sistema wiki

Boas, aquí hai unha nova proposta que debe ser votada pola comunidade para saber se é aceptada ou non. Se tes un momento libre precisamos a túa opinión para decidir entre todos a mellor opción para todos. Saúdos, MediaWiki message delivery (conversa) 16 de marzo de 2015 ás 00:46 (UTC) Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non queres seguir recibindo estas mensaxes podes quitar o teu usuario esta lista.[responder]

Adaptación do formato dos números no sistema wiki

Boas, na taberna hai unha nova proposta que debe ser votada pola comunidade para saber se é aceptada ou non. Se tes un momento libre precisamos a túa opinión para decidir entre todos a mellor opción. Saúdos, MediaWiki message delivery (conversa) 16 de marzo de 2015 ás 00:54 (UTC)[responder]

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de Mensaxes masivas de MediaWiki, se non queres seguir recibindo estas mensaxes podes quitar o teu usuario desta lista.

Adaptación do formato dos números no sistema wiki

Boas, na taberna hai unha nova proposta que debe ser votada pola comunidade para saber se é aceptada ou non. Se tes un momento libre precisamos a túa opinión para decidir entre todos a mellor opción. Saúdos, MediaWiki message delivery (conversa) 16 de marzo de 2015 ás 08:58 (UTC)[responder]

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de Mensaxes masivas de MediaWiki, se non queres seguir recibindo estas mensaxes podes quitar o teu usuario desta lista.

Boas Elisardojm! Xa vin o tema este dos números. Poderías explicar na taberna que é o que estamos a votar? Xa expuxen na votación o que non teño claro (en realidade non teño nada claro, só quitar o punto en cifras como 5 000, pero tampouco sei moito máis e tampouco teño moito interés na discusión do libro de estilo, teño traballo abondo xa co que fago). Unha aperta!! Piquito (conversa) 16 de marzo de 2015 ás 11:49 (UTC)[responder]
16 de marzo de 2015 ás 15:14 (UTC)

GEG

Ola! Escríboche a ti e a Usuario:HombreDHojalata porque editastes Wikipedia:Artigos da Gran Enciclopedia Galega, así que supoño que a tendes; podedes incluír unha información mínima de Roberto Abalde Túñez no artigo Abalde? Mil grazas!! --Estevo(aei)pa o que queiras... 20 de marzo de 2015 ás 17:25 (UTC)[responder]

Galician?

It looks like Spanish to me! Antiv31 (conversa) 21 de marzo de 2015 ás 03:06 (UTC)[responder]

The Signpost: 18 March 2015

Imaxes

Estás no correcto. Teño problemas coa identificación da última imaxe que aparece na entrada "Festas Minervais", se é que aínda non a quitaron... Manugarrobo3 (conversa) 23 de marzo de 2015 ás 08:51 (UTC)[responder]

23 de marzo de 2015 ás 15:09 (UTC)

Doge

Non hai de que. Saúde. --Atobar (conversa comigo) 24 de marzo de 2015 ás 16:30 (UTC)[responder]

Primeiras xornadas "Coñece a Galipedia na UDC" e galencontro na Coruña

Boas, na taberna hai unha nova sobre unha actividade da Galipedia na Coruña. Tamén se precisa a túa colaboración para decidir se poñer ou non un aviso sobre a mesma. Saúdos, MediaWiki message delivery (conversa) 25 de marzo de 2015 ás 12:03 (UTC)[responder]

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de Mensaxes masivas de MediaWiki, se non queres seguir recibindo estas mensaxes podes quitar o teu usuario desta lista.

Primeiras xornadas "Coñece a Galipedia na UDC" e galencontro na Coruña

Boas, na taberna hai unha nova sobre unha actividade da Galipedia na Coruña. Tamén se precisa a túa colaboración para decidir se poñer ou non un aviso sobre a mesma. Saúdos, MediaWiki message delivery (conversa) 25 de marzo de 2015 ás 12:05 (UTC)[responder]

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de Mensaxes masivas de MediaWiki, se non queres seguir recibindo estas mensaxes podes quitar o teu usuario desta lista.

Tes que perdoar, o filtro do correo moveume o teu mail e non o vín ata agora, xa che respondín ahí :) ☣Banjo tell me 27 de marzo de 2015 ás 07:04 (UTC)[responder]

Galego normativo

Non me consta. --. HombreDHojalata.conversa 26 de marzo de 2015 ás 10:51 (UTC)[responder]

The Signpost: 25 March 2015

RE:Filtro de Abusos

Á volta do fin de semana bótolle un vistazo, tócame descanso o finde :). Seguro que podemos melloralos ahí, será cuestión de revisar as condicións que fan salta-los filtros e as accións que se toman en cada caso, e coma xa comentas seguro que nas wikis :es i :en teñen xogetes chulos xa feitos para eso :D. ☣Banjo tell me 27 de marzo de 2015 ás 14:17 (UTC) [responder]

30 de marzo de 2015 ás 15:18 (UTC)

The Signpost: 01 April 2015

6 de abril de 2015 ás 15:41 (UTC)

Idea

Boas Elisardojm!! Ocorréuseme unha idea que pode que te interese. Agora mesmo temos 34 (mañán seguramente 35) artigos de calidade na Galipedia, en todos eles (ou en case todos) hai numerosas ligazóns internas en vermello (algúns teñen moitísmas ao tratarse de temas pouco tratados na Galipedia), o caso é que se me ocorreu que se podería plantexar a posibilidade de facer un maratón mensual que teña como obxectivo crear esas ligazóns en vermello pouco a pouco. O que pensei é que se pode poñer unha fin de semana cada mes e que previamente se elixa o artigo que se vai mellorar (algúns requerirán de varias fins de semana e outras veces poderán collerse un par dependendo do vermello que haxa) e os usuarios que queran participar poñan o marcador "en uso" no artigo que vaian traballar antes da fin de semana para evitar tirar o traballo, a condición sería facer artigos cun mínimo de contido que non tiveran marcadores "en progreso". Creo que podería valernos para aumentar o número de artigos da Galipedia e para darlles maior calidade aos artigos de calidade, ao poder ter acceso a máis información. Se che parece ben podes propoñelo na taberna, eu apoiaría a proposta e participaría nos maratóns que puidera. Non é necesario que as maratóns se fagan nun lugar concreto, simplemente marcarnos entre todos as fins de semana e que cada quen traballe dende onde estea, creo que será o máis sinxelo, aínda que se coincide con algún evento presencial de difusión da Galipedia mellor que mellor, máis a editar :) Se a comunidade decide facelo se podería poñer xa unha data para o primeiro maratón e aproveitar as xornadas da USC para darlle difusión entre @s rapaz@s que asistan a elas. Unha aperta!!! Piquito (conversa) 8 de abril de 2015 ás 11:22 (UTC)[responder]

The Signpost: 08 April 2015

13 de abril de 2015 ás 16:40 (UTC)

Xornadas, maratóns, encontros...

