Alfred Russel Wallace: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Almaffi (conversa | contribucións)
→‎Traxectoria: engadir contido
Etiquetas: edición desde un dispositivo móbil Edición feita a través da aplicación móbil
Almaffi (conversa | contribucións)
→‎Traxectoria: engadir contido
Etiquetas: edición desde un dispositivo móbil Edición feita a través da aplicación móbil
Liña 7: Liña 7:


Wallace naceu no seo dunha familia acomodada. Aínda que puido asistir a unha boa escola na infancia, de seguida tivo que traballar para axudar á súa familia. Inicialmente traballou coma supervisor topográfico, labor que lle permitía o contacto coa natureza. Iniciando así o seu interese pola botánica. Ademais completaba a súa formación por medio da lectura autodidacta.
Wallace naceu no seo dunha familia acomodada. Aínda que puido asistir a unha boa escola na infancia, de seguida tivo que traballar para axudar á súa familia. Inicialmente traballou coma supervisor topográfico, labor que lle permitía o contacto coa natureza. Iniciando así o seu interese pola botánica. Ademais completaba a súa formación por medio da lectura autodidacta.
Wallace foi un naturalista viaxeiro, como moitos na súa época, que acompañou por exemplo a [[Henry Walter Bates|Henry Bates]] á Amazonia. Henry Bates era un afecionado á [[entomoloxía]], e coñeceu a Wallace no 1844, cando se trasladara a [[Leicester]] para traballar coma profesor. Entre 1854 e 1862, época do achado da selección natural, viaxou por [[Insulindia]] (o [[arquipélago malaio]]) recollendo especimes. Wallace recolleu as súas experiencias no libro ''The Malay Archipelago''<ref>{{Cita libro
Wallace foi un naturalista viaxeiro, como moitos na súa época, que acompañou por exemplo a [[Henry Walter Bates|Henry Bates]] á Amazonia. Henry Bates era un afecionado á [[entomoloxía]], e coñeceu a Wallace no 1844, cando se trasladara a [[Leicester]] para traballar coma profesor. Ambos viron a oportunidade de gañarse a vida mediante a venda de animais e prantas a institucións e coleccións privadas da época. Así no 1848 iniciaron o seu percorrido por Sudamerica, percorrendo o Amazonas e o Río Negro. Simultaneamente comezaba as súas observacións e traballos coma naturalista.
Entre 1854 e 1862, época do achado da selección natural, viaxou por [[Insulindia]] (o [[arquipélago malaio]]) recollendo especimes. Wallace recolleu as súas experiencias no libro ''The Malay Archipelago''<ref>{{Cita libro
| nome = Alfred Russel
| nome = Alfred Russel
| apelidos = Wallace
| apelidos = Wallace

Revisión como estaba o 13 de xullo de 2015 ás 15:25

Ficheiro:Alfred Russel Wallace.jpg
Alfred Russel Wallace.

Alfred Russel Wallace, nado en Usk (Monmouthshire) o 8 de xaneiro de 1823 e finado en Broadstone (Dorset) o 7 de novembro de 1913, foi un xeógrafo e naturalista galés. Wallace é coñecido sobre todo por alcanzar o concepto de selección natural, central na teoría biolóxica da evolución, independentemente de Charles Darwin.

Traxectoria

En 1855 Wallace publicou un artigo titulado "On the law which has regulated the introduction of new species" onde defendía o feito da evolución, aínda que sen atribuírlle unha causa. Tres anos máis tarde, un novo artigo ("On the tendency of varieties to depart indefinitely from the original type") propuña a selección natural como o mecanismo explicativo da transmutación das especies. Wallace remitiu o artigo a Darwin para a súa revisión. Cando este o leu, atopouse co que cualificou como o mellor resumo imaxinable das ideas que el mesmo levaba xestando traballosamente desde facía máis de vinte anos. Tras consultar con Charles Lyell e o propio Wallace, Darwin realizou unha presentación pública ante a Linnean Society de Londres, acreditando a Wallace como codescubridor.

Wallace naceu no seo dunha familia acomodada. Aínda que puido asistir a unha boa escola na infancia, de seguida tivo que traballar para axudar á súa familia. Inicialmente traballou coma supervisor topográfico, labor que lle permitía o contacto coa natureza. Iniciando así o seu interese pola botánica. Ademais completaba a súa formación por medio da lectura autodidacta. Wallace foi un naturalista viaxeiro, como moitos na súa época, que acompañou por exemplo a Henry Bates á Amazonia. Henry Bates era un afecionado á entomoloxía, e coñeceu a Wallace no 1844, cando se trasladara a Leicester para traballar coma profesor. Ambos viron a oportunidade de gañarse a vida mediante a venda de animais e prantas a institucións e coleccións privadas da época. Así no 1848 iniciaron o seu percorrido por Sudamerica, percorrendo o Amazonas e o Río Negro. Simultaneamente comezaba as súas observacións e traballos coma naturalista. Entre 1854 e 1862, época do achado da selección natural, viaxou por Insulindia (o arquipélago malaio) recollendo especimes. Wallace recolleu as súas experiencias no libro The Malay Archipelago[1], publicado en 1869. Unha achega sinalada e duradeira deste período é a definición da chamada liña de Wallace, un límite biogeográfico moi preciso que separa rexións florística e faunisticamente moi diferenzadas, e que pasa entre as illas da Sonda, Nova Guinea e as Célebes, por unha banda, e Xava, Borneo e Filipinas por outro. Wallace é considerado, xustificadamente, como un dos pais da Bioxeografía.

Wallace desenvolveu co tempo unha tendencia mística que condicionou a súa interpretación do proceso evolutivo, sobre todo no referente á evolución humana, interesándose cada vez máis polo espiritismo.

Notas

  1. Wallace, Alfred Russel (1869). Harper and Brothers, Publishers, ed. The Malay Archipelago [O Arquipélago Malaio] (en inglés). New York. Consultado o 31 de maio de 2013. 

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas