Fantasía: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 56 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q132311
Eoax (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 10: Liña 10:
[[Ficheiro:Men_hur_kommer_man_in_i_berget,_frågade_tomtepojken.jpg|miniatura|220px| Os [[gnomos]], do mesmo xeito que outras criaturas, poboan obras fantásticas, xeralmente de corte marabilloso.]]
[[Ficheiro:Men_hur_kommer_man_in_i_berget,_frågade_tomtepojken.jpg|miniatura|220px| Os [[gnomos]], do mesmo xeito que outras criaturas, poboan obras fantásticas, xeralmente de corte marabilloso.]]
O fantástico é un xénero popular, despois de atopar un lugar para si mesmo en case todas os medios. Aínda que a arte fantástico e recentemente as películas fantásticas foron cada vez máis populares, é a literatura fantástica quen foi sempre o medio primordial do xénero. Así mesmo, os xogos e videoxogos de rol fantástico foron as bases do xénero [[RPG]].
O fantástico é un xénero popular, despois de atopar un lugar para si mesmo en case todas os medios. Aínda que a arte fantástico e recentemente as películas fantásticas foron cada vez máis populares, é a literatura fantástica quen foi sempre o medio primordial do xénero. Así mesmo, os xogos e videoxogos de rol fantástico foron as bases do xénero [[RPG]].
=== Literatura fantástica galega ===
Na literatura galega o elemento fantástico aparecen xa en autores do [[Rexurdimento]] que toman elementos e temática da tradición oral (aparecidos, o mal de ollo, os feitizos e maldicións,etc) no período intersecular aparecen xa os relatos fantásticos na obra de Heraclio Pérez Placer ou Francisco Álvarez de Nóvoa. En 1898 Luis Otero Pimental publica a primeira novela fantástica en galageo," A campaña da caprecórneca" con elementos marabillosos e mesmo de ficción científica.


No principio do século XX a literatura popular de tradición oral segue fornecendo material tanto a etnógrafos como a literatos que reelaboran as lendas orais de forma culta, como os de [[Vicente Risco]] e [[Ramón Otero Pedrayo]], chegando incluso ata a literatura española a través de valle-Inclán e Wenceslao Fernández Flórez. Os integrantes da [[Xeración Nós]] cultivaron as narracións macabras de caracter cómico(''Un ollo de vidro'', ''Do caso que lle aconteceu ao doutor Alveiros'', ''O purgatorio de Don Ramiro''). Na obra de [[Rafael Dieste]] tamén aparecen elementos fantásticos ao mesmo tempo que os da xeración Nós, este subxénero seguiría a súa existencia en plena posguerra a través da obra de [[Álvaro Cunqueiro]] e [[Ánxel Fole]], incluso en obras do escritor realista [[Eduardo Blanco Amor]],''Os Biosbardos''.

Nos escritores da [[Nova Narrativa Galega]] a fantasía aparecen de forma abundante en libros de [[Xosé Luís Méndez Ferrín]], [[Gonzalo Rodríguez Mourullo]], [[Xoán Casal]] e [[Carlos Casares]] aínda que tamén aparece en pequenos reflexos na obra de outros moitos autores galegos.
== Subxéneros ==
== Subxéneros ==
As evolucións do xénero fantástico moderno xeraron moitos novos subxéneros sen unha clara contrapartida na mitoloxía ou o folclore, aínda que a inspiración nestes segue sendo o tema máis recorrente. Os subxéneros fantásticos son numerosos e moi diversos, e con frecuencia se superpoñen con outras formas de ficción en case todos os medios nos que se producen. Cabe facer especial mención nos subxéneros de [[ciencia ficción]] e [[terror]].
As evolucións do xénero fantástico moderno xeraron moitos novos subxéneros sen unha clara contrapartida na mitoloxía ou o folclore, aínda que a inspiración nestes segue sendo o tema máis recorrente. Os subxéneros fantásticos son numerosos e moi diversos, e con frecuencia se superpoñen con outras formas de ficción en case todos os medios nos que se producen. Cabe facer especial mención nos subxéneros de [[ciencia ficción]] e [[terror]].