Boas Elisardojm! Vin que cando organizades algunha xornada, maratón, etc... facedes unha pequena presentación da Galipedia aos que asisten ao acto. Non sei do que adoitades falar (supoño que explicades o que é, como naceu, e unhas nocións básicas de edición) pero quizais sería interesante presentar aos novos as votacións a artigos destacados e de calidade. Pode que eso axudara a motivar aos que comezan, daríalle ao proxecto un pouco de publicidade (se len calquera dos artigos que temos na lista quedarán cunha moi boa impresión da Galipedia), e podería axudar a que se algún se decide a seguir editando na Galipedia se involucre nestas votacións que ao cabo son a cara visible do traballo que se fai aquí. Sería interesante que os novos usuarios comezaran dende cedo a votar (e a propoñer artigos, mesmo propios), especialmente pola falta de votos que sigue a haber en determinados temas (certo que se mellorou cos anuncios, todo sexa dito, pero aínda custa moito sacar 5 votiños), é unha mágoa que podendo ter 40 e pico ou 50 artigos de calidade só teñamos 35 e sexamos das Wikipedias con menos artigos de calidade de entre as que teñen máis de 100.000 artigos só porque os temas non interesen á maioría da comunidade... xa sei que non podo esperar que todos fagan coma min e se lean un artigo de fútbol sen gustarlles ese deporte, pero se cadra algún novo usuario si que o fai e así, aos poucos, vamos xuntando uns cantos votiños que nos permitan sacar artigos de calidade de temas menos populares. Unha aperta!!! Piquito (conversa) 15 de abril de 2015 ás 10:06 (UTC)[responder]

Parabéns!! Parece que as xornadas están a ser un éxito polo visto na páxina do evento! --Piquito (conversa) 17 de abril de 2015 ás 09:34 (UTC)[responder]

E de onde están sacados os datos? É dicir, é tradución dalgures? ※ Sobreira ►〓 parlez 16 de abril de 2015 ás 09:54 (UTC)[responder]

The Signpost: 15 April 2015

20 de abril de 2015 ás 15:29 (UTC)

Re:Ortografía

Boas, o tema do suposto conflito coas edicións que vos comentas xa foi conversado. Outra cousa: entón segundo as mesmas políticas da galipedia, xa chegou o tempo de retirar o aviso da revisión, xa que a maioría dos erros xa foron corrixidos. Saúdos,--Je7roi (conversa) 21 de abril de 2015 ás 00:32 (UTC)[responder]

Novo trebello

Boas Elisardojm!! Sabes como podo poñerme a fedellar no novo trebello do que falou Toliño (o do tradutor)? Non sei como activalo ou se xa está dispoñible. Tamén se me podes guiar un pouco sobre outros trebellos que faciliten a edición (que non sexan o editor visual), se cadra así podo traballar máis rápido nos artigos. Moitas grazas e unha aperta!!!

PD: Noraboa polo éxito das xornadas, xa vin a nova da TVG!! Piquito (conversa) 21 de abril de 2015 ás 11:25 (UTC)[responder]

Grazas! Xa o vin! O que non consigo é que traduza algo :O Piquito (conversa) 21 de abril de 2015 ás 22:11 (UTC)[responder]

Boas outra vez Elisardojm!! A ti funciónache o tradutor automático con algunha lingua? É por saber se son o único ao que non lle funciona e por saber se teño que facer algo. Graciñas!! ;) Piquito (conversa) 28 de abril de 2015 ás 21:51 (UTC)[responder]

Graciñas! Haberá que esperar logo, de todos xeitos se te enteras de algo avisa (eu se un día vexo que me funciona avisareiche por se acaso). Ao final co tema das ligazóns internas en vermello dos artigos de calidade fíxenche caso e propuxen na taberna facer un maratón na semana das Letras Galegas, abrín a votación ata o domingo, a ver se a comunidade se anima a participar e damos feito un numeriño considerable de artigos esa semana e imos medrando un pouco máis :) Unha aperta!! Piquito (conversa) 29 de abril de 2015 ás 09:35 (UTC)[responder]

Re:Tecnoloxía adecuada

Feito.--JuanQuintela (conversa) 21 de abril de 2015 ás 17:00 (UTC)[responder]

Nova proposta de organización de páxina

Boas Elisardojm! Fixen unha nova proposta na taberna, poderías mandar unha desas mensaxes múltiples que mandas aos usuarios máis activos cando fas unha proposta? Faríao eu, pero non sei como se fai, e xa se queres de paso opina sobre ela. Unha aperta!!! Piquito (conversa) 22 de abril de 2015 ás 13:04 (UTC)[responder]

Boas Elisardojm! Organicei a votación da proposta, non sei que opinión tes ao respecto, aparentemente si, pero prefiro que expoñas ti o teu voto. Unha aperta! Piquito (conversa) 28 de abril de 2015 ás 21:24 (UTC)[responder]

RE: Arquitectura en capas

Gracias polo apunte. Non tiña claro onde poñer as referencias, xa que facían referencia a todo o texto. Xa o modifiquei.

Saúdos! --Manoel.folgueira (fálame) 22 de abril de 2015 ás 15:39 (UTC)[responder]

trebello syntaxhighlighter

O trebello está dispoñible xa, nas preferencias pódese activar ou desactivar según se quera. Non está activado por defecto, iso foi un pequeno fallo meu cando o trouxen :) Non o anunciei tampouco, podo deixar un aviso na taberna se o ves necesario. Saúdos! ☣Banjo tell me 22 de abril de 2015 ás 16:22 (UTC) [responder]

RE:Interwikis raros

É pola tradución de contidos nova que está en beta. Non estou seguro de porqué o fai, pero aparecen esos interwikis ahi en vermello se a tes activada, según en qué paxina esteas. Supoño que será unha especie de forma de incentivar a creación do mesmo artigo noutras wikis doutros idiomas, pero non debe estar moi ben implementado todavía. Eu persoalmente probei a tradución esta pero xa a desactivei, prefiro os meus métodos tradicionais :) ☣Banjo tell me 22 de abril de 2015 ás 16:52 (UTC) [responder]

Proposta para reorganizar a páxina de artigos de calidade

Boas, na taberna hai unha proposta para reorganizar a páxina de artigos de calidade. Se tes un momento libre agradecerímos a túa participación na conversa. Saúdos, MediaWiki message delivery (conversa) 22 de abril de 2015 ás 22:27 (UTC) Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non queres seguir recibindo estas mensaxes podes quitar o teu usuario desta lista.[responder]

Proposta para reorganizar a páxina de artigos de calidade

Boas, na taberna hai unha proposta para reorganizar a páxina de artigos de calidade. Se tes un momento libre agradeceríamos a túa participación na conversa. Saúdos, MediaWiki message delivery (conversa) 22 de abril de 2015 ás 22:29 (UTC)[responder]

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non queres seguir recibindo estas mensaxes podes quitar o teu usuario desta lista.

