Valdés: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 42: Liña 42:
| Irmandada con ||
| Irmandada con ||
|}
|}
'''Valdés''' (nome [[lingua asturiana|asturiano]]: '''Valdés''', nome [[lingua castelá|español]]: '''Valdés''', nome en [[lingua galega|galego]] '''Valdés''') é un [[concello]] [[España|español]] do [[Principado de Asturias]], e ten como capital [[Luarca]].
'''Valdés''' é un [[concello]] [[España|español]] do [[Principado de Asturias]], e ten como capital [[Luarca]].


== Historia ==
== Historia ==
Os datos máis antigos da presenza humana no [[concello]] de Valdés remótanse ás épocas [[prehistoria|prehistóricas]], concretamente á etapa do [[achelense]], atopándose ferramentas e industrias de homínidos no sitio de Busto, sendo ata o momento presente o lugar que deu os restos [[arqueoloxía|arqueolóxicos]] máis antigos de todo o norte peninsular. Tamén se localizaron restos industriais destas mesmas etapas nos lugares de Caroyas, Ribón e Paredes. Dentro da era [[megalitismo|megalita]], localízanse varias [[necrópole]]s [[túmulo|tumulares]] en zonas limítrofes con [[Cudillero]], [[Salas, Asturias|Salas]], [[Villayón]] e en zonas interiores como Villuir, La Granda ou Piedrafita, sendo o campo encontrado en Xugadoiro o máis sobresaínte dentro destes descubrimentos.
Os datos máis antigos da presenza humana no [[concello]] de Valdés remóntanse ás épocas [[prehistoria|prehistóricas]], concretamente á etapa do [[achelense]], atopándose ferramentas e industrias de homínidos no sitio de Busto, sendo ata o momento presente o lugar que deu os restos [[arqueoloxía|arqueolóxicos]] máis antigos de todo o norte peninsular. Tamén se localizaron restos industriais destas mesmas etapas nos lugares de Caroyas, Ribón e Paredes. Dentro da era [[megalitismo|megalita]], localízanse varias [[necrópole]]s [[túmulo|tumulares]] en zonas limítrofes con [[Cudillero]], [[Salas, Asturias|Salas]], [[Villayón]] e en zonas interiores como Villuir, La Granda ou Piedrafita, sendo o campo encontrado en Xugadoiro o máis sobresaínte dentro destes descubrimentos.


Dentro da [[cultura castrexa]], varios son os asentamentos localizados por todo o concello, aínda que a ausencia de escavacións impide determinar con exactitude a data de construción dos mesmos. Presuntamente os localizados no interior eran utilizados polos [[Roma Antiga|romanos]] para os seus traballos nas prospeccións [[ouro|auríferas]], e que os atopados nas proximidades costeiras podíanse relacionar co control da [[Lista de vías romanas|vía romana]] que se dirixía a [[Lugo]]. Da época colonizadora romana consérvanse son varias moedas, un selo, e unha lápida cunha inscrición romana atopada en Rellón de Merás, parroquia de Paredes.
Dentro da [[cultura castrexa]], varios son os asentamentos localizados por todo o concello, aínda que a ausencia de escavacións impide determinar con exactitude a data de construción dos mesmos. Presuntamente os localizados no interior eran utilizados polos [[Roma Antiga|romanos]] para os seus traballos nas prospeccións [[ouro|auríferas]], e que os atopados nas proximidades costeiras podíanse relacionar co control da [[Lista de vías romanas|vía romana]] que se dirixía a [[Lugo]]. Da época colonizadora romana consérvanse son varias moedas, un selo, e unha lápida cunha inscrición romana atopada en Rellón de Merás, parroquia de Paredes.


