Ortigueira: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m Bot - borrado de comas antes de etcétera [http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=etc%C3%A9tera]
Sen resumo de edición
Liña 21: Liña 21:
| galego ano= 2011
| galego ano= 2011
| totalgalego= 54,84
| totalgalego= 54,84
| elec ano= 2011
| elec ano= 2015
| pp= 7
| pp= 5
| votospp= votos -
| votospp= votos -
| bng= 0
| bng= 1
| votosbng= votos -
| votosbng= votos -
| psg-psoe= 6
| psg-psoe= 7
| votospsg-psoe= votos -
| votospsg-psoe= votos -
| outros= -
| outros= -
| votosoutros= -
| votosoutros= -
| alcalde= Rafael José Girón Martínez
| alcalde= Juan Vicente Penabad Muras
| partido= PPdeG
| partido= PSdeG
| eleccións= [[Eleccións municipais en Ortigueira]]
| eleccións= [[Eleccións municipais en Ortigueira]]
| censo ano= 2007
| censo ano= 2007

Revisión como estaba o 25 de xuño de 2015 ás 14:52

Coordenadas: 43°40′59″N 7°51′0″O / 43.68306, -7.85000

Ortigueira
Costa de Ortigueira.
Situación
Xentilicio[1]ortigueirés - urticariense
Xeografía
ProvinciaProvincia da Coruña
ComarcaComarca do Ortegal
Poboación5.997 hab. (2014)[2][3]
Área210,0 km²[3]
Densidade28,56 hab./km²
Entidades de poboación22 parroquias[4]
Política (2015)
AlcaldeJuan Vicente Penabad Muras (PSdeG)
ConcelleirosBNG: 1
PPdeG: 5
PSdeG-PSOE: 7
Outros: -
Eleccións municipais en Ortigueira
Uso do galego[5] (2011)
Galegofalantes54,84%
Na rede
www.concellodeortigueira.com
editar datos en Wikidata ]

Ortigueira (do latín urticariam, de urtica 'ortiga' + ariam, sufixo abundancial, 'lugar onde hai ortigas'[6]) é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca do Ortegal. Segundo o IGE en 2014 tiña 5.997 habitantes (6.871 no 2010, 7.376 no 2006, 7.697 no 2005, 7.830 no 2004, 8.022 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «ortigueirés» ou «urticariense».

Xeografía

O Concello de Ortigueira ten 214,9 km², estando a súa densidade preto dos 40 habitantes por km². Conta con 22 parroquias.

A vía principal de comunicación é a estrada C-642, que provén de Ferrol e atravesa o concello polo norte, a partir da cal se organizan o resto das estradas. Tamén pasa o camiño de ferro de vía estreita (FEVE) de Ferrol a Xixón.

Ortigueira sitúase entre a serra da Capelada ao oeste e a serra da Coriscada e a serra da Faladoira ao leste. O relevo, consistente en materiais de lousa, vai baixando cara á ría de Ortigueira. Estas aliñacións actúan como divisoria de augas entre os afluentes do río Sor e os que verten directamente na ría de Ortigueira (Mera, Baleo, Maior etc.), que son curtos e teñen unha pendente forte.

A temperatura media é de 12,9 °C, con mínima en febreiro e máxima en agosto; a amplitude térmica é escasa, non chegando aos 9 °C. A choiva é de arredor de 1.000 mm. O relevo produce un efecto de barreira á entrada dos ventos dominantes, o que aumenta a pluviosidade, mentres que na parte central do concello apenas se superan os 850 mm, ben que o número de días despexados sexa reducido.

Poboación

Censo total 2014 5.997 habitantes
Menores de 15 anos 391 (6.52 %)
Entre 15 e 64 anos 3.400 (56.7 %)
Maiores de 65 anos 2.206 (36.78 %)
Evolución da poboación de Ortigueira   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023
18.426 20.614 21.801 16.443 7.830 6.550
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Historia

Consérvanse restos do Megalítico. Segundo o historiador romano Plinio o Vello (século I), nesta zona habitaban os arroni, que chamaban ao seu territorio Arrós (este topónimo utilizábase no século XII para designar unha demarcación eclesiástica). Ptolomeo (século II) denominou este territorio como Lapatiancorum ou Trileuco, "tres brancos", en posíbel referencia aos Aguillóns de Cabo Ortegal, lugar no que residían os lapatiancos.

