Wikipedia:Guía de carga de imaxes: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Xosé (conversa | contribucións)
A lista queda mellor en dúas columnas
Prevert (conversa | contribucións)
Liña 97: Liña 97:
|
|
== A imaxe procede de Internet ==
== A imaxe procede de Internet ==
* O autor probablemente non autorizou a sáu difusión libre.
* O autor probablemente non autorizou a súa difusión libre.
*:<span style="background:#FFE5E5;">[[Image:Nuvola apps error.png|15px|Non]] Non cargue a imaxe na Galipedia porque '''será eliminada.'''</span>
*:<span style="background:#FFE5E5;">[[Image:Nuvola apps error.png|15px|Non]] Non cargue a imaxe na Galipedia porque '''será eliminada.'''</span>
* Procurar unha imaxe que poida substituíla con este [http://yotophoto.com/advancedsearch motor de busca de imaxes libres].
* Procurar unha imaxe que poida substituíla con este [http://yotophoto.com/advancedsearch motor de busca de imaxes libres].
Liña 104: Liña 104:
[[Image:Symbol question.svg|40px]]
[[Image:Symbol question.svg|40px]]
|
|

== Ningún dos casos anteriores ==
== Ningún dos casos anteriores ==



Revisión como estaba o 3 de maio de 2007 ás 15:29

Aviso

Aviso aos usuarios : Se vostede carga na Galipedia o formulario de carga unha imaxe que non é de uso libre mediante asume que a responsabilidade legal é súa. Ademais debe coñecer que non hai garantía de que a imaxe sexa autorizada na Wikipedia no futuro e dependendo das circunstancias pode ser eliminada.

Todas as imaxes cargadas na Galipedia deben indicar quen é o autor, a súa orixe e a licenza de uso.

Non Todas aquelas imaxes que non inclúan a información precisa serán eliminadas sen necesidade de aviso previo.

Cargar unha imaxe propia

Vostede é o autor da imaxe e permite o seu uso libre (incluíndo a creación de obras derivadas a partir do orixinal e uso comercial) sempre que sexa citado como autor.

  • Vostede realizou unha fotografía dunha obra de arte recente da que non é o autor (pintura, escultura, deseño,...) :
    Non O autor conserva os dereitos sobre a imaxe, vostede fixo o que se chama unha obra derivada e non pode cargar a imaxe na Galipedia, porque será eliminada por infracción dos dereitos de autor.
  • Non sabe como proceder :
    ? Preguntar a outros usuarios con experiencia coas imaxes.

A imaxe procede de Commons

  • As imaxes que proceden de Commons pódense usar libremente na Galipedia (salvo que sexa unha imaxe proposta para borrar ou a páxina de descrición da imaxe non inclúa autor, orixe e licenza) e poden incluírse nos artigos seguindo o mesmo procedemento que as imaxes cargadas directamente na Galipedia:
    Oui Para localizar un ficheiro pode usar o formulario de procura en Commons (en inglés) ou entrar a través da Portada galega de Commons. Outra opción de procura é este formulario no servidor Wikimedia.
  • A páxina de descrición da imaxe non inclúe información de autor, orixe e licenza ou está proposta para borrar (vexa a lista de imaxes aceptadas en Commons) :
    Non Non inclúa a imaxe na Galipedia, porque en pouco tempo será borrada en Commons.
  • Non sabe como proceder :
    ? Preguntar a outros usuarios con experiencia coas imaxes.

A imaxe procede doutra Wikipedia

  • A páxina de descrición da imaxe non indica unha licenza válida para a Galipedia. En moitas Wikipedias, en particular na Wikipedia en inglés permítense imaxes con copyright que non son de uso libre, a presenza alí non garante que poida cargarse na Galipedia, ou a información non semella fiable (algúns usuarios asignan licenzas aparentemente válidas pero que supoñen infracións dos dereitos de autor, por erros ao marcalas, por utilizaren licenzas falsas, etc.). Non cargue: logos e símbolos con copyright; capturas de imaxe de películas, programas de televisión, videoxogos, videoclips; portadas de discos, cd's, libros, carteis de películas; imaxes obtidas en Internet das que descoñeza o status dos dereitos de autor; fotografías de xoguetes que representen personaxes dos debuxos animados, do cine, dos videoxogos ou calquera outro que teña dereitos restrinxidos; fotografías promocionais de grupos musicais, actores e actrices, etc. (comprobe a política de uso de imaxes na Galipedia) :
    Non Non cargue a imaxe porque será eliminada.
  • Non sabe como proceder :
    ? Preguntar a outros usuarios con experiencia coas imaxes.

É unha imaxe antiga, os dereitos de autor caducaron

A imaxe procede de Internet

  • O autor probablemente non autorizou a súa difusión libre.
    Non Non cargue a imaxe na Galipedia porque será eliminada.
  • Procurar unha imaxe que poida substituíla con este motor de busca de imaxes libres.

Ningún dos casos anteriores

  • O seu caso non está incluído en ningunha das situacións anteriores.
  • Non sabe como proceder :
    ? Preguntar a outros usuarios con experiencia coas imaxes.

Procedementos

Procedemento de carga na Galipedia

No lateral esquerdo, na caixa de ferramentas: Cargar ficheiro.
No formulario: Nome de ficheiro a cargar, escoller un nome significativo, por exemplo: Castelao_Rianxo_2006.jpg, premer en browse para buscar a imaxe no disco duro.
No caso de que a imaxe teña un nome asignado pola cámara ou por un mesmo que non cumpra os requisitos, pódese cambiar no campo Nome do ficheiro de destino
En Descrición engadir canta información se teña da imaxe: fonte, orixe, licenza. Está información tamén pode editarse a posteriori na páxina de descrición da imaxe. Temos unha táboa de información para incluir os datos. En Marcadores de licenza de imaxe hai unha lista de marcadores de imaxe dispoñibles, tamén se poden introducir no paso posterior.
Hai algunhas licenzas que se poden escoller directamente na lista despregable deste campo.
Cargar ficheiro.
Lembre que é imprecindible incluír infomación do autor, a orixe da imaxe e a licenza de uso, se non sabe como facelo pregunte a un usuario con máis experiencia.

Como inserir a imaxe na páxina

Premer na icona na parte superior da caixa de edición. Esta icona insire o código [[Image:Exemplo.jpg]], sustituir Exemplo.jpg polo nome da nosa imaxe.
Agora trátase de elixir opción de presentación da imaxe: posición, tamaño e texto descritivo. No enlace anterior están as instrucións.
As imaxes procedentes de Commons non é preciso cargalas na Galipedia, basta con seguir o procedemento descrito neste apartado para incluílas nos artigos deste wiki.