Brión: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
→‎Demografía: táboa de poboación da wikipedia en ukraíno
Liña 72: Liña 72:
|}
|}


<timeline>
Colors=
id:lightgrey value:gray(0.8)
id:darkgrey value:gray(0.6)
id:bar value:rgb(1,0.75,0.4)

ImageSize = width:500 height:300
PlotArea = left:50 bottom:20 top:20 right:30
DateFormat = x.y
Period = from:0 till:8000
TimeAxis = orientation:vertical
AlignBars = justify
ScaleMajor = gridcolor:darkgrey increment:1000 start:0
ScaleMinor = gridcolor:lightgrey increment:200 start:0
BackgroundColors = canvas:white

PlotData=
color:bar width:20 align:left
bar:1900 from:0 till:5681
bar:1910 from:0 till:5836
bar:1920 from:0 till:5792
bar:1930 from:0 till:6129
bar:1940 from:0 till:6811
bar:1950 from:0 till:6966
bar:1960 from:0 till:6642
bar:1970 from:0 till:5679
bar:1981 from:0 till:5942
bar:1991 from:0 till:5752
bar:2001 from:0 till:6292
bar:2009 from:0 till:7205
bar:2014 from:0 till:7519

PlotData=
bar:1900 at: 5681 fontsize:S text:5.681 shift:(-10,5)
bar:1910 at: 5836 fontsize:S text:5.836 shift:(-10,5)
bar:1920 at: 5792 fontsize:S text:5.792 shift:(-10,5)
bar:1930 at: 6129 fontsize:S text:6.129 shift:(-10,5)
bar:1940 at: 6811 fontsize:S text:6.811 shift:(-10,5)
bar:1950 at: 6966 fontsize:S text:6.966 shift:(-10,5)
bar:1960 at: 6642 fontsize:S text:6.642 shift:(-10,5)
bar:1970 at: 5679 fontsize:S text:5.679 shift:(-10,5)
bar:1981 at: 5942 fontsize:S text:5.942 shift:(-10,5)
bar:1991 at: 5752 fontsize:S text:5.752 shift:(-10,5)
bar:2001 at: 6292 fontsize:S text:6.292 shift:(-10,5)
bar:2009 at: 7205 fontsize:S text:7.205 shift:(-10,5)
bar:2014 at: 7519 fontsize:S text:7.519 shift:(-10,5)
</timeline>
{{Hab info|5.681|6.129|6.966|6.790|6.684|7.205||7.369}}
{{Hab info|5.681|6.129|6.966|6.790|6.684|7.205||7.369}}



Revisión como estaba o 18 de xullo de 2015 ás 14:45

Coordenadas: 42°51′50″N 08°40′46″O / 42.86389, -8.67944

Brión
Logo de Brión
Escudo de Brión
Capela de Santa Minia.
Situación
Xentilicio[1]brionés
Xeografía
ProvinciaProvincia da Coruña
ComarcaComarca de Santiago
Poboación7.519 hab. (2014)[2][3]
Área74,9 km²[3]
Densidade100,39 hab./km²
Entidades de poboación9 parroquias[4]
Capital do concelloPedrouzos
Política (2011)
AlcaldeJosé Luis García García (PSdeG-PSOE)
ConcelleirosBNG: 1
PPdeG: 4
PSdeG-PSOE: 8
Outros: -
Eleccións municipais en Brión
Uso do galego[5] (2001)
Galegofalantes64,27%
Na rede
www.concellodebrion.org
editar datos en Wikidata ]

Brión é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Santiago.

Demografía

Segundo o padrón municipal (INE 2014) conta con 7.519 habitantes (3.643 homes e 3.876 mulleres) (7.205 en 2009; 7.087 en 2007; 6.972 en 2006, 6.849 en 2005). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é brionés.

Censo total 2014 7.519 habitantes
Menores de 15 anos 1.161 (15.44 %)
Entre 15 e 64 anos 4.877 (64.86 %)
Maiores de 65 anos 1.481 (19.7 %)
Evolución da poboación de Brión   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023
5.681 6.129 6.966 6.790 6.684 7.205 7.369
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Xeografía

Brión ten unha superficie de 74,9 km². Limita cos concellos de Ames, Negreira, Outes, Noia, Lousame, Rois e Teo. Abrangue 9 parroquias e 107 entidades de poboación, sendo a súa capital Pedrouzos. O seu relevo é ondulado, cunha altitude mínima de 30 m sobre o nivel do mar e unha máxima de 525 m.

