Mamede de Capadocia: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Anton45 (conversa | contribucións)
Liña 18: Liña 18:
[[Categoría:Nados en 259]]
[[Categoría:Nados en 259]]
[[Categoría:Finados en 275]]
[[Categoría:Finados en 275]]
[[Categoría:Nados en Turquía]]
[[Categoría:Nados na provincia de Kayseri]]

Revisión como estaba o 30 de xuño de 2015 ás 01:04

Icona de San Mamede.

Mamede de Capadocia, nado en Cesarea de Capadocia (Imperio Romano) no 259 e finado na Capadocia en 275, foi un mártir cristián, coñecido como San Mamede. A Igrexa Católica celebra o seu día o 17 de agosto.

Lenda

Fillo de Teodoto e Rufina, dous plebeos cristiáns encarcerados e martirizados cando neno. Naceu en prisión e foi adoptado por unha viúva patricia que ao seu pasamento deixoulle a súa herdanza cando só tiña 15 anos. Mamede utilizou a súa fortuna para favorecer os marxinados e non ocultou a súa condición de cristián. Isto fíxoo vítima dunha dura represión por parte do Gobernador de Cesarea de Capadocia.

Tras sufrir cadea e torturas, fuxiu ao monte onde conviviu entre as feras, tendo a facultade de amansalas. Localizado e detido, foi sometido á morte no circo ceibándolle varios leóns, pero estes respectárono e amosáronlle docilidade. En consecuencia, foi atravesado polo tridente dun gladiador ata falecer desangrado.

Significación

Son moitas as parroquias e accidentes xeográficos en Galicia adicadas á súa advocación. A implantación do cristianismo en comunidades rurais da Gallaecia supuxo a substitución de tradicións galaicas prerromanas referidas a deidades masculinas adolescentes da natureza pola figura deste santo mozo.

En Bilbao existiu existiu o maior orfanato de Europa baixo o seu padroado.