Os primeiros datos documentados do concello de Valdés corresponden aos séculos [[século X|X]] e [[século|XI]], nos que se producen varias doazóns, tanto ao bispado de [[Oviedo]], como aos cenobios de Corias e Bárcena, que posuían varias igrexas e terreos do [[municipio]]. Xa nestes tempos a poboación de Valdés empezaba a ter unha considerable importancia, sendo dous séculos máis tarde, concretamente no ano [[1270]], cando o monarca [[Alfonso X o Sabio]] outorgou a Carta Puebla ao territorio, concedéndolles a partir deste momento e por culpa da [[anarquía]], roubos e danos que os nobres e cabaleiros cometían coas xentes do lugar, tódolos dereitos reais e liberdades, reservándose a [[Coroa de España|Coroa]] as posesións eclesiásticas. Sete anos máis tarde Valdés forma parte da creación da irmandade da maioría das vilas do occidente, que se desenvolve no Alto de La Espina, e na cal se comprometen todas elas a colaborar entre si, e rematar cos roubos e delitos na comarca.
Os primeiros datos documentados do concello de Valdés corresponden aos séculos [[século X|X]] e [[século|XI]], nos que se producen varias doazóns, tanto ao bispado de [[Oviedo]], como aos cenobios de Corias e Bárcena, que posuían varias igrexas e terreos do [[municipio]]. Xa nestes tempos a poboación de Valdés empezaba a ter unha considerable importancia, sendo dous séculos máis tarde, concretamente no ano [[1270]], cando o monarca [[Afonso X o Sabio]] outorgou a Carta Puebla ao territorio, concedéndolles a partir deste momento e por culpa do desgoberno, roubos e danos que os nobres e cabaleiros cometían coas xentes do lugar, tódolos dereitos reais e liberdades, reservándose a Coroa as posesións eclesiásticas. Sete anos máis tarde Valdés forma parte da creación da irmandade da maioría das vilas do occidente, que se desenvolve no Alto de La Espina, e na cal se comprometen todas elas a colaborar entre si, e rematar cos roubos e delitos na comarca.


A época [[idade media|medieval]] vén marcada pola influencia que tiña en toda [[Luarca]] o incipiente Gremio de Mareantes, que agrupaba pescadores, comerciantes e armadores para regular e defender os numerosos intereses comerciais que alí se daban. O [[século XV]] ven marcado polas disputas da nobreza ca [[monarquía]], tendo varias liñaxes unha autoridade bastante grande sobre boa parte da zona, feito que non agrada de ningunha maneira á Coroa. Boa mostra disto constitúeo a construción da torre de Villa de Moros, antiga fortaleza medieval que pertenceu á casa dos Peláez. No [[século XVI]], Valdés aparece nas actas da [[Xunta Xeral do Principado de Asturias]] como integrante do partido dos cinco concellos, documentado por primeira vez no ano [[1462]] e que agrupaba os municipios de [[Grado (Asturias)|Grado]], [[Salas, Asturias|Salas]], [[Pravia]], Valdés e [[Belmonte de Miranda|Miranda]]. Durante os séculos XVI, [[século XVII|XVII]] e [[século XVIII|XVIII]] a xurisdición municipal abarcaba 13 parroquias e un anexo e 189 entidades de poboación repartidas por todo o territorio.
A época [[idade media|medieval]] vén marcada pola influencia que tiña en toda [[Luarca]] o incipiente Gremio de Mareantes, que agrupaba pescadores, comerciantes e armadores para regular e defender os numerosos intereses comerciais que alí se daban. O [[século XV]] ven marcado polas disputas da nobreza ca [[monarquía]], tendo varias liñaxes unha autoridade bastante grande sobre boa parte da zona, feito que non agrada de ningunha maneira á Coroa. Boa mostra disto constitúeo a construción da torre de Villa de Moros, antiga fortaleza medieval que pertenceu á casa dos Peláez. No [[século XVI]], Valdés aparece nas actas da [[Xunta Xeral do Principado de Asturias]] como integrante do partido dos cinco concellos, documentado por primeira vez no ano [[1462]] e que agrupaba os municipios de [[Grau]], [[Salas, Asturias|Salas]], [[Pravia]], Valdés e [[Belmonte de Miranda|Miranda]]. Durante os séculos XVI, [[século XVII|XVII]] e [[século XVIII|XVIII]] a xurisdición municipal abarcaba 13 parroquias e un anexo e 189 entidades de poboación repartidas por todo o territorio.