Crónica Geral ou Xeral

Ola, Elisardojm, Cambiei Crónica Geral por Crónica Xeral porque no propio texto o que pon é Crónica General (en castelán); ou ben se mantén ese título (cousa que me parece peor), ou se pon directamente en galego moderno (Crónica Xeral), que é o que fixen eu. Poñelo en portugués non me parece lóxico. Saúde, Anox 23 de abril de 2015 ás 07:35 (UTC)

Ola, Elisardojm, non fai falta máis información cá propia edición da crónica. Non sei a que lle chamas galego-portugués, pero este texto é galego (feito en Galicia, na Idade Media), non portugués. E isto é así polas súas características lingüísticas (das que as máis rechamantes son que non ten os dígrafos <nh> e <lh> para as consoantes palatais <ñ> e <ll>, respectivamente). O texto é en parte unha tradución (galega) dun texto de Afonso X chamado Crónica General, redactado orixinariamente en castelán. Por iso o título da edición foi "La traducción gallega de la Crónica General y de la Crónica de Castilla" (foi publicado en 1975-1977, onde era aínda moi complicado, se non imposible, publicar en galego textos científicos). O que che intentaba explicar é que o nome en galego moderno debe ser Crónica xeral, posto que Crónica Geral é portugués, non galego. O texto medieval non leva título ningún. O que se fai cos títulos dos textos medievais é normalmente actualizar as grafías; por exemplo, en español, ponse "Cantar de mio Cid", e non "myo Çid", que é como aparece no texto. E en galego dise "Crónica de Iria", aínda que no texto poña "Coronica de Yria". Non sei se me expliquei, pero se tes máis dúbidas, quizais chas poida aclarar. Un saúdo, Anox 23 de abril de 2015 ás 11:08 (UTC)

The Signpost: 22 April 2015

News, reports and features from the English Wikipedia's weekly journal about Wikipedia and Wikimedia
Read this Signpost in full · Single-page · Unsubscribe · Global message delivery 23 de abril de 2015 ás 22:43 (UTC)

Re: Imaxes de parroquias

Ok, fareino. Saúdos --Xosé Antonio (fálame sempre) 26 de abril de 2015 ás 20:46 (UTC)[responder]

27 de abril de 2015 ás 15:10 (UTC)

Referencias Hardvard

Non me reñas moito, só o rachei un pouquiño... :)

Agora en serio, implementei o Módulo:Citas e os seus sub-módulos, xa había algo medio feito por ahí que reutilicei. Cambiei Modelo:Cita libro para que use este módulo, máis adiante pode empregarse noutros modelos de citas.

Para que funcione todo ben o tema é o seguinte:

1- Na bibliografía, as entradas teñen que ir co modelo {{cita libro}} 2- Nas referencias dentro do texto, hai que empregar o {{cita Harvard}}

{{cita libro}} pode seguir usándose de forma independiente coma sempre, non vin que tivera fallos polo de agora. O que pasa que se emprega algunha desas tipo hardvard e na bibliografía non atopa o cita libro pode dar errores.

No artigo da Rúa da Acibechería (Santiago de Compostela) hai varios destes errores. Habería que cambiar os libros da bibliografía por {{cita libro}}, e cambiar as referencias que son tipo hardvard para que usen {{cita Harvard}}, con iso deberían desaparecer tódolos mensaxes de erro que saen ahí. Máis tarde tentarei revisalos, bótalle un vistazo a outros artigos por se ves máis fallos por ahí.

Ah, agora con isto tamén temos unhas categorías novas de mantemento, dentro de Categoría:Mantemento de referencias. Se algunha referencia sae con erros nun artigo aparecerán ahi, aínda que ao mellor hai algunhas destas novas cats sen crear todavía.

Así con todo, creo que queda funcional o sistema e non "rachei" moitas referencias... pero se ves que hai algo mal, con desfacer a miña última edición en Modelo:Cita libro xa quedaría todo coma antes.

Saúdos ☣Banjo tell me 29 de abril de 2015 ás 18:24 (UTC) [responder]

Son algo "puñeteras" estas referencias harvard... hai que poñer os apelidos tal cual están na cita libro correspondente, sen nome, se non non tiran ben... quedan amañadas no artigo da rúa, poderían agruparse as que fan referencia á mesma páxina e autor, pero iso xa máis adiante, polo momento quedan ben así :) ☣Banjo tell me 29 de abril de 2015 ás 23:20 (UTC)[responder]
O da categoría é por unha cita que usa o parámetro "coautor" que viña marcado coma obsoleto... Non inflúe en nada en principio, así que polo momento queda así. Máis adiante reviso, centrareime primeiro en amañar un par de artigos que lles afectou o cambio e tentarei adaptar o resto dos modelos de citas (cita novas, etc) ;D ☣Banjo tell me 29 de abril de 2015 ás 23:39 (UTC)[responder]


Temos uns servidores ben lentos... :( Pouco a pouco van aparecendo artigos que teñen referencias con algún problemilla polo cambio este, van actualizándose de vez en cando nas cats de Categoría:Mantemento de referencias. Púxen unha descrición en cada unha para saber por onde van os tiros en cada caso. "obsoletos" e "URL e data acceso" son de baixa importancia, non afectan a cómo se ven as referencias no artigo. As outras tres si sacan mensaxes de erro, vou correxindo en cada artigo según van aparecendo. Non vou adaptar polo momento os outros modelos (cita novas / web / pub periodica ), mellor darlle uns días ós servidores para que se vaian poñendo ó dia e ir pouco a pouco unha por unha. Se necesitase algunha axuda xa te aviso, grazas por estar ahí atento e por darme chollo do divertido :P ☣Banjo tell me 30 de abril de 2015 ás 14:12 (UTC)[responder]