O nome "Ortigaria" aparece na Idade Media, nunha relación de terras incluídas no condado de Montenegro, un dos once que constituían a diocese de Lugo, no reino de Galiza. No 929, o rei galaico Afonso IV puxo as terras de "Orticaria" baixo o mando dun dos seus sobriños, Gutiérrez (pai de San Rosendo).

A vila de Ortigueira constitúese como tal no século XIII, cando Afonso X lle concede o Foro de Benavente. Nel disponse a construción dun porto e concédeselle unha feira anual. O 15 de novembro de 1442, Ortigueira convértese en condado baixo Diogo Pérez de Sarmiento. En 1883 pasou a formar parte da provincia da Coruña e desde 1945 conta con xulgado comarcal.

En 1988 cinco parroquias da beira occidental da ría (Cariño, Feás, Landoi, A Pedra e Sismundi) escindíronse para constituír o concello de Cariño.

Goberno municipal

Nas eleccións municipais de 2007 o PPdG acadou de novo a maioría absoluta, con 8 concelleiros, manténdose coma alcalde Antonio Campo. O PSdeG acadou 3 concelleiros, o BNG 2 e o Partido Independente ningún. Porén, poucos meses despois, en outubro de 2007, Campo optou por abandonar a Alcaldía e adicarse por completo aos seus negocios persoais, que nunca deixara por completo durante a súa traxectoria política. Rafael Girón pasou a ser o novo alcalde.

Nas eleccións municipais do 2011, o PP, liderado por Rafael Girón acadaría 7 concelleiros, o PSOE, con Juán Muras, conseguíu 6 concelleiros, o BNG quedaría sen representación por escasamente 11 votos, e o Partido Independente (formado por maioría de persoas do PSOE e do BNG) tamén quedaría sen representación.

Economía

Na montaña atópase unha economía agraria tradicional en retroceso acompañada de despoboamento. A poboación estase a concentrar na costa. No ano 1940 o concello chegou a contar con 22.152 habitantes pero desde entón a emigración e o crecemento vexetativo negativo fixeron reducir o censo.

En 1988 produciuse un descenso estatístico da poboación pola escisión citada anteriormente; debido a isto, a poboación pasou de 15.053 en 1986 a 9.925 en 1991.

Case o 40 % da poboación dedícase ao sector primario e algo menos aos servizos. Naquel destaca o aproveitamento do bosque (que ocupa máis do 62% do territorio), a pesca (fundamentalmente en Ladrido e Ortigueira), a agricultura de autoconsumo e a gandería (leite nas zonas baixas e carne nas altas). Pouco máis do 10% da poboación traballa na construción e algo máis na industria (lousa e materiais de construción; desapareceron as conserveiras).

Cultura

Festival do Mundo Celta de Ortigueira

Na segunda fin de semana de xullo celébrase en Ortigueira o Festival Internacional do Mundo Celta, anualmente desde 1978 (con algunha interrupción nos primeiros anos). O festival cambiou o seu nome oficial polo de Festival de Ortigueira, acollendo músicas de tipo folk alleas aos límites iniciais dos países celtas.

Escola de Gaitas de Ortigueira

É unha das Asociacións Culturais máis importantes deste municipio. A Escola de Gaitas de Ortigueira é decana no seu labor de difundir e ensinar a música tradicional galega. Fundada en novembro de 1979 polo mestre de escola, Xabier Garrote Cobelo, xurdiu en resposta ás inquietudes dun grupo numeroso de persoas. A sinxela idea de ensinar a tocar a gaita a todos aqueles que o desexasen de forma gratuíta marcou o inicio na súa actividade. Está composta por 27 gaiteiros, 6 caixas e tamborís, 3 cuncheiras, 9 pandereteiras, un bombeiro e un grupo de baile que xorde de entre as súas filas; a formación cobre de sobra as súas necesidades artístico-musicais.

