Castromao, A Veiga: Diferenzas entre revisións
m Bot - Trocar {{AP}} por {{Artigo principal}}; cambios estética |
m engado a Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de Santa María mediante HotCat |
||
Liña 55: | Liña 55: | ||
[[Categoría:Parroquias da Veiga]] |
[[Categoría:Parroquias da Veiga]] |
||
[[Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de Santa María]] |
Revisión como estaba o 6 de xuño de 2015 ás 08:48
Castromao | |
---|---|
Concello | A Veiga |
Coordenadas | 42°14′13″N 7°03′26″O / 42.236883333333, -7.0571055555556Coordenadas: 42°14′13″N 7°03′26″O / 42.236883333333, -7.0571055555556 |
Poboación | 47 hab. (2004) |
Entidades de poboación | 4 |
[ editar datos en Wikidata ] |
Santa María de Castromao é unha parroquia que se localiza no concello da Veiga. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 47 habitantes (27 homes e 20 mulleres), distribuídos en 6 entidade de poboación (A Eirexa, o Fondo da Aldea, o Cima da Aldea, O Barrio, o Salgueiral e o Cubo), o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 65 habitantes.
Xeografía
Ten unha altitude de 895 metros, e atópase ós pés do Alto da Gonza (1.296 metros).
Patrimonio relixioso
A Igrexa de Castromao é unha fermosa mostra da arquitectura popular da zona. O seu retablo é de finais do século XVI (renacentista), con grandes columnas e un enorme frontón triangular. Destacan nesta igrexa o artesonado, o chan de madeira orixinal e os catro Evanxelistas, representados cos catro símbolos:
- San Mateo: simbolízase cun anxo (ou home con ás), porque o seu evanxeo comeza coa lista dos antepasados de Xesús.
- San Marcos: simbolízase cun león, porque o seu evanxeo comeza coa predicación de Bautista no deserto onde había animais salvaxes.
- San Lucas: simbolízase cun boi ou touro porque o seu evanxeo comeza coa visión de Zacarías no templo, onde se sacrificaban animais coma bois ou ovellas.
- San Xoán: simbolízase cunha aguia e a mirada dirixida ao sol porque o seu evanxeo comeza coa contemplación de Xesús-Deus.
Estas esculturas son obra de Gregorio Español, escultor dos séculos XVI e XVII, autor de obras como o coro da Catedral de Santiago de Compostela e introdutor do manierismo en Galicia.
Patrimonio histórico
Na parroquia de Castromao hai un recinto defensivo correspondente á Idade de Ferro ou época romana, no paraxe coñecido como O Castro. O castro está situando nun alto cun pequeno recinto superior ou "croa", no que afloran masas rochosas, e conta cun antecastro que a rodea. Ambos recintos están separados entre si por un terraplén. No seu conxunto ten unhas dimensións aproximadas de 250 metros de leste a oeste por 210 metros de norte a sur. Este asentamento de Castromao está rodeado por un sistema de muralla, aparentemente de terra, completado por un terraplén, foxo e parapeto.
Patrimonio etnográfico
Fontes, lavadoiros, muíños, fornos e incluso forxas, son parte do patrimonio etnográfico relacionado coa forma de vivir das xentes de Castromao.
Festas
As festas celébranse os días 15 e 16 de agosto, na honra dos seus patróns Santa María da Asunción e San Roque.
Galería de imaxes
- Artigo principal: Galería de imaxes de Castromao, A Veiga.
-
Castromao en pleno inverno.
-
Capela de San Roque.
-
Retablo da igrexa de Castromao.
Lugares e parroquias
Lugares de Castromao
Lugares da parroquia de Castromao no concello da Veiga (Ourense) | |
---|---|