Support request with team editing experiment project

Dear tech ambassadors, instead of spamming the Village Pump of each Wikipedia about my tiny project proposal for researching team editing (see here: https://meta.wikimedia.org/wiki/Grants:IdeaLab/Research_team_editing), I have decided to leave to your own discretion if the matter is relevant enough to inform a wider audience already. I would appreciate if you could appraise if the Wikipedia community you are more familiar with could have interest in testing group editing "on their own grounds" and with their own guidance. In a nutshell: it consists in editing pages as a group instead of as an individual. This social experiment might involve redefining some aspects of the workflow we are all used to, with the hope of creating a more friendly and collaborative environment since editing under a group umbrella creates less social exposure than traditional "individual editing". I send you this message also as a proof that the Inspire Campaign is already gearing up. As said I would appreciate of *you* just a comment on the talk page/endorsement of my project noting your general perception about the idea. Nothing else. Your contribution helps to shape the future! (which I hope it will be very bright, with colors, and Wikipedia everywhere) Regards from User:Micru on meta.

Dúbida

Boas Elisardo! Despois dun tempiño sen poder adicar moito tempo á Galipedia, hoxe atopei un pouco para volver a rematar unha edición que tiña pendente. Escríbote para facerte unha dúbida lingüística que é a seguinte: O artigo God Save the Queen traduce o título como "Deus salve a raíña" e aquí a dúbida, non debería ser "Deus Salve á Raíña"? O mesmo para Deus salve o tsar. Un saúdo! --AMPERIO (conversa) 30 de abril de 2015 ás 15:32 (UTC)[responder]

The Signpost: 29 April 2015


4 de maio de 2015 ás 15:03 (UTC)

RE:Números co bot

Escapóuseme ese, sorry. Os artigos que levan o modelo de coordenadas non os cambio có bot xa que dan falso positivo ahi, pero vese que non me din conta nese caso. Revisei outros concellos da A->C, que é ata onde leva feito para os números pequenos, non atopei máis que necesiten reverter cambios. Terei en conta o modelo este dos concellos cando siga cos seguintes, grazas por estar atento ahi :) ☣Banjo tell me 7 de maio de 2015 ás 05:57 (UTC) [responder]

The Signpost: 06 May 2015

News, reports and features from the English Wikipedia's weekly journal about Wikipedia and Wikimedia

Módulo citas - parámetros reduntantes

Boas meu!

O do y no mensaxe de erro é curioso, non sei moi ben de onde sae... seguindo a configuración do modelo debería aparecer e

['parameter-pair-separator'] = ' e ',

pero por algún motivo non o está a facer así... reviso pola tarde con algo más de tempo.

O da páxina de axuda tes razón, quedoume sen engadir a parte de redundant_parameters, pola tarde métoa ahi tamén.

En canto a o erro en sí, tal e como está definido o Módulo:Citas, a función de |páxina= é indicar a páxina concreta á que se fai referencia, e a función de |páxinas= é indicar o rango ou conxunto de páxinas que se referencian. Non están deseñados para indicar o total das páxinas do libro, polo que estiven vendo nas wikis de orixe é un dato que non adoita ser moi necesario cando se referencia un libro.

Cando se usa o {{cita libro}} directamente coma referencia, debe empregarse un dos dous para indicar en que parte do libro está o que se fai referencia, pero non os dous xuntos. Cando se usa na sección de bibliografía, pode deixarse |páxinas= para indicar o total, aínda que realmente non estea deseñado para iso.

No caso que comentas de Antonio de Nebrija, habería que deixar só un dependendo de en que páxina ou páxinas estea a entrada en Enciclopedia Universal de la Cultura A~Z El Mundo. O máis probable seña |páxina= neste caso.

Pola tarde reviso con tempo o da mensaxe de erro e o da páxina de axuda, pero calquera cousa que vexas avísame antes e revisamos ahi :) ☣Banjo tell me 8 de maio de 2015 ás 12:01 (UTC) [responder]


Atopei o problema con esa mensaxe. Resulta que esa comprobación de parámetros de páxinas duplicados faina no propio Módulo:Citas, e non no sub-módulo Módulo:Citas/Configuration. Queda cambiado, xa debería saír a mensaxe correxida. Pouco a pouco iremos perfeccionando o sistema antes de implementalo noutros modelos de citas, calquera outro erro ou problema que detectes avísame e revisamos :) ☣Banjo tell me 10 de maio de 2015 ás 15:15 (UTC)[responder]

Traducións automáticas

Ola Elisardojm, estou de acordo con que se borre o artigo Ariane 6. Grazas por avisar. --Brathxa (conversa) 10 de maio de 2015 ás 16:32 (UTC)[responder]

11 de maio de 2015 ás 15:34 (UTC)

Wiki Loves Earth:Listados

Ola Eli.

En http://www.wikilovesearth.es/es/Wiki_Loves_Earth/Listado

onde di: listas en otros idiomas*: Lugares de Importancia Comunitaria (en gallego)

liga coa páxina en castelán, porén, debería ligar con: gl.wikipedia.org/wiki/Lugares_de_importancia_comunitaria_en_Galicia

Podes amañalo?

Graciñas, un saúdo. --. HombreDHojalata.conversa 11 de maio de 2015 ás 19:54 (UTC)[responder]

Proposta para cambiar o logo para o Día das Letras

Boas, na taberna hai unha proposta para cambiar o logo da wikipedia polo Día das Letras. Se tes un momento libre agradeceríamos a túa participación na conversa. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 13 de maio de 2015 ás 13:39 (UTC)[responder]

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non queres seguir recibindo estas mensaxes podes quitar o teu usuario desta lista.

Proposta para cambiar o logo para o Día das Letras

Boas, na taberna hai unha proposta para cambiar o logo da wikipedia polo Día das Letras. Se tes un momento libre agradeceríamos a túa participación na conversa. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 13 de maio de 2015 ás 13:42 (UTC)[responder]

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non queres seguir recibindo estas mensaxes podes quitar o teu usuario desta lista.