Historia

Consérvanse restos da cultura megalítica, como o campo de mámoas de Raña Longa. Da cultura castrexa consérvase o sitio arqueolóxico de Santa Cecía, o castro Lupario, castros de Lamiño, Boullón, Forxán, Pousada, Vioxo e Ons. Logo da romanización, por estas terras pasaba a vía romana per loca maritima. Os romanos tamén construíron o hipocaustum de Cirro.

Durante o antigo réxime as terras de Brión estiveron baixo o dominio da familia dos Moscoso, que desde o castelo de Altamira dominaban boa parte do norte de Galiza. Trala batalla de Altamira, que tivo lugar en 1471 contra as tropas do arcebispo de Compostela Alonso II de Fonseca, Rui Sánchez de Moscoso deuse o título de I Conde de Altamira. Con todo, a fortaleza de Altamira foi quedando deshabitada por mor do progresivo traslado da nobreza galega á corte debido á política centralista levada a cabo polo reino de Castela desde os Reis Católicos, até o seu abandono total no século XIX.

Patrimonio

Arquitectura relixiosa

A maioría dos templos relixiosos desta zona foron reformados na época barroca. A igrexa parroquial de San Xulián de Bastavales ten ao seu pé unha capela da Virxe do Carme. O templo neoclásico de Luaña, conserva a primitiva cabeceira románica e pinturas medievais. A igrexa de Ons ten un retablo pétreo presidido pola Virxe da Asunción.

O santuario de Santa Minia foi construído no século XIX para honrar os restos da mártir romana, traídos desde Cádiz por un devoto emigrante. Aínda sen rematar, ten trazas dunha gran basílica.

A capela da Nosa Señora de Guadalupe está situada no Tremo, ao pé da estrada Santiago-Noia, coa mesta arboreda do campo da feira.

Arquitectura civil

Consérvanse diversos pazos e casas grandes, como o pazo de Barbeira (en Trasouteiro, que fora dos condes de Altamira e ten unha magnífica fonte barroca), o pazo de Armesto (en Salaño Pequeno, Ons, recentemente restaurado xunto cunha capela), o pazo do Armental (nos Ánxeles), o pazo do Casal (en proceso de reconstrución, coa capela de San Xosé acaroada) e a casa de Pardo (en Ons, cun escudo de armas).

Arquitectura popular

A fonte do Tremo está coroada por un busto do filántropo local Vicente Ramos Rodríguez, esculpido por Francisco Asorey. A fonte da igrexa de Bastavales foi pagada polos emigrantes da parroquia na Habana. En Bastavales, sobre o río Tinto, consérvase unha ponte medieval.

No concello hai máis de 60 cruceiros, en adros de igrexas, encrucilladas, quinteiros das aldeas e beiras de camiños reais. Destacan dous de capela ou loreto (un en Pousada, Viceso, datado en 1637, e outro en Vioxo de Abaixo, Luaña) ou o cruceiro de Bemil (preto da igrexa de Bastavales, coas primeiras mazarocas de millo da anada penduradas como ex-voto).

Política

Xosé Luís García García, viu sendo alcalde de forma ininterrompida desde as eleccións municipais de 1979, até o 2007 como independente, e desde as eleccións municipais de 2007 encabezando a lista do PSdeG. A actual corporación municipal está composta por 13 concelleiros, 8 do PSdeG, 3 do PPdG e 2 do BNG.

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Brión.

Parroquias

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Brión

Os Ánxeles (Santa María) | Bastavales (San Xulián) | Boullón (San Miguel) | Brión (San Fins) | Cornanda (Santa María) | Luaña (San Xulián) | Ons (Santa María) | San Salvador de Bastavales (San Salvador) | Viceso (Santa María)

Lugares de Brión

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Brión vexa: Lugares de Brión.

Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Instituto Nacional de Estadística, ed. (27 de decembro de 2019). "Cifras oficiales de población resultantes de la revisión del Padrón municipal a 1 de enero". Consultado o 2 de xuño de 2020. (en castelán).
  3. 3,0 3,1 Instituto Galego de Estatística. (2023) "Brión".Información municipal. Sociedade e poboación. Xunta de Galicia.
  4. Nomenclátor de Galicia. Busca directa. Xunta de Galicia
  5. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Arquivado dende o orixinal o 5 de decembro de 2019. Consultado o 14 de outubro de 2014. Fonte: IGE. Datos dispoñibles nas Táboas Dinámicas de Google 

Véxase tamén

Ligazóns externas

Bibliografía