Richard Brooks: Diferenzas entre revisións
→Filmografía: Título galego |
|||
Liña 72: | Liña 72: | ||
== Véxase tamén == |
== Véxase tamén == |
||
{{Commonscat}} |
|||
=== Ligazóns externas === |
=== Ligazóns externas === |
||
* {{IMDb|0112218}} |
* {{IMDb|0112218}} |
Revisión como estaba o 24 de xuño de 2015 ás 22:22
Modelo:Actor Reuben Sax, nado en Filadelfia (Pensilvania) o 18 de maio de 1912 e finado en Beverly Hills (California) o 11 de marzo de 1992 foi un director, guionista, produtor e escritor estadounidense coñecido como Richard Brooks.
Traxectoria
Tras graduarse na Temple University, Brooks traballou coma xornalista radiofónico. Na década de 1940 iniciou a súa carreira en Hollywood escribindo guións de filmes como "Brute Force" (1947) ou "Key Largo" (1948). En 1950 e grazas á axuda do actor Cary Grant disposto a colaborar cun director novel, debutou na dirección con "Crisis", drama producido por Arthur Freed que Grant protagonizou xunto con José Ferrer. Ao longo desa década foi asentando a súa categoría como director de actores, especialmente polo éxito de Blackboard Jungle (1955), con Glenn Ford e Sidney Poitier.
Brooks rodou adaptacións de grandes obras literarias, como Os irmáns Karamazov de Fiódor Dostoyevski, Elmer Gantry, de Sinclair Lewis ou In Cold Blood, de Truman Capote. Un dos seus autores favoritos foi o dramaturgo Tennessee Williams, do que dirixiu Cat on a Hot Tin Roof (1958), con Elizabeth Taylor, Paul Newman e Burl Ives, e Doce paxaro de xuventude (1962), de novo con Newman.
A partir da década de 1970 a súa produción diminuíu en cantidade.
Filmografía
- Crisis (1950)
- The Light Touch (1951)
- Deadline – U.S.A. (20th Century Fox, 1952)
- Battle Circus (1953)
- Take the High Ground! (1953)
- Flame and the Flesh (1954)
- The Last Time I Saw Paris (1954)
- Blackboard Jungle (1955)
- The Last Hunt (1956)
- The Catered Affair (1956)
- Something of Value (1957)
- Os irmáns Karamazov (1958).
- Cat on a Hot Tin Roof (1958).
- Elmer Gantry (1960).
- Doce paxaro de xuventude, (1962).
- Lord Jim (1965).
- Os profesionais (1966).
- A sangue frío (1967).
- The Happy Ending (1969).
- $ (1971).
- Bite the Bullet (1975).
- Looking For Mr. Goodbar (1977).
- Wrong Is Right (1982).
- Fever Pitch (1985).
Véxase tamén
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Richard Brooks |
Ligazóns externas
- Richard Brooks na IMDb (en inglés).