Asociación Cultural Amigos da Arte de Ortigueira

É outras das asociacións máis importantes do concello. Desde 1984 conta con escolas de pintura para nenos e adultos, gañando varios certames e premios importantes. Esta asociación convocou o 1º Certame de Artes Plásticas de Ortigueira no ano 1985 no que participaron artistas noveles e consagrados de toda Galiza.

Festas Patronais de Santa Marta

Celébranse en honra a Santa Marta, cuxa festa é o 29 de xullo. Nestas festas acostuma haber interpretacións corais, actuacións das súas bandas e escolas municipais, organización procesións en coordinación coa parroquia local, entre as que destacan as da propia Santa Marta cada 29 de xullo, a de Santa María Magdalena uns días antes e a tradicional procesión da Virxe da Caridade do Cobre, Patroa de Cuba, que se trouxo desde A Habana no 1955 por emigrantes locais e que se converteu, localmente, na "Patroa dos Emigrantes".

Patrimonio

Da prehistoria resaltan o dolmen de Forno dos Mouros (Couzadoiro) e os castros próximos ao mar. O edificio do que foi convento de San Domingos de Ortigueira é orixinariamente do século XIV, se ben o edificio actual é do século XVIII. Nel está a igrexa de Santa Marta, iniciada en 1776 e, desde 1849, igrexa parroquial, e a sede e oficinas do concello.

O Teatro da Beneficencia situado no mesmo edificio do ex-convento, conta con frescos realizados en 1892 por Vicente Martínez. De entre os pazos destacan o de Brandariz, que pertenceu aos Ponce de León, o de Riomaior (Senra), Rasamonde (Espasante), O Souto (Mera), Lagarea (Cuíña) e Couzadoiro (Couzadoiro). O antigo hospital de San Roque, reedificado en 1885 acolle hoxe a diversas asociacións. O antigo Escolar, deseñado por Julio Galán en 1909 contén a biblioteca municipal e o arquivo municipal, ambos os dous con instalacións recentemente renovadas, así como as oficinas comarcais do INSS.

Galería de imaxes

Parroquias

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Ortigueira

Barbos (San Xulián) | Céltigos (San Xulián) | Couzadoiro (San Cristovo) | Cuíña (Santiago) | Devesos (San Sebastián) | O Ermo (San Xulián) | Espasante (San Xoán) | Os Freires (San Paulo) | Insua (San Xoán) | Ladrido (Santa Eulalia) | Loiba (San Xulián) | Luama (San Martiño) | Luía (Santa María) | Mera de Abaixo (Santiago) | Mera de Arriba (Santa María) | O Mosteiro (San Xoán) | As Neves (Santa María) | Ortigueira (Santa Marta) | San Claudio (Santa María) | San Salvador de Couzadoiro (San Salvador) | Senra (San Xulián) | Veiga (Santo Adrao)

Lugares de Ortigueira

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Ortigueira vexa: Lugares de Ortigueira.

Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Instituto Nacional de Estadística, ed. (27 de decembro de 2019). "Cifras oficiales de población resultantes de la revisión del Padrón municipal a 1 de enero". Consultado o 2 de xuño de 2020. (en castelán).
  3. 3,0 3,1 Instituto Galego de Estatística. (2023) "Ortigueira".Información municipal. Sociedade e poboación. Xunta de Galicia.
  4. Nomenclátor de Galicia. Busca directa. Xunta de Galicia
  5. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Arquivado dende o orixinal o 5 de decembro de 2019. Consultado o 14 de outubro de 2014. Fonte: IGE. Datos dispoñibles nas Táboas Dinámicas de Google 
  6. Cabeza Quiles, F: Toponimia de Galicia. Vigo. Editorial Galaxia. 2008, 703 páxs. ISBN 978-84-9865-892-1. Páx. 447.

Véxase tamén