O [[século XIX]] deixa un acontecimento relacionado coa [[Guerra da Independencia Española|Guerra da Independencia]] contra os franceses: tras sufrir Oviedo a terceira invasión, da Xunta do Principado e da Real Audiencia a Luarca, para pasar posteriormente a [[Castropol]] e [[Figueras]]. Tamén deixa o final do século a aparición dos primeiros movementos migratorios ultramarinos, establecéndose liñas regulares de fragatas en dirección a [[América]], e que volverían máis tarde á súa terra natal cun forte poder monetario e social. Esta cultura dos indianos, e grazas á cal se debe o desenvolvemento económico e industrial posterior na zona, quedando tamén belos legados arquitectónicos coñecidos como casas de indianos de estilos modernistas coloniais.
O [[século XIX]] deixa un acontecimento relacionado coa [[Guerra da Independencia Española|Guerra da Independencia]] contra os franceses: tras sufrir Oviedo a terceira invasión, da Xunta do Principado e da Real Audiencia a Luarca, para pasar posteriormente a [[Castropol]] e [[Figueras]]. Tamén deixa o final do século a aparición dos primeiros movementos migratorios ultramarinos, establecéndose liñas regulares de fragatas en dirección a [[América]], e que volverían máis tarde á súa terra natal cun forte poder monetario e social. Esta cultura dos indianos, e grazas á cal se debe o desenvolvemento económico e industrial posterior na zona, quedando tamén belos legados arquitectónicos coñecidos como casas de indianos de estilos modernistas coloniais.

Revisión como estaba o 20 de xuño de 2015 ás 05:48

Valdés
Bandeira de Valdés Escudo de Valdés
(En detalle) (En detalle)

Asturias
Comarca
Provincia Asturias
Comunidade Autónoma Principado de Asturias
Código postal 33700
Prefixo telefónico +34 98
Coordenadas 43º 32' N, 6º 32' O
Superficie 351 km²
Altitude Entre 0 m e 1.010 m (Peña Cezures)
Distancia 540 km a Madrid.
Poboación
(INE 2005)

 - Densidade

14.038 hab.

40,47 hab./km²
Xentilicio Valdesano/a.
Ríos Río Negro.
Alcalde Juan José Adolfo Fernández Pereiro (PSOE)
Irmandada con

Valdés é un concello español do Principado de Asturias, e ten como capital Luarca.

Historia

Os datos máis antigos da presenza humana no concello de Valdés remóntanse ás épocas prehistóricas, concretamente á etapa do achelense, atopándose ferramentas e industrias de homínidos no sitio de Busto, sendo ata o momento presente o lugar que deu os restos arqueolóxicos máis antigos de todo o norte peninsular. Tamén se localizaron restos industriais destas mesmas etapas nos lugares de Caroyas, Ribón e Paredes. Dentro da era megalita, localízanse varias necrópoles tumulares en zonas limítrofes con Cudillero, Salas, Villayón e en zonas interiores como Villuir, La Granda ou Piedrafita, sendo o campo encontrado en Xugadoiro o máis sobresaínte dentro destes descubrimentos.

Dentro da cultura castrexa, varios son os asentamentos localizados por todo o concello, aínda que a ausencia de escavacións impide determinar con exactitude a data de construción dos mesmos. Presuntamente os localizados no interior eran utilizados polos romanos para os seus traballos nas prospeccións auríferas, e que os atopados nas proximidades costeiras podíanse relacionar co control da vía romana que se dirixía a Lugo. Da época colonizadora romana consérvanse son varias moedas, un selo, e unha lápida cunha inscrición romana atopada en Rellón de Merás, parroquia de Paredes.

