Ribeira: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
m Eleccións municipais de 2015. Actualización da composición da corporación municipal.
Liña 23: Liña 23:
totalgalego= 61,51|
totalgalego= 61,51|
elec ano= 2011|
elec ano= 2011|
pp= 13|
pp= 9|
votospp= 7.913 votos - 57,20|
votospp= 7.913 votos - 57,20|
bng= 4|
bng= 4|
Liña 29: Liña 29:
psg-psoe= 3|
psg-psoe= 3|
votospsg-psoe= 2.193 votos - 15,85|
votospsg-psoe= 2.193 votos - 15,85|
outros= [[Iniciativa Progresista de Ribeira|IPDER]] 1|
outros= [[C's]] 3, [[Iniciativa Progresista de Ribeira|IPDER]] 2|
votosoutros= 1.125 votos - 8,13|
votosoutros= 1.125 votos - 8,13|
alcalde= Manuel Ruiz Rivas|
alcalde= Manuel Ruiz Rivas|

Revisión como estaba o 13 de xuño de 2015 ás 09:56


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

Coordenadas: 42°33′36.82″N 8°59′35.69″O / 42.5602278, -8.9932472

Ribeira
Bandeira de Ribeira
Escudo de Ribeira
Casa do concello.
Situación
Xentilicio[1]ribeirán - ribeirense
Xeografía
ProvinciaProvincia da Coruña
ComarcaComarca do Barbanza
Poboación27.565 hab. (2014)[2][3]
Área69,0 km²[3]
Densidade399,49 hab./km²
Entidades de poboación9 parroquias[4]
Capital do concelloSanta Uxía de Ribeira
Política (2011)
AlcaldeManuel Ruiz Rivas (PPdeG)
ConcelleirosBNG: 4
PPdeG: 9
PSdeG-PSOE: 3
Outros: C's 3, IPDER 2
Eleccións municipais en Ribeira
Uso do galego[5] (2011)
Galegofalantes61,51%
Na rede
www.riveira.es
editar datos en Wikidata ]

Ribeira é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca do Barbanza. Segundo o IGE en 2014 tiña 27.565 habitantes (27.778 no 2012, 27.699 no 2011, 27.504 no 2010). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «ribeirense».

Xeografía

Situación

O concello de Ribeira ocupa o extremo da península do Barbanza, asomándose ás rías de Arousa e de Muros-Noia.

Orografía e hidrografía

A maior parte do territorio ocúpano as estribacións da serra do Barbanza, de cuxos 200 m. de alto baixan numerosos regatos encaixados en vales estreitos, como o de Artes.

Merece especial consideración o conxunto formado polo Complexo Dunar de Corrubedo e a Lagoa de Carregal e Vixán, declarado parque natural.

Demografía

Censo total (habitantes) 27.565 (2014)
Menos de 16 anos 4.172 (15,13 %)
Entre 16 e 64 anos 18.118 (65,73 %)
Máis de 64 anos 5.275 (19,14 %)
Evolución da poboación de Ribeira   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023
12.218 16.870 18.280 24.542 26.623 27.518 27.699 27.778 27.811 {{{10}}} {{{11}}} {{{12}}} {{{13}}} {{{14}}} {{{15}}} {{{16}}} {{{17}}} {{{18}}} {{{19}}}
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Historia

Como en toda A Barbanza, abundan os restos megalíticos, entre os que cabe mencionar o dolmen de Axeitos. Da idade do bronce é a Pedra das Cabras, petróglifo situado a parroquia de Palmeira.

Da época castrexa destacan dous poboados: o castro do Monte da Cidá e mais o castro de Artes. A costa foi atacada polos viquingos desde o século IX e por outros pobos nos séculos seguintes. No século XVI a peste bubónica dezmou a poboación da comarca.

Os fomentadores cataláns que chegaron no século XVIII construíron fábricas de salgadura e no século XIX introducíronse as novas técnicas de conservación e envasado en folla de lata, co que as fábricas se reconverteron e deron lugar ás conserveiras actuais.

