Apuleio: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
formato
Liña 7: Liña 7:
[[Categoría:Escritores en lingua latina]]
[[Categoría:Escritores en lingua latina]]
[[Categoría:Finados en 180]]
[[Categoría:Finados en 180]]
[[Categoría:Nados en Alxeria]]

Revisión como estaba o 17 de xuño de 2015 ás 02:22

Apuleio

Apuleio (Lucius Apuleius en latín), nado en 123 ou 125 e finado en 180, foi un escritor latino de orixe bérber.

Traxectoria

Naceu en Madaura, colonia romana de Numidia, fillo dun dun maxistrado provincial. Apuleio formouse en Cartago e posteriormente en Atenas, onde estudou a filosofía platónica. Despois de ser iniciado no culto de Isis, marchou a Roma para estudar oratoria latina. Máis adiante viaxou por Asia Menor e Exipto estudando a súa filosofía e relixión.
Acusado de usar a maxia para conseguir os favores e riquezas dunha viúva, fíxose cargo da súa propia defensa, coñecida como a Apoloxía, onde demostra o seu sentido de humor. O asno de ouro (ou Metamorfoses) é a única novela en latín que sobreviviu enteiramente, é unha obra imaxinativa, irreverente e divertida que relata as aventuras de Lucio, que durante un dos seus experimentos coa maxia, convértese nun asno; baixo esta aparencia oe e ve gran número de cousas estrañas, ata que Isis devólveo á forma humana. Unha interpolación desenvolve a fábula de Psique e Cupido.