Reserva biolóxica Bosque Nuboso Monteverde: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 44: Liña 44:
A maioría das especies de aves en Monteverde son principalmente insectívoras, dado que as plantas da rexión ofrecen unha ampla variedade de froitas onde crecen moitos insectos. As epífitas son recursos importantes, tanto para [[fruxívoros]] coma para insectívoros en Monteverde. A escala mundial, os bosques nubosos de Monteverde son o fogar de dez especies de aves que se consideran en perigo de extinción pola organización Birdlife International en todo o mundo debido ao seu hábitat moi restrinxido.
A maioría das especies de aves en Monteverde son principalmente insectívoras, dado que as plantas da rexión ofrecen unha ampla variedade de froitas onde crecen moitos insectos. As epífitas son recursos importantes, tanto para [[fruxívoros]] coma para insectívoros en Monteverde. A escala mundial, os bosques nubosos de Monteverde son o fogar de dez especies de aves que se consideran en perigo de extinción pola organización Birdlife International en todo o mundo debido ao seu hábitat moi restrinxido.


Os mamíferos de Monteverde comprenden a representantes de América do Sur e do Norte como especies endémicas. A fauna de mamíferos da rexión inclúe 6 especies de [[marsupial|marsupiais]], 3 ratos almiscreiros, polo menos 58 morcegos, 3 primates, 7 edentados, 2 coellos, 1 porco de terra, 3 especies de [[esquío]]s, 1 especie de rato espiñoso, polo menos 15 especies de ratas de rabo longo e ratos (familia ''Murídae''), unha especie de [[ourizo cacheiro]], unha especie de [[agutí]], unha de [[pacca]], dous [[cánido]]s, cinco [[mustélido]]s, catro especies de [[prociónido]]s, seis especies de [[felino]]s, dúas especies de [[porco bravo|porcos bravos]], dúas especies de [[cervo]]s e unha especie de [[tapir]].
Os mamíferos de Monteverde comprenden a representantes de América do Sur e do Norte como especies endémicas. A fauna de mamíferos da rexión inclúe 6 especies de [[marsupial|marsupiais]], 3 ratos almiscreiros, polo menos 58 morcegos, 3 primates, 7 edentados, 2 coellos, 3 especies de [[esquío]]s, 1 especie de rato espiñoso, polo menos 15 especies de ratas de rabo longo e ratos (familia ''Murídae''), unha especie de [[ourizo cacheiro]], unha especie de [[agutí]], unha de [[pacca]], dous [[cánido]]s, cinco [[mustélido]]s, catro especies de [[prociónido]]s, seis especies de [[felino]]s, dúas especies de [[porco bravo|porcos bravos]], dúas especies de [[cervo]]s e unha especie de [[tapir]].


== Notas ==
== Notas ==

Revisión como estaba o 21 de xuño de 2015 ás 19:11

Ponte colgante na reserva de Monteverde.

A Reserva biolóxica Bosque Nuboso Monteverde é unha reserva privada situada en Costa Rica ao longo da Sierra de Tilarán, entre as provincias de Puntarenas e Alajuela.

O seu nome débese á cidade próxima de Monteverde e foi creada en 1972.[1] A reserva componse de máis de 10 500 hectáreas de selva tropical, e recibe uns 70 000 visitantes ao ano. Posúe 6 zonas ecolóxicas, o 90 % das cales son de bosque virxe.[2]

Os científicos e turistas desde entón atoparon na reserva unha moi alta biodiversidade, que consiste en máis de 2500 especies de plantas (incluídas centos de especies de orquídeas concentradas nun só lugar), 100 especies de mamíferos, 400 especies de aves, 120 especies de réptiles e anfibios, e miles de insectos.

Características

A Reserva biolóxica de Monteverde abrangue unha área de conservación biolóxica que se localiza na Cordilleira de Tilarán, na Provincia de Puntarenas, Costa Rica. A reserva é de propiedade privada e ten unha extensión superior ás 10 000 ha, protexendo unha parte importante dos extensos bosques nubosos da cordilleera de Tilarán. Ademais forma un corredor biolóxico co Parque Nacional Volcán Arenal denominado "Complexo de bosque nuboso Arenal-Monteverde".