RE: Propostas

Grazas, se preciso axuda técnica xa me porei en contacto, pero non teño moitas ganas de facer máis propostas. Por certo, o tradutor automático en inglés xa funciona, por se non o viras, que supoño que si. Unha aperta! Piquito (conversa) 15 de maio de 2015 ás 01:35 (UTC)[responder]

The Signpost: 13 May 2015

News, reports and features from the English Wikipedia's weekly journal about Wikipedia and Wikimedia
Read this Signpost in full · Single-page · Unsubscribe · Global message delivery 16 de maio de 2015 ás 03:06 (UTC)

dificultade día das letras

Ola, Elisardo. Vin que tiveras dificultades para o cambio do Logo para hoxe. Como deches solucionado?--Agremon(contacto) 17 de maio de 2015 ás 06:59 (UTC)[responder]

Deixei unha mensaxe sobre como cambiar o logo na taberna. Agora hai que buscar unha páxina onde quede a man. Saúdos, Elisardo usando o MediaWiki message delivery (conversa) 18 de maio de 2015 ás 01:02 (UTC)[responder]

18 de maio de 2015 ás 15:18 (UTC)

The Signpost: 20 May 2015

News, reports and features from the English Wikipedia's weekly journal about Wikipedia and Wikimedia
Read this Signpost in full · Single-page · Unsubscribe · Global message delivery 20 de maio de 2015 ás 23:48 (UTC)

Movemento

Por favor, move Estación (editar | conversa | historial | ligazóns | vixiar | rexistros | protexer | borrar) a Estación do ano (editar | conversa | historial | ligazóns | vixiar | rexistros | protexer | borrar), para poder crear unha páxina de homónimos. Saúdos. --Vivaelcelta {conversa  · contribucións} 21 de maio de 2015 ás 22:58 (UTC)[responder]

Movemento 2

Por favor fai estes movementos:

--Vivaelcelta {conversa  · contribucións} 23 de maio de 2015 ás 05:22 (UTC)[responder]

Castelanismo

Efectivamente, tiña cousas bastante discutibles. Deille un lavado de cara. A ver se no futuro un filólogo de galego se anima (eu non o son; son de inglés) a ampliar os contidos de maneira certeira e rigorosa. Saúde! --Atobar (conversa comigo) 25 de maio de 2015 ás 15:37 (UTC)[responder]

25 de maio de 2015 ás 16:12 (UTC)

Acaroar

Se te refires ás vivendas, son vivendas acaroadas. --Atobar (conversa comigo) 25 de maio de 2015 ás 19:28 (UTC)[responder]

Licenza de fotos

Bo dia Elisardojm. A imaxe foi collida do facebook da propia compañía co permiso deles. Enviáronme esa fotografía en concreto para maior calidade e sinxelamente comentáronme que o autor é X. Rivera. O propio fotógrafo confirmou esta licenza. Para discutilo con el, aqui o seu contacto. Saúdo--HJ (conversa) 27 de maio de 2015 ás 08:58 (UTC)[responder]

Borrado

Agardo que este asunto das licenzas non fose o motivo da proposición para eliminar a entrada. Por suposto, se considera vostede que o artigo non ten "relevancia enciclopédica", está no seu dereito a propoñela para borrado. Saúdos e desculpas pola molestia. --HJ (conversa) 27 de maio de 2015 ás 09:32 (UTC)[responder]

The Signpost: 27 May 2015

re:citas harvard

Boas! Desculpas pola tardanza, andaba de ruta por ahí. Xa quedou, había unha que non funcionaba, porque na entrada da bibliografía faltaba |ref=harv nun dos modelos {{cita libro}}. Xa quedan todas funcionando :) ☣Banjo tell me 29 de maio de 2015 ás 22:39 (UTC) [responder]

Se tes tempo

Boas Elisardojm! Se tes tempo poderías botarlle unha revisión ortográfica ao artigo Johann Sebastian Bach? Pensaba en propoñelo para calidade nos próximos días, pero preferiría que antes algún usuario revisara a ortografía para que haxa menos problemas... hai tempo pedinllo a Lameiro, pero debeu perder o interés no artigo despois de terlle pedido que mo deixara rematar. Se te animas a revisalo e se te ocorre algunha posible mellora (quitando as numerosísimas ligazóns internas en vermello) avisame para ver se son eivas que se podan solucionar. Unha aperta!! Piquito (conversa) 30 de maio de 2015 ás 22:40 (UTC)[responder]

Non te preocupes, parece que xa o está a revisar Estevoaei, puxo o marcador "en uso" no artigo logo de avisarte. Fai o teu traballo e non te preocupes por Bach, logo se queres o podes revisar se ao final é proposto. Graciñas! Piquito (conversa) 31 de maio de 2015 ás 01:50 (UTC)[responder]

grazas polas correcións

Grazas polas s uas correcións no artigo Espada, que usou o corrector ortográfico galego en liña?--Eoax (conversa) 31 de maio de 2015 ás 09:41 (UTC)[responder]

1 de xuño de 2015 ás 15:30 (UTC)

Imaxes casas concellos e parroquias

Moitas grazas polo aviso dos proxectos. Non os coñecía e a verdade que me parecen interesantes, de seguro que participarei con algunhas fotos. Un saúdo. --RodrigoRega (conversa) 5 de xuño de 2015 ás 21:48 (UTC)[responder]

The Signpost: 03 June 2015

8 de xuño de 2015 ás 15:21 (UTC)

Finlandia

Grazas, Elisardojm. Expliqueille ao usuario o que cumpría, e ofrecinme para responder máis preguntas se fose necesario. En calquera caso, o que non sei é por que esas cidades se crearon co nome finlandés primeiro. Vou mirar os históricos, a ver qué pasou. Porque creo que, co debido respecto ás opinións dos demais, algúns están tan pendentes destas batallas lingüísticas que perden a perspectiva sobre todo o demais. Un saudio, e moitas grazas! --Xabier Cid Talk 2 me, please 9 de xuño de 2015 ás 08:43 (UTC)[responder]

Estou vendo que o usuario ten razón. deusss... Estas páxinas foron movidas ao seu nome finlandés "en aplicación dunhas políticas" (sic) que din exactamente que non hai que mover o artigo. Voullo explicar e facer os movementos cando sexa preciso. --Xabier Cid Talk 2 me, please 9 de xuño de 2015 ás 08:51 (UTC)[responder]
Efectivamente. Pietarsaari ou como sexa ten que quedar con ese nome. :) Acabo de explicarllo tamén a Piquito --Xabier Cid Talk 2 me, please 9 de xuño de 2015 ás 09:00 (UTC)[responder]