Revisión como estaba o 4 de xuño de 2015 ás 15:58

Os elementos do xénero fantástico atravesan obras moi diversas como o Decamerón de Boccaccio, onde se fai referencia a un suposto xardín encantado

O xénero fantástico, comunmente chamado fantasía, é un xénero artístico de ficción no cal os elementos principais do argumento son imaxinarios, irreais e sobrenaturais.

No seu sentido máis amplo, o xénero fantástico áchase presente na literatura, cine, banda deseñada, videoxogos, xogos de rol, pintura, escultura, drama e, sobre todo, na mitoloxía e relatos antigos, onde tivo a súa orixe. Caracterízase por non dar prioridade a unha representación realista que respecte as leis de funcionamento do mundo real. Nese sentido adóitase dicir que o xénero fantástico é subversivo, pois viola as normas da realidade.

Xeralmente distínguese doutras formas artísticas como a ciencia ficción, na que tamén se subverten os mecanismos de funcionamento da realidade coñecida, aducindo que a causa dos fenómenos observados en obras de corte fantástico sempre teñen que ver con forzas sobrenaturais mentres que na ciencia ficción hai causas científicas, con explicacións que buscan a racionalidade dentro da súa ruptura coa orde coñecida.

Medios

Os gnomos, do mesmo xeito que outras criaturas, poboan obras fantásticas, xeralmente de corte marabilloso.

O fantástico é un xénero popular, despois de atopar un lugar para si mesmo en case todas os medios. Aínda que a arte fantástico e recentemente as películas fantásticas foron cada vez máis populares, é a literatura fantástica quen foi sempre o medio primordial do xénero. Así mesmo, os xogos e videoxogos de rol fantástico foron as bases do xénero RPG.

Literatura fantástica galega

Na literatura galega o elemento fantástico aparecen xa en autores do Rexurdimento que toman elementos e temática da tradición oral (aparecidos, o mal de ollo, os feitizos e maldicións,etc) no período intersecular aparecen xa os relatos fantásticos na obra de Heraclio Pérez Placer ou Francisco Álvarez de Nóvoa. En 1898 Luis Otero Pimental publica a primeira novela fantástica en galageo," A campaña da caprecórneca" con elementos marabillosos e mesmo de ficción científica.

No principio do século XX a literatura popular de tradición oral segue fornecendo material tanto a etnógrafos como a literatos que reelaboran as lendas orais de forma culta, como os de Vicente Risco e Ramón Otero Pedrayo, chegando incluso ata a literatura española a través de valle-Inclán e Wenceslao Fernández Flórez. Os integrantes da Xeración Nós cultivaron as narracións macabras de caracter cómico(Un ollo de vidro, Do caso que lle aconteceu ao doutor Alveiros, O purgatorio de Don Ramiro). Na obra de Rafael Dieste tamén aparecen elementos fantásticos ao mesmo tempo que os da xeración Nós, este subxénero seguiría a súa existencia en plena posguerra a través da obra de Álvaro Cunqueiro e Ánxel Fole, incluso en obras do escritor realista Eduardo Blanco Amor,Os Biosbardos.

Nos escritores da Nova Narrativa Galega a fantasía aparecen de forma abundante en libros de Xosé Luís Méndez Ferrín, Gonzalo Rodríguez Mourullo, Xoán Casal e Carlos Casares aínda que tamén aparece en pequenos reflexos na obra de outros moitos autores galegos.

Subxéneros

As evolucións do xénero fantástico moderno xeraron moitos novos subxéneros sen unha clara contrapartida na mitoloxía ou o folclore, aínda que a inspiración nestes segue sendo o tema máis recorrente. Os subxéneros fantásticos son numerosos e moi diversos, e con frecuencia se superpoñen con outras formas de ficción en case todos os medios nos que se producen. Cabe facer especial mención nos subxéneros de ciencia ficción e terror.