A zona é visitada anualmente por máis de 70 000 turistas que acoden principalmente a observar aves e a contemplar o bosque nuboso. Está situada a 5 km ao leste do centro de Santa Elena, no distrito de Monteverde (provincia de Puntarenas).

Reserva privada

A área corresponde na súa totalidade a unha reserva privada, propiedade do Centro Científico Tropical (CCT), unha ONG científica e educativa costarricense sen fins de lucro, fundada en 1962. A Reserva como tal, foi establecida en 1972 e inmediatamente asumiu a súa administración o CCT.

Esta área silvestre creouse para protexer a flora, a fauna e os recursos hídricos, e para levar a cabo tanto estudos científicos coma programas de educación ambiental.

A Reserva Bosque Nuboso Monteverde abrangue oito zonas biolóxicas diferentes e cobre unha área de unhas 10 522 hectáreas.

É o fogar de máis de 2000 especies de plantas e árbores, 100 especies de mamíferos, máis de 400 especies de paxaros e arredor de 1200 especies de anfibios e réptiles. Algunhas especies salientables son o paxaro campá, xaguares, pumas, monos e sapos.

En canto á súa flora, é tamén hábitat de máis de 300 especies de orquídeas e 200 especies de fentos.

Bioloxía

Flora

As epífitas, que representan o 29% da flora con 878 especies, son a forma de vida máis rica entre as especies da flora en Monteverde. A rexión de Monteverde é tamén coñecida como o sitio co maior número de orquídeas no mundo. O número total de especies coñecidas supera as 500, e destas, 34 especies que foron descubertas na reserva son novas para a ciencia.

Fauna

Sapo dourado de Monteverde.

A herpetofauna da zona consta de 161 especies de anfibios e reptiles. Monteverde era oñecida mundialmente como o hábitat do sapo dourado (Incilius periglenes), unha especie que desapareceu en 1989.

91 (21%) das especies de aves de Monteverde son aves migratorias de longa distancia que se reproducen en Norteamérica e atravesan Monteverde durante a súa migración, ou pasan o inverno na zona. Tres destas especies, Elanoides forficatus, Legatus leucopahius e Vireo flavoviridis, reprodúcense en Monteverde e emigran a América do Sur durante a súa fase non reprodutiva.

O quetzal resplandecente (Pharomachrus mocinno) móvese en tempada de aniñación ata as elevacións máis baixas a ambos os lados da divisoria continental. O comezo da migración das aves campá (Procnias tricarunculata) é similar á do quetzal, mais a reprodución ocorre preto da divisoria continental, de marzo a xuño, e é seguida por un movemento post-reprodutivo de baixada pola vertente do Pacífico durante os meses de agosto e setembro.

A maioría das especies de aves en Monteverde son principalmente insectívoras, dado que as plantas da rexión ofrecen unha ampla variedade de froitas onde crecen moitos insectos. As epífitas son recursos importantes, tanto para fruxívoros coma para insectívoros en Monteverde. A escala mundial, os bosques nubosos de Monteverde son o fogar de dez especies de aves que se consideran en perigo de extinción pola organización Birdlife International en todo o mundo debido ao seu hábitat moi restrinxido.

Os mamíferos de Monteverde comprenden a representantes de América do Sur e do Norte como especies endémicas. A fauna de mamíferos da rexión inclúe 6 especies de marsupiais, 3 ratos almiscreiros, polo menos 58 morcegos, 3 primates, 7 edentados, 2 coellos, 3 especies de esquíos, 1 especie de rato espiñoso, polo menos 15 especies de ratas de rabo longo e ratos (familia Murídae), unha especie de ourizo cacheiro, unha especie de agutí, unha de pacca, dous cánidos, cinco mustélidos, catro especies de prociónidos, seis especies de felinos, dúas especies de porcos bravos, dúas especies de cervos e unha especie de tapir.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas