Estado de Campeche: Diferenzas entre revisións
m Bot: Substitución automática de texto (-\|[ ]*[Aa]ño[ ]*= +|ano=) |
Sen resumo de edición |
||
Liña 62: | Liña 62: | ||
{{EstadosdeMéxico}} |
{{EstadosdeMéxico}} |
||
[[Categoría:Estados de México]] |
[[Categoría:Estados de México|C]] |
Revisión como estaba o 26 de xuño de 2015 ás 21:25
Modelo:Primeira entidade subestatal Campeche é un dos 31 estados mexicanos. Atópase no sueste da Federación, no oeste da Península de Iucatán. Limita cos estados de Iucatán polo nordeste, Quintana Roo polo leste, Tabasco polo suroeste, e máis con Guatemala polo sur e Belize polo sueste. Polo oeste ten o golfo de México. A súa área é de 57.924 km²,[1] e a súa poboación de 822.441 habitantes (2010).[2] A capital do estado é a cidade de San Francisco de Campeche, sendo tamén a máis grande.
Desde o punto de vista físico, Campeche atópase nunha posición de transición entre a selva tropical do Petén guatemalteco e a selva baixa caducifolia do extremo norte da península de Iucatán.
Toponimia
Existen diversas teorías acerca da orixe da palabra Campeche, por exemplo que podería vir do maia can pech, "serpente e carracha".[3]
Outros indican que Campeche deriva das palabras kin que significa "sol" e pech, como xa se indicou, "carracha". Algúns supoñen que a este nome (kin pech) se lle pode agregar o prefixo ah que quere dicir "lugar" e en conxunto significaría "lugar do señor sol carracha".[3]
Notas
- ↑ Cuentame INEGI (ed.). "Resumen". Consultado o 23 de agosto de 2012.
- ↑ Instituto Nacional de Estadística y Geografía, ed. (2010). "Principales resultados por localidad 2010 (ITER) - Campeche" (XLS). Consultado o 23 de agosto de 2012.
- ↑ 3,0 3,1 Barrera Vázquez, Alfredo; et ál. (1980). Cordemex, ed. Diccionario Maya - Español - Maya. A referencia usa o parámetro obsoleto
|coautores=
(Axuda)
Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |