Arenito: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m Unificando {{Referencias}} -> {{Listaref}}
Jglamela (conversa | contribucións)
Arenito é a forma recollina no DRAG e outros arranxos
Liña 1: Liña 1:
[[Ficheiro:LionHeadSandstone.jpg|miniatura|dereita|180px|Modelado natural dunha rocha arenita en [[Namibia]].]]
[[Ficheiro:LionHeadSandstone.jpg|miniatura|dereita|180px|Modelaxe natural dunha rocha de arenito en [[Namibia]].]]
As '''arenitas'''<ref>[http://www.canalciencia.com/faladoiro/numero_20.htm Cando a abundancia é un problema: o caso de arenisca], Un idioma preciso, Área de Linguaxes Especializadas SNL da [[Universidade de Santiago de Compostela]] - Canalciencia.com, número 20</ref> son [[rochas sedimentarias]] de tipo detrítico constituídas por [[area]]s aglutinadas por un [[Cemento (xeoloxía)|cemento]] natural que xeralmente caracteriza a [[rocha]]. Despois da [[lulita]], é a rocha sedimentaria máis importante.
Os '''arenitos'''<ref>[http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=arenito ''Arenito'' no DRAG]</ref> ou '''arenitas'''<ref>[https://www.usc.es/gl/servizos/snl/terminoloxia/uip/arquivo/numero_20.html Cando a abundancia é un problema: o caso de arenisca], Un idioma preciso, Área de Linguaxes Especializadas SNL da [[Universidade de Santiago de Compostela]] - Canalciencia.com, número 20</ref> son [[rochas sedimentarias]] de tipo detrítico constituídas por [[area]]s aglutinadas por un [[Cemento (xeoloxía)|cemento]] natural que xeralmente caracteriza a [[rocha]]. Despois da [[lulita]], é a rocha sedimentaria máis importante.


== Aspecto ==
== Aspecto ==
Distínguense facilmente, pois o seu aspecto é o da area da praia cuxos grans están cementados. O seu tacto é áspero e recorda ao dunha [[papel de lixa|lixa]]. A súa cor é moi variábel, en función da natureza dos seus grans, do cemento e do ambiente sedimentario onde se orixinaron. A arenita está composta por partículas de tamaño comprendido entre 2 mm e 1/16 mm. Estas partículas son maioritariamente minerais resistentes á [[meteorización]] ([[cuarzo]] principalmente, [[mica]]s, feldespatos e [[óxido]]s) e fragmentos de rochas.
Distínguense facilmente, pois o seu aspecto é o da area da praia cuxos grans están cementados. O seu tacto é áspero e recorda o dunha [[papel de lixa|lixa]]. A súa cor é moi variábel, en función da natureza dos seus grans, do cemento e do ambiente sedimentario onde se orixinaron. A arenita está composta por partículas de tamaño comprendido entre 2 mm e 1/16 mm. Estas partículas son maioritariamente minerais resistentes á [[meteorización]] ([[cuarzo]] principalmente, [[mica]]s, feldespatos e [[óxido]]s) e fragmentos de rochas.


Clasifícanse atendendo a composición dos seus grans (cuarzo, [[feldespato]]s e fragmentos de rochas) e a matriz que os engloba. Así, son nomes comúns de arenitas os de [[cuarciarenita]]s (arenitas de cuarzo), as [[arcosa]]s (arenitas de feldespatos), [[grauvaca]]s (rochas con máis do 15% de matriz) e [[litanerita]]s (formadas por fragmentos de rochas). Estas últimas teñen nomes específicos que denotan o tipo de fragmentos de rocha como as [[calcarenita]]s (formadas por fragmentos de [[rochas carbonatadas]]).
Clasifícanse atendendo a composición dos seus grans (cuarzo, [[feldespato]]s e fragmentos de rochas) e a matriz que os engloba. Así, son nomes comúns de arenitos os de [[cuarciarenita]]s (arenitas de cuarzo), as [[arcosa]]s (arenitos de feldespatos), [[grauvaca]]s (rochas con máis do 15% de matriz) e [[litanerita]]s (formadas por fragmentos de rochas). Estas últimas teñen nomes específicos que denotan o tipo de fragmentos de rocha como as [[calcarenita]]s (formadas por fragmentos de [[rochas carbonatadas]]).


== Notas ==
== Notas ==

Revisión como estaba o 6 de xullo de 2015 ás 09:38

Modelaxe natural dunha rocha de arenito en Namibia.

Os arenitos[1] ou arenitas[2] son rochas sedimentarias de tipo detrítico constituídas por areas aglutinadas por un cemento natural que xeralmente caracteriza a rocha. Despois da lulita, é a rocha sedimentaria máis importante.

Aspecto

Distínguense facilmente, pois o seu aspecto é o da area da praia cuxos grans están cementados. O seu tacto é áspero e recorda o dunha lixa. A súa cor é moi variábel, en función da natureza dos seus grans, do cemento e do ambiente sedimentario onde se orixinaron. A arenita está composta por partículas de tamaño comprendido entre 2 mm e 1/16 mm. Estas partículas son maioritariamente minerais resistentes á meteorización (cuarzo principalmente, micas, feldespatos e óxidos) e fragmentos de rochas.

Clasifícanse atendendo a composición dos seus grans (cuarzo, feldespatos e fragmentos de rochas) e a matriz que os engloba. Así, son nomes comúns de arenitos os de cuarciarenitas (arenitas de cuarzo), as arcosas (arenitos de feldespatos), grauvacas (rochas con máis do 15% de matriz) e litaneritas (formadas por fragmentos de rochas). Estas últimas teñen nomes específicos que denotan o tipo de fragmentos de rocha como as calcarenitas (formadas por fragmentos de rochas carbonatadas).

Notas

  1. Arenito no DRAG
  2. Cando a abundancia é un problema: o caso de arenisca, Un idioma preciso, Área de Linguaxes Especializadas SNL da Universidade de Santiago de Compostela - Canalciencia.com, número 20