Cultura

Toponimia

Ribeira é palabra galega procedente do Latín RIPARIA, 'franxa de terra que está ao lado dun río, dun lago ou do mar'.[6] Esta forma documentase por vez primeira nun testamento dado en 1387: Item mando a Sta. Ougea de Ribeira hua libra de cera en huun frolal et outra libra de azeite.[7] As formas escritas con b son xerais para este topónimo até 1607,[8] cando se documenta a grafía Santa Eugenia de Riveira.[9] Desde ese momento, nas mencións (en castelán) a este porto e freguesía se alternan formas escritas con b, como no Diccionario Madoz,[10] e con v.

Por outra banda, Uxía é a evolución do galego antigo Ougia, á súa vez evolución do nome greco-latino Eugenia. A igrexa parroquial é citada por primeira vez en 1200, na forma Sancte Eugenie de Carraria: "de tota nostra hereditate quantam habemus in villa que uocatur Dayam in concurrencia Sancte Eugenie de Carraria que est in terra Pistomarchos".[11]

O pleno do concello aprobou[12] o 11 de novembro de 1984 unha moción para denominar o concello "Santa Uxía de Riveira", con v, previo informe do cronista oficial Carlos García Bayón, o concello basea nese acto a súa utilización da forma Riveira malia que a única forma oficial é Ribeira, tal como aprobou a Comisión de Toponimia da Xunta de Galicia.

Etnografía

Festas e celebracións

Na cidade de Ribeira cobran especial importancia a festa da dorna e as festas do verán. A festa da Dorna ten lugar entre o 20 e o 24 de xullo. Nese tempo a xente agrúpase en peñas e levan a cabo todo tipo de actividades, como o "voo sen motor", a "regata de embarcacións feitas a machada" ou o "gran prix de carrilanas" Cómpre destacar que é unha festa que consta de "idioma propio". É unha festa disfrutada por todos,na que toda a cidade se bota á rúa con gañas de divertirse e disfrutar desta festa esperada por todos os habitantes.

Tamén teñen importancia as festas de agosto, onde as atraccións, barracas e tómbolas se apoderan dalgunhas rúas ribeirenses. Son amenizadas con orquestras e concertos de artistas tanto nacionais como internacionais.

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Ribeira.

Imaxes da vila de Ribeira

Imaxes doutros lugares de Ribeira

Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Instituto Nacional de Estadística, ed. (27 de decembro de 2019). "Cifras oficiales de población resultantes de la revisión del Padrón municipal a 1 de enero". Consultado o 2 de xuño de 2020. (en castelán).
  3. 3,0 3,1 Instituto Galego de Estatística. (2023) "Ribeira".Información municipal. Sociedade e poboación. Xunta de Galicia.
  4. Nomenclátor de Galicia. Busca directa. Xunta de Galicia
  5. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Arquivado dende o orixinal o 5 de decembro de 2019. Consultado o 14 de outubro de 2014. Fonte: IGE. Datos dispoñibles nas Táboas Dinámicas de Google 
  6. RAG. "Diccionario da Real Academia Galega". Consultado o 6 de agosto de 2012. 
  7. López Ferreiro, Antonio (1901). Colección Diplomática de Galicia Histórica. Santiago: Tipografía Galaica. p. 417. 
  8. AGON. "A falacia da forma *Riveira". Consultado o 6 de agosto de 2012. 
  9. del Hoyo, Jerónimo (1607). Memorias del arzobispado de Santiago. 
  10. Por exemplo, Dicionario Madoz, ou Gaceta de Madrid de 13 de xullo de 1822
  11. Pérez Rodríguez, Francisco Javier (2004). Os documentos do tombo de Toxos Outos. Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, Sección de Patrimonio Histórico. p. 654. ISBN 84-95415-82-8. 
  12. Que fue de la v de Ribeira

Véxase tamén

Outros artigos

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Ribeira

Aguiño (Nosa Señora do Carme) | Artes (San Xián) | Carreira (San Paio) | Castiñeiras (O Bo Pastor) | Corrubedo (Santa María) | Oleiros (San Martiño) | Olveira (Santa María) | Palmeira (San Pedro) | Ribeira (Santa Uxía)