Piollo do corpo: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 27: Liña 27:
|chapter=The Anatomy of ''Pediculus humanus''
|chapter=The Anatomy of ''Pediculus humanus''
|year=1947
|year=1947
}}</ref> é un [[piollo]] (insecto da orde [[Phthiraptera]] ou Psocodea) que infesta aos humanos e vive no seu corpo. Tamén se lle chama ás veces piollo da roupa. A infestación por piollos (piollos [[piollo da cabeza|da cabeza]], o do corpo ou o [[piollo pato|púbico]]) chámase en xeral [[pediculose]] e a infestación polo piollo do corpo denomínase ''[[pediculosis corporis]]''. A secuencia do [[xenoma]] do piollo do corpo foi publicada en 2010.<ref>Pittendrigh, B.R., et al (2006). Proposed sequencing of a new target genome: the human body louse, Pediculus humanus humanus. J. Med. Entom. 43(6): 1103–1111.</ref><ref>Kirkness et al. (2010). "Genome sequences of the human body louse and its primary endosymbiont provide insights into the permanent parasitic lifestyle." PNAS 107(27): 12168-12173.</ref> A diferenza do piollo da cabeza, que é inofensivo, o piollo do corpo pode transmitir efermidades infecciosas (de orixe bacteriana) como o tifus exantemático, febre das trincheiras e febres recorrentes.
}}</ref> é un [[piollo]] (insecto da orde [[Phthiraptera]] ou Psocodea) que infesta aos humanos e vive no seu corpo. Tamén se lle chama ás veces piollo da roupa. A infestación por piollos (piollos [[piollo da cabeza|da cabeza]], o do corpo ou o [[piollo pato|púbico]]) chámase en xeral [[pediculose]] e a infestación polo piollo do corpo denomínase ''[[pediculosis corporis]]''. A secuencia do [[xenoma]] do piollo do corpo foi publicada en 2010.<ref>Pittendrigh, B.R., et al (2006). Proposed sequencing of a new target genome: the human body louse, Pediculus humanus humanus. J. Med. Entom. 43(6): 1103–1111.</ref><ref>Kirkness et al. (2010). "Genome sequences of the human body louse and its primary endosymbiont provide insights into the permanent parasitic lifestyle." PNAS 107(27): 12168-12173.</ref> A diferenza do piollo da cabeza, que é inofensivo, o piollo do corpo pode transmitir efermidades infecciosas (de orixe bacteriana) como o [[tifo exantemático]], [[febre das trincheiras]] e [[febres recorrentes]].


== Ciclo vital e morfoloxía ==
== Ciclo vital e morfoloxía ==

Revisión como estaba o 12 de xullo de 2015 ás 12:02

Pediculus humanus humanus
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Arthropoda
Clase: Insecta
Orde: Phthiraptera
Suborde: Anoplura
Familia: Pediculidae
Xénero: 'Pediculus'
Especie: 'P. humanus'
Subespecie: ''P. h. humanus''
Nome trinomial
Pediculus humanus humanus
Linnaeus, 1758
Fases do desenvolvemento de P. h. corporis.

O piollo do corpo humano, que pertence á subespecie Pediculus humanus humanus (tamén chamada Pediculus humanus corporis),[1] é un piollo (insecto da orde Phthiraptera ou Psocodea) que infesta aos humanos e vive no seu corpo. Tamén se lle chama ás veces piollo da roupa. A infestación por piollos (piollos da cabeza, o do corpo ou o púbico) chámase en xeral pediculose e a infestación polo piollo do corpo denomínase pediculosis corporis. A secuencia do xenoma do piollo do corpo foi publicada en 2010.[2][3] A diferenza do piollo da cabeza, que é inofensivo, o piollo do corpo pode transmitir efermidades infecciosas (de orixe bacteriana) como o tifo exantemático, febre das trincheiras e febres recorrentes.

Ciclo vital e morfoloxía

Pediculus humanus humanus é indistinguible en aspecto da subespecie Pediculus humanus capitis (o piollo da cabeza) pero non se hibridan normalmente en condicións naturais (só se observou en condicións de laboratorio). No seu estado natural viven en diferentes hábitats, xa que o da cabeza se especializou en vivir entre os pelos do coiro cabeludo, sobre os cales pon os ovos, mentres que o piollo do corpo evolucionou para adherir os seus ovos á roupa e vive polo corpo. Crese que as dúas subespecies emnpezaron a diferenciarse cando o seu humano empezou a utilizar frecuentemente roupa hai entre 100.000 e 30.000 anos.[4][5][6] O piollo corporal aliméntase de sangue humano.

O ciclo de vida do piollo do corpo consta de tres estadios: ovo (son as lendias), ninfa, e adulto.

  1. Lendias. Son os ovos do piollo. Son xeralmente doados de ver nas costuras da roupa dunha persoa infestada, especialmente arredor da zona da cintura, baixo as axilas ou no pelo do corpo. Son ovais e xeralmente de amarelos a brancos. Tardan de 1 a 2 semanas en eclosionar.
  2. Ninfa. É o piollo inmaduro que eclosiona do ovo. Unha ninfa semella un adulto, pero máis pequeno. As ninfas maduran a adultos nun lapso de 9 a 12 días despois de eclosionaren. Aliméntanse de sangue.
  3. Adulto. O piollo do corpo adulto é aproximadamente do tamaño dunha semente de sésamo (2,5–3,5 mm), ten seis patas, e é griseiro branquecho. As femias poñen ovos pechando o ciclo. Aliméntanse de sangue. Se se separan do seu hóspede, os piollos morren a temperatura moderada.

Notas

  1. Buxton, Patrick A. (1947). "The Anatomy of Pediculus humanus". The Louse; an account of the lice which infest man, their medical importance and control (2nd ed.). London: Edward Arnold. pp. 5–23. 
  2. Pittendrigh, B.R., et al (2006). Proposed sequencing of a new target genome: the human body louse, Pediculus humanus humanus. J. Med. Entom. 43(6): 1103–1111.
  3. Kirkness et al. (2010). "Genome sequences of the human body louse and its primary endosymbiont provide insights into the permanent parasitic lifestyle." PNAS 107(27): 12168-12173.
  4. Ralf Kittler, Manfred Kayser & Mark Stoneking (2003). "Molecular evolution of Pediculus humanus and the origin of clothing" (PDF). Current Biology 13 (16): 1414–1417. PMID 12932325. doi:10.1016/S0960-9822(03)00507-4. 
  5. Stoneking, Mark. "Erratum: Molecular evolution of Pediculus humanus and the origin of clothing". Consultado o March 24, 2008. 
  6. "...Lice Indicates Early Clothing Use ...", Mol Biol Evol (2011) 28 (1): 29–32.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas