Xoán Noya: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Xas (conversa | contribucións)
m datiños e cat
Eliminouse a referencia ó ficheiro "Campofosa4.jpg" que foi borrado en Commons por Dharmadhyaksha. Motivo: Copyright violation; see Commons:Licensing - Using [[:c:COM:VFC|Vi
Liña 1: Liña 1:
[[Ficheiro:Campofosa4.jpg|miniatura|250px|Juan Noya e Manuel Domínguez colocan unha coroa no monumento aos prisioneiros republicanos fusilados no cemiterio da Guarda o [[15 de agosto]] de [[1986]].]]
'''Xoán Noya Gil''', nado na [[A Guarda|Guarda]] o [[22 de xaneiro]] de [[1900]] e finado en [[1989]], foi un político e impresor galego.
'''Xoán Noya Gil''', nado na [[A Guarda|Guarda]] o [[22 de xaneiro]] de [[1900]] e finado en [[1989]], foi un político e impresor galego.



Revisión como estaba o 28 de xuño de 2015 ás 15:01

Xoán Noya Gil, nado na Guarda o 22 de xaneiro de 1900 e finado en 1989, foi un político e impresor galego.

Traxectoria

Fundou a Sociedade Obreira da Guarda, da que foi secretario, e o semanario Nuevo Heraldo, desde onde defendeu o agrarismo. Coa chegada da Segunda República formou parte da Comisión Xestora municipal, integrouse no Partido Galeguista e en 1936 foi tenente de alcalde. Perseguido polo Franquismo, estivo agochado e pasou dous anos nas prisións de Vigo e Pontevedra. O seu irmán Manuel Noya Gil foi asasinado en agosto de 1936. Ao pouco de rematar a guerra, nun clima de represión, marchou para Venezuela cos seus dous fillos, Luís e Óscar. Publicou as súas memorias en 1976 co título Fuxidos. Memorias de un republicano gallego perseguido por el franquismo.

Véxase tamén

Ligazóns externas