Joan Maragall: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m robot Modificado: eo
FlaBot (conversa | contribucións)
m robot Añadido: en:Joan Maragall
Liña 9: Liña 9:


[[ca:Joan Maragall i Gorina]]
[[ca:Joan Maragall i Gorina]]
[[en:Joan Maragall]]
[[eo:Joan Maragall]]
[[eo:Joan Maragall]]
[[es:Joan Maragall]]
[[es:Joan Maragall]]

Revisión como estaba o 5 de maio de 2007 ás 02:16

Joan Maragall i Gorina (Barcelona, 1860 - 1911) foi un escritor catalán.
Nado no seo da burguesía catalana, logo de rematar o bacharalato vai facer dúas viaxes, unha ao sur de España e outra a Francia que van ser claves para a súa visión do mundo. Enfrontado ao seu pai que quería que seguise a tradición familiar e entrase no negocio familiar, ao que Maragall se negaba para dedicarse á estudar, o que consegue en 1879 cando comeza os estudos de dereito na Universidade de Barcelona. Ao tempo que dedica horas á lectura de libros en catalán e castelán, e apaixonase coa obra de Goethe. En 1881 participa nos seus primeiros Jocs Florals con Dins sa cambra, que consegue un dos premios. En 1890 pasa a formar parte da redacción do Diario de Barcelona e ao ano seguinte casa con Clara Noble. En 1895 publica un dos seus poemas máis populares La vaca cega no libro Poesies e neses anos colabora con La Renaixença e La Veu de Catalunya. El Cant de la Senyera composto como himno do Orfeó Catalá en 1896. En1900 aparece a primeira parte de El comte Arnau (a segunda aparecerá en 1906 e a terceira en 1911). En Visions e Cants (1900) aparece a Oda a l'Espanya. En 1904 foi proclamado mestre do Gai Saber, por gañar tres premios nos Jocs Florals
Membro fundador da Secció Filològica de l'Institut d'Estudis Catalans A temática na obra de Maragall é das máis amplas da literatura do século XIX catalá, están presentes o amor, a natureza, o canto á terra e á súa cidade, as lendas, os elementos epirituais.

Relación con Galicia

En 1903 visitou a cidade da Coruña e quedou engaliolado de Galicia que xa coñecía polas súas lecturas de Manuel Curros Enríquez. Tamén coñecía as teorías rexionalistas de Alfredo Brañas. Pero non foi ata 1929 que se traduciu o primeiro poema do poeta ao galego, o Himno da arbre froital