Julien Offray de La Mettrie: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Xas (conversa | contribucións)
m corrixo grallas
Sen resumo de edición
Liña 9: Liña 9:
A súa primeira obra filosófica, ''Historia natural da alma'', foi publicada en [[1745]] na Haya, tivo conflitos cos medios eclesiásticos, e tivo que sair de Francia. Causou polémica a súa interpretación materialista dos fenómenos físicos, que o levou a negar a existencia de Deus e a alma humana. Viuse obrigado a exiliarse primeiro nos Países Baixos e logo na corte de [[Federico II de Prusia]], da que foi médico.
A súa primeira obra filosófica, ''Historia natural da alma'', foi publicada en [[1745]] na Haya, tivo conflitos cos medios eclesiásticos, e tivo que sair de Francia. Causou polémica a súa interpretación materialista dos fenómenos físicos, que o levou a negar a existencia de Deus e a alma humana. Viuse obrigado a exiliarse primeiro nos Países Baixos e logo na corte de [[Federico II de Prusia]], da que foi médico.


Refuxiado en Holanda, foi igualmente expulsado deste país trala publicación do seu libro ''O home máquina''. Finalmente viuse ben acollido na corte de Federico o Grande, quen incluso o introduciu na Academia de Berlín. Porén, pouco despois e de forma inesperada, La Mettrie faleceu dunha indixestión.
Refuxiado en [[Holanda]], foi igualmente expulsado deste país trala publicación do seu libro [[O home máquina]]. Finalmente viuse ben acollido na corte de Federico o Grande, quen incluso o introduciu na Academia de Berlín. Porén, pouco despois e de forma inesperada, La Mettrie falece dunha indixestión.
==Pensamento==
==Pensamento==
O seu mecanicismo radical quedou exposto na obra ''[[O home máquina]]'' (1748), ensaio no que interpreta o [[pensamento]] como o resultado da acción dos compoñentes do cerebro e propón unha continuidade entre os animais e o home. Tamén propuxo considerar a certos criminais como enfermos. Típicamente ilustrado, o seu pensamento pon unha fe sen límites no progreso científico e ataca con saña a relixión e a ignorancia médica. Entre as súas obras de medicina destaca ''Observacións de medicina práctica''.
O mecanicismo radical quedou exposto na obra ''[[O home máquina]]'', ensaio no que interpreta o [[pensamento]] como o resultado da acción dos compoñentes do cerebro e propón unha continuidade entre os animais e o home. Tamén propuxo considerar a certos criminais como enfermos. Típicamente ilustrado, o seu pensamento pon unha fe sen límites no progreso científico e ataca con saña a relixión e a ignorancia médica. Entre as súas obras de medicina destaca ''Observacións de medicina práctica''.




A partir do seu tratado sobre a alma, o materialismo de La Mettrie aparece fundamentado en observacions fisiolóxicas (explicación mecánica dos movementos dos animais) e, en consecuencia, procedentes da física de [[Newton]] (a atracción é unha proba das capacidades activas da materia). A vida orgánica e incluso os actos da conciencia, mera función físico-química do cerebro, poden quedar suficientemente explicados pola materia. Iso exclúe, en cuanto que inútil hipótese, a alma como substancia.
A partir do seu tratado sobre a alma, o materialismo de La Mettrie aparece fundamentado en observacions fisiolóxicas e, en consecuencia, procedentes da física de [[Newton]]. A vida orgánica e incluso os actos da conciencia, mera función físico-química do cerebro, poden quedar suficientemente explicados pola materia. Iso exclúe, en cuanto que inútil hipótese, a alma como substancia.


==Obras==
==Obras==
Na obra ''[[O home máquina]]'' a súa obra máis famosa, La Mettrie funda toda a actividade consciente do home na teoría do automatismo animal, e extendese ao ser humano o que Descartes considerara evidente só nas bestas; convencido do desenvolvemento dos órganos mediante o exercicio e a educación, La Mettrie xulga incluso a ensinanza da linguaxe aos monos.
Na obra ''[[O home máquina]]'' a súa obra máis famosa, La Mettrie funda toda a actividade consciente do home na teoría do automatismo animal, e extendese ao ser humano o que Descartes considerara evidente só nas bestas; convencido do desenvolvemento dos órganos mediante o exercicio e a educación, La Mettrie xulga incluso a ensinanza da linguaxe dos monos.


Posteriormente escribiu ''O home-planta'' (1748), onde afirma que os vexetais posúen, como o home, a sensibilidade, e ''Les animaux plus que machines'' (1750), para demostrar, en oposición a Descartes, que a conciencia dos animais ten a mesma natureza que a humana. La Mettrie considera a existencia de Deus como unha suposición innecesaria, que se comprace nunha moral libremente materialista, que exalta por riba de todos os restantes o pracer dos sentidos, aínda cando tamén deduce do mesmo individualismo (a través do sentimiento do "honor") o criterio da subordinación do interese privado cara o público, e, en consecuencia, a posibilidade dunha norma de conduta moral.
Posteriormente escribiu ''O home-planta'' (1748), onde afirma que os vexetais posúen, como o home, a sensibilidade, e ''Les animaux plus que machines'' (1750), para demostrar, en oposición a Descartes, que a conciencia dos animais ten a mesma natureza que a humana. La Mettrie considera a existencia de Deus como unha suposición innecesaria, que se comprace nunha moral libremente materialista, que exalta por riba de todos os restantes o pracer dos sentidos, aínda cando tamén deduce do mesmo [[individualismo]] (a través do sentimiento do [["honor"]]) o criterio da subordinación do interese privado cara o público, e, en consecuencia, a posibilidade dunha norma de conduta moral.


==Véxase tamén==
==Véxase tamén==

Revisión como estaba o 18 de xuño de 2015 ás 14:54

Julien Offray de La Mettrie.

Julien Offray de La Mettrie nado en Saint-Malo en 1709 e finado en Berlín en 1751, foi un médico e filósofo francés.

Traxectoria

Nado no seno dunha familia de comerciantes, foi educado cos xesuítas e estudou medicina en París e Reims. Despois de estudar teoloxía e ser un fervente xansenista, marchou no ano 1733 a Leiden, e, baixo a guía do famoso médico e fisiólogo Herman Boerhave, seguidor das doutrinas de Spinoza, dedicouse a estudar medicina; isto conduciuno ao materialismo, ao que lle daría a forma máis sistemática e lóxica. Médico militar en París no ano 1742, enemistouse con todos os seus colegas a causa dalgúns despectivos textos polémicos.

A súa primeira obra filosófica, Historia natural da alma, foi publicada en 1745 na Haya, tivo conflitos cos medios eclesiásticos, e tivo que sair de Francia. Causou polémica a súa interpretación materialista dos fenómenos físicos, que o levou a negar a existencia de Deus e a alma humana. Viuse obrigado a exiliarse primeiro nos Países Baixos e logo na corte de Federico II de Prusia, da que foi médico.

Refuxiado en Holanda, foi igualmente expulsado deste país trala publicación do seu libro O home máquina. Finalmente viuse ben acollido na corte de Federico o Grande, quen incluso o introduciu na Academia de Berlín. Porén, pouco despois e de forma inesperada, La Mettrie falece dunha indixestión.

Pensamento

O mecanicismo radical quedou exposto na obra O home máquina, ensaio no que interpreta o pensamento como o resultado da acción dos compoñentes do cerebro e propón unha continuidade entre os animais e o home. Tamén propuxo considerar a certos criminais como enfermos. Típicamente ilustrado, o seu pensamento pon unha fe sen límites no progreso científico e ataca con saña a relixión e a ignorancia médica. Entre as súas obras de medicina destaca Observacións de medicina práctica.


A partir do seu tratado sobre a alma, o materialismo de La Mettrie aparece fundamentado en observacions fisiolóxicas e, en consecuencia, procedentes da física de Newton. A vida orgánica e incluso os actos da conciencia, mera función físico-química do cerebro, poden quedar suficientemente explicados pola materia. Iso exclúe, en cuanto que inútil hipótese, a alma como substancia.

Obras

Na obra O home máquina a súa obra máis famosa, La Mettrie funda toda a actividade consciente do home na teoría do automatismo animal, e extendese ao ser humano o que Descartes considerara evidente só nas bestas; convencido do desenvolvemento dos órganos mediante o exercicio e a educación, La Mettrie xulga incluso a ensinanza da linguaxe dos monos.

Posteriormente escribiu O home-planta (1748), onde afirma que os vexetais posúen, como o home, a sensibilidade, e Les animaux plus que machines (1750), para demostrar, en oposición a Descartes, que a conciencia dos animais ten a mesma natureza que a humana. La Mettrie considera a existencia de Deus como unha suposición innecesaria, que se comprace nunha moral libremente materialista, que exalta por riba de todos os restantes o pracer dos sentidos, aínda cando tamén deduce do mesmo individualismo (a través do sentimiento do "honor") o criterio da subordinación do interese privado cara o público, e, en consecuencia, a posibilidade dunha norma de conduta moral.

Véxase tamén

Ligazóns externas