Irixoa: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
→‎Demografía: táboa de poboación da wikipedia ukraína
Caronium (conversa | contribucións)
eleccións 2015
Liña 21: Liña 21:
galego ano= 2011|
galego ano= 2011|
totalgalego= 84,84|
totalgalego= 84,84|
elec ano= 2011|
elec ano= 2015|
pp= 7|
pp= 7|
votospp= votos - |
votospp= votos - |

Revisión como estaba o 18 de xullo de 2015 ás 23:14


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

Coordenadas: 43°14′2.38″N 8°0′57.66″O / 43.2339944, -8.0160167

Irixoa
Escudo de Irixoa
Casa do concello.
Situación
Xentilicio[1]irixoés (non oficial)
Xeografía
ProvinciaProvincia da Coruña
ComarcaComarca de Betanzos
Poboación1.421 hab. (2014)[2][3]
Área68,6 km²[3]
Densidade20,71 hab./km²
Entidades de poboación7 parroquias[4]
Capital do concelloIrixoa
Política (2015)
AlcaldeAntonio Deibe Sanmartín (PPdeG)
ConcelleirosBNG: 1
PPdeG: 7
PSdeG-PSOE: 1
Eleccións municipais en Irixoa
Uso do galego[5] (2011)
Galegofalantes84,84%
Na rede
www.irixoa.es
editar datos en Wikidata ]

Irixoa é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Betanzos. Segundo o IGE en 2014 tiña 1.421 habitantes. O seu xentilicio (non oficial) é irixoés.

Xeografía

Paisaxe en Irixoa.

Situación

O concello, de 68,6 km², limita ao norte cos municipios de Miño, Vilarmaior e Monfero, ao sur con Aranga e Coirós, ao leste con Monfero e Aranga, e ao oeste con Paderne.

Orografía e hidrografía

Está nunha zona de transición entre a chaira da Terra Chá e as comarcas costeiras das Mariñas e Ferrolterra. Cara ao leste na prolongación da Serra da Loba están o Pico de Vales (702 m) e Monte Vila (684 m), entre os cales nace o río Zarzo, afluente do Mandeo. Cara ao oeste hai un perfil máis suave, polo que discorre o río Lambre, que desemboca na Ponte do Porco.

Demografía

Censo total 2014 1.421 habitantes
Menores de 15 anos 82 (5.77 %)
Entre 15 e 64 anos 809 (56.93 %)
Maiores de 65 anos 530 (37.3 %)
Evolución da poboación de Irixoa   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023
3.561 3.819 3.548 2.138 1.619 1.526 1.502 1.492 1.442
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Historia

Durante a Idade Media a zona pertenceu ao arciprestado de Pruzos, incluíndo tamén as parroquias de Paderne e Adragonte (concello de Paderne), dependente da arquidiocese de Santiago de Compostela, e pertencente ao condado de Lemos. O Conde nomeaba un xuíz, que exercía no Pazo de Irixoa.

Durante o Antigo Réxime e até o final do Reino de Galiza a zona pertenceu á provincia de Betanzos. Trala División territorial de España en 1833 pasou a formar parte da provincia da Coruña.

Cultura

Símbolos

O escudo do concello ten a seguinte descrición: de ouro e sobre ondas de azur e prata, un monte de sinople cargado de sete estrelas de prata e acompañado de dúas cruces ensanchadas de goles. Ao timbre, coroa real pechada. O cumio a que se refire é o monte de San Antón. As sete estrelas, aluden ás actuais sete parroquias, e as cruces ensanchadas refírense ás igrexas parroquiais de San Antón e Churío.

Economía

Infraestruturas de transporte

O municipio está atravesado de oeste a leste pola estrada comarcal AC-640 (Betanzos - Viveiro) e a autonómica AC-151 (Montesalgueiro - Pontedeume).

Medios de comunicación

Neste concello realizouse a gravación do programa de tele-realidade A Casa de 1906, o primeiro programa de tele-realidade feito en Galicia.

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Irixoa.

Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Instituto Nacional de Estadística, ed. (27 de decembro de 2019). "Cifras oficiales de población resultantes de la revisión del Padrón municipal a 1 de enero". Consultado o 2 de xuño de 2020. (en castelán).
  3. 3,0 3,1 Instituto Galego de Estatística. (2023) "Irixoa".Información municipal. Sociedade e poboación. Xunta de Galicia.
  4. Nomenclátor de Galicia. Busca directa. Xunta de Galicia
  5. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Arquivado dende o orixinal o 5 de decembro de 2019. Consultado o 14 de outubro de 2014. Fonte: IGE. Datos dispoñibles nas Táboas Dinámicas de Google 

Véxase tamén

Outros artigos

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Irixoa

Ambroa (San Tirso) | Churío (San Martiño) | Coruxou (San Salvador) | Irixoa (San Lourenzo) | Mántaras (Santa María) | Verís (Santa María) | A Viña (Santaia)