Nosopai: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
agora faise en d:Wikidata
Liña 21: Liña 21:


[[Categoría:Xesús de Nazaret]]
[[Categoría:Xesús de Nazaret]]
[[Categoría:Liturxia católica]]

Revisión como estaba o 7 de xuño de 2015 ás 13:44

O Noso Pai (tamén coñecido pola súa forma latina Pater Noster) é a máis coñecida oración do cristianismo. Segundo o Novo Testamento déullela Xesús aos apóstolos despois de que estes lle pedisen que lles aprendese a orar.

A oración atópase no Evanxeo de Mateo (6:9-13), onde aparece como parte do Sermón da Montaña. Unha oración semellante aparece no Evanxeo de Lucas 11:2-4.

Aínda que a oración orixinal era en arameo, o texto máis antigo que se conserva está en grego. No cristianismo occidental rezouse en latín durante moitos séculos.

Versión da Igrexa Católica

Noso Pai que estás no ceo:
santificado sexa o teu nome,
veña a nós o teu reino
e fágase a túa vontade
aquí na terra coma no ceo.
O noso pan de cada día dánolo hoxe;
e perdóanos as nosas ofensas
como tamén perdoamos nós a quen nos ten ofendido;
e non nos deixes caer na tentación,
mais líbranos do mal.
Amén.