Os primeiros datos documentados do concello de Valdés corresponden aos séculos X e XI, nos que se producen varias doazóns, tanto ao bispado de Oviedo, como aos cenobios de Corias e Bárcena, que posuían varias igrexas e terreos do municipio. Xa nestes tempos a poboación de Valdés empezaba a ter unha considerable importancia, sendo dous séculos máis tarde, concretamente no ano 1270, cando o monarca Afonso X o Sabio outorgou a Carta Puebla ao territorio, concedéndolles a partir deste momento e por culpa do desgoberno, roubos e danos que os nobres e cabaleiros cometían coas xentes do lugar, tódolos dereitos reais e liberdades, reservándose a Coroa as posesións eclesiásticas. Sete anos máis tarde Valdés forma parte da creación da irmandade da maioría das vilas do occidente, que se desenvolve no Alto de La Espina, e na cal se comprometen todas elas a colaborar entre si, e rematar cos roubos e delitos na comarca.

A época medieval vén marcada pola influencia que tiña en toda Luarca o incipiente Gremio de Mareantes, que agrupaba pescadores, comerciantes e armadores para regular e defender os numerosos intereses comerciais que alí se daban. O século XV ven marcado polas disputas da nobreza ca monarquía, tendo varias liñaxes unha autoridade bastante grande sobre boa parte da zona, feito que non agrada de ningunha maneira á Coroa. Boa mostra disto constitúeo a construción da torre de Villa de Moros, antiga fortaleza medieval que pertenceu á casa dos Peláez. No século XVI, Valdés aparece nas actas da Xunta Xeral do Principado de Asturias como integrante do partido dos cinco concellos, documentado por primeira vez no ano 1462 e que agrupaba os municipios de Grau, Salas, Pravia, Valdés e Miranda. Durante os séculos XVI, XVII e XVIII a xurisdición municipal abarcaba 13 parroquias e un anexo e 189 entidades de poboación repartidas por todo o territorio.

O século XIX deixa un acontecimento relacionado coa Guerra da Independencia contra os franceses: tras sufrir Oviedo a terceira invasión, da Xunta do Principado e da Real Audiencia a Luarca, para pasar posteriormente a Castropol e Figueras. Tamén deixa o final do século a aparición dos primeiros movementos migratorios ultramarinos, establecéndose liñas regulares de fragatas en dirección a América, e que volverían máis tarde á súa terra natal cun forte poder monetario e social. Esta cultura dos indianos, e grazas á cal se debe o desenvolvemento económico e industrial posterior na zona, quedando tamén belos legados arquitectónicos coñecidos como casas de indianos de estilos modernistas coloniais.

Do século XX a nova máis destacada que se produce é o cambio do nome do concello en 1909, adoptando a nomenclatura da capital, non sendo restituído pola antiga e máis acorde denominación de Valdés ata o ano 1985.

Parroquias

Festas

O último domingo de xullo son as festas da Vaqueirada en Aristébano, e as da Virxe do Carme en Luarca e Barcia. O 15 de agosto son as festas da Virxe do Rosario en Luarca, San Timoteo en Luarca o día 22 de agosto, La Regalina en Cadavedo o último domingo de agosto. O 29 de setembro son as de San Miguel en Trevías.

Multitude de celebracións sucédense por todo o territorio valdesano, sobre todo na estación estival, tendo cada festexo unha particularidade diferente. Así na festividade da Virxe do Rosario ten lugar unha procesión marítima con posterior procesión coa imaxe da Virxe, tirándose posteriormente a xuventude vestida ao mar. As festas de San Timoteo son unha das máis concorridas do verán astur, sendo o día 22 de agosto o seu día grande, congregándose no Prau del Patrón unha infindade de xente. Na Vaqueirada de Aristébano, organizada conxuntamente con Tineo, ten lugar unha tradicional voda Vaqueira. Tamén a celebración de La Regalina ten a súa nota característica, combinando bailes e cantos, realizados polas mozas solteiras en honor da patroa. Ademais de todos estes festexos, tamén son destacables na Villa Blanca, os Entroidos e a Semana Santa, sen dúbida a máis importante do occidente asturiano.