Muros: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Cambio o modelo: Referencias
Actualización aos resultados das municipais de 2015. María Xosé Alfonso investida alcaldesa cos votos do PSdeG-PSOE e o seu partido, CxG.
Liña 20: Liña 20:
galego ano= 2011|
galego ano= 2011|
totalgalego= 76,77|
totalgalego= 76,77|
elec ano= 2011|
elec ano= 2015|
pp= 4|
pp= 4|
votospp= 1.762 votos - 30,82|
votospp= 1.706 votos - 32,70|
bng= 3|
bng= 2|
votosbng= 1.508 votos - 26,38|
votosbng= 771 votos - 14,78|
psg-psoe= 6|
psg-psoe= 4|
votospsg-psoe= 2.282 votos - 39,92|
votospsg-psoe= 1513 votos - 29,00|
outros= -|
outros= [[CxG]]: 3|
votosoutros= -|
votosoutros= 1131 votos - 21,68|
alcaldesa= Caridad González Cerviño|
alcaldesa= María Xosé Alfonso Torres|
partido= PSdeG-PSOE|
partido= [[CxG]]|
eleccións=[[Eleccións municipais en Muros]]|
eleccións=[[Eleccións municipais en Muros]]|
censo ano= 2011|
censo ano= 2011|
totalelectores= 8.212|
totalelectores= 7837|
votantes= 5.824 - 70,92|
votantes= 5.294 - 67,55|
abstencións= 2.388 - 29,08|
abstencións= 2.543 - 32,45|
enbranco= 165 - 2,89|
enbranco= 96 - 1,84|
nulos= 107 - 1,84|
nulos= 77 - 1,45|
enderezo= Curro da Praza, s/n|
enderezo= Curro da Praza, s/n|
cp= 15.250|
cp= 15.250|

Revisión como estaba o 13 de xuño de 2015 ás 11:22

Coordenadas: 42°46′N 9°5′O / 42.767, -9.083

Muros
Escudo de Muros
Porto de Muros.
Situación
Xentilicio[1]muradán/muradá
Xeografía
ProvinciaProvincia da Coruña
ComarcaComarca de Muros
Poboación9.117 hab. (2014)[2][3]
Área72,9 km²[3]
Densidade125,06 hab./km²
Entidades de poboación8 parroquias[4]
Capital do concelloMuros
Política (2015)
AlcaldesaMaría Xosé Alfonso Torres (CxG)
ConcelleirosBNG: 2
PPdeG: 4
PSdeG-PSOE: 4
Outros: CxG: 3
Eleccións municipais en Muros
Uso do galego[5] (2011)
Galegofalantes76,77%
Na rede
www.muros.es
editar datos en Wikidata ]

Muros é un concello da provincia da Coruña, pertencente á Comarca de Muros. Está situado no extremo norte da ría de Muros e Noia, a máis setentrional das rías Baixas.

Segundo o IGE no 2014 tiña unha poboación de 9.117 habitantes (9.787 no 2009, 9.999 no 2006, 9.995 no 2005, 10.050 no 2004, 10.095 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é muradá para o feminino ou muradán para o masculino.

Poboación

Censo Total (Habitantes) 9.117 (2014)
Menores de 15 anos 956 (10.48 %)
Entre 15 e 64 anos 5.561 (60.99 %)
Maiores de 65 anos 2.600 (28.52 %)


Evolución da poboación de Muros   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023
9.130 10.282 11.155 12.302 10.050 9.787 9.565 9.437
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Clima

O clima de Muros é propio do dominio oceánico hiperhúmedo aínda que, debido á orientación ó sur dominante e á protección dos ventos polas serras que o delimitan, permite a suavidade de certos trazos climáticos. A concentración de precipitacións non outono-inverno e o descenso no verán é patente, tanto que incluso nalgún se chega a falar de aridez estival e déficit hídrico, vinculado á dificultade de reter a auga por parte do substrato areoso.

Historia

Na zona atopáronse restos prehistóricos, como os petróglifos de Louro e Serres, así como castros da época castrexa e calzadas do período da romanización.