Revival e coreografías

Revival, nese caso, creo que ten que ver con novas montaxes, producións, reposicións etc. En canto a *coreografar ou **coreografiar, ningunha das dúas vale. No segundo caso é de todo incorrecto, no primeiro é un neoloxismo innecesario. Outra vez habería que falar de "crear/facer/montar/deseñar/representar a coreografía". Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 9 de xuño de 2015 ás 15:49 (UTC)[responder]

Non, non. O verbo fotografar si é correcto. *coreografar, non.—o anterior comentario sen asinar foi feito por Atobar (conversacontribucións) 9 de xuño de 2015 ás 23:37

Stravinski

Boas Elisardojm! Cambia todo o que queras relacionado con Stravinski (categorías, nomes en artigos...) agás os títulos de libros ou CDs. Certamente non sei como se escribe en galego, non coñezo bibliografía en galego, o tema da música clásica está moi pouco tratado no sector editorial galego, así que se o artigo está así escrito o mudamos todo por coherencia. Por certo, nunha antiga revisión de Sacre HombreDHojalata mudou todas as notas que puxera a referencias, poderías poñelas de novo como notas? Non sei como revertir unha edición se despois desa houbo outras. E outra cousa, xa contestaron á túa pregunta sobre o título da 1ª sección na Wikipedia en inglés... realmente ese tema non é moi relevante para o artigo, se cres que a referencia non é consistente pode omitirse o dato, o de menos é o nome que fora ter cada sección, eu non lle daría máis voltas a ese tema. Unha aperta!! Piquito (conversa) 9 de xuño de 2015 ás 17:53 (UTC)[responder]

Boas outra vez, Elisardojm! Claro que podes engadir eso! Non tes que pedirme permiso, ti méteo e xa está! Logo se eu ou outro usuario vemos algo que non nos cadre xa correxiremos, reescribiremos, suprimiremos, ou te iremos buscar á casa cun bate de béisbol XD Dalle sen medo, e grazas por revisar o artigo, así aínda que non saia elixido quedará xa corrixido. Unha aperta! Piquito (conversa) 11 de xuño de 2015 ás 18:56 (UTC)[responder]
Nada! Se pesado son eu! O digo máis que nada para que aforres tempo! Apertas! Piquito (conversa) 12 de xuño de 2015 ás 18:32 (UTC)[responder]

RE:Ferramenta

Probei importando a túa versión no meu vector.js e máis no meu global.js de meta, pero non funcionou. Pode ser desde que non se estea a cargar o familytree.js por algún motivo, que non detecte ben a inclusión do modelo ou que non consiga crear a ligazón da ferramenta no menú da esquerda. A versión orixinal sí funciona na wiki inglesa, se consigo sacar algo de tempo sigo revisando máis tarde, pero está complicada a cousa :( ☣Banjo tell me 11 de xuño de 2015 ás 06:50 (UTC) [responder]

The Signpost: 10 June 2015

News, reports and features from the English Wikipedia's weekly journal about Wikipedia and Wikimedia
Read this Signpost in full · Single-page · Unsubscribe · Global message delivery 13 de xuño de 2015 ás 18:09 (UTC)

árbore xenealóxica

Ola, Elisardo; moitas grazas por lle adicar tempo a este enredo.

O caso é que cando hai varios/as irmáns/ás, adoita ordenarse de esquerda a dereita por orde de nacemento, polo que Darío Álvarez Blázquez debería ir á esquerda do seu irmán Celso, pois foi o maior; do mesmo modo, Darío Álvarez Gándara debe ir á esquerda do seu irmán Alfonso.
O dos números éme un pouco lioso, non sei exactamente cal é o criterio, a verdade.

Se che parece, podemos agardar a que estea de volta HombreDeHojalaa, e consultarlle a el os pormenores do modelo, a ver se el se manexa mellor.

Mil grazas de novo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 15 de xuño de 2015 ás 14:05 (UTC)[responder]

15 de xuño de 2015 ás 15:04 (UTC)

Re:Parámetros obsoletos en refs

Boas meu! Creo que van quedando bastante ben as refs, a maiores de correxir as últimas que van quedando con erros falta revisar a documentación e os templateData dos modelos de citas que xa había mailos novos que trouxen. Xa vin que andas correxindo tamén, moitas grazas pola axuda :D

  • Os parámetros obsoletos defínense en Módulo:Citas/Whitelist, son os que teñen o valor "false". Son parámetros que funcionan ben, pero que deberían trocarse por outros máis axeitados, p.ex, o máis habitual que atopei ata o de agora é |coautores=, que debería cambiarse por |autores= unindo a tódolos autores nese só, ou dividilos en |autor1=, |autor2= etc. Agora ben, para definir se o erro se fai visible ou non, haino que cambiar en Módulo:Citas/Configuration, na mesma sección "Condicións de erro", a entrada destes é deprecated_params. Ahí podese cambiar hidden=true para hidden=false, e así amosarán o mensaxe de erro. Hai bastantes nesa cat, para esa e máis para a de "sen url con data de acceso" son partidario de deixalos ocultos, ao ser problemas relativamente "menores", pero si cres que podemos correxilos en tempo non hai fallo, confirmame ahí e cambiámolo nun tris :) ☣Banjo tell me 17 de xuño de 2015 ás 10:01 (UTC)[responder]

Bach

Boas Elisardojm! Xa contestei ás dúas cuestións que plantexabas na Conversa:Johann Sebastian Bach. Graciñas!! Piquito (conversa) 17 de xuño de 2015 ás 10:07 (UTC)[responder]

Boas Elisardojm! Parécenme ben os cambios que fixeches, o único co que non concordaba era con poñer a data do libro entre paréntese antes do título do libro, máis que nada porque antes había outro libro no que aparecía ao revés (libro primeiro e logo data entre paréntese), de todos xeitos eso xa o corrixiu outro editor. Grazas por animarte a revisar o artigo, así aínda que agora non chame moito a atención xa quedará listo para unha futura proposta. Unha aperta!! Piquito (conversa) 22 de xuño de 2015 ás 17:52 (UTC)[responder]

The Signpost: 17 June 2015

Liberdade de panorama

Pisácheme a tradución :P. Era ben enviar un mensaxe en masa á lista xeral de usuarios, hai xente por ahi que non anda activa aquí pero sí nas redes sociais que pode axudar a difundilo :) ☣Banjo tell me 22 de xuño de 2015 ás 09:49 (UTC) [responder]

Non deixes que a UE nos roube a Liberdade de Panorama

Boas, na taberna hai un aviso sobre un posible cambio na lexislación europea para cambiar a Liberdade de Panorama que faría que unha gran cantidade das imaxes da Wikipedia tiveran que ser borradas. É importante que coñezas este problema e que actúes dentro do que poidas. Saúdos, MediaWiki message delivery (conversa) 22 de xuño de 2015 ás 10:13 (UTC)[responder]

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non queres seguir recibindo estas mensaxes podes quitar o teu usuario desta lista.

