Xogos Olímpicos de 2000: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
retiro ligazóns agora proporcionadas polo Wikidata
Sen resumo de edición
Liña 31: Liña 31:


== Proceso de candidatura ==
== Proceso de candidatura ==
Ademais de [[Sidney, Australia|Sidney]], catro cidades máis tentaron realizar os Xogos da XXVII [[Olimpíada]]: [[Pequín]] ([[China]]), [[Berlín]] ([[Alemaña]]), [[Estambul]] ([[Turquía]]) e [[Manchester]] ([[Inglaterra]]). A escolla de Sidney como sede foi en certo modo unha sorpresa, pois a favorita era [[Beijing]].
Ademais de [[Sidney, Australia|Sidney]], catro cidades máis tentaron realizar os Xogos da XXVII [[Olimpíada]]: [[Pequín]] ([[China]]), [[Berlín]] ([[Alemaña]]), [[Estambul]] ([[Turquía]]) e [[Manchester]] ([[Inglaterra]]). A escolla de Sidney como sede foi en certo modo unha sorpresa, pois a favorita era [[Pequín]].


{| {{Táboabonita}} width=60%
{| {{Táboabonita}} width=60%
Liña 51: Liña 51:
|-
|-
|width=5%|{{CHNb}}
|width=5%|{{CHNb}}
|[[Beijing]]||[[China]]
|[[Pequín]]||[[China]]
!32
!32
!37
!37

Revisión como estaba o 25 de xuño de 2015 ás 07:16

Xogos da XXVII Olimpíada
Sidney 2000
Estados Participantes 199
Atletas 10651
Eventos 300 en 28 deportes
Cerimonia de Apertura 15 de setembro
Cerimonia de Clausura 1 de outubro
Apertura oficial William Deane
Xuramento do Atleta Rechelle Hawkes
Facho Olímpico Cathy Freeman
Local Estadio Olímpico

Os XXIV Xogos Olímpicos de Sidney, Australia, realizados entre o 15 de setembro e o 1 de outubro do ano 2000 e tamén coñecidos como Xogos do Milenio, foron os maiores organizados até o de entón, con 10.651 atletas de 199 países competindo en 300 eventos deportivos. Sucedéronse nunha atmosfera pacífica e estiveron ben organizados.

Australia, país anfitrión, preparouse para os seus Xogos coa intención de tornarse unha potencia olímpica e conquistou a espectacular marca de 58 medallas, sendo 16 de ouro, ficando na cuarta posición no cadro de medallas final dos Xogos, a mellor participación da súa historia.

Proceso de candidatura

Ademais de Sidney, catro cidades máis tentaron realizar os Xogos da XXVII Olimpíada: Pequín (China), Berlín (Alemaña), Estambul (Turquía) e Manchester (Inglaterra). A escolla de Sidney como sede foi en certo modo unha sorpresa, pois a favorita era Pequín.

Xogos Olímpicos de 2000
101º Sesión do Comité Olímpico Internacional
23 de setembro de 1993, Monte Carlo, Mónaco
Cidade País Votación
Australia Sidney Australia 30 30 37 45
República Popular da China Pequín China 32 37 40 43
Manchester Reino Unido 11 13 11 -
Alemaña Berlín Alemaña 9 9 - -
Estambul Turquía 7 - - -

Curiosidades

Estadio Olímpico de Sidney cheo durante a competición de atletismo.

O facho olímpico foi acendido pola descendente de aborixes Kathy Freeman, nun simbólico mea culpa dos australianos pola dominación e case extinción da raza indíxena que habitaba Australia antes da chegada dos brancos, que despois gañaría a medalla de ouro nos 400 metros lisos.

Ian Thorpe, australiano de 17 anos, tórnase no maior nome da natación dos Xogos, ao gañar tres medallas de ouro, quebrando a súa propia marca mundial nos 400m libres. No caso feminino é a neerlandesa Inge de Bruijn, con tres ouros e unha marca mundial.

As dúas Coreas entraron no estadio unidas baixo a mesma bandeira por primeira vez nos Xogos, mais competiron separadas.

O tríatlon e o taekwondo fixeron a súa estrea olímpica.

Disputa do balonmán durante os Xogos de Sidney 2000.

Steve Redgrave, de Gran Bretaña, conquista a súa quinta medalla de ouro consecutiva en cinco Xogos consecutivos no remo.

O loitador de taekwondo Hieu Ngan Tran, gañou a primeira medalla, de prata, de Vietnam, dende a primeira participación do país en 1952.

Catro atletas de Timor Leste, recén independente e aínda loitando pola autonomía, desfilan na apertura dos Xogos, baixo o manto da bandeira olímpica (participan como participantes olímpicos independentes).

Eric Moussambani, nadador de Guinea Ecuatorial, tiña aprendido a nadar apenas seis meses antes do inicio dos Xogos e durante as competicións de Sidney foi a primeira vez que nadaba en piscinas con distancia oficial (en Guinea Ecuatorial non existían piscinas olímpicas). O nadador competiu nos 100 m libres só, xa que os dous competidores da súa serie foran desclasificados. Case afoga, chegando cun tempo de máis do dobre que os demais clasificados, mais pola súa simpatía e polo espírito olímpico converteuse nun dos destaques da competición.

Modalidades disputadas

Participantes

Cadro de medallas

Cadro de Medallas
Posición País   Gold     Silver     Bronze   Total
1 Estados Unidos de América Estados Unidos 40 24 33 97
2 Rusia Rusia 32 28 28 88
3 China 28 16 15 59
4 Australia Australia 16 25 17 58
5 Alemaña Alemaña 13 17 26 56
6 Francia 13 14 11 38
7 Italia Italia 13 8 13 34
8 Países Baixos Países Baixos 12 9 4 25
9 Cuba 11 11 7 29
10 Reino Unido Reino Unido 11 10 7 28

Véxase tamén

Ligazóns externas