No século X o rei Sancho IV de Castela mandou repoboar a zona entre O Ézaro e Ponte Nafonso, nomeando a zona como Póboa de Muro. O primeiro emprazamento correspondíase coa parte sur do actual. O primeiro documento no que se documenta este lugar é de 1286, En 1298 Fernando IV doa esta vila á mitra compostelá, desaparecendo do seu escudo o castelo e o león (símbolos dos reis de Castela) e pasando a figurar nel dúas vieiras, que representan a igrexa compostelá. A mediados do século XV o rei Xoán II de Castela habilitou o porto da vila para exportar e importar mercadorías.

A vila foi gañando importancia co tempo, e en 1520 foi amurallada. A construción, de entre 3 e 4 m de grosor e até 7 de altura, dividía a poboación en dous barrios perfectamente delimitados: A Cerca e A Axesta. A porta principal de acceso era a Porta da Vila, flanqueada por dúas poderosas torres defensivas, estaba situada preto da actual Casa Consistorial, A muralla tiña outras dúas portas e dezaoito torres ameadas de até 11 m de altura. Tamén en 1520 Alonso III de Fonseca mandou construír o forte de Monte Louro para defenderse dos ataques dos piratas. En 1544 tivo lugar a batalla de Muros, na que a Armada Española, mandada polo almirante Álvaro de Bazán, derrotou a escuadra francesa. Nesa época o goberno local reuníase no adro da igrexa de San Pedro. A finais do século XVI o marqués de Cerralbo construíu un castelo nas inmediacións da vella lonxa, que no século XVIII chegou a contar con 12 canóns.

En marzo de 1809, no marco da Guerra da Independencia, a vila foi destruída polas tropas napoleónicas en tan só doce horas. Amais dos danos humanos e materiais (190 casas destruídas), queimouse o Arquivo Municipal, o que supuxo a perda da maioría da documentación histórica. No século XIX chegaron á vila emresarios cataláns, que crearon máis de 30 fábricas de salgadura, principalmente de sardiña e arenque. Xunto cos estaleiros, isto marcou a vida laboral e a fisonomía da vila.

A comezos do século XX a vila foi visitada por María Cristina de Habsburgo-Lorena, raíña nai de Afonso XIII. A nobre estivo varios días hospedada co se séquito.

En maio de 1970 a vila foi declarada conxunto histórico-artístico, sendo definida como «Vila mariñeira que conserva os seus valores ambientais, típicos e pintorescos, ó lado da severa grandeza monumental de góticos palacios e templos como o da antiga Colexiata e o Santuario da Virgen do Camiño».

Muros na cultura popular

  • Os de Noia son borrachos,/ os de Muros aloqueiros,/ os de Fisterra son mouros,/ e os do Son sonche bucheiros. [6]
    • Aloque ou aloqueiro significan pantano, lameira, e, por extensión, atranco, dificultade, compromiso.
    • Bucheiro pode significar barrigán, tripón; ou pescador de bucheiros, nome local dos muxos.

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Muros.

Parroquias

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Muros

Abelleira (Santo Estevo) | Esteiro (Santa Mariña) | Louro (Santiago) | Muros (San Pedro) | Serres (San Xoán) | Sestaio (San Miguel) | Tal (Santiago) | Torea (San Xián)

Lugares de Muros

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Muros vexa: Lugares de Muros.

Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Instituto Nacional de Estadística, ed. (27 de decembro de 2019). "Cifras oficiales de población resultantes de la revisión del Padrón municipal a 1 de enero". Consultado o 2 de xuño de 2020. (en castelán).
  3. 3,0 3,1 Instituto Galego de Estatística. (2023) "Muros".Información municipal. Sociedade e poboación. Xunta de Galicia.
  4. Nomenclátor de Galicia. Busca directa. Xunta de Galicia
  5. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Arquivado dende o orixinal o 5 de decembro de 2019. Consultado o 14 de outubro de 2014. Fonte: IGE. Datos dispoñibles nas Táboas Dinámicas de Google 
  6. ANÓNIMO (1968): Cantigas do viño. Ed. Castrelos, Vigo (Col. O Moucho 6).

Véxase tamén


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.