Floris III de Holanda: Diferenzas entre revisións
m engado a Categoría:Nados en 1141 mediante HotCat |
|||
Liña 10: | Liña 10: | ||
[[Categoría:Nobreza dos Países Baixos]] |
[[Categoría:Nobreza dos Países Baixos]] |
||
[[Categoría:Nados en 1141]] |
Revisión como estaba o 11 de xullo de 2015 ás 10:21
Floris III de Holanda, nado en 1141 e finado en Antioquía o 1 de agosto de 1190, foi conde de Holanda desde 1157 ata 1190.
Traxectoria
Floris era fillo de Dirk VI de Holanda e Sofía de Luxemburgo, condesa de Bentheim. Casou o 28 de setembro de 1162 con Ada de Huntingdon, filla de Henrique de Escocia e irmá do rei Guillerme I de Escocia. Como vasalo do emperador Federico I acompañouno en dúas expedicións a Italia, en 1158 e en 1176-1178. En agradecemento o emperador integrouno na nobreza imperial e deulle os dereitos de peaxe sobre Geervliet, que os condes de Holanda xa viñan realizando, ilegalmente, desde o século XI.
O conde Filipe de Flandres ambicionaba Zelandia e a guerra estoupou entre Flandres e Holanda, os flamengos capturaron a Floris en Bruxas e aceptou a preminencia flamenga en Zelandia en troques da súa liberación en 11167. Durante o seu reinado tamén tivo que facer fronte a unha revolta dos frisóns occidentais. En 1170 un asolagamento devastou o norte, axudando a formar o Zuiderzee.
En 1189 Floris acompañou a Frederick Barbaroxa na Terceira Cruzada. Morreu en 1190 en Antioquía por unha peste e alí foi soterrado.