Non deixes que a UE nos roube a Liberdade de Panorama

Boas, na taberna hai un aviso sobre un posible cambio na lexislación europea para cambiar a Liberdade de Panorama que faría que unha gran cantidade das imaxes da Wikipedia tiveran que ser borradas. É importante que coñezas este problema e que actúes dentro do que poidas. Saúdos, MediaWiki message delivery (conversa) 22 de xuño de 2015 ás 10:17 (UTC)[responder]

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non queres seguir recibindo estas mensaxes podes quitar o teu usuario desta lista.

22 de xuño de 2015 ás 15:23 (UTC)

Poñer aviso polo tema da liberdade de panorama

Boas, fixen unha proposta na taberna para poñer un aviso nos artigos polo tema da Liberdade de Panorama que está a revisarse na Unión Europea. Se tes un momento libre bótalle unha ollada. Saúdos, Elisardo. MediaWiki message delivery (conversa) 23 de xuño de 2015 ás 17:50 (UTC)[responder]

Feito! Feito! Co módulo template.py é bastante doado cambiar modelos sinxelos coma estes, faise en automático. {{smallcaps}} e {{versalita}} quedan coma redireccións. ☣Banjo tell me 25 de xuño de 2015 ás 09:37 (UTC) [responder]

The Signpost: 24 June 2015

Botonciño

Entrométome :P. Seguramente non se vexa ben porque non temos a clase esa definida no css (submit ui-button ui-widget blablabla) ☣Banjo tell me 27 de xuño de 2015 ás 20:00 (UTC) [responder]

  • Non ta ahi no css non XD. Polo visto son clases internas do MediaWiki. Por un lado, para que funcione hai que poñelas como "mw-ui-button", co mw diante. Por outro, con esas clases non quedaba ben, blanco e negro, non sei moi ben porqué. Ao final copiei ó da wiki :es, creo que queda ben agora :) ☣Banjo tell me 27 de xuño de 2015 ás 21:08 (UTC)[responder]

cita web

Solucionado, creo. Había que cambialo no Módulo:Citas principal :) ☣Banjo tell me 29 de xuño de 2015 ás 13:33 (UTC) [responder]

29 de xuño de 2015 ás 15:56 (UTC)

RE: CLDR

Pois non hai moito tempo (se non queremos agardar un ano enteiro) porque as votacións para o novo lanzamento están a piques de rematar. Xa estaba metido no proxecto, así que me poño a investigar ao longo desta mañá. --Toliño Fala aquí comigo 30 de xuño de 2015 ás 07:58 (UTC)[responder]

Atopei xa onde facer o cambio. Non obstante, asáltame unha dúbida. Segundo vin na votación da Taberna estanse substituindo os puntos por espazos irrompibles (&nbsp;; ocupa isto:  ). Non sei ata que punto non sería mellor usar o espazo irrompible fino (&#8239;; ocupa isto: ). De feito, no Libro de estilo a terceira nota fai referencia ao grosor do espazo. Bota unha ollada (arriba o espazo normal e abaixo o fino):
1 234 567 890,123 45
1 234 567 890,123 45
Desde logo, en canto a claridade no código é incluso peor o espazo fino: o seu nome en HTML está formado por números no canto de letras, o que mete novos números para crear o espazo dentro do número que se está a escribir. Malia isto, persoalmente gústame máis o fino; e creo que o estándar tamén di que o fino é preferible sobre o "normal". Ou? --Toliño Fala aquí comigo 30 de xuño de 2015 ás 08:47 (UTC)[responder]
Pois creo que teño malas novas... Non teño dispoñible o botón de engadir. Poida que xa non se acepten novas achegas e só se poden votar as xa presentadas. O período para enviar novas traducións debeu rematar hai pouco. Intentei crear un conflito votando a coma como separador dos grupos para ver se había posibilidade de especificar outra opción e tampouco. Ademais, vexo que ese elemento en particular necesita 20 votos para poder cambiarse! Mesmo se agardamos ao seguinte lanzamento, non vai ser doado. Se queres velo ti, entrando na ferramenta "Survey Tool" e seleccionando "Galician" tes que ir ao apartado "Numbers", subapartado "Symbols" (é o terceiro, "group"); picas sobre el e ves á dereita toda a información. --Toliño Fala aquí comigo 30 de xuño de 2015 ás 09:41 (UTC)[responder]
Deixei a mensaxe no CLDR. --Toliño Fala aquí comigo 30 de xuño de 2015 ás 10:26 (UTC)[responder]

Taberna

Ti que xa tes experiencia no tema, bótalle un vistazo a isto se non estás moi liado. Eu apúntome, a organizar e participar. Ocórreseme charla conceptos basicos galipedia + a tua demostración do editor visual, segundo se defina o que queren facer e o tempo que haxa dispoñible. O que sí non deixou medio de contacto, ó mellor Estevo ten máis info. ☣Banjo tell me 30 de xuño de 2015 ás 10:49 (UTC) [responder]

árbore xenealóxica

Boas. Boteille unha primeira pasada á árbore e traducín os nomes. Agora non teño tempo para continuar. Hai algún erro pero prometo corrixilos. Non comprobei cantos destes artigos xa existen, se cadra con outro nome. Cando poida mirareino.Servando2 (Dime) 3 de xullo de 2015 ás 14:45 (UTC)[responder]

The Signpost: 01 July 2015

News, reports and features from the English Wikipedia's weekly journal about Wikipedia and Wikimedia
Read this Signpost in full · Single-page · Unsubscribe · Global message delivery 3 de xullo de 2015 ás 21:00 (UTC)

Carlos López García-Picos

Boas Elisardojm! Retoquei as dúas cousas que indicabas na conversa do artigo de Carlos López García-Picos, mira que che parece. Creo que se cadra podería propoñerse para calidade nos próximos días para que vaia á portada coa estreliña, como o ves? Será axeitado? É completo, pero non sei se o suficiente, tampouco hai moito onde mirar. Piquito (conversa) 5 de xullo de 2015 ás 20:32 (UTC)[responder]

Non te preocupes! Se tal xa podes facer ti a proposta se o ves axeitado (así non fago autoproposta), e se cres que non dá o nivel queda como está, tampouco pasa nada. --Piquito (conversa) 6 de xullo de 2015 ás 10:25 (UTC)[responder]
Boas Elisardojm!! Sobre a imaxe da ficha non sei nada. Supoño que será efectivamente unha obra propia, Carlos tivo alumnos con ese apelido (non o nome, que eu coñeza) e ben podería ser unha foto que lle sacou o familiar de algún alumno, por exemplo. Eu non desconfío da imaxe, creo na boa fe da xente, e sabendo que tivo alumnos apelidados Ares desconfío menos... outra cousa é que logo alguén descubra que non é o que se indica, pero en principio non parece que haxa problemas con ela. Síntoo, pero todo o que podo aportar eu son suposicións en base ao que sei. Unha aperta!!! Piquito (conversa) 7 de xullo de 2015 ás 13:59 (UTC)[responder]
6 de xullo de 2015 ás 15:13 (UTC)

RE:Máis citas Harvard

Pódese si. Na entrada do libro na bibliografía indícanse os dous apelidos da forma |apelidos1=Espiño Ares e logo na cita harvard de turno poñense os dous tamén, no primeiro parámetro: {{Cita Harvard|Espiño Ares|2011|...}} Queda cambiado xa ahi para ese autor nese artigo :) ☣Banjo tell me 7 de xullo de 2015 ás 05:51 (UTC) [responder]

Re:Outro choio para o bot

Non é complicado, queda apuntado na lista de tarefas. A ver se me da tempo de facelo hoxe pola tarde, se non terá que esperar ó domingo tarde-noite. ☣Banjo tell me 10 de xullo de 2015 ás 09:28 (UTC) [responder]

  • Díxenche domingo, pero non qué domingo... :D. Queda feita a parte do bot para *Sudáfrica -> Suráfrica. Nun ratiño póñome a mover as categorías, que esas teñen que ir a man. En canto termine avísote para que lle deas unha revisada. ☣Banjo tell me 16 de xullo de 2015 ás 19:41 (UTC)[responder]

The Signpost: 08 July 2015

News, reports and features from the English Wikipedia's weekly journal about Wikipedia and Wikimedia
Read this Signpost in full · Single-page · Unsubscribe · Global message delivery 11 de xullo de 2015 ás 04:51 (UTC)
13 de xullo de 2015 ás 15:06 (UTC)

RE: Novo dereito de usuario

Xa vira as mensaxes. Deixeinas porque preferín reflexionar uns días para ver se se me ocorría algo. Polo de agora, só "movedor" e "trasladador". Cando estou nestas situacións, adoito agardar por traducións noutras linguas (francés, portugués, castelán, catalán), que ás veces dan ideas. --Toliño Fala aquí comigo 14 de xullo de 2015 ás 10:58 (UTC)[responder]

Éche unha mágoa que arestora o galego teña unhas porcentaxes de tradución algo pobres, quitando MediaWiki. Lembro cando non hai tanto tempo case conseguimos ter moitos dos proxectos ao 100%. O de sempre: moito por facer, pouca xente. O meu regreso á Galipedia pasa en gran medida por darlle bastante duro á localización do galego alí, o que me restará tempo para facer outras cousas que teño pendentes por aquí. O que me dá forzas para seguirmos traballando é mirar para atrás e ver todo o que entre todos fomos conseguindo aos poucos. --Toliño Fala aquí comigo 14 de xullo de 2015 ás 13:50 (UTC)[responder]
A idea pode ser boa. A viabilidade quizais non a vexa tan clara. Nesta vida, poucas cousas se dan de balde. As EOI supoño que teñen servizo de tradución, que queda descartado. E aínda que o traballo se faga por parte de alumnos, descoñezo se a metodoloxía de traballo permitiría facer tal cousa. Non quero soar desalentador así de entrada, pero teño esas dúbidas. --Toliño Fala aquí comigo 15 de xullo de 2015 ás 17:31 (UTC)[responder]
Por certo, xa podes ir soltando (aos poucos) algunhas desas tarefas que me tiñas preparadas. Que teño gana de facer cousas por aquí. --Toliño Fala aquí comigo 15 de xullo de 2015 ás 17:33 (UTC)[responder]

RE: Pregunta e traballiño

Ben, vese que hoxe ando atontado.

  1. Cal é o obxectivo de termos un modelo "máis simple" de {{Mapa de localización}}? Non abonda co que xa temos? Se o problema son os parámetros en galego, pódese facer (con traballo, descoñezo se un bot é fácil de programar para que faga a tarefa) que no mesmo modelo sirvan os parámetros en inglés e as traducións que se definan dos mesmos.
  2. Non consigo facer funcionar o script en ningures. Nin aquí nin na Wikipedia en inglés. Non vexo que me apareza nada. Que e onde se supón que ten que aparecer a ferramenta?

--Toliño Fala aquí comigo 16 de xullo de 2015 ás 10:30 (UTC)[responder]

Re: Teixo dos Tenreiro

Eu tamén cría que xa tiña imaxe. Non hai problema en facerlle unha foto ao que queda. Teño libros onde aparecen imaxes antigas do teixo pero non sei se se poden reproducir. Non estou ao tanto dos dereitos de autor e os anos que teñen que pasar. Saúdos, --Xosé Antonio (fálame sempre) 16 de xullo de 2015 ás 11:04 (UTC)[responder]

The Signpost: 15 July 2015

help request

Ola, Elisardo! Como vai?

A ver se me podes axudar, que probei pero non lle dou pillado o xeito. Quería facer un mapa como o de Galipedistas, para os equipos da Asociación Galega de Fútbol Gaélico. Podes botarlle un ollo?

Graciñas mil! --Estevo(aei)pa o que queiras... 16 de xullo de 2015 ás 23:35 (UTC)[responder]

modelo concello

vexo que ves de semiprotexer o modelo concello. Na páxina de conversa do modelo con data maio de 2014 (vai máis dun ano) advetiuse dun erro no código. O formato para o nome do concello en letra tamaño grande non ía. Ninguén o solucionou dende entón e por eso se fixo o troco agora. Pasou de tamaño estandar 125%, que non lucía o nome do concello a un tamaño 150%, son modificacións visuais e como tal cada quen ten a súa opinión. Pero penso que é importante que se vexa máis o nome do concello. https://gl.wikipedia.org/wiki/Conversa_modelo:Concello 200.192.248.74 19 de xullo de 2015 ás 20:22 (UTC)[responder]